Concilia Vacacións 2024 (Guitiriz)
123 subscribers
6 photos
16 links
Esta é a canle oficial de Concilia Vacacións 2023.

Programa de conciliación do Concello de Guitiriz.

Para máis información: conciliavacacions@agoraaberta.gal

web: https://conciliavacacions.agoraaberta.gal
Download Telegram
Boas de novo! Témosvos que pedir un favor. Para facer diversas manualidades, precisamos materiais de refugallo, como vasos de iogur, botellas de auga, garrafas, cartóns, tubos do papel hixiénico... Se podedes traer algunha destas cousas para darlle unha nova vida sería xenial!
Mañá vémonos de novo no ximnasio no horario de sempre! Saúdos e moitas grazaas!
Boas familias! Mañá sairemos do cole para facer unha pequena ruta. Traede roupa cómoda, gorra, botade crema de sol antes de vir e unha mochila práctica para poder facer a camiñata!
Quedámos a partir das 8:30h coa xente de madrugadores e ás 10:00h co resto no ximnasio. A recollida será ás 14:00h de novo non cole!
Boas noites e ata mañá! Apertas!!!
Boas tardes familias! Mañá tócanos ir á piscina!!! Quedamos a partir das 8:30h con madrugadores e ás 10:00h co resto no COLE, xa que iremos andando ata os Sete Muíños!
Recordade levar na mochila a merenda, auga, toalla, manguitos quen os precise, chanclas, roupa de baño, gorra e crema solar!
A recollida farémola no aparcadoiro da piscina ás 14:00h!!
Que teñades boa noite e vémonos mañá! Apertas!!
Bos días! Onte olvidousenos comentar que traian a crema de sol xa botada e tamén na mochila! Ata despois!
Bò día! O venres na piscina houbo un erro cunhas chanclas, algún neno ou unha nena levou unhas do nümero 33 e deixou unhas do 30 . Están aquí para facer o cambio. Grazas . Un saúdo!
Boas noites familias! Perdoade as horas... Mañá temos saída e faremos camiño ata Friol!
Pedímosvos a máxima puntualidade posible para poder arrancar no bus e aproveitar ben o tempo!
Quedamos a partir das 08:30h cos madrugadores e ás 10:00h co resto!
Vémonos mañá!! Apertas!
Boas familias! Mañá finalmente non iremos á piscina, xa que a temperatura que se prevé non é alta. Quedamos a partir das 08:30h no cole coa xente de madrugadores e ás 10:00h co resto! A recollida ás 14:00h!
Perdoade as horas e a tardanza! Apertas!
Boas familias! Lembrade que podedes ver as actividades que se van facendo no campamento, neste enlace: https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/blog/
Boas noites! Lembramos que este Luns 15 é o último día da primeira quenda!
A segunda quenda comezará o Martes 16!
Vémonos o Luns para despedir estes primeiros quince días!
Que teñades moi boa finde! Apertas!
Boas tardes familias! No día de hoxe despedimos a 1a quenda con bailes, música, xogos, sorrisos e alegría! Ós nenos e nenas que non imos volver a ver no Concilia Vacacións, desexámosvos que teñades un verán moi bo e que descansedes moito!

Polo tanto, mañá comezamos coa 2a Quenda! Vémonos a partir das 08:30 coa xente de madrugadores e ás 10:00h con todos e todas!

Aquelas familias que vos incorporades nesta quenda, recordade que temos que deixar as autorizacións firmadas e os datos revisados!

Moi boa noite e vémonos mañá! Apertaaas!
Boas familias! Onte comezamos unha nova quincena, e continuamos facendo moitas e moi diferentes actividades! Sabedes que podedes ir consultando por aquí o que fan os vosos fillos e fillas!! Unha aperta e continúamos con enerxía!! https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/conecendonos-e-compartindo-emocions/
Boas tardes! Mañá é venres, polo que é venres de piscina! Recordade traer todo o preciso (gorra, bañador, toalla, crema posta e na mochila, merenda e auga). Quedamos todos e todas no cole, a partir das 8:30h con madrugadores e ás 10:00 con todo o resto, xa que iremos andando ata os Sete Muiños. A recollida farase no aparcadoiro da piscina ás 14:00h!
Vémonos mañá e pasade boa tarde! Apertaaas!
Bo día familias! Esperamos que esteñades pasando unha boa finde. Hoxe traémosvos dous avisos!

