Anticapitalistas Galiza
114 subscribers
733 photos
17 videos
285 links
Canle de difusión de Anticapi Galiza. Construíndo poder popular
Download Telegram
Onte estivemos xunto co Movemento Galego polo Clima e Fridays For Future nas rúas de Galiza para denunciar a espiral destrutiva á que nos leva o capitalismo.

Para defender o planeta e a vida non valen medias tintas. Mudemos o sistema, non o clima!🌏💚#EcosocialismoOuBarbarie #XustizaClimática
🗞Artigo do noso compañeiro Juanjo Álvarez sobre os retos da crise enerxética e a necesidade dunha alternativa ecosocialista.

"Antinucleares, ecoloxistas, movementos pola vivenda, feminismos, sindicatos, son a base posíbel para unha articulación ampla que poida superar a defensa fronte ás agresións do capital e armar unha proposta común.

Nesto consiste a tarefa deste ciclo de refluxo social e crise: en convertilo nun momento de artellamento colectivo e acumulación de forza social para constituír un polo ecosocialista con proposta propia."

👉https://www.elsaltodiario.com/opinion/coyunturas-energeticas-para-una-transicion

#EcosocialismoOuBarbarie
📢O capitalismo convirte as renovábeis nunha burbulla especulativa que ameaza territorios e comunidades.

Este sábado mobilizacións en todo o País contra este modelo.
Por un control público da enerxía e unha transición enerxética xusta🌳. #EcosocialismoOuBarbarie
🗞 Neste artigo en Poder Popular analizamos a mobilización #EólicaAsíNon en máis de 20 localidades de Galiza este sábado.

O movemento pola defensa do territorio reclamou outro modelo máis xusto e ecolóxico fronte á proliferación de macroparques eólicos.

"A realidade é que Galiza está sendo vítima dunha nova burbulla especulativa, desta vez tinguida de verde. O oligopolio enerxético está vendo o rural galego como unha oportunidade de negocio favorecida por unhas administracións que non só se cruzan de brazos ante esta ameaza, senón que favorecen o acaparamento cunhas normativas tan perigosas como o Plan Sectorial Eólico de Galiza (excedido por gran cantidade de proxectos planificados fora dos límites establecidos por este plan, incluídos os macroproxectos marítimos) ou as chamadas “Leis de depredación” (Lei de simplificación administrativa ou a Lei de fomento de implantación de iniciativas empresariais)."

👉 https://t.co/CYdWZnEjoG

#EcosocialismoOuBarbarie
📢 Este domingo en Compostela manifestación de #EolicaAsiNon contra o modelo enerxético do capitalismo verde, que espolia o territorio e destrúe o medio ambiente en favor do oligopolio eléctrico.

Hai alternativa. Por un modelo público-comunitario para que as clases populares desde o ámbito local decidan democráticamente sobre unha transición enerxética xusta e sostíbel.

#EcosocialismoOuBarbarie
Plataformas de toda Galiza mobilizáronse en Compostela baixo o lema #EolicaAsiNon contra o capitalismo "verde" que depreda o territorio.

O emerxente movemento galego en defensa doutro modelo de transición enerxética ten un potencial transformador e de cuestionamento do actual sistema.


Por unha planificación democrática das enerxías renovábeis que estea baixo control das clases populares galegas.

✍️Contámolo para Poder Popular neste artigo.

https://poderpopular.info/2022/06/07/gran-manifestacion-en-compostela-eolica-asi-non-galego/

#EcosocialismoOuBarbarie
O capitalismo "verde" ameaza o noso territorio e o noso rural, convertíndoos en nicho de negocio para o oligopolio eléctrico e os seus macroproxectos.

Por iso apoiamos a mobilización de #EolicaAsiNon deste domingo 11, Día das Montañas.

Por unha transición enerxética xusta e non depredadora, protagonizada polas comunidades e o sector público.
Por unha planificación democrática.
#EcosocialismoOuBarbarie
Este domingo 23 de abril nova mobilización de #EolicaAsiNon en Compostela rodeando a Xunta.

🟢 Frente o modelo especulativo do capital, autoorganización e propiedade comunitaria da enerxía.

