ACÉFALA
412 subscribers
314 photos
6 videos
279 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
Cada asistente debería aportar, ademáis do custo dos materiáis específicos (55€), os seguintes materiais:
Unha caixa de madeira onde aloxar o circuito (dimensións recomendadas: 12x15x4 cm).
Unha pila de 9V, preferiblemente recargable.
Auriculares de botón, altavoces de ordenador ou un pequeno amplificador portátil para poder escoitar o instrumento!

Que vas recibir a cambio? Unha bolsiña de tela con tódalas compoñentes necesarias (circuitos integrados, transistores, condensadores,..) para levar a casa o teu instrumento montado, unha placa onde transferir o circuito mais documentación para o proceso de soldadura.

O taier será impartido por Mateo Mena, músico e deseñador de instrumentos electrónicos que leva moitos anos traballando na creación de diversos instrumentos dende a intersección da ciencia, arte e artesanía, e coa intención de reconciliar tecnoloxía e natureza baixo unha perspectiva sonora, sempre no marco do Faino Ti Mesmo (DIY).
Ademais de impartir numerosos cursos e tarieres e de participar en numerosas residencias artísticas, foi finalista do certame Margaret Guthman de inventores de instrumentos musicales, celebrado en Atlanta en 2022 polo seu instrumento electrónico ‘Hypercubes’.

Links:
https://www.youtube.com/shorts/XhQoJnP9XaU

Custo: 55€ incluindo materiais. As prazas son moi limitadas polo que para non quitarlle a oportunidade a ninguén, deberase reservar praza escribindo a obradoiros@acefala.org e facendo un depósito de 10€, a descontar do custo to obradoiro.
Outubro ven cargadiño de eventos: pinchadas, concertos e obradoiros son só algúns deles...vinde, vinde!

Medramos e melloramos grazas as vosas visitas e colaboracións. Moitas grazas!

Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de telegram.






OUTUBRO EN ACÉFALA

>SÁBADO 1: Pinchada 2AllIn | 20:30h**

>VENRES 7 + SÁBADO 8: Obradoiro Instrumento ‘Liquen’ | 18:00h*

> SÁBADO 8: Concerto Frise Lumière | 20:00h**

>MARTES 11: Concerto Don The Tiger + Jaco | 20:30h**

>VENRES 14: Pinchada Russ + 3SX3S0 | 20:30h**

>MÉRCORES 19: Clube de Lectura | 20:00h**

>XOVES 20: Cineforum | 21:00h

>VENRES 21: Rebumbio Poético | 21:00h

>SÁBADO 29: Dragmaín | 21:00h**

>DOMINGO 30: Sesión Vermú | 13:00h


*inscripción previa: obradoiros@acefala.org

**inscripción previa : reservas@acefala.org

 
☀️ + INFO ☀️ (cambiar link da newsletter mensual)


Cartaz por @quepasajulia.
Martes 11 de Outubro
20:30h | 10€ doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Don The Tiger es el proyecto en solitario de Adrián de Alfonso (ex Bèstia Ferida, Veracruz, Homenatges o Capitán). Instalado en Berlin desde 2011, Don The Tiger se inspira en todo lo que echa en falta en esa ciudad -ya sea rumba, MPB, sardana, bolero, fantasía barroca, guabina, torch songs, flamenco o salsa- y lo canaliza a través de injertos de sampling recursivo y ramalazos de música concreta, emitiendo con una energía cercana a la del rockabilly o el cante primitivo.

Además de varias cintas y cdrs, Don The Tiger ha publicado dos LPs hasta la fecha: "Varadero" (2013, Canada) y "Matanzas” (2018, Crammed Discs).

