ACÉFALA
405 subscribers
311 photos
6 videos
275 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
VENRES 2: Concerto EQX + DJs (El hundimiento/Antón/Scairon Johanson) 19h**

Presentación do recentemente lanzado EP do dúo EQX.
EQX nace coa intención de sumerxirse na innovación, para deixar a un lado a narrativa musical actual e dar un paso á experimentación.
Os seus sonidos poden definirse como unha mixtura de avant-pop, breakbeat e ritmos acelerados que invitan ao baile.
Para esta actuación en Acéfala, a posta en escea, estará acompañada do artista visual Martiño Porto, quén é responsable da súa identidade visual.
Ademáis no evento contaremos cos seguintes DJs:
-El hundimiento (dous artistas; @meth.one e @______hhn)
-Antón
-Scairón Johanson

**ENTRADAS AGOTADAS! Dado o aforo limitado as entradas agotáronse o día da publicación do cartaz mensual de Xullo. Se queres entrar na lista de espera escribe un email a reservas@acefala.org. Se queres ser dos primeiros en enterarte da programación de cada mes, recomendamos unirte á nosa newsletter.
DOMINGO 4: Empoderamento Dixital: Construe o teo propio servidor con software libre 17:00h*

O meu ordenador ía cada vez máis lento. Estábame quedando sen disco duro porque o sistema ocupaba cada vez máis e non sabía como estaba feito. Non o podía copiar nin modificar. Cando o quixen apagar un carteliño me dicía "non apague nin desenchufe o seu ordenador, instalaremos as actualizacións por vostede". Xa pagara o software cando mercara a máquina sin sabelo, agora quedara obsoleto e tiña que mercalo de novo, ou peor, tiña que mercar un ordenador novo e tirar o que podía funcionar perfectamente. Non sabía por qué o sistema tiña que tomar as decisións por min, e para cando quixen escapar, os meus datos xa estaban na nube. Entregara toda a miña vida a catro servidores de grandes empresas. E todo porque me aseguraron que así era máis fácil, que podía confiar neles, que eles o farían por min. Díxenme: borra, instala, configura!!
Crea o teu propio servidor. Programa e constrúe as túas ferramentas. Empodérate tamén dixitalmente! Disto falaremos neste obradoiro. Ven cacharrear, aprender, ensinar e disfrutar con nós do software libre.

Para sacarlle o máximo partido a este obradoiro e aconsellable traer o teu propio portátil. Non son necesarios coñecementos previos de informática nin de programación.

*Entrada de balde. Confirma a túa asistencia en obradoiros@acefala.org.

Cartaz por @quepasajulia
MÉRCORES 14: Clube de Lectura 19:30*

Seguimos co clube de lectura!!
Esta vez falaremos da lectura "De Ratones y hombres", de John Steinbeck.

As xuntanzas son os segundos mércores de cada mes para falar da lectura pasada e decidir a lectura próxima.

*As prazas son moi limitadas posto que na primeira xuntanza xa se formou un pequeno grupo. Podes preguntar polo cupo escribindo un correo a obradoiros@acefala.org. Gracias!

Cartaz por @quepasajulia
SÁBADO 17: Sesión Delirio III “Party Monster”19:30*

Visionado dunha serie de documentais de xénero queer, trans e drag onde se narra a evolución das festas secretas de baile gay, coñecidas como Ballrooms, e a infame Night Life Neoyorquina dos Club Kids, protagonizadas por persoas pertencentes ao colectivo LGTBIQ+ dende os anos 60 ata a actualidade.

Na nova Sesión Delirio Volumen III teremos paquete dobre ca película “Party Monster”(2003) e o documental Party Monster: “The Shockumentary” (1998).

O documental e a película serán en versión orixinal con subtítulos. Entrada de balde. Haberá un pequeno descanso entre película e documental. O finalizar compartiremos opinións e puntos de vista entre xs asistentes.

