ACÉFALA
412 subscribers
314 photos
6 videos
279 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
*MEDIAFÓRUM*
VENRES 30 DE ABRIL
19:30 En Acéfala

A idea dos mediafórum é crear espazos de intercambio de ideas e coñecementos a partir de proxeccións multimedia ao redor dun tema proposto.

Este mes comezaremos cunha selección de vídeos musicais realizados con dous duros.

Animádevos a traer as vosas propostas.)


Prazas limitadas!
Ola a todxs!

Parece que a cousa se mantén e podemos seguir programando con certa normalidade un tempo máis.

Informar que estamos coas obras de habilitación dunha nova área no espazo que contamos abrir en breve e na que temos pensado organizar cousas máis animadas e escuras... Ademáis a ver se rematamos dunha vez de poñer a punto o obradoiro de serigrafía e podemos comezar a darlle caña ao tema. Estade atentxs!

📅 🌱 MAIO EN ACÉFALA 🌱 📅

⬩Sábado 15: P.I.L.A. Extra | 16h
⬩Venres 21: Obradoiro Ex-Libris con
Laconcongrelos| 18-19:30h | 10€*
⬩Sábado 22: Mercadiño Segunda Man con
A Corunha Antifascista
Domingo 30: Sesión Delirio “Paris is Burning”

*inscripción previa: obradoiros@acefala.org

🪓 +info 🪓
ACÉFALA pinned a photo
Sábado 15 de maio de 16 a 21h. De Balde!

🎛🔌🔌🔌🔌🔌🔌 🎛

Sesión aberta informal “de repaso” das sesións e obradoiros de electroacústica que temos feito ata o de agora en Acéfala.

Aproveitaremos para rematar a caixa do pedal de delay que fixemos na anterior sesión e haberá material para fedellar e gravar cos trebellos.

Teñas vido ou non xa por aquí, se estás interesadx na música electrónica, o ruidismo, o DIY… achégate co teu trebello ou a túa curiosidade e comparte con nós a tarde facendo ruido e coñecendonos!
VENRES 21 DE MAIO
18:00/19:30

O obxetivo deste obradoiro é aprender a crear un exlibris mediante o tallado dun selo de goma branda. Aprenderemos a transferir a imaxe á matriz, gravala con gubia e posteriormente estampala con tinta de selo.


O exlibris é unha marca que se estampa na cuberta do libro, ou na primeira folla en branco, e que indica a propiedade do mesmo. Adoita combinar unha imaxe representativa da persoa propietaria e un texto tipo “este libro pertence a...” ou simplemente o nome. A creación no obradoiro será libre.


Este minicurso de iniciación ao gravado será impartido por Raio, mestre do taller Laconcongrelos (www.laconcongrelos.net)


Doazón de 10€ por participante. Materiais incluidos.

Inscricións en:
obradoiros@acefala.org
SESIONES VIDEO DELIRIO

Domingo 30 de Maio
19:30

Visionado de varios documentales de género queer, trans y drag. Donde se narra la evolución de las fiestas secretas de baile gay, conocidas como Ballrooms, la Night Life neoyorkina como expresión de arte y las vidas y transcurso de las personas pertenecientes al colectivo LGBT+ en América durante los años 60 hasta la actualidad.


Las películas serán en versión original con subtítulos, sin precio de entrada. Una peli por sesión. Cuando termine, los asistentes charlaremos e intercambiaremos impresiones y opiniones, planteandonos la posibilidad de organizar un Ballroom en Acéfala.


La primera película de la sesión Deliro es


Paris is burning (1990) Ballroom.



Aforo limitado, por favor confirma tu asistencia mandando un email a obradoiros@acefala.org
Olá!

Este mes de Xuño vén cargadiño de novos eventos e ademáis imos a estrear un novo espazo oscuro en Acéfala que vai a dar moito de sí nos vindeiros meses. Agardamos que as restriccións cambien un pouco e podamos xuntar a máis xente nas actividades programadas!

