Concilia Vacacións 2024 (Guitiriz)
123 subscribers
6 photos
16 links
Esta é a canle oficial de Concilia Vacacións 2023.

Programa de conciliación do Concello de Guitiriz.

Para máis información: conciliavacacions@agoraaberta.gal

web: https://conciliavacacions.agoraaberta.gal
Download Telegram
Ola familias!

Mañá é venres o que significa que imos á piscina!!!
Traede todo o preciso (bañador, muda, manguitos quen os precise, crema de sol, toalla, merenda e auga).
Quedamos a partir das 8:30h con madrugadores é ás 10:00h con todos e todas no COLE! A recollida faise no aparcadoiro da piscina ás 14:00h!

Que teñades boa noite e ata mañá!! Apertas!
Boas tardes familias!

Mañá sairemos do cole para ir á piscina! Traede todo o preciso: toalla, bañador, muda, manguitos quen os precise, chanclas, crema de sol posta e na mochila, merenda e auga!

Vémonos a partir das 8:30h coa xente de madrugadores e ás 10:00h co resto no COLE! A recollida farase ás 14:00h no aparcadoiro da piscina!

Que teñades boa noite e ata mañá! 😘
Boas familias! Mañá teremos saída!

Iremos ata o castelo de San Paio de Narla e ver todo o que alí nos agarda!

Vémonos no cole a partir das 8:30h coa xente de madrugadores e ás 10:00h co resto!! Pedímosvos puntualidade, xa que estará xa o bus esperando por nós para saír! A recollida, coma sempre ás 14:00h no cole!

Que teñades boa noite e descansade! Apertaaas!
Boas familias! Esperamos que aproveitarades este festivo para recargar pilas!!!

Onte fixemos a despedida da terceira quenda... Coma sempre, ás que nos volvemos a ver no que resta de Concilia Vacacións, que teñades un magnifico verán!

Polo tanto mañá, daremos comezo á cuarta e última quenda!! Recordade que temos que deixar cubertos os papeis!!

E que mellor comezo de quenda que ir á piscina! Traede toalla, bañador, muda, crema posta e na mochila, merenda e auga.

Vémonos a partir das 08:30h en madrugadores e ás 10:00h co resto no COLE! A recollida faise ás 14:00h no aparcadoiro da piscina!

Que pasedes moi boa noite e ata mañá! Apertaaas!
Bo día familias, como vai o verán??

Queríamos comunicarvos dende o Concello que existe un número elevado de participantes do Concilia que non realizaron o segundo pago do Campamento.

Así que volo lembramos para que o fagades en canto poidades senon ao longo desta semana volo iremos re ordando telefonicamente e tamen para comprobar se hai algun erro.

Saúdos e a desfrutar do que queda de verán!!
Boas familias, tivemos uns pequenos problemas de web, na primeira quincena de agosto que xa foron solventados. Asi que agora fixemos un pequeno resumo das actividades destacadas da quincena pasada que vos envíamos por aquí. Unha aperta!
https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/unha-quincena-chea-de-actividades-moi-diferentes/
Boas familias!!! O mércores 21 imos facer unha actividade na que precisamos caixa de zapatos.

A ver se entre todxs conseguimos que cada nenx teña a súa caixa para a actividade.

Moitas gracias de anteman!
Boas familias!! Estamos moi emocionadas de presentarvos esta entrada do blog onde fixemos un vídeo moi especial cunha canción moi especial. Presentámovola por aquí e esperemos que vos guste moito, moito!!
https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/reconecendonos/
Bos dias familias!

Recordámosvos que vaiades traendo as caixas de zapatos para poder facer a actividade. A ver se entre tod@s podemos facer que cada nen@ teña a súa!

Vémonos nun pouquiño!
Boas familias!! E hoxe envíamosvos o enlace a outro video que fixemos!! Esperamos que vos guste!!
https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/a-ritmo-caracol-facendo-haikus/
Bo día de novo familias!! Pois hoxe enviámosvos outro vídeo máis que se curraron os vosos fillos e fillas. Onde a súa imaxinación creou un mundo no que a igualdade foi o nexo principal. Esperamos que vos guste!
https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/igualdade-na-colmea-2/
Boa tarde familias! Lembrade que mañá temos saída á piscina!
Así que traede todo o necesario (bañador, toalla, chanclas, muda, manguitos se se precisan, crema do sol botada da casa e na mochila para repasar...) e vémonos ás 8:30 en madrugadores e ás 10:00 co resto, para saír dando un paseo cara ós Sete Muíños!
Lembrade tamén que a recollida se fará ás 14 horas na piscina.
Ata mañá!!
Boas familias!!!

O próximo luns imos dar comezo a última semana de campamento e queremos facelo da mellor maneira: gardando nunha caixa das emocións os nosos mellores recordos, xoguetes, amuletos, imaxes...

Imos meter nesa caixiña TODO o que nos permita regular as nosas emocións.

Para elo, precisamos da vosa axuda para que lembredes á rapazada que o luns poden traer todo o material que consideren oportuno non só para decorar a sua caixa de emocións, senón tamén para enchela dos mellores recordos. (cartulinas, periódicos, revistas, goma eva...)

Moitas gracias pola vosa activa participación en todas as aventuras que decidimos levar a cabo no Concilia.

Que desfrutedes dun bo finde!!
Bos dias!!!

Hoxe imos sair do cole para visitar Bascuas e o seu entorno!
Perdoade polo aviso a última hora...

A recollida farase no cole ás 14:00h, como sempre!

Un saúdo e vémonos!!
Boas familias!!!

Mañá non imos poder ir á piscina debido ás previsións do tempo. Aínda así, imos despedirnos da mellor maneira posible cunha festa por todo o alto no gimnasio!!!

Esperámosvos mañá para celebrar xuntos este final tan especial!!!
Bos días familias!!!

Lembrarvos que hoxe, ao ser último día, imos facer a entrega de mudas de tal xeito que, aqueles nenxs que estiveron ausentes esta última quenda pero teñen aquí a muda, poden vir a recollela de 10h- 14:00h.

Un saúdo.
Boas familias! Rematou o Concilia Vacacións e queríamos agradecervos todo o apoio que nos déstedes nestes 2 meses. Queremos recordar que se precisades algo agora o teléfono será 664 400 586 e o correo info@agoraaberta.gal (posto que os do propio programa unha vez finalizado quedan inoperativos). Levarase ao Concello aquelas prendas de roupa que se quedaron olvidadas polo campamento.
E por último envíovos un post moi especial, da actividade que tivemos onte. Foi unha visita que de verdade estamos moi agradecidas e somos moi conscientes do afortunadas que fomos. Esperemos que vos guste https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/visitanos-o-apicultor-dabella/
Moitas grazas por todo!!
Boas de novo familias!! En principio este é a última mensaxe... Era para avisar de que xa están subidas as fotos de todas as quincenas na sección privada coa que tedes que entrar co contrasinal que se vos deu. Unha aperta a todas!! E que teñades feliz regrese á rutina!!
https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/seccion-privada-familias-2024/