FANPA COMPOSTELA 👨‍👩‍👧‍👦🏫
36 subscribers
134 photos
2 videos
4 files
327 links
Información e actividades da Federación Galega de ANPAs da contorna compostelá. ℹ️ www.fanpacompostela.wordpress.com
Download Telegram
#conciliacion #verán | 📢 402 nenos e nenas solicitaron praza para as 150 ofertadas polo concello, despois de eliminar a tradicional oferta municipal de campamentos de verán en varios centros educativos da cidade.

👉 Desde a Federación de ANPAS "Compostela" aplaudimos a denuncia realizada polo BNG ante a sinrazón de que a capital galega non conte a día de hoxe cunha planificación anual que cubra as evidentes necesidades de conciliación das familias compostelás.

#fanpacompostela #contodas #paratodas

https://santiago.bng.gal/articulo/novas/goretti-sanmartin-fica-demostrado-que-existe-demanda-importante-actividades-conciliacion-que-psoe-non-atende/20210528181819003228.html
#conciliacion #verán | 📢 Dende a Federación xa non sabemos que máis dicirlle a este concelleiro de educación para que non continúe destrozando o pouco que había e que custou tantos anos conseguir.

👉🏼 Polo que animamos a nais, pais, avós, avoas, titores... a amosarlle ao Concello de Santiago que SÍ HAI DEMANDA DE PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN MUNICIPAL na capital de Galicia. Descarga o documento tipo e presenta a queixa mediante rexistro dirixa á alcaldía.

💪Traballando xuntas conseguiremos ser escoitadas e que a concellaría de Educación por fin atenda ás necesidades reais das familias compostelás. Comparte e difunde!

#fanpacompostela #contodas #paratodas

https://fanpacompostela.wordpress.com/2021/06/04/reclamacion-programa-de-veran-2021/
#conciliacion | 🤬 O Concelleiro - incapaz de recoñecer o mais mínimo que o fixeron mal- adícase a buscar escusas de mal pagador e a contar e recontar prazas para que lle saian os numeros. 180 prazas son 180 prazas! Sumar as prazas de cada quenda por separado quedará moi ben para os titulares, pero ás familias que están en lista de agarda eses números non lles soluciona nada.

👉🏻 E aproveitamos para lembrar que as ANPAS son organizacións sen ánimo de lucro nas que se participa de forma voluntaria, e con obxectivos entre os cales non figuran organizar programas de conciliación. Ésta é unha responsabilidade da administración, que debe ofertar un servizo universal que dea resposta á demanda das familias. O concelleiro ten que facer o seu traballo, que para iso cobra un soldo, e senon sabe facelo, que marche e deixe de botar balóns fora.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2022/06/23/bugallo-ve-dificil-ampliar-oferta-conciliacion-dice-gratuitad-incremento-demanda/0003_202206S23C2998.htm
#conciliacion | 👉A concellaría de Educación ten abertos os prazos para inscribirse nos programas de conciliación do Entroido que se van desenvolver, como o ano pasado, nas Escolas Infantís Municipais e no espazo de Lecer María Miramontes.

📆 O prazo para inscribirse no programa da Ludoteca María Miramontes remata o vindeiro venres 20 de xaneiro.

🤔 Tan só 23 prazas para crianzas de 9 a 12 anos... A que vai ser que, unha vez máis, imos ter familias sen praza?

🔗http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=22145
#conciliacion | 👉A Federación de ANPAS Compostela, en colaboración con ANPA Athenea, organiza un campamento de conciliación de Entroido no CEIP Cardeal Quiroga Palacios.

👧👦 Dirixido a rapazada de educación infantil e primaria, o prazo de inscrición permanecerá aberto ata este domingo 12 de febreiro.

📆 Datas: 20, 21 e 22 de febreiro
🕜 Horario: 09:00 a 14:00 h.
😴 Madrugadores: 07.45 a 09:00 h.
🍽️ Comedor: 14:00 a 16.00 h.

✍️ DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN 12 DE FEBREIRO!!

https://fanpacompostela.wordpress.com/2023/02/08/programa-de-conciliacion-de-entroido-da-fanpa-compostela/
#conciliacion | 📆 Programa de conciliación en Entroido do Concello de Santiago:
Aberto o prazo ata o día 19 de xaneiro.
Prazas: 150 prazas ofertadas.
Centros: CEIP Quiroga Palacios e CEIP Monte dos Postes.

🥰 Por primeira vez contamos cun programa municipal no concello de Santiago nestas datas, unha das reclamacións da FANPA Compostela, quen veu asumindo a súa organización nos anos pasados ante a súa inexistencia.

🤞Agardamos que esta programación pronto forme parte dun programa anual amplo, estable e universal, como levamos reivindicando desde hai moitos anos 💪.

#fanpacompostela
#contodas
#paratodas

Confederación ANPAS GALEGAS Pazo de Raxoi

🔗https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2024/01/13/programa-conciliacion-carnaval-oferta-150-plazas-quiroga-monte-dos-postes/0003_202401S13C2993.htm