Concello de Ames
754 subscribers
1.04K photos
1 video
390 files
5.42K links
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal


Facebook
facebook.com/concellodeames

Instagram
instagram.com/concellodeames

Twitter
twitter.com/concellodeames
Download Telegram
RECANTOS
Ames apoia á veciña de Ortoño, Sofia Rial, que volve compitir representando ás Terras de Compostela, no concurso “Recantos” do programa Luar da Televisión de Galicia.
ACTUALIZACIÓN DE MEDIDAS COVID EN AMES:
👉Vixente dende ás 00.00 horas do 19 de marzo de 2021:
🔒 Permítese a mobilidade por toda Galicia, excepto a entrada e saída de Maside, Paradela e Vilardevós
🏠A restrición de mobilidade nocturna comeza ás 22.00h e remata ás 6.00h.
👨‍👩‍👧‍👦Só se permiten xuntanzas de conviventes en espazos privados.
🍽A hostalaría abre, cun 50% de ocupación no interior e un 75% nas terrazas, ata as 21.00 horas. Recollida no local ata as 21.30 horas. Entrega a domicilio ata as 00.00 horas. Terrazas grupos de 6 e interior, de 4.
🛍No comercio o aforo é do 50% e pechará ás 21.30 horas.
👕O mercado ambulante volve a celebrarse en Bertamiráns os sábados.
🚗En vehículos particulares permítese só viaxes de conviventes, agás en desprazamentos de traballo ou ensino que se poderá compartir vehículo con persoas non conviventes.
🚴As instalacións deportivas están abertas. Permítense grupos de ata 4 persoas non conviventes na práctica deportiva interior e de 6 ao aire libre.
🎭Pódense realizar actividades culturais nos auditorios municipais (cun 30% do aforo).
⛹️Están abertos os parque infantís, biosaudables e pistas deportivas ao aire libre con limitación de aforo.
👉Consulta o resumo das medidas que entran en vigor: bit.ly/30Vh3t0
+INFO: bit.ly/3cPRMWR
ACTUALIZACIÓN DE MEDIDAS COVID PARA A HOSTALARÍA:
👉 Vixentes dende ás 00.00 horas do 19 de marzo de 2021.
👉A hostalaría abre, cun 50% de ocupación no interior e un 75% nas terrazas.
👉 Aberta ata as 21.00 horas.
👉 Recollida no local ata as 21.30 horas. Entrega a domicilio ata as 00.00 horas.
👉 Permítense grupos de 6 persoas nas terrazas e no interior, de 4 persoas
👉Consulta a Orde de 17 de marzo sobre o Plan de hostalería segura: bit.ly/3eQtzlB
+INFO: bit.ly/3cPRMWR
MÚSICA EN DIRECTO
Este domingo, 21 de marzo, continúa o programa musical “O domingo á tarde” cun concerto do grupo Battosai.
O concerto comezará ás 20:00 horas e, como en cada concerto, o espectáculo estará introducido e presentado por Adrián Cunha, fotógrafo, realizador e presentador relacionado co mundo do espectáculo. O presentador nos previos á actuación, manterá unha breve entrevista informal cos artistas a través dun chat que estará activo antes, durante e despois do concerto.
Para ver o concerto hai que acceder á canle de YouTube de “O domingo á tarde”: bit.ly/3r3bhAf.
+INFO: bit.ly/38WHEdu
LIMPEZA VIARIA
O Concello de Ames está traballando dende hai tempo nos pregos do novo contrato do servizo de limpeza viaria e xestión dos Puntos Limpos. Deste xeito, vaise a debater no pleno ordinario do mes de marzo, que se vai celebrar o vindeiro xoves 25 de marzo, a aprobación do expediente de contratación. Dito contrato vai a ter unha duración de 10 anos.
O importe base de licitación ascende a 1.064.223,85 euros, o que supón un incremento económico de 336.607,95 euros (46,26%), respecto do anterior contrato que ascendía a 727.615,90 euros. Dito incremento é debido a que no novo contrato se inclúen moitas máis zonas para realizar a limpeza viaria, en concreto vaise prestar dito servizo en toda a localidade de Bertamiráns, do Milladoiro e nas urbanizacións.
Ademais, co novo servizo tamén se vai a facer a limpeza nas distintas prazas do concello, áreas de aparcamentos dos núcleos urbanos, e en diversas zonas do rural, especialmente naquelas nas que hai beirarrúas.
+INFO: bit.ly/3ltQN2p
MILLARAIO
Os atletas do Club de atletismo MillaRaio, que participaron este sábado, 20 de marzo, no Campionato galego de categorías inferiores de pista cuberta acadaron catro medallas (dúas de ouro, unha de prata e outra de bronce). O club amesán participou con 13 atletas (3 na categoría sub12 e 10 en sub14).
+INFO: bit.ly/3smABTn
#ImpulsaAmes

📲 Estanse a ultimar os detalles da licitación da Solución Integral Smart City para Ames que estará composta por sistemas de control intelixente de aparcamentos públicos, de paneis informativos, de xestión intelixente de iluminación pública e de Rede Wifi municipal.
https://ames2020.gal/

#Ames2020 #FEDER #EDUSI #UnhaManeiraDeFacerEuropa
CULTURA
A Concellaría de Cultura amplía a programación cultural para os vindeiros meses.
O próximo evento será a inauguración da exposición Don Gaiferos polos camiños cara Compostela, na Casa da Cultura do Milladoiro, este martes 23 de marzo, ás 12.00 horas. A exposición estará aberta para todos os públicos ata o 29 deste mes.
+INFO: bit.ly/3lBVMOB
ECONOMÍA
O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, asinaron un convenio co que o ente provincial asume todas as funcións para levar a cabo a inspección do IAE e nos procedementos sancionadores que deriven destas actuacións. No acto de sinatura de dito convenio tamén participou a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero.
+INFO: bit.ly/3lEDmwx