PROXECCIÓN E CONVERSATORIO
DIGITAL DETENTION. FOR-PROFIT SURVEILLANCE OF MIGRANTS IN THE USA
Mércores 1 de xullo | 19:30 h
De balde
Proxección do documental dirixido e producido por Carolina Sánchez Boe, seguida dun coloquio coa autora.
Digital Detention revela a industria da vixilancia con ánimo de lucro das persoas migrantes nos Estados Unidos, onde dispositivos GPS e tecnoloxías de recoñecemento facial converten ás persoas migrantes e solicitantes de asilo en obxecto de control e beneficio económico.
O filme aborda os impactos persoais e sociais destas tecnoloxías a través de historias de persoas solicitantes de asilo en Austin (Texas).
No coloquio participará Carolina S. Boe, antropóloga e socióloga especializada en confinamento, vixilancia, deportación e políticas migratorias. Tamén intervirán investigadoras e investigadores de Brasil, Colombia, Francia, Italia e España para conversar sobre fronteiras e control migratorio desde unha perspectiva global.
Colaboran: Proxectos MultipLex e Expulsões.

❤4
SÁBADO 11 XULLO | CONCERTO DE LES FEÜILLES MÖRTE (CÁDIZ) E NNVV (A CORUÑA)
21:00h | Doazón: 10-15 €
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org. TEMOS DOUS PROXECTOS DE RECENTE CREACIÓN, PRESENTANDO DISCO!
LES FEÜILLES MÖRTES ( Meta-pvnx desde Vejer de la Frontera, Cádiz)
“As follas mortas recóllense a pa.”
Les Feüilles Mörtes somos un grupo de Vejer de la Frontera, Cádiz, que facemos o que chamamos meta-pvnx, cun pé no postpunk máis sombrío e oitenteiro e outro en sons punk máis actuais. Chorus e guitarras “majaras”; medios tempos escuros e pesados e ritmos acelerados; caixas de ritmos, baixos machacóns e riffs de guitarra afiados. O vello e o novo; o melancólico e o xubilosos; o persoal e o colectivo. Como a vida mesma.
O grupo nace en 2024 e, tras varios cambios, consolídase en 2025 coa formación actual: Walter —voz, guitarra, sintetizador e caixa de ritmos—, Josito —guitarra— e Marta —baixo, sintetizador e sampler—.
NNVV
SON SINTÉTICO E CRU. TOCAMOS COUSAS E LANZAMOS COUSAS GRAVADAS. SINXELO. PUNK. VALE TODO. ECLÉCTICO, NERVIOSO, ESCURO E LUMINOSO. TANTO TEN. SOMOS DOUS. ZIPO E PABLO. CANTAMOS OS DOUS. TOCAMOS OS DOUS AO REDOR DUNHA MESA CON CACHARROS QUE SOAN FORTE. ÁS VECES BERRAMOS. ENTÉNDESE CASE TODO.
Reserva a tua entrada escribindo a reservas@acefala.org

Este sábado festexamos o noso quinto aniversario! Ademais xa temos lista unha edición limitadísima de camisetas serigrafiadas para a ocasión.
🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎊
Aquí vos deixamos a info da programación e a das artistas que nos van a acompañar (sentimos que Mani maniquí finalmente non poderán estar).
17:00-18:00 DJs Acefala
18:00-19:00 Sofi Peries
19:00-19:30 Espello Sonoro
19:30-20:30 Planete Sauvage
20:30-21:30 Jean Fixx
21:30-23:30 Karaoke
SOFI PERIES
Con letras introspectivas e producións que combinan texturas etéreas, percusións frenéticas e unha sensibilidade especial pola diversidade humana, Sofi Peries constrúe un universo propio onde a vulnerabilidade se converte en forza creativa. A súa obra inspírase na exploración do ser humano, o autodescubrimiento e a súa sensibilidade emocional.
ESPELLO SONORO
Apropiarse do cotián supón un esforzo. Apañar soños coma quen apaña nabizas nun prado onde todo é verdor, co sentido da vista agudizado para distinguir tonalidades, e á vez mecanicamente, custa moito caro. O que non eras quen de verbalizar busca un oco entre os pregos da noite. Agora deitas sobre o mesado as palabras que fuches macerando. Sonche moi escollidas.
PLANÈTE SAUVAGE
Cando non se sente ben a pel na que habitamos, cando queremos fuxir do xugo normativo, do cansazo, da algoritmia e do infinito contido… Aí nace Planète Sauvage. Con Darío Pérez á guitarra eléctrica, vocoder e voz, xunto a Cecilia Burillo (violoncelo, sintetizador e voz) compartimos co público unha viaxe para todo aquel que queira atopar ese refuxio tamén, onde convivan a visceral obra da creatividade humana e os novos conceptos e tempos que corren.
JËAN FIXX
Jëan Fixx presenta HINDSIGHT, un exercicio retrospectivo da memoria rave e a identidade sonora. Deconstruindo e reconfigurando os linguaxes da pista de baile que o formaron, dende o Techno e Electro con toques industriais ata o EBM, Electroclash e o Synthpop, filtrados a través dunha mirada contemporánea, psicodélica e emocionalmente intensa.
❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥❤️🔥
Fainos moita ilusión celebrar este aniversario coas amigas de Acéfala, con toda a xente que leva anos pasando por esta casa, e tamén coa que está por chegar, facendo dela un lugar vivo e lembrándonos que paga a pena seguir abrindo espazos como este.

