FANPA COMPOSTELA 👨‍👩‍👧‍👦🏫
37 subscribers
133 photos
2 videos
4 files
323 links
Información e actividades da Federación Galega de ANPAs da contorna compostelá. ℹ️ www.fanpacompostela.wordpress.com
Download Telegram
#datasABAU2022 | Xa coñecemos as datas nas que se realizarán as ABAU galegas:
- 7, 8 e 9 de xuño na convocatoria ordinaria,
- 12, 13 e 14 de xullo na convocatoria extraordinaria.

#fanpacompostela #contodas #paratodas
#diadapaz | 🕊️ Hoxe unimos xunto coa Confederación ANPAS GALEGAS á celebración do día escolar da non violencia e a paz.

#diadanonviolenciaeapaz
#educación
#MahatmaGandhi

#fanpacompostela #contodas #paratodas
#xornada #somosrural | 👨🏼‍🏫 O vindeiro sábado 19 de febreiro desenvolverase en Quindós-Vilela (Navia de Suarna) a III Xornada de ANPAS Galegas no rural, baixo o título "A arte de aprender, de educar e de vivir no rural".

📄 Consulta o programa en https://fanpacompostela.wordpress.com/2022/02/08/iii-xornada-de-anpas-galegas-no-rural

👉 Prazas limitadas. Inscricións abertas ata o vindeiro luns 14 de febreiro na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-SKEQlqeq0lNLr0HHeYq_rghnir6z_7Y92wL4QE2qR3MQ9A/viewform

#fanpacompostela #contodas #paratodas
#nenasemulleresnaciencia | 💜 Hoxe celébrase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, e desde FANPA Compostela unímonos á Confederación ANPAS GALEGAS para levantar a voz e conseguir mudar os roles, facer visible o invisible.

👉 Hai mulleres na investigación que serven de referencia para as nosas nenas: Isabel Zendal, Ángeles Alvariño, Ana María Múgica Martínez, Manuela Antonia Barreiro Pico... Non hai igualdade mentres haxa espazos restrinxidos!

#igualdade #fanpacompostela #contodas #paratodas
#diadalinguamaterna | Desde a Federación de ANPAS Compostela animámosvos xunto á Confederación ANPAS GALEGAS a celebrar o día da lingua materna falando máis galego que antes.

💙 Sempre en galego 💙

#queremosgalego
#365díasengalego
#fanpacompostela
#contodas
#paratodas
#xogoengalego | ▶️ Xoga co galego 💙 co Pensatermos da Mesa pola Normalización Lingüística.

🔗 https://pensatermos.amesa.gal

#fanpacompostela #contodas #paratodas #sempreengalego
#diadolibro | 📘Hoxe é 23 de abril, un día tópico no que nos deu por celebrar o día do libro. Está ben. É unha festa para que se vendan máis libros, pero tamén é unha festa para que se merquen máis libros, para que se lean, para que engaiolen a cabeza das nosas nenas e nenos -e a das maiores- con historias, aprendizaxes e emocións.

👉 Pero non deixa de darnos voltas ao maxín que é o que estamos celebrando no rural: un día do libro sen librarías, sen bibliotecas cando pechan os colexios, sen clubes de lectura porque non hai alumnado abondo nin medios para facelos? Que celebramos no rural?

🔗
https://www.anpasgalegas.gal/2022/04/celebramos-o-dia-do-libro

#fanpacompostela #contodas #paratodas
#SomosRural #engalego
#conciliación | 👉 O departamento de educación deste concello non sabe estimar a demanda, porque non coñecen a que público vai dirixida, porque non hai nin o menor estudo, nin o menor traballo previo, nin o máis mínimo esforzo para planificar unha área, como a de educación, que debera ser –coma é noutros vilas e cidades, algunha ben preto- unha das punteiras nunha auténtica política de traballo pola veciñanza e de defensa da infancia e a xuventude.

🔗 Podedes ler o comunicado ao completo en https://fanpacompostela.wordpress.com/2022/06/21/todo-o-que-pode-empeorar-en-compostela-empeora .

😔 Non merecemos a esta tropa.

#fanpacompostela #contodas #paratodas @anpasgalegas
#comunicado | 👉🏻Seguimos sen novidades sobre o servizo de madrugadores/as e comedor nos centros públicos de Compostela.

Desde a Federación de ANPAS Compostela reclamamos:
que se abra de forma inmediata e permanente a matrícula neste servizo para dar resposta a todas as solicitudes que poidan presentarse, antes e durante o curso.
que se establezan procedementos ordenados, previsibles e con marcos temporais coñecidos e estables, que favorezan a xestión e axilidade dos procesos pero sobre todo que redundan no mellor funcionamento dos servizos.

#fanpacompostela #contodas #paratodas

https://fanpacompostela.wordpress.com/2022/07/26/seguimos-de-mal-en-peor-para-cando-a-matricula-no-servizo-de-madrugadores-as-e-comedor
#comunicado | 👉🏻Seguimos sen novidades sobre o servizo de madrugadores/as e comedor nos centros públicos de Compostela.

