FANPA COMPOSTELA 👨‍👩‍👧‍👦🏫
36 subscribers
134 photos
2 videos
4 files
327 links
Información e actividades da Federación Galega de ANPAs da contorna compostelá. ℹ️ www.fanpacompostela.wordpress.com
Download Telegram
#calendarioescolar | 📆📌 A consellaría ven de publicar o calendario escolar para o próximo curso, comezamos antes, o 8 de setembro, e sabemos cando vai ser nadal e semana santa. Tamén sabemos que o mes de xuño en secundaria vai ser do novo algo non planificado, e que no período que vai dende o 5 de xuño ata o 22 que é cando rematan as clases pode pasar calquera cousa.

😔 Este calendario continúa dependendo das festas relixiosas para fixar os trimestres do ano, un despropósito incomprensíbel a estas alturas, con tres trimestres que durarán 71, 57 e 50 días, mirade vós a lóxica do reparto.

🤬 Pero sobre todo é outro calendario escolar feito ás costas das familias galegas. E non é un tema no que non teñamos nada que dicir, é un tema, máis ben, no que non hai ningún interese en escoitarnos.

🔗 Ligazón ao DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220602/AnuncioG0655-240522-0001_gl.html
📸 CIG-Ensino