FANPA COMPOSTELA 👨‍👩‍👧‍👦🏫
37 subscribers
134 photos
2 videos
4 files
327 links
Información e actividades da Federación Galega de ANPAs da contorna compostelá. ℹ️ www.fanpacompostela.wordpress.com
Download Telegram
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
#fotospolaigualdade | 📸 Participa no 3º Concurso Fotografías pola igualdade organizado pola Federación de ANPAS "Compostela" en colaboración coa Confederación ANPAS GALEGAS.

Consulta as bases en http://bit.ly/fotografiaspolaigualdade3

#fanpacompostela #contodas #paratodas #anpasgalegas
🚨🚨🚨 ATENCIÓN!!!
#fotospolaigualdade | 📸 Que é para ti a igualdade? Mañá remata o prazo para inscribirse no 3⁰ Concurso Fotografías pola Igualdade organizado pola Federación de ANPAS "Compostela" en colaboración coa Confederación ANPAS GALEGAS.

☝️ Esta é unha das obras gañadoras de pasadas edicións:
Título: "IGUALDADE"
Autora: Tania Domínguez Viqueira (IES Xelmírez II)
3º PREMIO DE BACHARELATO, 2ª Edición

Consulta as bases en http://bit.ly/fotografiaspolaigualdade3

#fanpacompostela #contodas #paratodas #anpasgalegas
#FotosPolaIgualdade #Premios
🥇 O pasado día 16 de decembro realizouse a entrega de premios da 3ª edición do Concurso Fotografías pola Igualdade. O acto contou coa presenza das autoras e autores das obras galardoadas, Esther Martínez, presidenta de FANPA Compostela, Fernando Lacaci, presidente da Confederación ANPAS GALEGAS e Ruben Prol, concelleiro de Educación de Santiago de Compostela.

👩🏼‍🏫 Tamén participou Lola Ferreiro, activista feminista e formadora, que impartiu unha charla baixo o título “A violencia simbólica perpetúa as desigualdades”.

#fanpacompostela #contodas #paratodas

https://fanpacompostela.wordpress.com/2021/12/27/ganadoras-da-3a-edicion-do-concurso-fotografias-pola-igualdade
#fotospolaigualdade | 💜📸 Que é para ti a igualdade? Xa está en marcha a 4ª edición do Concurso Fotografías pola Igualdade, unha iniciativa de FANPA Compostela en colaboración coa Confederación ANPAS GALEGAS.

👉🏻 Dirixido ao alumnado e ás familias dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos.
📆 Prazo de inscrición aberto ata o 30 de abril de 2022.

🔗 https://fanpacompostela.wordpress.com/2022/04/04/aberto-o-prazo-de-inscricion-da-4-edicion-do-concurso-fotografias-pola-igualdade
#fotospolaigualdade | 💜📸 Ampliamos o prazo de inscrición para participar no Concurso Fotografías pola Igualdade ata o vindeiro 13 de maio de 2022.

👉🏻 Dirixido ao alumnado e ás familias dos centros públicos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos.
📆 Prazo de inscrición aberto ata o 13 de maio de 2022 ás 23.59 h.

ℹ️ Máis información e formulario de inscrición en https://bit.ly/fotospolaigualdade
#fotospolaigualdade | 🏅 O pasado vernes 4 de novembro, tivo lugar no edifico CERSIA a entrega de premios do 4º Concurso de Fotografías pola Igualdade, á que asistiu o concelleiro de centros socioculturais Javier Fernández e as concelleiras Maria Rozas e Goretti Sanmartín, acompañando a participantes, gañadoras e familias.
👉Neste acto festivo fixemos entrega dos premios das distintas categorías previstas: alumnado de educación infantil e primaria, de ESO, de bacharelato e familias, e houbo a oportunidade de escoitar e rir cos contos tradicionais de Celso F. Sanmartín.
📸💜 Nesta edición presentáronse máis de cincuenta fotografías de alumnado de vinte centros escolares, principalmente de Santiago e comarca, pero tamén de Ribeira, Rois, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Santa Comba.
ℹ️ O concurso de “Fotografías pola igualdade” naceu no seo da FANPA Compostela no curso 2018-19 como unha iniciativa coa que se pretendía animar a menores e familias a por o foco na igualdade e desigualdade, grande ou pequena, que nos rodea. A interpretala e recollela e a gardar un instante dela nunha imaxe, xa que o feito de captala ofrecía un espazo para pensar, reflexionar, ás veces debater sobre igualdade, o que o convertía nun pequeno xesto para avanzar de cara a igualdade real na nosa sociedade. Hoxe -catro anos despois- é unha actividade consolidada nas accións que desenvolvememos en prol da igualdade, na que cada curso participan un maior número de centros, estudantes e familiase que, agardamos, siga medrando nas vindeiras edicións.