#EcosocialismoOuBarbarie
O noso compañeiro Cristóbal Lopez participa este xoves en Vigo nun debate sobre enerxía eólica co gallo da presentación do último número do O Salto Galiza.📰

Fronte ao oligopolio eléctrico e o capitalismo verde cómpre cambiar de modelo para unha transición enerxética xusta. #EcosocialismoOuBarbarie
Mentres os gobernos e os lobbies dos combustibles fósiles se reúnen en Dubai na #COP28  para facer un lavado de cara verde do capitalismo, o Movemento Galego polo Clima convoca mobilizacións para esixir solucións reais e profundas ante a crise climática.

Hoxe en Compostela, foliada polo clima.

#EcosocialismoOuBarbarie
🟢Co gallo do Día Mundial das Montañas, #EolicaAsiNon convoca mobilizacións o 9 e 10 de decembro en zonas afectadas de Galiza.

Fronte a un modelo especulador e destrutor do territorio, o do capitalismo "verde " que promoven a Xunta e as grandes empresas do oligopolio eléctrico, reivindiquemos o papel das comunidades locais nunha transición enerxética xusta #EcosocialismoOuBarbarie
A incompetencia da Xunta á hora de facer fronte á marea branca de microplásticos revela o fracaso da gobernanza neoliberal.

Todo o apoio á mobilización do pobo galego en defensa das nosas costas.

O 21 de xaneiro en Compostela unha vez máis berraremos #NuncaMáis

#EcosocialismoOuBarbarie
Este domingo 21 berraremos de novo "Nunca Máis".
Manifestación nacional en Compostela en defensa do noso mar. 🌊

🚍Formulario para apuntarse nos buses a Compostela que poñen as organizacións ecoloxistas do País https://forms.gle/UnZjStB5Ngn1pQTu5

A incompetencia da xestión neoliberal da Xunta e o capitalismo depredador volven ameazar as nosas costas cunha marea de plásticos.

🗞️Contámolo aquí en Poder Popular
https://poderpopular.info/2024/01/12/unha-marea-contaminante-de-plasticos-chega-as-costas-galegas/

Todo o apoio á autoorganización e mobilización do pobo galego, que volve dar unha lección de dignidade. Ese é o camiño

#EcosocialismoOuBarbarie
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
📺 O noso compañeiro Cristóbal López falando en Canal Red sobre a necesidade de mudar radicalmente de sistema de produción para ter un horizonte de futuro en Galiza.

Fai falla construir alternativas anticapitalistas na Nosa Terra.
#EcosocialismoOuBarbarie
🌾 Hoxe as labregas galegas do Sindicato Labrego Galego participaron nas mobilizacións convocadas por Vía Campesiña en Madrid e Bruxelas en defensa dun medio rural vivo e en demanda dun novo modelo baseado na soberanía alimentaria.

Recomendamos este artigo da nosa compañeira Patricia Grela en Viento Sur no que fala das cuestións de fondo detrás das mobilizacións do campesiñado europeo. Alternativas ecosocialistas ao problema agrario.

#EcosocialismoOuBarbarie

✍🏿https://vientosur.info/una-respuesta-ecosocialista-al-fiasco-agroindustrial/
A Coordinadora #EolicaAsiNon convoca este xoves en Compostela concentración diante do Parlamento contra o modelo enerxético depredador do rural e do territorio que está a promover a Xunta.

Por unha transición ecolóxica planificada democraticamente, ao servizo do pobo e non do Capital.

#EcosocialismoOuBarbarie ☀️🌿
Apoiamos a manifestación de Contra Vento e Maré do domingo 28 en Pontevedra.

Fronte a un modelo depredador do territorio, por unha transición enerxética ao servizo do pobo e non do capital.

Por un modelo público-comunitario planificado democraticamente

#EcosocialismoOuBarbarie 🌼
Apoiamos a mobilización nacional convocada pola plataforma Ulloa Viva este domingo contra a instalación da macrocelulosa Altri en Palas de Rei, Lugo.

Un proxecto que arrasaría medioambientalmente o corazón de Galiza, que hipotecaría o futuro do rural e ameazaría as nosas Rías. Basta de capitalismo depredador do noso territorio!

#AltriNon #EcosocialismoOuBarbarie
Apoiamos a marcha contra #ENCE que convoca Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra desde Marín e Pontevedra este domingo.

Desta vez únese coa loita contra outra celulosa que ameaza con arrasar o corazón de Galiza #AltriNon 🏭
#EcosocialismoOuBarbarie
Este domingo 30 en Compostela nova mobilización #AltriNon contra a megacelulosa que ameaza o corazón de Galiza.

Basta de capitalismo depredador da nosa Terra!

Arrodeemos a Xunta. #EcosocialismoOuBarbarie