Concello de Ames
754 subscribers
1.04K photos
1 video
390 files
5.42K links
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal


Facebook
facebook.com/concellodeames

Instagram
instagram.com/concellodeames

Twitter
twitter.com/concellodeames
Download Telegram
Inscríbete e participa na III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames 👧🏻🧒🏻
🔸 O Concello de Ames colabora por terceiro ano consecutivo na organización da terceira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que este ano terá lugar o vindeiro 27 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
🔸A finalidade desta cea é recadar fondos para contribuír, por unha parte, á investigación sanitaria e ao incremento e mellora da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS.
🔸O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos. Podes acceder nesta ligazón ao formulario para mercar as entradas e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo.
ℹ️Para obter máis información tamén se pode chamar ao 641 11 60 05. As entradas poderán recollerse nos puntos de venta autorizados.
🔗https://bit.ly/4lfGz3b
O Pazo da Peregrina acollerá os días 4 e 5 de xullo as dúas xornadas do Ames Jazz 2025 🎼
O programa inclúe os concertos dos recoñecidos músicos galegos de Jazz a nivel internacional, Álvaro Vieito, en trío, e Yago Vázquez, tamén en trío. Ademais, haberá unha sesión vermú a cargo de Gloria Pavía e Rafa Morales e o faladoiro “A situación do jazz e da música galega”.
🎟️A entrada é libre e gratuíta.
Aquí a programación completa 🔗https://bit.ly/3TGuE2x
Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ con actividades e música no Paseo da Igualdade do Milladoiro 🏳️‍🌈
🔹As actividades comezarán ás 11.00 horas coa lectura do manifesto. A continuación entregarase o premio ao gañador/a do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo” 📸
🔹Haberá actividades para todos os públicos con talleres de pintura de bolsas, obradoiros de pintura de pedras e mural, taller de pulseiras e para elaborar espetadas de lambonadas, música, e para rematar unha Holi Party 🎶
Toda a ℹ️ e programación 🔗https://bit.ly/4jWr0wd
O Motoclub Ameixenda organiza o sábado, 28 de xuño, o Gran premio Concello de Ames de supercross 2025 🏁
🔸Trátase dun evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte.
🔸Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia.
🏍️ Estímase que participen arredor de 50 pilotos entre os que destaca a presenza de Jorge Paradelo García.
📝O prazo de inscrición pecha o xoves 26 de xuño.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/468IiD6
Ponse en marcha a segunda edición do concurso #BailaConAmes con preto de 80 participantes 💃🩰🕺
Chega a 2ª edición do concurso coa fase de preselección este sábado 28 de xuño ás 18:00 h, nas pistas deportivas xunto á Casa da Cultura do Milladoiro.
🎶 Máis de 77 participantes subirán ao escenario repartidos en tres categorías:
🔸Individual
🔸Parellas ou tríos
🔸Grupos (de 4 a 12 persoas)
O xurado seleccionará un máximo de 21 participantes que pasarán á gran final!
🙌🏻Ao remate das actuacións anunciarase a listaxe de clasificados/as 📩 As persoas finalistas terán ata o 14 de xullo para enviar a súa pista musical para a derradeira exhibición.
Agardámosvos a tod@s! Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3Gj0eAn
1
A XIV edición do Millarock máis inclusivo contará con grupos consolidados e emerxentes do panorama musical galego 🎸🤘🏼
O vindeiro 1 de agosto estamos de festival na Travesía do Porto (O Milladoiro), unha cita imprescindible xa no calendario do municipio! 🔥
Este ano subirán ao escenario:
🎤 Ruxe Ruxe
🎸 Battosai
🥁 Ulex
🎶 E para os máis pequenos/as (e non tanto!) volve a proposta “Merenda Rock”, con concertos didácticos e obradoiros musicais da man do equipo de A Casa do Rock.
Como novidade, nesta edición búscase achegar o rock a todos os públicos e ofreceranse servizos para que as persoas con discapacidade tamén poidan gozar do festival.
Se queres saber máis ℹ️🔗https://bit.ly/3TcYZ8T
O 1 de xullo abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría 🎶
O Concello de Ames informa que do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo para que os grupos musicais do concello, que xa empregan o local municipal A Factoría (situada en Biduído), poidan renovar a súa solicitude de uso.