Para este concierto, Adrián cantará principalmente a voz desnuda sobre material pregrabado, amplificando la mayoría de sus instrumentos a través de radios FM. Trae tu radio y colabora en la construcción del espacio sonoro!
Jaco estará presentando ‘Los Misterios’ (Aceleradora-Magia Roja, 2021). En palabras de Victor Ginesta:
“A veces ocurren cosas tan mágicas como éstas: la aguja contacta con los surcos y en el acto una campana repica, un tambor percute, una trompeta desfila solemnemente y, de repente, caemos en el vacío, flotando a la deriva en los misterios de Jaco. Aunque Larry Rodríguez, su nombre real, ha sido una pieza activa de la escena Barcelonesa de la última década, este es su álbum debut, elaborado durante tres años. En lo que puede ser un recordatorio inconsciente de su lento deambular hasta la salida del disco, Larry comienza anunciándonos la necesidad de calentar: “Empiezo a sentir un calor que me mantiene aún encendido”. Suena tan convincente que a partir de entonces ya no podemos mirar hacia atrás. En menos de 35 minutos, la música de Jaco nos ofrece un atisbo de algo localizado en la interzona entre la realidad, los sueños y la distopía. Pesadillas de noticias falsas burocráticas, viajes surreales por Almería, amargas reflexiones sobre la naturaleza humana o escenas propias de un thriller en un videoclub son solo algunos de los temas tratados en las letras del disco. La música no es menos fascinante: normalmente liderada por la percusión, el ritmo está acompañado por una plétora de paisajes sonoros que disfrutan de un paseo a lo ancho del espectro del sonido, yendo y viniendo, al frente y atrás, rebotando, llenos de reverberaciones, sonidos tratados y líneas de sinte texturales.”

Estarán connosco o Martes 11 de outubro para dar un concerto moi íntimo e especial! Trae a tua radio vella e desfruta desta oportunidade única.

Links:
https://www.ursss.com/2022/06/don-the-tiger-spettro/

https://jacoad.bandcamp.com/album/los-misterios
ACÉFALA pinned a photo
NOITE DE DRAGMAIN

Sábado 29 de Outubro
21:00 H | Doazón Artistas: 6-10 €
Aforo limitado

Que mellor cunha noite de Drags para festexar o Samain!! Coas actuacións de @harlyvannakut, @_obvia_ e @angelica.venerea
Sin Di Poppers faranos mover o esqueleto ca sua selección de temas electro houseros e mais sorpresas!!
🌈💅👯‍♀🕸👹🎃👻

Reserva a túa praza en reservas@acefala.org

Cartaz: @sin_di_p
Sábado 5 de Novembro
20:30h | 6-10€ doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Doce Fuegos é o proxecto en solitario de Miguel Palou, vinculado á banda sevillana Pylar. Neste proxecto, Miguel explora a capacidade e creatividade narrativa da música a través da improvisación, valéndose únicamente dun violín, unha mandolina e percusións. Estará presentando o seu novo álbum ‘Vita Brevis’.
Influenciado polo darkwave, a música antigua, o impresionismo e minimalismo, o black metal atmosférico e o folk e post-rock máis experimental.

Pezpulmón é o proxecto en solitario de Alejandro Canoura, músico underground da Galiza que estivo en diferentes bandas do panorama punk e faino ti mesmo galaico (Guerrera, Ictus).
Neste proxecto adéntrase na experimentación percorrendo estilos coma o post punk, o dub e o krautrock, todo misturado con improvisacións de noise e electrónica.

Terémolos en Acéfala a noite do sábado 5 de novembro para dar un concerto moi especial!
ADIADA SESIÓN VERMÚ DE HOXE, DOMINGO 30. VÉMONOS NOUTRA 🍂🌰🍁
Ola ola! Novembro volve cargado de eventos: dous obradoiros espectaculares, varios concertos e pinchadas, danza, proxeccións, lectura e unha xornada antirracista da que daremos mais información en breve... Ide reservando praza que moitos eventos vanse ocupar rápido!

NOVEMBRO EN ACÉFALA

>SÁBADO 5: Concerto Doce Fuegos + Pezpulmón | 20:30h*
>DOMINGO 6 + DOMINGO 13: Drag Lab | Día 6: 18:00h - Día 13: 15:00h*
>XOVES 10: Proxección Bienvenido Mr. Banksy | 20:30h*
>SÁBADO 12 + SÁBADO 19: Obradoiro Producción Electrónica | 10:00h-14:00h*
>SÁBADO 12: Colapso Colectivo X Acéfala | 17:00h-00:00h*
>MÉRCORES 16: Clube de Lectura | 20:30h*
>XOVES 17: Trompo Danza | 20:30h*
>VENRES 18: Concerto Yesavage Sauvage + Contrelune + Narcoléptica | 20:30h*
>XOVES 24: Cineforum | 20:30h
>VENRES 25: Pinchada Lakkra | 20:30h*
>SÁBADO 26: Xornada Antirracistas con SOS Racismo Coruña
>DOMINGO 27: Sesión Vermú | 13:00h