Recorda que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais

📅 XUÑO EN ACÉFALA 📅

-SÁBADO 5: Proxección e debate sobre o Documental “The Social Dilema” 18h*
-MÉRCORES 9: Clube de Lectura 19:30*
-SÁBADO 12: Streaming Radio Braña 16h: twitch.tv/aacefalaa
-VENRES 18: Obradoiro de Lettering con David Muñiz | 17:30/20:00 | 10€*
-DOMINGO 20: Debuxo de Modelo | 18:00/20:00 | 5€*
-SÁBADO 26: Pilulas Hacker: Cómo protexer os nosos datos | 11:30*
-DOMINGO 27: II Sesión Delirio 19:30*

*inscripción previa: obradoiros@acefala.org

🔥+info 🔥
ACÉFALA pinned a photo
SÁBADO 5 DE XUÑO: “THE SOCIAL DILEMA”

Tweeteamos, damos likes e compartimos - Pero cales son as consecuencias da nosa crecente dependencia das redes sociais? Mentres as plataformas dixitais monopolizan a nosa atención e a nosa interacción social, expertos de Silicon Valley revelan como as redes sociais están reprogramando a civilización expondo neste documental o que se agocha ao outro lado da túa pantalla.

Ven a Acéfala o 5 de Xuño a partir das 18 horas para ver The Social Dilemma e discutir. De balde! Por mor das restricción derivadas da crise sanitaria é preciso notificar a túa presenza previamente escribindo un mail a: obradoiros@acefala.org
Contaremos coa presenza de Pablo Castro, membro do GPUL e un dos impulsores de Trackula. Leva máis de 8 anos facendo militancia polo software libre, a cultura libre e a soberanía tecnolóxica. Ofreceranos unha charla complementaria do filme sobre a economía da atención e as súas consecuencias expoñendo como podemos dominar os incentivos para que esto deixe de ser rentable. Logo abriremos un debate aberto a todxs no que poderemos disctutir a nosa visión desta realidade.

Ilustración do cartaz por Leo Sousa
Mércores 9 de Xuño: Estrea do Clube de Lectura
Inauguramos clube de lectura!!
Polo momento, a única base establecida é que as lecturas propostas estean dispoñibles nas bibliotecas municipais ou abertas en internet.
Reunirémonos os segundos mércores de cada mes para falar da lectura pasada e decidir a lectura próxima. ¿Como organizar esto? Decidirémolo o 9 de Xuño a partir das 19:30, na primeira xuntanza.
Vémonos alí!
As prazas serán limitadas. Podes reservar a túa praza escribindo un correo a obradoiros@acefala.org
Cartaz por Julia Lago.
TODAVÍA QUEDAN PRAZAS para a proxección do documental "The Social Dilemma" este sábado 5 de Xuño ás 18h. Se queres asistir podes reservar escribindo a obradoiros@acefala.org
Sábado 12 de Xuño ás 16:00: Streaming Podcast Radio Braña
Radio Braña son tres amigos que, como moita outra xente durante o confinamento duro do pasado marzo, comezaron a facer un podcast. Pinchan temas e fuman pitillos. O próximo sábado 12 de xuño préstanse a que probemos con eles coma cobaias a facer un streaming dende Acéfala. Facémolo con vistas a que se convirta nun formato regular do espazo, coa esperanza de, nun futuro, abrilo tamén a público presencial.
Poderás seguilo na nosa canle de Twitch dende as 16h: twitch.tv/aacefalaa
Pode que acabe sendo un desastre técnico pero contamos con aprender, melloralo e repetilo máis adiante con ideas diferentes, polo que si tes algún proxecto que penses poda encaixar (pinchada de música, podcast, videoarte…) estamos abertxs a propostas. Non dubides en escribirnos a programacion@acefala.org Cartaz feito por Camila Viéitez 🔥
Domingo 20 de Xuño: Sesión de Debuxo con modelo
Este mes voltamos coa Sesión de Debuxo en Acéfala.
Terá lugar o Domingo 20 de xuño de 18:00 a 20:00
Algúns meses é complicado conseguir modelo, se estás interesadx en colaborar envía un email a programacion@acefala.org
O prezo é de 5€
Aforo limitado, reserva a túa praza enviando un email a obradoiros@acefala.org
Ilustración do cartaz feito por Leo Sousa na última Sesión de Debuxo.
Venres 18 de Xuño de 17:30 a 20:30: Obradoiro de Lettering
Iniciación a lettering con pincel.
Este obradoiro será impartido polo letrista David Muñiz
Con el imos aprender como:
-Utilizar o pincel específico de lettering con témpera sobre papel
-Trazar liñas rectas e curvas seguindo unha pauta
-Pintar o abecedario con tipografía “casual” seguindo unha pauta
-Pintar nomes sobre papel
Terá lugar o vernes 18 de xuño de 17.30 a 20.30
O prezo é de 10€ (materiais incluidos)
Aforo limitado, reserva a túa praza enviando un email a obradoiros@acefala.org
Sábado 26 de Xuño: PILULAS HACKER Cómo protexer os nosos datos
Sentíndoo moito, temos que adiar este obradoiro ata Setembro.
SESIÓN DELIRIO VOL. II
Domingo 27 de Xuño ás 19:30