📅 Prazo de renovación: 1 – 15 de xullo
🕒 Horario de ensaio: todos os días da semana, de 10:00 a 22:00 h*
⏱️ Tempo máximo por grupo: ata 3 horas consecutivas semanais (Sempre que non interfira con actividades organizadas polo Concello)
Actualmente, 14 agrupacións musicais fan uso deste espazo.
Durante os últimos meses realizáronse melloras na cuberta do edificio e para resolver problemas de humidade, illamento e acondicionamento das salas.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4ewsNqS
🚶‍♀️ Aberto o prazo de inscrición para a última andaina saudable! 🌿
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde convida a toda a veciñanza a participar na sétima e última etapa da andaina saudable polo Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía 🥾
📍 Percorrido: De Guisamonde a Fisterra (21 km)
📅 Data: Sábado, 5 de xullo
🕒 Saídas en bus:
🔸 08:00 h – Casa da Cultura do Milladoiro
🔸 08:15 h – Praza do Concello de Bertamiráns
📝 Inscricións abertas ata o xoves, 3 de xullo, ás 14:00 h cubrindo o seguinte formulario 🔗
https://bit.ly/3G1FKwc
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3ZSJuXt
👍1
A Unión de Consumidores de Galicia organiza a charla informativa "A problemática dos defectos de fábrica nos automóbiles " 🚘
🗓️A charla informativa será este mércores, 2 de xullo, ás 20.30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello.
Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
Se queres saber máis ℹ️🔗https://bit.ly/44rlHiE
🎶 As “Noites en Vela” de A Ponte Maceira acollerán este ano as actuacións de As Maianas e Caamaño & Ameixeiras 🕯️🌔
🪄O vindeiro sábado 19 de xullo, a partir das 21:00 horas, celebrarase unha nova edición das “Noites en Vela”, un evento que xa é toda unha tradición e que vincula anualmente aos concellos de Ames e Negreira dende o 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021.
🎆 Ao remate das actuacións musicais haberá un espectáculo pirotécnico que poñerá o punto final á velada.
ℹ️ O acceso ao evento é de balde.
Aquí tes, nun clic, toda a info desta cita 🔗https://bit.ly/4etbXZN
A Aula AMTIC organiza catro cursos de formacións para a rapazada durante este mes de xullo 🖥️
💻🎒 Son catro formacións dirixidas para menores, cunha ampla variedade de contidos (debuxo, xogos, programación, etc.) para que os máis pequenos da casa non deixen de aprender durante o período estival pero dun xeito divertido e entretido para eles a través da tecnoloxía.
Inscricións chamando número de 📞 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a ✉️informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AmTIC do Milladoiro.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4l8fZcF
1
Comezan os Seráns de Ames co pregón de Inés Suárez, do grupo As Maianas, e cun espectáculo de circo 🎶
🔸Nesta edición incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Trasmonte.
🔸A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración das áreas de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello, que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas.
🔸Os seráns comezan este xoves, 3 de xullo, cun pregón a cargo de Inés Suárez, do grupo As Maianas, e co espectáculo de circo dirixido ao público infantil e familia, Ghop!, Teatro ao cubo.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/46lCkyL
Aberto ata o 11 de xullo o prazo de inscricións nas prazas libres e no novo grupo inclusivo da Escola Municipal de Teatro de Ames 🎭
🔸Como novidade para o vindeiro curso, estrearase un novo grupo inclusivo, “Teatro formativo e lúdico”, no que o 50% das prazas están reservadas para persoas con discapacidade.
🔸As persoas interesadas en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello.
🔸Tamén se pode presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
ℹ️ Máis info nos números de teléfono 981 535 940 // 662 377 444 ou no enderezo cultura@concellodeames.gal.
Se queres saber máis detalles sigue a ligazón 🔗 https://bit.ly/4linii3
1
Arrinca a IV edición do circuíto Xacobeo Pádel Tour nas instalacións do Squash Club Santiago no Milladoiro 👟
🔸A primeira proba deste emocionante circuíto terá lugar nas instalacións de 2máis Squash Santiago, no Milladoiro, do 3 ao 13 de xullo.
🔸O circuíto está composto de cinco probas, das cales tres se disputan en Ames. A primeira no Squash Club Santiago no Milladoiro; a segunda nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago, en Piñeiro; e a quinta nas instalacións de Ames Pádel Center, en Firmistáns.