https://fanpacompostela.wordpress.com/2022/11/07/entrega-de-premios-da-4a-edicion-do-concurso-fotografias-pola-igualdade
#fotospolaigualdade | 💜📸 Que é para ti a igualdade? FANPA Compostela en colaboración con Confederación ANPAS GALEGAS presenta a 5ª edición do Concurso Fotografías pola Igualdade.

👉 Dirixido ao alumnado e ás familias dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos de Galicia.
📆 Prazo de inscrición aberto ata o 16 de maio de 2023.
ℹ️ Máis información e formulario de inscrición en https://bit.ly/fotospolaigualdade

https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/04/12/aberto-o-prazo-de-inscricion-da-5a-edicion-do-concurso-fotografias-pola-igualdade
#fotospolaigualdade | 💜📸 As exposicións itinerantes do concurso Fotografías pola Igualdade xa deron comezo neste curso escolar.

👉Desde o pasado luns 17 de abril, o alumnado do IES de Sar, EEI Milladoiro, CPI de Vedra e CEP de Ventín atopará nos corredores do seu centro unha escolma de fotografías desde a primeira edición deste concurso. En paralelo, nestes centros estanse a realizar diferentes actividades complementarias, como charlas ou contacontos, que xiran en torno á temática da igualdade.

💜Estas exposicións itinerantes son unha oportunidade única para que os estudantes reflexionen sobre a igualdade e aprendan a valorar a importancia da diversidade e o respecto mutuo. As fotografías presentadas ofrecen unha ollada nova e inspiradora sobre este tema crucial para a sociedade actual.

ℹ️ O Concurso Fotografías pola Igualdade é unha iniciativa de FANPA Compostela en colaboración coa Confederación ANPAS GALEGAS .
🎯 Dirixido ao alumnado e ás familias dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos de Galicia.
📅 O prazo para participar na 5ª edición remata o 16 de maio. Máis información e formulario de inscrición en https://bit.ly/fotospolaigualdade

https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/04/21/xa-estan-en-marcha-as-exposicions-itinerantes-do-concurso-fotografias-pola-igualdade
#fotospolaigualdade | 👩‍👧‍👦📷💜 Familias e estudantes: non perdades a oportunidade de compartir a vosa visión sobre a igualdade!
ℹ️ Inscricións abertas ata o 16 de maio en https://bit.ly/fotospolaigualdade
#fotospolaigualdade | 💜📸 Que é para ti a igualdade?
👉A organización do Concurso Fotografías pola Igualdade, co ánimo de facilitar que tanto as crianzas como as familias teñan un pouco máis de marxe de tempo para presentar as súas obras, tomou a decisión de ampliar o prazo de inscrición ata o vindeiro mércores 31 de maio ás 23.59 h.
ℹ️ Máis información e formulario de inscrición en https://bit.ly/fotospolaigualdade
🥳 Animádevos a participar!

https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/05/23/ampliazo-o-prazo-de-inscricion-da-5a-edicion-do-concurso-fotografias-pola-igualdade-ata-o-31-de-maio
#fotospolaigualdade | 💜📸 Que é para ti a igualdade? Un ano máis, FANPA Compostela en colaboración coa Confederación ANPAS GALEGAS abre o prazo de inscrición para o Concurso Fotografías pola Igualdade.
👉 Dirixido ao alumnado e ás familias dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos de Galicia.
📆 Prazo de inscrición aberto ata o 30 de abril de 2024.
ℹ️ Máis información e formulario de inscrición en https://bit.ly/fotospolaigualdade

https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/03/08/ata-o-30-de-abril-para-participar-na-5a-edicion-do-concurso-fotografias-pola-igualdade