FANPA COMPOSTELA 👨‍👩‍👧‍👦🏫
37 subscribers
134 photos
2 videos
4 files
327 links
Información e actividades da Federación Galega de ANPAs da contorna compostelá. ℹ️ www.fanpacompostela.wordpress.com
Download Telegram
#conselloescolarmunicipal | 👉Desde o 2010 non se reúne en Compostela o Consello Escolar municipal, unha anomalía democrática que levamos tempo denuciando e reclamando aos distintos gobernos deste concello.

💪Trece anos despois, por fin empezan a darse pasos para que este órgano colexiado de consulta e participación dos sectores implicados no ensino non universitario do concello volva a reunirse e podamos comenzar a falar, debater e tomar decisións colectivas dos temas que nos afectan a comunidade educativa de Santiago.

Comedor, transporte, limpeza pero tamén zonificación e planificación de investimentos educativos, son temas que poden e deben ser abordados neste foro.

🔗https://www.elcorreogallego.es/santiago/2024/01/17/santiago-avanza-convocatoria-consello-escolar-96985234.html
#conselloescolarmunicipal | 👏🏻Boa nova para a educación en Santiago!🎓

📌📆 O pasado 13 de xuño, despois de 13 anos, reuniuse o Consello Escolar Municipal de Santiago de Compostela. Este órgano, onde están representados diferentes colectivos relacionados coa educación, volveu activarse.

☺️ Desde a FANPA, mostramos a nosa satisfacción e tratamos temas importantes como o novo modelo de comedores escolares, o plan anual de conciliación e a elaboración do mapa escolar do concello.

🔗 Le o comunicado completo aquí: https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/06/25/tras-trece-anos-reunese-o-consello-escolar-municipal-de-santiago