Viaxantas Podcast
11 subscribers
1 video
21 links
Tódalas novidades do teu podcast de viaxes e experiencias en galego, a un clic.
Download Telegram
Xa está dispoñible o episodio 10 de Viaxantas na túa APP favorita.
Compártovos un artigo de Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) sobre Viaxantas Podcast e outros proxectos que, a través da rede, conectan a diáspora galega coa terra nai. Boa lectura: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2021/05/23/span-langgl-fio-aceiro-da-vida-span/0003_202105G23P13993.htm
Hoxe ás 20:00, hora de Galicia, estaremos falando de pasear e percorrer a nosa terra cun papagaio, Pepe, na nosa conta de Instagram.

Estades todos e todas convidad@s.

https://www.instagram.com/p/CPu79HKDhko/?utm_medium=copy_link
🚨🚨Novo episodio de #Viaxantas acabadiño de saír do forno.

🗺Desta imos ata #Cuntis, unha localidade pontevedresa que ten moito máis que ofrecer que o maior balneario de #Galicia 😉: Termas de Cuntis.

👉Falamos con Héitor K-Rapucho Picallo das orixes romanas do termalismo cuntiense.
👉 Coñecemos con Turismo de Cuntis os segredos naturais que agocha a vila: roteiros de sendeirismo, miradoiros, muiños, petróglifos, montes, lendas, ríos e moito máis.
👉 E achegámonos á cultura castrexa e ao xacemento de #Castrolandín da man de Fundación Terra Termarum Castrolandín e Sandra Obarrio.

Cuntis é ademais a vila na que me criei, polo que nos vos ideas librar dalgunha anécdota de infancia de Cris Terceiro 😜.

Xa sabedes que o podedes atopar en:
Spotify: https://spoti.fi/2RqP8jq
Ivoox: https://go.ivoox.com/rf/71013683
Google Podcast: https://bit.ly/3dcMWTE
Youtube: https://youtu.be/qmUHsitJcR8

Boa escoita 🎧.
Todo sobre Viaxantas a un só clic. Visita a nosa NOVA web e, se che gusta, subscríbete e comparte 😉.

www.viaxantas.gal
Agora que a calor comeza a abafar tráiovos un #Viaxantas ben refrescante sobre:
🏖️Praias paradisíacas
🌋Roteiros volcánicos
🤿Submarinismo e parapente
E moooito máis.

Benvid@s á illa da eterna primavera, benvid@s a #Lanzarote.

https://viaxantas.gal/12-aventuras-na-illa-dos-volcans/
Parapente na illa dos volcáns. Falamos desta experiencia no episodio 12 de Viaxantas 😉
https://www.instagram.com/p/CQmE5UfMWC7/?utm_medium=copy_link
Colle uns tenis cómodos, pon a mochila e a túa cuncha de peregrino ás costas porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e dos Arrieiros e o de Fisterra cunha estadounidense neofalante da nosa lingua. Ela é Wendy Werneth e da súa man imos coñecer o espírito do camiño : dende as historias humanas que hai detrás de cada peregrinación a consellos prácticos para iniciar a ruta Xacobea nun ano aínda pandémico.
https://viaxantas.gal/13-o-espirito-do-camino-con-wendy-werneth/
Cal é o espírito do Camiño de Santiago? A estadounidense Wendy Werneth responde no último Viaxantas.

https://www.instagram.com/tv/CRHbZcvHtc_/?utm_medium=share_sheet
🗺️Apúntaste a unha volta ao mundo en paisaxes sonoras?

No episodio 14 de #Viaxantas tocámolos 5 continentes a través dos seus ritmos prehistóricos e misturámolos cos son máis actuais.

🎙️Os guías nesta aventura son Abraham Cupeiro e Alejandro Iglesias Rossi.

Vés? ⤵️

https://viaxantas.gal/14-a-volta-ao-mundo-en-paisaxes-sonoras/
🚨TOCOU O GORDO
Xa está aquí o 17 de Viaxantas para falarvos de cousas que valen ouro.

- O valor do traballo en equipo
- Fixar poboación no rural
- Coidar o monte
- As nosas lendas e bestas

Benvid@ a unha Rapa das Bestas en 360º. Agardo que vos guste.

http://bit.ly/Viaxantas17
🚨NOVO EPISODIO DE VIAXANTAS XA DISPOÑIBLE🚨

No 19 de Viaxantas volvemos a Bos Aires para descubrir a faciana máis galega do centro histórico porteño: San Telmo.

🎙️Con Andrés da Pedra e Diego Martínez Duro.

🚢Convídote a seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo.

Ivoox: bit.ly/Viaxantas19

Spotify: spoti.fi/3rKshP4
Acabamos de lanzar a nosa Newsletter!! Se aínda non estás subscrito, podes facelo aquí 👉https://viaxantas.gal/subscribete/

É gratis 😉
Mañá pola tarde sae a nova Newsletter de Viaxantas cunha morea de ideas para gozar deste verán en Galicia (e máis alá). Se aínda non estás subscrito/a, bule: https://viaxantas.gal/subscribete/
📣Novo #Viaxantas!

Abrígate ben porque collemos rumbo norte para unhas vacacións de inverno ben especiais☃️con:

👉Auroras boreais
👉Cultura Saami
👉Renos
👉E moito máis

🎧Benvidos a Tromsø, a capital do Ártico!

🟠 bit.ly/3GXdSpd
🚨Xa dispoñible o 25 de #Viaxantas 👉 go.ivoox.com/rf/106802536

🇨🇿 Percorremos a cidade vella de Praga mentres @VanesaNoya, unha compostelá que leva +8 anos por alá, nos pon en contexto. Con ela falaremos de lendas, historia, circuitos alternativos e moito máis.

Agardamos que vos guste tanto como a nós preparar este episodio.