ACÉFALA
412 subscribers
319 photos
6 videos
285 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
ACÉFALA pinned a photo
DOMINGO 11 | CLUBE DE SOFTWARE LIBRE
 
10:30h-14:00h | Entrada libre
Recuperamos a serie de eventos ‘Pilulas Hacker’ baixo un novo formato, un formato de clube que ten coma intención xuntarse mensualmente para fomentar o uso do software, e tamén do hardware, libre.
¿Que é o software e o hardware libre? Referímonos a definición da Free Software Foundation:
“É o software que respeta a liberdade dos usuarios e da comunidade. En termos xeráis significa que os usuarios teñen a liberdade de executar, copiar, distribuir, estudar, modificar e mellorar o software. É dicir, o software libre é unha cuestión de liberdade, non de precio. Para entender mellor o concepto, interprete libre coma de libre expresión mais que coma en barra libre
Análogamente, un hardware libre e aquel cuxas especificacións e repostos son de libre acceso. Son polo tanto aparellos que poden ser mellorados e reparados pola comunidade, sen depender dos servizos dunha empresa concreta.
A primeira sesión deste clube terá unha función dobre:
• Organizar a equipa e as sesións futuras
• Instalar GNU/Linux nos ordenadores que sexa preciso, identificar as ferramentas libres máis útiles e aprender a manexar o terminal
Se queres unirte, non se precisan coñecementos de informática de ningún tipo (para iso estamos!). 
Únicamente é preciso que traias unha computadora (se non tes, podemos deixarte unha do espazo) e a vontade de contribuir ao desenvolvemento dun mundo máis xusto, lonxe dos monopolios, centralización, violación da privacidade sistemática e obsolescencia programada.
Cartaz por @quepasajulia
MÉRCORES 14 | CLUBE DE DEBUXO. SESIÓN DE DEBUXO AO NATURAL
19:30h | Doazón: 5€ Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Voltamos coa Sesión de Debuxo de modelo ao natural en Acéfala. Agardamos que esta sexa unha actividade que podamos facer sempre mensualmente. Terá lugar o Xoves 14 de Decembro 19:00 a 21:00.
Algúns meses é complicado conseguir modelo, se estás interesadx en colaborar envía un email a programacion@acefala.org buscamos corpos diversos, non necesaria experiencia previa en posados para Debuxo.
 
*O prezo é de 5€. Aforo limitado, reserva a túa praza enviando un email a reservas@acefala.org
 
Debuxo do cartaz feito por @juanchinho_
XOVES 15 | REFLEXIÓNS CLIMÁTICAS
19:30h | Entrada libre

Reflexións climáticas nace coma un espazo no que abordar diferentes aspectos da crise climática, coa intención de fomentar un espazo de debate e pensamento arredor das urxencias ás que nos expón a deriva actual do sistema. A idea é darlle continuidade ao espazo, de forma que as asistentes poidan participar da escolla do tema da seguinte edición. Nesta primeira sesión trataremos o impacto que ten a producción masiva e centralizada de enerxías renovables (parques eólicos e fotovoltáicos) na despoboación rural, tanto para nós coma para outras formas de vida. A este fin, reproduciremos o documental de Llorenç Soler ‘El Viaje Inverso’. Debatiremos sobre alternativas coma o autoconsumo e diferentes xeitos de habitar e repoboar. Cartaz feito por @juanchinho_ a partir dunha imaxe xerada mediante DALL-E. O prompt para xerar a imaxe dicía "unha paisaxe renacentista completamente contaminada, pintada por Boticelli".
VENRES 23 | CONCERTO SALMIAK + FOTOCOPIA

20:30h | Doazón 6-10€ para xs artistas
Aforo limitado

Reservas: reservas@acefala.org

Non hai que dicir moito máis. Antes das opulentas festividades do nadal Fotocopia e Salmiak voltarán a Acéfala para facernos tremer tanto física coma mentalmente.
Deleitarannos coas suas caóticas misturas de punk, noise, electrónica e música industrial.

Cartaz por @interruptor_plataforma
Olá!
Queremos darvos as grazas a todas as que vos pasáchedes por Acéfala no 2022. Atrás queda un ano cheo de obradoiros, proxeccións, concertos, debates… e, sobre todo, a sensación de ter medrado da man de todas as que conformades Acéfala.
Acompañádenos outro ano máis :)