Esta semana cambiamos o día de piscina para axustar algunha actividade!! Polo que, MAÑÁ traede todo o preciso para ir darnos un chapuzón!

Por outro lado, cada vez que fagamos unha saida, non está de máis que revisedes ós nenos e nenas por se levan con eles/as algunha carracha.

Vémonos mañá a partir das 08:30h coa xente de madrugadores e ás 10:00h con resto no cole! A recollida farase ás 14:00h no aparcadoiro da piscina! Que teñades un moi bo domingo e ata mañá! Apertas!!!
Bo día!! Volvemos a recordar que HOXE imos ir á PISCINA!

Vémonos ás 08:30h con madrugadores e ás 10:00h co resto no cole. A recollida farémola no aparcadoiro da piscina ás 14:00h!!

Ata dentro dun pouco! 😉
Bo día, familias!! Hoxe queremos compartir a noticia do blog do que aconteceu este xoves no Concilia Vacacións: A visita de María, da queixería Bisqato!! Querémola compartir para agradecer non só a María, senón a todas as persoas que ao longo destes anos nos foron acompañando, para presentarnos os seus proxectos, aficcións, modos diferentes de facer as cousas... Porque gratuitamente prestan o seu tempo, e preparan a conciencia diferentes actividades para que os nosos nenos e nenas poidan coñecer e aprender sobre temáticas moi distintas. Nunca estaremos o suficientemente agradecidas.
E este proxecto precisamente do noso concello onde se priman valores como o rural, o local, o ecolóxico, o artesanal, o pastoreo versus a explotación intensiva.... o respecto dos ritmos ... pois forma parte dos valores que queremos transmitir neste Concilia Vacacións. Asi que moitas grazas María e Bisqato, por ser valentes e vir a formar parte da familia do Concilia Vacacións!! Premede no enlace para coñecer como foi a visita. https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/queixeria-bisqato/
Boas de novo familias! Están subidas as fotos da primeira quincena de xullo á web. Tedes que entrar no apartado de sección privada para as familias e debedes ter o contrasinal para entrar. Podedes pedir a partir de mañá o contrasinal aos monitores e monitoras do campamento. As persoas que non asistides a esta quenda e que asistístedes a anterior podedes pedir o contrasinal por chamada teléfonica ao teléfono do campa (670 021 737) en horario de 8:30 a 14:00 horas. Grazas e unha aperta!
Boas familias! Mañá temos saída e iremos ata San Alberte!

Quedamos no mesmo horario, pero precisamos puntualidade, xa que estará o bus esperando por nós!

A partir das 08:30h coa xente de madrugadores e ás 10:00h co resto no cole!
A recollida será ás 14:00h de novo no cole!

Ata mañá!! 😉
Seguimos compartindo algunha das cousiñas que se fan polo ConciliaVacacións: https://conciliavacacions.agoraaberta.gal/saida-a-san-alberte/
Ola familias!!!

Mañá hai previsión de calor polo que, se é posible, faremos algun xogo con auga.
Por iso ímosvos pedir que, aqueles/as que non teñades na muda bañador e toalla ou non trouxerades muda, traiades para poder facelo. Ademais, lembrade botar e traer crema de sol, que seguro que nos fará falta!!

Que teñades boa noite e ata mañá! Apertas!
Boas tardes familias!

Hoxe rematamos a segunda quenda do Concilia Vacacións e vaia forma de rematar... É que fixemos entre todos e todas unha merendola que estaba moi moi rica! Xa vos contarán os/as peques...😋😋 Despois chegou o momento de despedirnos dalgunhos/as nenos/as... Coidádevos moito e disfrutade de todo o verán que queda por diante, botarémosvos de menos!

Mañá comezamos unha nova quenda! Quedamos no cole a partir das 8:30h con aqueles/as de madrugadores e ás 10:00h co resto no cole! Aquelas familias que vos incorporades novas recordade que teremos que deixar cubertos e revisados os papeis!

Pasade moi boa tarde e vémonos mañá!! Apertaaas!