*inscripción previa: reservas@acefala.org

☀️ + INFO ☀️

Cartaz por @quepasajulia.
ACÉFALA pinned a photo
Venres 18 de Novembro
20:30h | 10€ doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Yesavage Sauvage chega dende Lluarca, terra do paxaro ominoso e calamares xigantes, cun coche cargado con maletas de sintetizadores, pedais, luzes estroboscópicas do mercadillo e unha máscara e silbato azteca da morte coa idea de atopar a intersección perfecta entre o bombo bailable e o ruido insoportable, entre a paixón do screamo adolescente e a frialdade robótica dun océano de ruido que afoga toda esperanza dun presente mellor.
Contrelune ven dende Francia. Creador do contrecube, un contrabaixo-tambor fabricado para concertos hipnóticos. Spagat escénico entre o noise-rock e o dark-pop máis vacilante, desfogará as suas variacións espontáneas e salvaxes.

Narcoléptica ven dende Barcelona. Experimentando dende a súa voz, guitarra eléctrica procesada, piano, sintetizadores e máis ferramentas electrónicas. O seu directo vainos sumerxir nunha experiencia de estratificación sónica, misteriosa, intensa, evocadora e emocional.
Non perdas a oportunidade de disfrutar destas tres artistas que veñen dende tan lonxe e con tantas ganas en Acéfala!

Links:
Yesavage Sauvage
https://yesavage.bandcamp.com/

Contrelune
https://www.youtube.com/watch?v=DIuJYhX3im0
https://contrecube.bandcamp.com/

Narcoleptica
https://www.youtube.com/watch?v=nygI7aZjemQ
https://narcoleptica.bandcamp.com/
Obradoiro de costura ‘’Upcycling’’

Mércores 23 de Novembro
18:00-21:00h | Doazón 15€
Aforo limitado*

Novo obradoiro de costura da man da nosa amiga @art.zebraa
Desta vez faremos un ‘Bucket Hat’ a partir do tecido reciclado dun pantalón vaqueiro que xa non uses.

Trae a túa máquina de coser e transforma un vello vaqueiro nun sombreiro divertido e moderno.

(Acéfala ocúpase das máquinas e dos materiais, se os precisares, usando algunha das prendas que quedaron da anterior edición do intercambio de roupa).

Non o tires, dalle unha nova vida máis sostible!!

*O aforo será limitado.
Reserva a través de obradoiros@acefala.org

Cartaz por @quepasajulia
Lakkra DJ Set.
Venres 25 de Novembro
20:30 H  | 6 - 10 € doazón artista
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Despois de moitos anos cultivando seu bo oído co suor dos bailes en festas e raves, LAKKRA decide dar o salto as cabinas. Súas influencias van dende o techno e o electro de club con algunhas pinceladas mais orgánicas con tintes house tanto instrumental coma vocal, profundizando tamén nas propostas mais experimentais.

Apaixoado da música electrónica, sempre aberto a descubrir e explorar diferentes estilos e conceptos. Lakkra pertence o selo independente  @disctrl

https://www.mixcloud.com/disctrl/lakkra-disctrl001/

Reserva a túa praza en reservas@acefala.org
XOVES 1/12: BLIBLIBLI! INTERCAMBIO DE IDIOMAS
20:30 | Entrada libre.


[ENGLISH BELOW]

Comezamos a presentar a programación de decembro!

BLIBLIBLI é un proxecto de intercambio de idiomas que busca crear conexións entre as persoas e descapitalizar a aprendizaxe e a busca de títulos sen coñecementos significativos. É un espazo onde crear comunidade, actuando como espazo de acollida para aquelas persoas que proveñan do extranxeiro sen un obxectivo turístico, senon de crear redes e coñecer a nosa cultura; e como un lugar de encontro xeral no que partillar coñecementos. O formato será picoteo-cea, puidendo levar cada participante a súa comida, aínda que no propio evento contarase con comida con opcións diversas.

A entrada é libre, pero se nos avisas de que vés axúdasnos a organizarnos 😊


Cartaz: @juanchinho_
THURSDAY 1/12: BLIBLIBLI! LANGUAGE EXCHANGE
20:30 | Free entrance.


BLIBLIBLI is a language exchange project that seeks to create connections between people and decapitalise learning and the search for titles without significant knowledge. It is a space in which to create community, acting as a welcoming space for those who come from abroad without a tourist objective, but rather to create networks and get to know our culture; and as a general meeting place in which to share knowledge. The format will be an afternoon snack-dinner, and each participant will be able to bring their own food, although food will be available at the event itself with a variety of options.