XANEIRO EN ACÉFALA

>SÁBADO 7: Concerto Devalo + Una Sensación Mediocre | 20:30h*
>DOMINGO 8: Clube de Software Libre | 10:30h
>DOMINGO 8: Concerto LCTRCT + PierrePierrePierre! | 17:30h*
>MÉRCORES 11: Clube de Lectura | 20:30h
>XOVES 12: Bliblibli! Intercambio de Idiomas | 20:30h
>MÉRCORES 18: Reflexións Climáticas | 20:30h
>XOVES 19: Clube de Debuxo | 19:30h*
>SÁBADO 21: Concerto Sofi Peries + Metak + UX10 | 20:30h*
>DOMINGO 22: Cineforum | 20:00h
>MÉRCORES 25: Obradoiro de Costura Upcycling |18:00h*
>XOVES 26: Bliblibli! Intercambio de Idiomas | 20:30h
>VENRES 27: Rebumbio Poético | 21:00h
>SÁBADO 28: Concerto Aeronave Adolescente + Max de Coca + Nefer | 20:00h*

*inscripción previa: reservas@acefala.org

Cartaz por @quepasajulia.
ACÉFALA pinned a photo
Concerto sábado 7 de xaneiro ás 20 horas: DEVALO + UNA SENSACIÓN MEDIOCRE 

Devalo é un proxecto de David Miranda, a quen coñecemos doutras aventuras musicais
como Nouvelle Cuisine ou The Cripple and The Tramp. Devalo comeza en 2019, con
influencias do synth pop e o dream pop, e cancións en galego gravadas en Gales, onde David reside desde hai máis dunha década.

Tras a gran acollida de “Noites Contadas” (Ferror Records, 2020), volve cun segundo longa
duración, “Luz/Sombra” (Ferror Records, 2022), co que mantén esa esencia dream pop e synth pop en galego. Ao compoñente electrónico que xa estaba presente en “Noites contadas” únese neste disco unha maior presenza de guitarras distorsionadas, e algunha referencia á música tradicional, como no seu primero single “Ar”. Un disco cargado de mensaxes e poesía, un traballo altamente emocional cheo de luces e sombras, máis tamén de esperanza.
Una Sensación Mediocre é o último experimento musical de Edu Poch, baixista de Devalo e Atrás Tigre e humano detrás do proxecto Ocre. Nesta ocasión, Poch construirá unha peza ambient única a partir de sons e ritmos encontrados por Internet durante o mesmo concerto, aos que reaccionará con melodías aleatorias saídas dos seus sintetizadores. Que pode saír mal? Todo, trátase diso.

Escoita:
https://ferror.bandcamp.com/album/luz-sombra
https://open.spotify.com/artist/1GZrOLvvUZ8DMPFECjIZeG

Videoclips:
“Ar”: https://www.youtube.com/watch?v=4W5BBIIVPU0
“Melancholie”: https://www.youtube.com/watch?v=sf_5xvlZQ3s
“Supernova”: https://www.youtube.com/watch?v=YnrV1GfId9w
"Por cuestións de saúde, Devalo terán que cancelar o seu concerto do próximo sábado 7. Pero no seu lugar actuará Artur M Puga, xunto con Una Sensación Mediocre.

Artur M Puga é productor e Dj. O seu traballo céntrase na intersección da música electrónica de corte académico e os sons da pista de baile. No seu paso por Acéfala presentará un adianto do seu novo set no que as texturas algorítmicas e pasaxes ambient entremézclanse con polirritmias e tropos máis propios de xéneros de club como o footwork ou o uk bass.
Máis info, en https://arturmpuga.com/"
20:00 H
6-10 € doazón artistas
Reservas: reservas@acefala.org
DOMINGO 8: CLUBE DE SOFTWARE LIBRE

Domingo 8 de Xaneiro
10:30h-14:00h | De balde

Recuperamos a serie de eventos ‘Pilulas Hacker’ baixo un novo formato, un formato de clube que ten coma intención xuntarse mensualmente para fomentar o uso do software, e tamén do hardware, libre.
¿Que é o software e o hardware libre? Referímonos a definición da Free Software Foundation:
“É o software que respeta a liberdade dos usuarios e da comunidade. En termos xeráis significa que os usuarios teñen a liberdade de executar, copiar, distribuir, estudar, modificar e mellorar o software. É dicir, o software libre é unha cuestión de liberdade, non de precio. Para entender mellor o concepto, interprete libre como de libre expresión e non como en barra libre”

Análogamente, un hardware libre e aquel cuxas especificacións e repostos son de libre acceso. Son polo tanto aparellos que poden ser mellorados e reparados pola comunidade, sen depender dos servizos dunha empresa concreta.
DOMINGO 8 | CONCERTO: LCTRCT + PierrePierrePierre!
17:30h | 6-10€ Doazón artistas

