FANPA COMPOSTELA 👨‍👩‍👧‍👦🏫
36 subscribers
134 photos
2 videos
4 files
327 links
Información e actividades da Federación Galega de ANPAs da contorna compostelá. ℹ️ www.fanpacompostela.wordpress.com
Download Telegram
#reunióninstitucional | 🤝 Dende ANPAS GALEGAS, entidade á que pertence FANPA Compostela,propuxemos unha rolda de reunións cos distintos grupos parlamentarios cuxo obxectivo era presentar a nova directiva da Confederación, así como dar traslado ás distintas representantes das áreas de educación da nosa visión sobre a situación actual do ensino público.

👉Falamos primeiro co PSdG-PSOE, continuamos co PP e rematamos esta mesma mañá coas representantes do BNG. As respostas de todos os grupos foron cordiais, e en todos os casos tentamos abrir as portas á colaboración presente e futura, explicámoslles que acudiriamos a elas de maneira continua e que tamén nós estabamos a disposición para que nos teñan en conta, pois de seguro temos moito que achegar.

👍Expuxemos a nosa visión, as eivas que detectamos en cada ámbito e cales son as nosas propostas para solventalas e continuar avanzando sobre os seguintes temas
Atención á diversidade
Transporte escolar
Necesidade dun plan educativo específico para o rural
Comedores escolares
Formación
Gratuídade
Dixitalización do ensino...

🥰 Dende ANPAS GALEGAS estamos convencidas de que foi unha rolda positiva que de seguro sumará e contribuirá na nosa procura constante de mellora do Ensino Público.

🔗 Pódese ler aquí o comunicado completo: https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/12/01/xuntanza-anpas-galegas-cos-grupos-parlamentarios/
#diadasPersoasconDiscapacidade | 📆📌 No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, reafirmamos o noso compromiso para acadar un ensino accesible e inclusivo para todas.

👉 Resulta imprescindible realizar un esforzo colectivo para eliminar barreiras e garantir que cada estudante, independentemente das súas capacidades, teña igualdade de oportunidades no ensino público galego.

https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/12/03/dia-das-persoas-con-discapacidade
#comunicado | 💪A semana pasada, remitimos desde a Confederación ANPAS GALEGAS un escrito á consellaría de educación no que facemos unha reflexión sobre o camiño que andan moitas familias galegas durante a vida escolar das súas fillas e fillos cando estes teñen informada e diagnosticada unha situación de necesidades educativas especiais.
👉Como é posible que aínda hoxe, unha familia teña que estar constantemente chamando a todas as portas para procurar a atención para unha filla/o do que o sistema xa ten coñecemento, e do que debería existir un camiño organizado de atención?.
ℹ️ Comunicado completo en https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/12/14/solicitamos-a-conselleria-un-protocolo-de-actuacion-unificado-de-atencion-a-diversidade-dende-infantil-ata-as-probas-da-abau
#usodomóbil | 🤝Na reunión do 12 de decembro entre a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación, Confederación ANPAS GALEGAS , Confapa, Congapa e representantes de sanidade, abordouse a intención do goberno galego de avanzar na regulación do uso de dispositivos móbiles en centros educativos. A proposta busca restrinxir o uso individual durante períodos non lectivos, como entradas e saídas, recreos e momentos libres, co obxectivo de favorecer a convivencia e a interacción entre o alumnado.
👉A DX expón a medida como parte da estratexia de convivencia, sen prohibir os móbiles, senón limitando o seu uso en momentos específicos. Tamén recalcan que no 75% dos centros educativos que teñen secundaria teñen implantadas estas medidas da restrición do uso dos móbiles e consideran unha boa práctica a ter en conta na totalidade dos centros.
Dende ANPAS Galegas proponse un enfoque integral de prevención, concienciación e formación en lugar de #prohibicións.
A decisión final non está definida, e esperan continuar o debate coa comunidade educativa para tomar unha decisión conxunta.