*Confirma a túa asistencia en obradoiros@acefala.org.
Cartaz feito por @plutoniobanana
DOMINGO 25: Vermú en Acéfala 13:00h

🍒Portas Abertas e Vermú en Acéfala!🍒

O domingo 25 de Xullo abrimos as portas de Acéfala para que poidades desfrutar e coñecer o espazo.
Contaremos con varios DJs, haberá vermú e paella vegana. Dende as 13:00 ata que o corpo aguante!

Non é preciso confirmar asistencia, pero haberá aforo limitado en consonancia coa normativa vixente.

Cartaz feito por @quepasajulia
Xa está aquí a programación do mes de Agosto!

Recorda que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais.

🗓 AGOSTO EN ACÉFALA 🗓

VENRES 6: Concerto Lacquer + Ocre | 19:30h**
MÉRCORES 11: Clube de lectura | 19:30h*
MÉRCORES 18: Concerto Eyal Talmor | 19h**
DOMINGO 22: Sesión Delirio IV | 19:30h*
DOMINGO 29: Vermú en Acéfala | 13:00h

*inscripción previa: obradoiros@acefala.org
**inscripción previa : reservas@acefala.org

☀️ + INFO ☀️

Cartaz por @quepasajulia
ACÉFALA pinned a photo
[[AFORO XA COMPLETO]]

Este venres temos concerto en Acéfala. O aforo completouse antes de anuncia por aquí pero queremos partillar a info dxs artistxs de tódolos xeitos polo seu valor histórico.

@lacquer____ é o proxecto musical en solitario de Raquel Torre.
Raquel publicou dúas demo singles coma Lacquer en 2019 e, tras os meses de confinamento de 2020, en xaneiro de 2021 sae á luz o seu primeiro álbum homónimo, editado por FlexiDiscos e Discodrome Records. O disco foi creado no seu cuarto de Londres e despois levado a estudio onde Jonah Falco completou a súa producción, grabación, mezcla e masterización.
Neste LP queda reflectido o seu gusto polos sintetizadores e ritmos e melodías pop; ás veces luminoso, ás veces escuro, pero sempre co predominio dunha densidade e unha intensidade que fican absolutamente patentes neste primer longo.

https://lacquer1.bandcamp.com/

https://www.youtube.com/watch?v=RrRuYdaWV4U
A frustración como motor creativo. A apropiación como metodoloxía. A mediocridade como celebración. En novembro de 2017 publicouse o segundo disco de Ocre, "Vago", baixo o selo barcelonés Discos de Kirlian, formado por 6 cancións de pop electrónico nas que canta ao fracaso, á rabia e á nostalxia. Mediante o uso de melodías e ritmos aleatorios, a acumulación de múltiples capas de samples de baterías kraut e a reiteración de loops de voces e guitarras, Ocre crea un son que é ao mesmo tempo intenso e próximo, sucio e definido, escuro e brillante, e que evoca a outros grupos estatais, como Family ou Hidrogenesse, e internacionais, como New Order ou Ladytron.

https://discosdekirlian.bandcamp.com/album/dk55-vago

https://www.youtube.com/watch?v=1MrQca66_Ok
MÉRCORES 11: Clube de Lectura 19:30*

Seguimos co clube de lectura!!
Esta vez falaremos da lectura "Las maravillas", de Elena Medel.

As xuntanzas son os segundos mércores de cada mes para falar da lectura pasada e decidir a lectura próxima.

*As prazas son moi limitadas posto que nas primeira xuntanzas xa se formou un pequeno grupo. Podes preguntar polo cupo escribindo un correo a obradoiros@acefala.org. Grazas!

Cartaz por @quepasajulia
Eyal Talmor é un músico e artista sonoro que traballa cos comportamentos inusuais da electrónica e do son. A súa actuación baséase en improvisar cun sintetizador que está continuamente a ser influenciado por datos de MIDI corrupto, comunicacións de ida e volta, que descobren posibilidades nos aparellos máis aló daquelo para o que forón planeados. Isto permítelle chegar a sons doutro xeito imposibles, mentres se ocupa da natureza caótica das máquinas implicadas e do propio show en tempo real. O método descrito fai que cada actuación sexa única e irrepetible, investigando as condicións de estrés, o caos, a fisicidade e os comportamentos dos novos sons e a súa influencia no oínte.

