Anticapitalistas Galiza
112 subscribers
727 photos
17 videos
285 links
Canle de difusión de Anticapi Galiza. Construíndo poder popular
Download Telegram
O exército de Israel segue masacrando crianzas e civís en Gaza coa impunidade cómplice dos gobernos occidentais.

📣Hoxe Galiza volve saír ás rúas en solidariedade co pobo palestino. Basta de comercio de armas con Israel! Ruptura de relacións xa! #PalestinaVencerá 🇵🇸
🏡 Este venres terá lugar a presentación do proxecto dun novo centro social en Vigo, o Centro Social A Nubeira.🌩️

Saudamos esta iniciativa, hai que afortalar espazos autoxestionados que sirvan de punto de encontro aos movementos sociais e de resistencia fronte ao capital.

Por 10, 100, 1.000 centros sociais máis!
📝🇵🇸 Comunicado de apoio á Asemblea Internacionalista e da Clase Traballadora ante o desaloxo policial do Reitorado e da acampada de Historia, en Compostela.

Fronte á xusta demanda da Asemblea de ruptura total de relacións co Estado xenocida de Israel, a USC mandou a policía a reprimir ao movemento de solidariedade con Palestina na Universidade.

Vese a verdadeira faciana de institucións que din apoiar ao pobo palestino mentras manteñen convenios e relacións con Israel.

anticapitalistas.org/comunicados/co
Este sábado en Vigo e Coruña actividades de solidariedade con Palestina. Verbas e música contra o xenocidio. 🎤🎸🎶

A cultura é unha arma fronte á barbarie e os seus cómplices #PalestinaVencerá 🇵🇸
Apoiamos a marcha contra #ENCE que convoca Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra desde Marín e Pontevedra este domingo.

Desta vez únese coa loita contra outra celulosa que ameaza con arrasar o corazón de Galiza #AltriNon 🏭
#EcosocialismoOuBarbarie
📣 Este luns Galiza volve ás rúas en solidariedade co pobo palestino.

Pola ruptura total de relacións co Estado israelí xenocida.

Israel asasina, Occidente patrocina!
#PalestinaVencerá🇵🇸
🏕️Do 27 de agosto ao 1 de setembro celebrarase en La Granja (Segovia) a XIV Universidade de verán anticapitalista.

Podedes consultar o programa, con charlas e debates sobre marxismo, feminismo, ecosocialismo, internacionalismo e moito máis en https://unianticapi.info

Inscricións en https://unianticapi.info/inscripcion/

☀️Ata o 1 de xullo, rebaixa na inscrición.
🟢 Entrevista en Viento Sur a Zeltia Laya, voceira da Plataforma Ulloa Viva que relata a súa loita contra o proxecto de macrocelulosa de Altri.

Están a dar unha lección de resistencia e autoorganización fronte ao Capital depredador.

"Queremos que se integre ben a maneira de traballar que temos como plataforma coas estructuras de partidos e sindicatos, creando unha rede rural moi importante, queremos que se frague algo de xeito sólido."

#AltriNon

📰 https://vientosur.info/resistencia-2/
📣 Apoiamos a concentración convocada por Acampada UDC este mércores no Campus de Elviña para esixir á Universidade da Coruña que cumpra as esixencias de ruptura total de relacións con institucións académicas e empresas israelís.

#PalestinaVencerá 🇵🇸
Este domingo 30 en Compostela nova mobilización #AltriNon contra a megacelulosa que ameaza o corazón de Galiza.

Basta de capitalismo depredador da nosa Terra!

Arrodeemos a Xunta. #EcosocialismoOuBarbarie
A loita queer é a loita contra todas as opresións e pola liberdade. O noso orgullo é a resistencia do pobo palestino.

Saímos ás rúas para reivindicar un orgullo crítico, disidente e internacionalista.

Manifestacións en Galiza hoxe e mañá.

Non hai orgullo sen dignidade, non hai orgullo no xenocidio.
#OrgulloDisidencias2024 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️🇵🇸
O pobo galego volveu dar onte unha lección de dignidade.
Unha marea arrodeou a Xunta contra Altri, a macrocelulosa que depredaría o corazón de Galiza.
Fronte ao capitalismo espoliador, autoorganización veciñal #AltriNon