https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/12/15/resumo-da-xuntanza-coa-dx-de-ordenacion-e-innovacion-sobre-o-uso-dos-mobiles/
#xuntanzaCOTSG | 🤝 O pasado martes 12 de decembro a Confederación ANPAS GALEGAS mantivo unha xuntanza co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para iniciar a colaboración e organización dunha serie de actividades dirixidas a familias e alumnado.
👉Estas actividades están destinadas a fomentar o respecto á diferenza e ó valor intrínseco das características individuais, fomento das relacións en igualdade e diversidade co obxectivo de facilitar a convivencia e evitar situacións potencialmente excluíntes dentro do grupo, de mellorar a convivencia escolar e de aprender a utilizar a mediación como instrumento para a resolución de conflitos no ámbito escolar.
https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/12/15/xuntanza-de-anpas-galegas-co-colexio-oficial-de-traballo-social-de-galicia/
#conciliacion | 📆 Programa de conciliación en Entroido do Concello de Santiago:
Aberto o prazo ata o día 19 de xaneiro.
Prazas: 150 prazas ofertadas.
Centros: CEIP Quiroga Palacios e CEIP Monte dos Postes.

🥰 Por primeira vez contamos cun programa municipal no concello de Santiago nestas datas, unha das reclamacións da FANPA Compostela, quen veu asumindo a súa organización nos anos pasados ante a súa inexistencia.

🤞Agardamos que esta programación pronto forme parte dun programa anual amplo, estable e universal, como levamos reivindicando desde hai moitos anos 💪.

#fanpacompostela
#contodas
#paratodas

Confederación ANPAS GALEGAS Pazo de Raxoi

🔗https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2024/01/13/programa-conciliacion-carnaval-oferta-150-plazas-quiroga-monte-dos-postes/0003_202401S13C2993.htm
#conselloescolarmunicipal | 👉Desde o 2010 non se reúne en Compostela o Consello Escolar municipal, unha anomalía democrática que levamos tempo denuciando e reclamando aos distintos gobernos deste concello.

💪Trece anos despois, por fin empezan a darse pasos para que este órgano colexiado de consulta e participación dos sectores implicados no ensino non universitario do concello volva a reunirse e podamos comenzar a falar, debater e tomar decisións colectivas dos temas que nos afectan a comunidade educativa de Santiago.

Comedor, transporte, limpeza pero tamén zonificación e planificación de investimentos educativos, son temas que poden e deben ser abordados neste foro.

🔗https://www.elcorreogallego.es/santiago/2024/01/17/santiago-avanza-convocatoria-consello-escolar-96985234.html
#charlaparafamilias | 👨🏻‍🏫 O próximo xoves 8 de febreiro desenvolverase a charla gratuita "As pantallas a debate: o papel de Edxigal no desenvolvemento das competencias do alumnado”, impartida por Fernando Fraga Varela, especialista en tecnoloxía educativa e membro do grupo de investigación Stellae da USC.

👉 Nesta charla abordaranse os pros e contras desta plataforma, e a súa incidencia ou non, na aprendizaxe do alumnado e no desenvolvemento da competencia dixital.

Animádevos a participar!

📆 Xoves 8 de febreiro 🕠 18:00 h. ℹ️ Inscricións: https://forms.gle/f8zbkAKVykshC35FA
Servizo de ludoteca (previa solicitude)

🔗 Máis información en https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/01/30/fanpa-compostela-organiza-unha-charla-sobre-o-uso-de-pantallas-e-o-edixgal-nas-escolas
#xornada | 😊 A vindeira fin de semana estaremos en Vigo desenvolvendo a "XORNADA: A DIXITALIZACIÓN NA ESCOLA A ANÁLISE", unha iniciativa que contempla conferencias, mesas redondas e charlas con expertos do ámbito educativo 👩‍🏫 .

🗓️ DATA: Sábado, 24 de febreiro do 2024
🕙 HORA: de 10:00h ata 18:30h
🏢 LUGAR: Verbum - Casa das palabras - Vigo. Tamén en streaming a través da canle de Youtube de ANPAS Galegas.

🌐 INSCRICIÓNS: https://forms.gle/im7aR8A6zEe6TMw79

ℹ️ Máis información en https://www.anpasgalegas.gal/2024/02/descubrindo-o-futuro-da-educacion-dixital-coa-xornada-a-dixitalizacion-na-escola-a-analise-vigo-24-02-24

🎨 Haberá servizo de ludoteca para os máis pequenos e opción de reserva para xantar nun establecemento próximo ao lugar de celebración.

