II CONVIVENCIA #XURÉS2023
61 subscribers
5 photos
3 videos
10 links
Información e avisos importantes para participantes na II Convivencia Interuniversitaria e Profesional e II Seminario Internacional de Educación Social
Download Telegram
🚨🚨 Últimos días para a inscrición anticipada, e polo tanto máis económica 🫰
Non esperes ó último día
Accede aquí a formularios de inscrición 👇
https://ceesg.gal/ii-convivencia-da-educacion-social/
Compartímosvos por aquí esta entrevista que lle fixeron en Cadena Ser á educadora social Marta Joga que ten un proxecto musical maravilloso con crianzas, e que poderemos escoitar en vivo no XurésSon, con As Xingras da Arca.

Escoita a entrevista a Marta aquí 👇
https://cadenaser.com/galicia/2023/09/15/as-xingras-da-arca-actuaran-no-xuresson-o-ultimo-sabado-de-setembro-radio-limia/

E recordamos que están en cartel outros grupos como Fillas de Cassandra, The Tetas´Van, ou A Banda de Garda, entre outros...

Xa se vai achegando o día! 👏
Se coñeces a alguén que aínda non se anotase ao Xurés2023, avísalle de que finalmente se manteñen as cotas reducidas ata o último día de inscrición 😉

Inscricións abertas ata o sábado!

Toda a info aquí
Bos días!
Chegou o Xurés2023!

ℹ️ A información sobre os obradoiros e actividades adxudicadas a cada participante, así como os lugares reservados para as comidas e outras opcións de inscrición, facilitarémola ao chegar alí.
⚠️Todas/os as participantes debedes identificarvos, e recibiredes un sobre coa información individual da vosa inscrición, xunto con varios vales que servirán para o pago das diferentes comidas nos establecementos hostaleiros indicados. Non os perdasNon se repartirán máis vales unha vez realizada a entrega do sobre.

📍O punto de encontro, onde estará a organización para a identificación de participantes, será no Edificio Multiusos de Lobios a partir das 16:00 h. Estaremos tempo suficiente para atender a quen non poida chegar ao inicio.

Vémonos esta tarde. Disfruta da convivencia! 😃
Se tes previsto chegar o sábado, non hai problema.
O teu sobre estará preparado coas opcións de comidas que indicaches na inscrición.
Á túa chegada, localiza a algunha persoa da organización (levarán unha identificación) e pregúntalle, para que te informen de a quen dirixirte para que che entreguen o sobre
⚠️ Os obradoiros de "Fotovoz: rompendo regras" e "Soidade non desexada" das 18:45 foron cancelados, no seu lugar podedes asistir á mesma hora á Presentación de libros relevantes sobre educación social e escola no multiusos.
🙋‍♀️Boa noite! A xornada de convivio neste #Xurés2023 continúa! Nalgúns locais seguen coa cea. As que xa teñades rematado podedes seguir a coñecer todo o que dá de si este Concello de Lobios que tan agarimosamente nos acolle: os seus sendeiros, as súas terrazas... e seguir a tecer redes e construír espazos de encontro.

Lembrade, vémonos mañá ás 10:00 no multiusos!!!

Boa noite💚
☝️ Recordade que ao longo da mañá está en marcha a Feira de emprego, de entidades de Educación Social

Pasade polo Edificio Multiusos a ver que teñen para contarnos...
👉 POIG - Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia
👉 Igaxes
👉 Fegadace
- Federación Galega de Dano Cerebral
👉 Innovamos
👉 Fundación Meniños
👉 APES Asociación
👉 Atalaias
⚠️AVISO IMPORTANTE: Está noite en Grou non haberá servizo de taxi. Estades pendentes do horario dos autobuses onde estades anotados/as
☝️Aquí tedes a localización da carpa na parroquia de Grou onde continuaremos coa convivencia e onde se vai celebrar o Festival Xurés Son
E con esta bonita foto de familia finalizamos a primeira parte do II Seminario Internacional da Educación Social. Continuamos na carpa da parroquia de Grou! #Xurés2023
Xa estamos en Grou

Na carpa do Ceesg temos á venda:
▶️ O noso libro de Bolechas
▶️ Camisetas #EducaciónSocialFeminista
▶️ Cadernos 'Educación Social'
▶️ Libros 'Son de Fiar'

Ven a vernos ao punto lila 🟣
Lembramos que mañá pola mañá temos o ROTEIRO 🏞️

Achegarémonos en autobús ata o punto de saída. O autobús sae ás 11:00 de diante do Edificio Multiusos 🚌

Iniciarase a camiñata xunto ao Río Caldo, chegando ás termas sobre as 13:30 h.

💦 Teremos un anaco para darse un baño nas termas quen lle apeteza. Levade o necesario para o baño 🩳🩱

Que pasedes boa noite!
Bo día!

🙌 Agradecemos a todas as persoas que viñestes a disfrutar da convivencia durante a fin de semana: participantes, entidades colaboradoras, profesorado, veciñanza que nos acolleu..., e todas/os as que botaron unha man para que todo saíse como debía.

Esperamos que estivese á altura das expectativas, que quede esta experiencia no voso recordo, e que quedasedes con gañas de seguir coñecendo a riqueza do rural galego e da Baixa Limia.

Feliz día da Educación Social! 👋
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
Nas nosas redes sociais fomos compartindo varios vídeos e fotos.
Pero deixámosvos por aquí este breve vídeo para o recordo
Atención Chega o Xurés 2024!
Aquí tes toda a info👇

https://ceesg.gal/xures2024/