PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Primavera Lúdica 2021.
+INFO: bit.ly/3fbx6eK

NORMALIZACIÓN
Enreguéifate comeza á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega.
O prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases.
+INFO: bit.ly/2NPwqAb

Concello de Ames
Comeza o proxecto Enreguéifate 2021
Dende fai cinco anos, o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Nesta ocasión, faino ademais coa recente boa nova de ter recibido…
ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL
Aberto, até o día 12 de abril, o prazo de inscrición nas escolas infantís da rede Galiña Azul para o curso do 2021-2022. En Ames hai dous centros desta rede, un en Bertamirán, no Camiño Paraxos, e outro no Milladoiro, na Rúa do Rego.
O trámite poderase facer a través da sede electrónica da Xunta.
+INFO: bit.ly/2QEtqI4

Aberto o prazo de inscrición nas escolas infantís da rede Galiña Azul
As solicitudes de novo ingreso presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica de la Xunta de Galicia. Neste impreso de solicitude poderá solicitarse praza para máis duhna escola, indicando…
NORMALIZACIÓN
Recibiron o premio Mil Primaveras os proxectos Enreguéifate e Galegoempresas.
Ambos os dous son proxectos colaborativos promovidos polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, entre eles o de Ames.
+INFO: bit.ly/2PpS2DJ

Os proxectos Enreguéifate e Galegoempresas, dos que forma parte o Concello de Ames, recibiron o premio Mil Primaveras
A segunda edición dos Premios Mil Primaveras recoñece proxectos de posta en valor e fomento do galego que inciden na autoestima dos e das falantes, na reflexión sobre o uso da lingua e nos hábitos lingüísticos. Destacan os programas colaborativos e os que…
OBRAS
A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de contratación das obras de mellora dos interiores de Seares de Arriba
+ INFO: http://bit.ly/3clbQBd

O expediente de contratación das obras de Seares de Arriba un gasto por importe de 67.534 euros que se realizará con cargo á aplicación orzamentaria 454.61900 do orzamento municipal 2020 prorrogado.As obras, que se estenderán por unha superficie de 550 metros…
PLENO
O pleno rexeita a modificación e a derrogación de varias ordenanzas fiscais que, a petición do grupo municipal do Partido Popular, tratáronse onte en Pleno Extraordinario, foron rexeitadas na súa totalidade.
+INFO: bit.ly/3vWfERb

O pleno rexeita a modificación e a derrogación de varias ordenanzas fiscais
Na exposición de motivos, o voceiro do grupo popular, Ramón Argibay, manifestou que o pleno , aínda que era de contido económico, tiña un marcado carácter social e que non estaba pensado para amolar ao goberno, que non era un pleno partidista, senón partidario…
PEL REACTIVA
👉Infórmase da resolución provisional do PEL REACTIVA que foi publicada este xoves, 25 de marzo, no Boletín Oficial da Provincia: bit.ly/39b8z5l
👉As persoas beneficiarias deben facer a correspondente xustificación das axudas PEL REACTIVA.
+INFO: bit.ly/3lQkQkR

TEATRO
Para celebrar o Día do Teatro, o sábado 27 de marzo, a comedia, "Mocos", da compañía Contraproducións, representarase ás 20.30 horas, na Casa da Cultura en Bertamiráns.
+INFO: bit.ly/39jXqzg

>Teatro para adultos: "Mocos"
Espectáculo unipersonal inspirado nunha imaxe da pandemia: uns nenos no recreo, illados en cadanseu cadrado no patio dunha escola. Que memoria gardarán diso cando crezan? E como un moco que se espalla nace un fío de divertidas historias escolares vividas…
BANDO DE PROHIBICIÓN
O martes, 30 de marzo, non se poderá aparcar na Casa da Cultura do Milladoiro por mor das tarefas de pintado que se levaran a cabo no aparcadoiro.
Prohíbese o estacionamento dende as 23.30 horas do luns, 29 de marzo de 2021 até as 20.00 horas do martes, 30 de marzo do 2021.
+INFO: bit.ly/3w2e2Fx

PLAN REACTIVA AMES
Infórmase da resolución provisional do PEL REACTIVA que foi publicada este xoves, 25 de marzo, no BOP.
As persoas beneficiarias deben facer a correspondente xustificación das axudas PEL REACTIVA achegando, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, a documentación que se require.
+INFO: bit.ly/3w1JeEZ

Publícase a resolución provisional das axudas do PEL REACTIVA cofinanciado pola Deputación da Coruña
A finalidade destas axudas é facilitar medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que teñan o seu domicilio fiscal no concello de Ames como concello adherido ao Fondo de Financiamento, para facer fronte ás consecuencias…
MIGRACIÓNS
O Concello de Ames presenta mañá, sábado 27 de marzo, ás 20:00h no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, “A Historia Viva de Ames. Museo das Inmigrantes”, unha publicación realizada colectivamente baixo a dirección da artista Angélica Dass, a coordinación de 7H Cooperativa Cultural e a participación de once veciñas e veciños do municipio con raíces en Brasil, Colombia, Cuba e Venezuela.
+INFO: bit.ly/3w0JyDL