The entrance is free, but if you tell us you're coming you'll be helping us with the organization 😊

Poster: @juanchinho_
Tanto málÛmà como nnyngj querían engadir un chisco de amplitude á cultura tecno acelerada do lugar no que habitaban e namoraron dos sonidos orgánicos.
A arte de xogar cos ritmos e deixarse levar polos sons das frautas, os tambores máis cativos, as arpas e os instrumentos clásicosa é o obxectivo que perseguen. Se ao longo da xeira unha melodía se topa cos seus o´´idos coma un amigo que os guía, os seus desexos veranse cumpridos.

En contraste co lugar do que proceden (Greifswald, Alemaña), unha fortaleza de pouca luz solar e vento, tenden a buscar pola calidez e a luz nos temas que escollen. A simbiose na que se atopan é o desexo de viaxar e o equilibro entre se sentiren “dur” [importante, maior, principal] e se sentiren “moll” [pequeno, menor, secundario].

Non se pode dicir dos seus sets que estean planificados de antemán, o que lles permite sorprenderse do que se xera a noite que tocan. Nalgún lugar entre o funk ciberorgánico e o psi ritualista atopan o momentum co que queren describir a súa música.

Chegan a Acéfala este sábado 3 de decembro para estrear os bolos deste último mes do ano no que será o seu primeiro concerto en Galiza. Agardamos por vós, a noite promete!
SÁBADO 3/12 | málÛmà b2b nnyngj x Acéfala

Sábado 3 de Decembro
20:00h | 6-10€ doazón artistas
Aforo limitado
Reservas:
reservas@acefala.org
ENGLISH

Both málÛmà and nnyngj wanted to add a little range to the forward-foreword faster-faster techno culture within the place they lived and fell in love with organic sounds .
The art of playing around with rhythms and getting carried away by sounds of flutes, smaller drums, harps and classical instruments is the aim they follow. If throughout the evening one instrument or melody appears in they ears as a guiding friend they’ve fulfilled their wishes.

In contrast to the place they come from (Greifswald- Germany) which is a fortress of little sunlight and wind, they tend to seek warmth and light in the themes they chose in music. Wanderlust and a balancing act between feeling ‘dur‘ and feeling ’moll‘ is the symbiosis they find each other in.

Since they can’t really call their sets “planned in advance“ they’re surprised by what is being generated the evening they play. Somewhere between cyberganic funk and ritualistic psy they find the momentum they want to describe their music with.

They arrive at Acéfala on Saturday 3 December to kick off our gigs for the last month of the year in what will be their first concert in Galiza. We are waiting for you, the night promises to be a good one.

nnyngj:
https://on.soundcloud.com/pzQ5BfRvrMXSG35D8

málÛmà:
https://on.soundcloud.com/yxJJ1Vzd5nndGGkE9
Vén forte a primeira finde de decembro, sen parar de xoves a sábado!

Xa perdemos un pouquiño a conta das edicións, pero non as ganas. Volta o espazo da poesía en tódalas súas formas a acéfala un mes máis, para atoparnos coas caras coñecidas e con novas voces.
Vinde, estades todas convidadas. Poetas profesionais, amateur, domingueiros e curiosas, quedades todas convidadas a participar. Esperámosvos a vós e ás vosas propostas!

**O evento será de portas abertas ata completar aforo mais agradecemos que se confirme asistencia a través de reservas@acefala.org

Cartaz feito por @lauravaqu
Olá!
Decembro comeza cargadiño de eventos dende o día 1. Agardámosvos en Montealto para unha ceha de bolos e eventos.  Este mes traemos concertos, pinchadas, debate, poesía, un feirón e ollo! Volta o clube de debuxo!!!

DECEMBRO EN ACÉFALA

>XOVES 1: Bliblibli. Intercambio de Idiomas | 20:30h
>VENRES 2: Rebumbio Poético | 21:00h
>SÁBADO 3: Pinchada MálÛmà b2b Nnyngj | 20:00h*
>DOMINGO 11: Clube de Software Libre | 10:30h-14:00h*
>MARTES 13: Clube de Lectura | 20:30h
>MÉRCORES 14: Clube de Debuxo | 19:30h*
>XOVES 15: Reflexións Climáticas | 19:30h*
>SÁBADO 17: Mercadiño de Inverno + Concerto El Flop | 12:00h
>VENRES 23: Concerto Fotocopia + Salmiak | 20:30h*
>VENRES 30: Pinchada DJ Gatito + Niño Problema | 20:30h*