Desde a Federación de ANPAS Compostela reclamamos:
que se abra de forma inmediata e permanente a matrícula neste servizo para dar resposta a todas as solicitudes que poidan presentarse, antes e durante o curso.
que se establezan procedementos ordenados, previsibles e con marcos temporais coñecidos e estables, que favorezan a xestión e axilidade dos procesos pero sobre todo que redundan no mellor funcionamento dos servizos.

#fanpacompostela #contodas #paratodas

https://fanpacompostela.wordpress.com/2022/07/26/seguimos-de-mal-en-peor-para-cando-a-matricula-no-servizo-de-madrugadores-as-e-comedor
#bolsascomedor | 📢 Esta mañá FANPA Compostela púxose en contacto co Concello de Santiago para interesarse polo estado da convocatoria de bolsas de comedor e extraescolares correspondentes ao vindeiro curso escolar 2022/2023.

👉 Desde Servizos Sociais indicáronnos que o proceso continúa pendente de resolución e agardan publicar as listaxes definitivas a mediados da vindeira semana, cadrando co comezo do curso.

#fanpacompostela #contodas #paratodas
#reuniónsinstitucionais | 🤝🏻 O pasado venres 21 de outubro, a xunta directiva da FANPA reuniuse coa candidata á alcaldía de Santiago de Compostela por parte do BNG, así como coa parlamentaria Iria Carreira para falar da situación da educación no concello, dos principais problemas que detectamos e das propostas de acción para avanzar nun modelo de cidade educadora, amable coas crianzas, respectuoso co medio ambiente, coa nosa cultura e no que se avance en inclusión, igualdade e benestar.

👉🏻 A necesidade dun novo modelo de comedores escolares, o inexistente consello escolar municipal ou a problemática co transporte escolar son algúns dos temas tratados, moitos e vellos temas pendentes neste concello porque non temos avanzado en ningún deles nestes catro anos.

#fanpacompostela #contodas #paratodas Confederación ANPAS GALEGAS

🔗 https://fanpacompostela.wordpress.com/2022/10/25/xuntanza-da-directiva-da-fanpa-coa-candidata-do-bng-a-alcaldia-de-santiago-goretti-sanmartin-e-coa-representante-parlementaria-iria-carreira
#conciliación | 👌😡 A dous días de comezar o mes de decembro, publicouse o programa municipal de conciliación Nadal 2022, o único dentro da oferta do Concello de Santiago que ofrece servizo de almorzo e comedor ás familias.

👉O prazo de inscrición remata o día 9 de decembro, polo que a resolución coñecerase a poucos días de precisar o servizo, sen marxe para atopar plans alternativos e mantendo en vilo a centos de familias ata o último momento 🤬.
🔗 Estas son as ligazóns aos documentos:
- Información Xeral: http://santiagodecompostela.gal/imxd/avisos/doc/1669710678Informacion_familias_Inscricion_Nadal_2022__2_.pdf
- Impreso de Solicitude: http://santiagodecompostela.gal/imxd/avisos/doc/1669710702ED010_Inscricion_no_Programa_de_conciliacion_Nadal_2022.pdf
#fanpacompostela #contodas #paratodas Confederación ANPAS GALEGAS
http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/anuncios.php?lg=gal#4969
#reuniónsgrupospolíticos | 🤝🏻O pasado luns 13 de febreiro, a Confederación ANPAS GALEGAS (á que pertence FANPA Compostela) comezou unha rolda de contactos cos grupos políticos con representación parlamentar.
👌 Imos falar con eles porque queremos que escoiten as nosas propostas para as próximas eleccións municipais.
👉 Queres coñecer as nosas propostas? Podes consultalas en https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/02/21/rolda-de-contactos-de-anpas-galegas-cos-grupos-politicos

#fanpacompostela #contodas #paratodas
#conciliacion | 📆 Programa de conciliación en Entroido do Concello de Santiago:
Aberto o prazo ata o día 19 de xaneiro.
Prazas: 150 prazas ofertadas.
Centros: CEIP Quiroga Palacios e CEIP Monte dos Postes.

🥰 Por primeira vez contamos cun programa municipal no concello de Santiago nestas datas, unha das reclamacións da FANPA Compostela, quen veu asumindo a súa organización nos anos pasados ante a súa inexistencia.

🤞Agardamos que esta programación pronto forme parte dun programa anual amplo, estable e universal, como levamos reivindicando desde hai moitos anos 💪.

#fanpacompostela
#contodas
#paratodas

Confederación ANPAS GALEGAS Pazo de Raxoi

🔗https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2024/01/13/programa-conciliacion-carnaval-oferta-150-plazas-quiroga-monte-dos-postes/0003_202401S13C2993.htm
#xornada | 👉O pasado sábado 24 de febreiro, Fanpa Compostela participou na Xornada "A dixitalización da escola a debate" organizada en Vigo pola Confederación ANPAS GALEGAS.
💪🏻Tras unha intensa xornada de debates e reflexións, extraéronse conclusións fundamentais que poñen de manifesto que estamos ante un dos principais retos para a comunidade educativa na actualidade.
ℹ️ Máis información en https://www.anpasgalegas.gal/2024/02/xornada-a-dixitalizacion-na-escola-a-analise
📺 A xornada retransmitiuse a través da canle de YouTube da Confederación, polo que pode visualizarse na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/live/emAXh5Mw98o?si=LsPNB4af-twxvfCy

#fanpacompostela #contodas #paratodas