Ames reivindica a súa multiculturalidade a través da publicación “A Historia Viva de Ames. Museo das Migrantes”
O xornal, cunha edición de 2.050 exemplares, procura representar as múltiples identidades que constrúen a idiosincrasia de Ames mediante un relato visual construído, como se dunha exposición impresa se tratase, a partir de diferentes imaxes de obxectos, paisaxes…
URBANISMO
O Concello de Ames someterá a aprobación unha nova licenza urbanística para a construción de dous novos edificios de vivendas en Milladoiro con máis de 100 novas vivendas.
+INFO: bit.ly/3u1Mi29

O urbanismo de Ames despega diante da demanda de vivendas
A licenza concedida para Milladoiro da inicio ao despegue do Sector S15 no centro do núcleo urbano, zona que durante máis dunha década estivo bloqueada. Os dous novos bloques levantaranse nunha rúa perpendicular á Travesía do Porto e ao carón da Escola infantil…
PLENO ORDINARIO DE MARZO
Este xoves, 25 de marzo, celebrouse a sesión ordinaria do pleno de marzo no que a Corporación municipal aprobou o expediente de licitación do servizo de limpeza viaria e xestión dos puntos limpos.
Tamén se aprobou a modificación do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF); a aprobación do proxecto modificado para a pavimentación dos accesos ao lugar de Ventosa (POS 2019); a declaración institucional para garantir a máxima transparencia e cumprimento do protocolo de vacinación; e a solicitude de comparecencia do alcalde presentada polo grupo municipal popular.
Ademais, aprobouse unha proposta do grupo municipal socialista sobre a demanda dun incremento das achegas da Xunta ao servizo de axuda no fogar, e outra proposta do concelleiro Jose Ramón Oulego de condena dos altercados ocorridos en varias cidades españolas nas manifestacións en favor do rapeiro condenado Pablo Hansel.
+INFO: bit.ly/3u249pJ

O Pleno aproba o expediente de licitación do servizo de limpeza viaria e maila ampliación do Servizo de Axuda no Fogar
O Pleno ordinario de marzo comezou co alcalde dando conta dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria que van dende o 722 ata o 1.048 (327 decretos); e da sentenza no procedemento de tutela de dereitos fundamentais 27/2020…
BIBLIOTECA
As bibliotecas municipais celebran o Mes do Libro con actividades dirixidas a un público infantil e adulto, un concurso de debuxo e un sorteo de libros
+ INFO: http://bit.ly/3sybSvi

As bibliotecas municipais celebran o Mes do Libro con actividades dirixidas a un público infantil e adulto, un concurso de debuxo…
O Mes do Libro celebrarase con obradoiros, presentacións de libros, música e actividades. Ademais, polas compras realizadas nalgunhas das librarías de Ames dende o 1 ata o 24 de abril, entrarase un sorteo de bonos de libros. Os establecementos que participan…
REGUEIFAS
Volve a regueifa aos colexios e institutos de Ames a través de obradoiros nos que se fomenta a lingua e a improvisación oral en verso
+ info: http://bit.ly/3cuuh6s

Volve a regueifa aos colexios e institutos de Ames a través de obradoiros nos que se fomenta a lingua e a improvisación oral en…
Os obradoiros Enreguéifate comezaron en Ames o luns 22 de marzo, no CEP de Ventín. Corenta alumnos de 6º de primaria participaron nas dúas primeiras sesións, impartidas pola pandereteira e regueifeira de Bergantiños Lupe Blanco.O 23 de marzo tocoule a quenda…
DENUNCIAS
A fin de semana sáldase con 7 denuncias por festas en pisos en Ames
+ INFO: http://bit.ly/3fkIAwt

A policía local de Ames viviu unha fin de semana intensa e con diferentes actuacións que se saldaron coa imposición de 59 denuncias por incumprimento das medidas establecidas para facer fronte ao Covid-19, sendo as máis numerosas as correspondentes a reunións…
ESCOLAS INFANTÍS
O xoves 1 de abril abre o prazo de preinscrición para o curso 2021-2022 nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro).
+INFO: bit.ly/39qYBNn

O 1 de abril abre o prazo de preinscrición nas escolas infantís municipais de Ames
Son susceptibles de matricularse os nenos e nenas que teñan entre tres meses e tres anos. A documentación que hai que cubrir para tramitar a solicitude de praza pódese descargar na web conciliames.gal ou recollela nas escolas infantís municipais, en horario…