Concello de Ames
753 subscribers
1.04K photos
1 video
390 files
5.42K links
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal


Facebook
facebook.com/concellodeames

Instagram
instagram.com/concellodeames

Twitter
twitter.com/concellodeames
Download Telegram
XORNADAS “AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO”
Este martes 23 e mércores 24 de marzo terán lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro as primeiras xornadas “Ao Son da Oralidade: O noso patrimonio”, que están organizadas polo IES do Milladoiro en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/3cWM6tT
XORNADAS AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO
Comezan as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio” organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames.
👉Segue en directo vía streaming o primeiro faladoiro impartido por Luís Leclere, representante do Colectivo a Rula: youtu.be/kA-D3-iYzjE
+INFO: bit.ly/3tLKdY2
XORNADAS AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO
Comezan as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio” organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames.
👉Segue en directo vía streaming o segundo faladoiro impartido por X. Ramón López Boullón, autor da obra "Toponimia de Ames": https://youtu.be/kA-D3-iYzjE
+INFO: bit.ly/3tLKdY2
TEATRO
A obra de teatro infantil "Don Gaiferos" representarase este venres, 26 de marzo, ás 18.00 horas, no Milladoiro.
A peza mestura actores, monicreques e músicos que incorporan cancións do folclore galego ao romance popularizado. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica.
+INFO: bit.ly/3sg5Gb0
MESA DE DEBATE
Mañá, 24 de marzo, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, ás 19.00 horas, un debate sobre “As artes escénicas despois da Covid-19 e incidencia do Xacobeo na súa reactivación”.
No encontro participarán as compañías Teatro do Noroeste e Teatro do Atlántico, a empresa de produción audiovisual Chiripa producións, a compañía de danza Druída e a de títeres Cachirulo.
O acto será aberto ao público e de balde. Retransmitirase por streaming para quen queira participar en liña.
+INFO: bit.ly/3vxpPLG
EXPOSICIÓN
Onte, 23 de marzo, inaugurouse ás 12.00 a exposición "Don Gaiferos polos camiños cara Compostela" na Casa da Cultura do Milladoiro.
A mostra, organizada pola compañía compostelá Os monicreques de Kukas, estará aberta para todos os públicos en horario de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 22:00 horas até o venres, 26 de marzo.
+INFO: bit.ly/3tVrwRP
XORNADAS AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO
Continúan as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio” organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames.
👉Segue en directo vía streaming o terceiro faladoiro impartido por Vicente Feijoo Ares, coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG: https://youtu.be/5fhPHHvkv68
+INFO: bit.ly/3tLKdY2
COLUMNAS DE AUTOLAVADO
Xa están solucionados os problemas de presión da auga das columnas de autolavado, inflado de rodas e reparación de bicicletas.
Están nos aparcadoiros da Casa da Cultura do Milladoiro e da Telleira en Bertamiráns.
+INFO:bit.ly/3chOI6F
ENQUISA WEB
O Concello de Ames anima á veciñanza a participar na enquisa sobre a Sede electrónica municipal.
Búscase o uso que a veciñanza fai deste servizo e se está satisfeita con el. Ademais, déixase aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar este portal. Habilitouse un banner no pé da páxina web que estará dispoñible de forma permanente para acceder á enquisa.
+INFO: bit.ly/3ax5AFD
XORNADAS AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO
Continúan as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio” organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames.
👉Segue en directo vía streaming o cuarto faladoiro impartido por Vero Rilo, contadora e artista multidisciplinar, e Marcos PTT, actor e director de teatro e membro do colectivo Galiza Emocional: https://youtu.be/B-dc6kaay9Q
+INFO: bit.ly/3tLKdY2
TEATRO
A obra par adultos “Mocos” quédase en Bertamiráns durante os días 26 e 27 de marzo. Ambas sesións realizaranse ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Xa se poden adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. A entrada xeral ten un prezo de 5 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2,5 euros.
+INFO: bit.ly/31dfhU9
AXUDAS
O Instituto Galego da Vivenda e Solo se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021
+INFO: bit.ly/3f6GErj