Acéfala en Ortigueira
25 de xullo a partir das 20h
ADRIÁN DE ALFONSO
FOTOCOPIA
IRENE IVANKOVÀ
MATAR XENTE
SALMIAK
SEVERINE BEATA
WIL.HELM dj set
Entrada a doazón e acampada libre
Detalles en info@acefala.org
Estamos encantadas de que nos convidaran a trasladarnos, por un día, a un lugar moi especial e máxico en Ortigueira, con artistas e amigas queridas! Será un evento inesquecible nun refuxio agochado entre a brisa salgada do Atlántico e bosques de árbores centenarias, onde o tempo parece deterse deixando espazo para a escoita e os bailes compartidos. Un encontro coa música e coa natureza para festexar facendo comunidade.
Adrián de Alfonso abre un diálogo entre lugares, presenzas e a difusión colectiva posible entre eles. Presentaranos o seu último álbum, *Viator*, mediante unha performance interactiva de carácter semi-instalativo que incorpora transmisores de FM, radios e voz. Anímase @s asistentes a traer as súas propias radios para participar na difusión da performance.
Fotocopia é unha descarga sónica que abraza o post-punk, a experimentación electrónica e a actitude máis visceral do lo-fi. Destaca pola súa brutal honestidade e intensa posta en escena, ritmos deconstruídos e melodías que crean unha atmosfera densa, escura e profundamente aditiva.
Irene Ivankovà deleitaranos, por primeira vez, cun concerto semi-acústico de zanfona e voz dedicado ás terras de Ortegal que a recibiron en Galicia.
Matar xente conforma unha proposta ambiental pero sen ligaduras e sempre en perezosa evolución. Unha mestura atmosférica e introspectiva con sons melancólicos deseñados, en palabras do propio autor "para xente con problemas sen resolver”.
Salmiak usan bases escuras e pesadas como sustrato permanente. Ruído lacerante e mutante como liña de fuga improvisada. A vida é un eterno conflito entre permanencia e cambio para este dúo de industrial/noise rock coa misión de reflectir o mundo na súa música e desfogar a raiba e a tristeza que nacen del.
Severine Beata ofreceranos a súa electrónica en vivo con sintetizadores, ambient aventureiro, idm folklórico, motetes medievais e ciencia ficción con paxaros.
Pecharemos a noite cun DJ set de wil.helm, alter ego de @willy.the.squid que abandona o eclecticismo para centrarse en sons máis industriais, escuros e mecánicos.

❤5
VENRES 17 / PENSAMENTOS SILVESTRES, MÚSICA E POESÍA QUE DEEEEEEESVARÍA
20:00h / Doazón: 8-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acéfala.org
Este venres a poesía entra en Acéfala para mecernos co latexo dun bosque, do ceo, da vida! ✨🦋
Musicalizamos letras propias e escollidas, xogamos cas palabras que viaxan a través de nós, rebuscamos nos libros vellos poemas que aínda teñen algo por dicir 📖 Viaxamos por diferentes realidades! 🌈
Nun aroma de delirio, atópanse a guitarra, o violín e o xilófono de xoguete para cantar ao absurdo, e contar coa tenrura dunha flor silvestre a tolemia de estar vivas 🍄
E para despois do bolo...queda o MICRO ABERTO, trae poema, canción, relato...que che gustaría partillar 🌛
Reserva a túa entrada escribindo a reservas@acefala.org

❤2
VENRES 31 | GIULIO ERASMUS (UK/BEL)
21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
A música de Giulio oscila entre os murmullos inintelixibles, a cancións e a colaxe sonora, todo feito coa idea de manter os procesos simples. Mistura-se post-punk, dub, funk nunha combinación explosiva e envolvente… Difícil de etiquetar. Giulio estará en Acéfala en formato dúo. Podes escoitar a sua música en solitario aquí:
https://mangelrecords.bandcamp.com/album/second-attempt
E tamén aqui xunto ao quinteto “The End of the Worm”, editado polo selo Disques de la Spirale (Parasite Jazz, Natura Morta):
https://disquesdelaspirale.bandcamp.com/album/hard-sell

❤1
CONCERTO MR. DIAGONAL
SÁBADO 1 AGOSTO | 21H
Doazón: 8–10 €
reservas@acefala.org
Mr. Diagonal é o alter ego de Daniel Barbenel, músico e artista escénico nacido en Glasgow e afincado entre Bélxica e Escocia. Cun estilo único que mestura piano, teatro, humor surrealista e canción de autor, crea un universo tan elegante como imprevisible.
Comparado con The Divine Comedy, Kurt Weill ou Danny Elfman, o seu directo transita entre o cabaré, o music hall e o pop teatral, con historias cheas de ironía, personaxes imposibles e unha posta en escena magnética.
Un concerto diferente, divertido e poético, deses que non se esquecen.
https://blacklightorchestra.bandcamp.com/music