Visionado dunha serie de documentais do xénero queer, trans e drag onde se narra a evolución das festas secretas de baile gay, coñecidas como Ballrooms, a vida nocturna e o transcurso e evolución das persoas pertencentes ao colectivo LGTB dende os anos 60 ata a actualidade.

Nesta nova Sesión Video Delirio veremos “The Queen” (1968).

Transcorre no ano 1967, na cidade de Nova York onde e sede o Concurso de Beleza Miss All American Camp. Este documental de Frank Simon transportarnos os ensaios e vestiarios, o tempo que os travestis preparanse para a competencia mais importante a nivel nacional.
Jack/Sabrina e o mestre/mestra de cerimonias, e o seu protexido, Richard/Miss Harlow, e un dos competidores. O achegar o concurso, os glamorosos participantes pasan do compañeirismo e bo rollo a tensión.

O documental será en versión orixinal con subtítulos. Entrada de balde.
Confirma a túa asistencia en obradoiros@acefala.org. Cartaz feito por @plutoniobanana
NUN é un proxecto que inclue a dous compañeiros de equipa do grupo de improvisación IQ+ 1. Son Petr Vreba e Michal Zbořil.

Petr Vreba é un incondicional da escea de improvisación checa, cuxas armas son a trompeta e a electrónica.

Michal Zbořil é un teclista que se resistiu aos encantos da corrente do modular, preferindo traballar con dispositivos analóxicos standalone.

Podes escoitalxs:

https://punctumtapes.bandcamp.com/track/nun-05-09-2019

E velxs:

https://vimeo.com/359677771

Dende a República Checa caerán en Acéfala este mércores 30 de Xuño ás 19h no primeiro directo que organizamos no espazo!

O aforo será limitadísimo dadas as actuais condicións sanitarias. Para asistir escríbenos un correo a reservas@acefala.org. Haberá en porta unha doazón de entre 6 e 10€ para gastos dxs artistxs.
Olá!

Xa estamos no verán, é tempo de pasalo ben e tamén de descansar. Este mes non temos unha programación moi amplia pero sí moi interesante. Empezamos con un concerto e rematamos cunha sesión Vermú, animádevos a vir!

Recorda que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais.


📅 XULLO EN ACÉFALA 📅

VENRES 2: Concerto EQX + DJs (El hundimiento/Antón/Scairon Johanson) 19h**
DOMINGO 4:
Empoderamento Dixital: Construe o teu propio servidor con software libre 17:00h*
MÉRCORES 14:
Clube de Lectura 19:30*
SÁBADO 17:
Sesión Delirio III “Party Monster”19:30*
DOMINGO 25: Vermú en Acéfala 13:00h

*inscripción previa: obradoiros@acefala.org
**inscripción previa : reservas@acefala.org

☀️+ INFO ☀️

Cartaz por @quepasajulia
ACÉFALA pinned a photo