Anímate a participar!
#charlaparafamilias | 👨🏻‍🏫 Charla gratuita "As pantallas a debate: o papel de Edxigal no desenvolvemento das competencias do alumnado”, impartida por Fernando Fraga Varela, especialista en tecnoloxía educativa e membro do grupo de investigación Stellae da USC.
👉 Animádevos a participar!
📆 Xoves 29 de febreiro 🕠 18:00 h. ℹ️ Inscricións: https://forms.gle/vKqKMaHPKLrmgijL6
Servizo de ludoteca (previa solicitude)
🔗 Máis información en https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/01/30/fanpa-compostela-organiza-unha-charla-sobre-o-uso-de-pantallas-e-o-edixgal-nas-escolas
#xornada | 👉O pasado sábado 24 de febreiro, Fanpa Compostela participou na Xornada "A dixitalización da escola a debate" organizada en Vigo pola Confederación ANPAS GALEGAS.
💪🏻Tras unha intensa xornada de debates e reflexións, extraéronse conclusións fundamentais que poñen de manifesto que estamos ante un dos principais retos para a comunidade educativa na actualidade.
ℹ️ Máis información en https://www.anpasgalegas.gal/2024/02/xornada-a-dixitalizacion-na-escola-a-analise
📺 A xornada retransmitiuse a través da canle de YouTube da Confederación, polo que pode visualizarse na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/live/emAXh5Mw98o?si=LsPNB4af-twxvfCy

#fanpacompostela #contodas #paratodas
#8M / 📅 8 de marzo de novo, repetimos as mesmas intencións e tamén as mesmas críticas, o mesmo retrato da realidade que, por tempos, semella non avanzar na procura dun escenario que está totalmente debullado nas intencións, e case paralizado nas realizacións.

👉A presidenta da Confederación ANPAS GALEGAS cóntanos a súa visión desta data importante, e queremos partillar con todas vós a súa mirada, que é a de todas as que traballamos como nais e pais: hai que medrar en igualdade e respecto, hai que facilitar o camiño ás que veñen.

💜Todos os días son 8M.

https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/03/08/8m-dia-internacional-da-muller
#fotospolaigualdade | 💜📸 Que é para ti a igualdade? Un ano máis, FANPA Compostela en colaboración coa Confederación ANPAS GALEGAS abre o prazo de inscrición para o Concurso Fotografías pola Igualdade.
👉 Dirixido ao alumnado e ás familias dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos de Galicia.
📆 Prazo de inscrición aberto ata o 30 de abril de 2024.
ℹ️ Máis información e formulario de inscrición en https://bit.ly/fotospolaigualdade

https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/03/08/ata-o-30-de-abril-para-participar-na-5a-edicion-do-concurso-fotografias-pola-igualdade
#formaciónmonitorado | 👉FANPA Compostela pon en marcha un curso de formación do monitorado das actividades extraescolares.

ℹ️ Durante tres sesións abórdanse cuestións como o caracter educativo destas actividades, igualdade, xénero e identidade, diversidade, o grupo, a comunicación, os conflictos e a lingua galega.

🔗 Máis información en https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/03/12/a-fanpa-pon-en-marcha-un-curso-de-formacion-do-monitorado-de-actividades-extraescolares
#edixgal | 💻 A Confederación ANPAS GALEGAS pon en marcha un estudo de enquisa para coñecer o punto de vista das familias do ensino público sobre DIXITALIZACIÓN DA ESCOLA E EDIXGAL, que permita ter unha fotografia ampla do modelo de dixitalización que queren e a súa valoración de Edixgal.

🔖 Este cuestionario poden cubrilo tanto as familias con fillos e fillas que usan EDIXGAL como as que non, de *CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS* de Galicia. Anímate a participar e difundir esta iniciativa!

📅 O prazo para participar é ata o 16 de maio.
🔗 ENQUISA: https://forms.gle/q1c6CVMmq4fvLJra6
#edixgal | 💻 Ampliado ata o luns 20 de maio o prazo para participar na enquisa da Confederación ANPAS GALEGAS para coñecer o punto de vista das familias do ensino público sobre DIXITALIZACIÓN DA ESCOLA E EDIXGAL.
🔖 Este cuestionario poden cubrilo tanto as familias con fillos e fillas que usan EDIXGAL como as que non, de CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS de Galicia. Anímate a participar e difundir esta iniciativa!
📅 O prazo para participar é ata o 20 de maio.
🔗 ENQUISA: https://forms.gle/q1c6CVMmq4fvLJra6