FANPA COMPOSTELA 👨‍👩‍👧‍👦🏫
36 subscribers
134 photos
2 videos
4 files
327 links
Información e actividades da Federación Galega de ANPAs da contorna compostelá. ℹ️ www.fanpacompostela.wordpress.com
Download Telegram
#diadasPersoasconDiscapacidade | 📅📌 Hoxe celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade.
📢 Ímolo dicir ben claro, que semella moitas veces que edulcoramos as mensaxes. Aquí, agora, neste mundo que vivimos, a ver se nos enteramos, ESTAMOS MALTRATANDO ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, maltratándoas porque aínda hai moita xente que pensa que hai que tratalas dun xeito especial e con mimo pero que iso non pode levar aparellado traelas á casa de todas, sentalas á mesa de todas, e compartir con elas o xantar de todas. Esa casa, esa mesa e ese xantar que logo chamamos vida laboral, vida social, vida política ou vida educativa.
👉 AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, DITO ROTUNDAMENTE, SOMOS NÓS, somos todas nós, cada quen coa nosa peculiaridade, coa nosa individualidade, coa nosa pequena circunstancia diferenciadora. A que non se vos ocorre autodiscriminarvos?, entón, por que non entendemos que hai que crear unha sociedade para todas, sexamos como sexamos e custe o que custe, para que ninguén sobre e ninguén quede fóra?

https://fanpacompostela.wordpress.com/2022/12/03/dia-internacional-das-persoas-con-discapacidade
#diadasPersoasconDiscapacidade | 📆📌 No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, reafirmamos o noso compromiso para acadar un ensino accesible e inclusivo para todas.

👉 Resulta imprescindible realizar un esforzo colectivo para eliminar barreiras e garantir que cada estudante, independentemente das súas capacidades, teña igualdade de oportunidades no ensino público galego.

https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/12/03/dia-das-persoas-con-discapacidade