Aforo limitado

Reservas: reservas@acefala.org


LCTRCT (Colaxes sonoras, 17:30-20:30)
LCTRCT regresa a Acéfala para facer un repaso do seu pandemonium particular de músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura "underground". Na súa maleta de discos traerá unha selección dos seus álbumes favoritos publicados ao longo dos últimos 12 meses en vinilo ou casete. Dous formatos analóxicos polos que sinte un especial agarimo, entre outras cousas, pola cadencia temporal e a escoita atenta que impoñen fronte á desmesurada urxencia hiperactiva das plataformas dixitais.
PierrePierrePierre! (Live, 20:30h)
Paisaxes sonoras ficticias, grabacións de campo imaxinarias, música ambiental imposible e sonidos acústicos atípicos, Excursion au pays des Digiblobs (Trip in the land of Digiblobs), é un concerto de música electrónica para escoitar na oscuridade.
Misturando síntesis de audio feita a mán con música algorítmica e grabacions de baixa fidelidade e cun minimalismo escénico, PierrePierrePierre! tratará de conquistar os nosos oídos e as nosas mentes.

PierrePierrePierre! (Nantes, FR) é un artista sonoro autodidacta interesado na electrónica e situacións disfuncionais. Actúa con instrumentos electrónicos feitos a mán, dispositivos hi-fi comúns e baratos, síntese de audio e códigos programados por él. Ven de colaborar (entre outras artistas) con Clinch (AV2), Will Guthrie (WAV2), Rui Leal (RRR) e Mariane Moula.

Estarán en Acéfala o domingo dende ás 17:30h ata as 22:00. Comparte connosco e apoia esta proposta tan singular!
XOVES 12/01 20:30 H
ENTRADA LIBRE.
BLIBLIBLI é un proxecto de intercambio de idiomas
que busca crear conexións entre as persoas e descapitalizar a aprendizaxe e a busca de títulos sen
coñecementos significativos. É un espazo onde crear comunidade, actuando como espazo de
acollida para aquelas persoas que proveñan do extranxeiro sen un obxectivo turístico, senon de
crear redes e coñecer a nosa cultura; e como un lugar de encontro xeral no que partillar coñecementos.
O formato será picoteo-cea, puidendo levar cada participante a súa comida, aínda que no propio evento contarase con comida con opcións diversas.
BLIBLIBLI is a language exchange project that seeks to create connections between people and decapitalise learning and the search for titles without significant knowledge. It is a space in which to
create community, acting as a welcoming space for those who come from abroad without a tourist
objective, but rather to create networks and get to know our culture; and as a general meeting place
in which to share knowledge. The format will be an afternoon snack-dinner, and each participant will be able to bring their own food, although food will be available at the event itself with a variety of options.

Cartaz feito por @juanchinho_
MÉRCORES 18/01 | REFLEXIÓNS CLIMÁTICAS

19:30 | Entrada libre.

Reflexións climáticas nace coma un espazo no que abordar diferentes aspectos da crise climática, coa intención de fomentar un espazo de debate e pensamento arredor das urxencias ás que nos expón a deriva actual do sistema. A idea é darlle continuidade ao espazo, de forma que as asistentes poidan participar da escolla do tema da seguinte edición.
Nesta segunda sesión proxectaremos o documental 'Decrecimiento, del mito de la abundancia a la simplicidad voluntaria' de Luis e Manuel Picazo Casariego e reflexionaremos entre todas sobre os nosos hábitos de consumo e as consecuencias dos mesmos.

Cartaz feito por @juanchinho_ a partir dunha imaxe xerada mediante DALL-E. O prompt para xerar a imaxe dicía "unha paisaxe renacentista completamente contaminada, pintada por Boticelli".
XOVES 19 | SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL

19:30h | Doazón: 5€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Un mes máis volta a sesión de debuxo a Acéfala :)
Vémonos este xoves 19 ás 19:30.

Algúns meses é complicado conseguir modelo, se estás interesadx en colaborar envía un email a programacion@acefala.org buscamos corpos de tódolls tipos, xéneros e idades, e non é necesaria experiencia previa en posados para Debuxo.

*A doazón é de 5€. Aforo limitado, reserva a túa praza enviando un email a reservas@acefala.org

Debuxo do cartaz feito por @juanchinho_
VENRES 27 | REBUMBIO POÉTICO

20:30 | Entrada libre con aforo limitado

Reservas en reservas@acefala.org

Volta o Rebumbio unha vez máis… pero actualizado! A partir de agora, será trimestral e cada sesión xirará en torno a unha temática ou idea escollida na anterior sesión.

Nesta ocasión traballaremos co soneto. Podedes traer algúns que vos gusten, xa sexan orixinais ou traducións; e tamén podedes transformar poemas en verso libre a sonetos ou mesmamente escribir vós algún. Leremos o material sentadxs en círculo de xeito libre, mantendo a esencia orixinal do Rebumbio.

Cartaz por @lauravaqu