https://crippleclerk.bandcamp.com

https://instagram.com/crippleclerk

https://youtu.be/ZohtcrzTMG8

Terémolo en Acéfala o mércores 18 de Agosto. Portas abertas as 19h. Cunha doazón de entre 6 e 10€ a vontade para x artistx. O aforo será limitado, se estás interesadx en asistir podes reservar escribindo a reservas@acefala.org.
DOMINGO 22: SESION DELIRIO IV

Nesta nova sesión veremos Kiki (2016), unha película documental coproducida entre Estados Unidos e Suecia. Transcorre na cidade de Nova York e céntrase na escena “drag and voguing” examinando as vidas da xuventude LGBT racializada nun momento no que Black Lives Matter e os dereitos trans baten os titulares de primeira plana. Considerada secuela non oficial de Paris Is Burning (1990).

O documental será en versión orixinal con subtítulos. Entrada de balde as 19:30h. Ao finalizar compartiremos opinións entre xs asistentes, con pinchada de DJ invitada.
Aforo limitado.
Confirma a túa asistencia en obradoiros@acefala.org.
DOMINGO 29: Sesión vermú e xornada de portas abertas ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
O domingo 29 de Agosto abrimos as portas de Acéfala para que poidades desfrutar e coñecer o espazo. ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
Estarán pinchando música Willy the Squid e Rompecinturas Selektor, haberá vermú e paella vegana. Dende as 13:00 ata que o corpo aguante! ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
Non é preciso confirmar asistencia, pero haberá aforo limitado en consonancia coa normativa vixente.
SÁBADO 4 de Setembro: Concerto NÜCA + LEGÍTIMO POLVO

Adianto da programación de Setembro cun novo directo en Acéfala! Desta volta teremos a dous artistxs galegxs.

Por un lado temos a Nüca, un proxecto de live-set instrumental de Pablo Saenz Carballeira. Sintes analóxicos e caixas de ritmos. A súa música oscila entre o ambient, o IDM e o acid-house.


https://instabio.cc/3010317ssqwss

Legítimo Polvo é o novo proxecto de Postpunk electrónico formato one man band de Martín González (Thee Boas, Psychotic Acid Freak, Los Thyssen entre outros...).


https://whitecoastmusic.com/legitimo-polvo/

O aforo será limitado. Reservas a través de reservas@acefala.org
Setembro ven cheo en Acéfala. Imos medrando e mellorando o espazo grazas a axuda de tódolxs socixs visitantes que vos pasades por alí. Grazas!

Recorda que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de telegram.

SETEMBRO EN ACÉFALA

>SÁBADO 4: Concerto Nüca + Legítimo Polvo | 19:30h**
>MÉRCORES 8: Clube de lectura | 19:30h*
>SÁBADO 11: Exposición Victoria Lamas + Bigornia Live A/V | 13:00h
>DOMINGO 12: Intercambio de roupa | 13:00h
>MÉRCORES 15: Dragóns e Mazmorras | 18:30h*
>SÁBADO 18: Feirón As Brigantias Roller Derby | 13:00h - 19:00h
>DOMINGO 19: Sesión Delirio V | 19:30h**
>XOVES 23: Sesión de Debuxo | 19h-21h*
>DOMINGO 26: Vermú en Acéfala | 13:00h

*inscrición previa: obradoiros@acefala.org
**inscrición previa : reservas@acefala.org

☀️ + INFO ☀️

Cartaz por Leo Sousa.
ACÉFALA pinned a photo
Seguimos co clube de lectura!!
Esta vez falaremos da lecturas lecturas ‘Las Maravillas’ de Elena Medel e ‘El amante’ de Marguerite Duras.

As xuntanzas son os segundos mércores de cada mes para falar da lectura pasada e decidir a lectura próxima.

*As prazas son moi limitadas posto que nas primeira xuntanzas xa se formou un pequeno grupo. Podes preguntar polo cupo escribindo un correo a obradoiros@acefala.org. Grazas!

Cartaz por @quepasajulia