Se queres saber máis 🔗 https://bit.ly/4ltlNOl
1
Aberto o prazo de inscrición para inscribirse no programa de conciliación Setembro Lúdico 2025 🎲🧩
🔸Ata o 15 de xullo, aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación que este ano se desenvolverá do 1 ao 5 de setembro.
🔸Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar.
🔸Non poderán participar os menores que vaian cursar 4º de Educación Infantil ou a ESO no vindeiro curso 2025-2026.
🔸O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días.
📋 As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3Go6Nlp
O jazz volverá a soar en Ames os días 4 e 5 de xullo con Álvaro Vieito Trío, Gloria Pavía e Rafa Morales e Yago Vázquez Trío 🎶
🎼 O programa inclúe os concertos dos recoñecidos músicos galegos de jazz a nivel internacional, Álvaro Vieito, en trío, e Yago Vázquez, tamén en trío.
🍹Ademais, o sábado haberá unha sesión vermú a cargo de Gloria Pavía e Rafa Morales e o faladoiro “A situación do jazz e da música galega” 🗣️
🎟️ A entrada é libre e gratuíta.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/44pAFpl
O programa “Música nas parroquias” dedica 63.000 euros a máis de 40 actuacións nas festas locais de Ames 🎼
🔸As inmediacións da igrexa parroquial de Biduído acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do programa municipal de “Música nas parroquias”, que desenvolve o departamento de Cultura ao longo de todo o exercicio 2025.
🔸Dende xaneiro ata outubro o Concello sufraga máis de 40 actuacións solicitadas por asociacións e comisións de festas de Ames.
🔸En total invístense 63.289,05 euros, dos cales 2.876 euros proceden dunha subvención do programa Cultura no Camiño e 11.412,40 euros achégaos a Rede Cultural da Deputación da Coruña.
🔸Trátase dunha iniciativa para fomentar a celebración das festas e colaborar na súa organización, facendo mais doada o labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3TSoGf4
Habilitarase un servizo de autobús gratuíto para acudir ás “Noites en Vela” deste 2025 🚌
🔸As persoas interesadas en empregar este servizo deberán enviar un correo ao enderezo electrónico gabinete@ames.gal indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto, ou chamar ao número 881 074 730.
🔸O servizo de autobús será gratuíto e sairá ás 20.00 horas desde O Milladoiro e realizará parada en Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. A volta será unha vez remate a velada.
🔸Os departamentos de Cultura do Concello de Ames e Negreira organizan unha nova edición deste evento que vincula aos dous concellos anualmente desde 2016 e que ten como punto de encontro a paraxe natural e monumental de A Ponte Maceira.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/44iGtT2
1
Aberto o prazo para presentar as solicitudes da convocatoria de axudas para familias numerosas de Ames 🧑‍🧑‍🧒‍🧒
🔸A contía total destinada a estas axudas é de 100.000 euros, sendo de 1.200 euros o máximo do importe individual concedido a cada unidade de convivencia.
🔸Con esta iniciativa, o goberno municipal pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades económicas teñan para a crianza das súas fillas e fillos.
🔸Este ano, ao igual que na convocatoria anterior, comprobarase o patrimonio e será preciso presentar a declaración do IRPF do exercicio 2024. As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro situadas na Casa do Concello e na oficina municipal do Milladoiro.
📄 O prazo para presentar as solicitudes vai do 4 de xullo ao 4 de agosto de 2025.
Se queres máis ℹ️🔗https://bit.ly/3Tpzv8w
1
O domingo 13 de xullo celébrase a XIX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño 🍷
🔸Unha nova edición da Festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, terá lugar o vindeiro domingo 13 de xullo.
🔸Un ano máis realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos. O xantar estará amenizado pola música da banda de gaitas e de baile rexional Os Castros e pola tarde contarase coa actuación de Eva e Camilo e do Dúo Rosán.
🔸Ademais, realizarase o XVIII campionato de chave por parellas e haberá un taller de bordado a cargo de Xenuína. A xornada rematará coa actuación do grupo A Banda da Loba, financiada polo Concello de Ames. Haberá carpa e inchables gratuítos para os nenos e nenas por cortesía de Tikolandia.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/44kqyne
4