SÁBADO 19 SETEMBRO | CONCERTO DE BALLADUR+HEIMAT 20:30h | Doazón: 10-15 €
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
BALLADUR
Propón unha forma singular de art-pop na que a new wave se cruza coa electrónica de vangarda, a música neoclásica e influencias que chegan desde o dangdut e o tarawangsa indonesios ata a música de baile.
Cunha formación mínima de caixa de ritmos, guitarra e sintetizador, o dúo francés constrúe un son propio e difícil de clasificar: melodías hipnóticas de sintetizador, percusións inesperadas e texturas estrañas que transforman o aparentemente luminoso en algo inquietante.
Pop mutante, magnético e lixeiramente incómodo.
HEIMAT
É o proxecto de Olivier Demeaux —teclista de Cheveu e membro do proxecto drone-ambient Accident du Travail— e Armelle Oberle, voz de The Dreams e Badaboum, dúas figuras da escena underground francesa.
Desde o seu debut en 2016, constrúen unha música estraña e lírica na que conflúen a new wave, o trap e gravacións etnográficas do sueste asiático.

Martes 15 de Septembro
19:30h | 8-10€ Doazón Artista
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Por: Angello David Caiza (COL)
@angelodavidcaiza
Volvemos coas clases de ritmos latinos na Acéfala, nesta ocasión imos aprender xunto a Angello a bailar bachata (Nivel Básico).
Animámosvos a participar desta actividade para cal non se precisa ningún nivel previo, só gañas de aprender e pasar dun bo momento. Prazas moi limitadas
Recomendamos vir con roupa cómoda.
Angello David Caiza é subcampeón de salsa estilo cabaret 2015, subcampeón de bachata acrobática 2018 e campeón có primeiro lugar de salsa cabaret no congreso de salsa de Medellín.

❤3
Forwarded from ACÉFALA
SÁBADO 19 SETEMBRO | CONCERTO DE BALLADUR+HEIMAT 18:00h | Doazón: 10-15 €
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
BALLADUR
Propón unha forma singular de art-pop na que a new wave se cruza coa electrónica de vangarda, a música neoclásica e influencias que chegan desde o dangdut e o tarawangsa indonesios ata a música de baile.
Cunha formación mínima de caixa de ritmos, guitarra e sintetizador, o dúo francés constrúe un son propio e difícil de clasificar: melodías hipnóticas de sintetizador, percusións inesperadas e texturas estrañas que transforman o aparentemente luminoso en algo inquietante.
Pop mutante, magnético e lixeiramente incómodo.
HEIMAT
É o proxecto de Olivier Demeaux —teclista de Cheveu e membro do proxecto drone-ambient Accident du Travail— e Armelle Oberle, voz de The Dreams e Badaboum, dúas figuras da escena underground francesa.
Desde o seu debut en 2016, constrúen unha música estraña e lírica na que conflúen a new wave, o trap e gravacións etnográficas do sueste asiático.
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
BALLADUR
Propón unha forma singular de art-pop na que a new wave se cruza coa electrónica de vangarda, a música neoclásica e influencias que chegan desde o dangdut e o tarawangsa indonesios ata a música de baile.
Cunha formación mínima de caixa de ritmos, guitarra e sintetizador, o dúo francés constrúe un son propio e difícil de clasificar: melodías hipnóticas de sintetizador, percusións inesperadas e texturas estrañas que transforman o aparentemente luminoso en algo inquietante.
Pop mutante, magnético e lixeiramente incómodo.
HEIMAT
É o proxecto de Olivier Demeaux —teclista de Cheveu e membro do proxecto drone-ambient Accident du Travail— e Armelle Oberle, voz de The Dreams e Badaboum, dúas figuras da escena underground francesa.
Desde o seu debut en 2016, constrúen unha música estraña e lírica na que conflúen a new wave, o trap e gravacións etnográficas do sueste asiático.
❤1
Dous anos despois da súa última visita a Galicia, o trío de Liverpool volve a Acéfala. A última vez deixáronnos con ganas de máis e, polo que nos conta a banda, eles tamén gardan moi bos recordos daquela noite. Así que estamos desexando repetir!
Liminal Project constrúen unha atmosféra onírica e nocturna a base de guitarras envolventes, liñas de baixo enérxicas e baterías con sabor oitenteiro. Post-punk para perderse na escuridade e acabar bailando sen decatarse.
Veñen con cancións novas baixo o brazo e a noite non remata co concerto: Laura, a súa baixista, quedará aos pratos para alongar a festa con música e baile. Así que non marchedes correndo: quedamos a tomar algo, falar, bailar e seguir disfrutando da noite xuntas!