🪦O galego avanza na súa normalización nos cemiterios: de excepción a un uso cada vez máis frecuente. As conclusións dos Encontros para a normalización lingüística destacan que grazas ao impulso de diversas iniciativas a presenza da lingua aumentou notablemente en lápidas, exequias e necrolóxicas. Iniciativas como En galego agora e sempre, unha mellor dispisición de clero e empresas funerarias e a maior concienciación da sociedade contribuíron a rachar o tabú existente
https://praza.gal/cultura/o-galego-avanza-na-sua-normalizacion-nos-cemiterios-de-excepcion-a-un-uso-cada-vez-mais-frecuente
https://praza.gal/cultura/o-galego-avanza-na-sua-normalizacion-nos-cemiterios-de-excepcion-a-un-uso-cada-vez-mais-frecuente
Praza Pública
O galego avanza na súa normalización nos cemiterios: de excepción a un uso cada vez máis frecuente - Praza Pública
As conclusións dos Encontros para a normalización lingüística destacan que grazas ao impulso de diversas iniciativas a presenza da lingua aumentou notablemente en lápidas, exequias e necrolóxicas. Iniciativas como En galego agora e sempre, unha mellor dispisición…
💻 190 mil persoas non teletraballan en Galicia a pesar de que o seu tipo de emprego o permitiría. Ao redor de 114 mil persoas teletraballan en Galicia total ou parcialmente, o que equivale ao 10,2% das persoas que teñen un emprego remunerado. O dato, achegado polo INE, amosa un grande incremento dende as 95 mil do ano 2023. Porén, hai unha porcentaxe moi importante de persoas que non teletraballa aínda que o podería facer https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/190-mil-persoas-non-teletraballan-en-galicia-a-pesar-de-que-o-seu-tipo-de-emprego-o-permitiria
Praza Pública
190 mil persoas non teletraballan en Galicia a pesar de que o seu tipo de emprego o permitiría - Praza Pública
Ao redor de 114 mil persoas teletraballan en Galicia total ou parcialmente, o que equivale ao 10,2% das persoas que teñen un emprego remunerado. O dato, achegado polo INE, amosa un grande incremento dende as 95 mil do ano 2023. Porén, hai unha porcentaxe…
Feijóo, Xunta e patronal gábanse nun acto patrocinado por Abanca fronte a "un certo chavismo" instalado en España. A CEG organiza en Santiago un acto co líder da oposición estatal, presentado polo presidente do Goberno galego, no que os empresarios piden menos impostos e máis "flexibilidade laboral". https://praza.gal/politica/feijoo-xunta-e-patronal-gabanse-nun-acto-patrocinado-por-abanca-fronte-a-un-certo-chavismo-instalado-en-espana
Praza Pública
Feijóo, Xunta e patronal gábanse nun acto patrocinado por Abanca fronte a "un certo chavismo" instalado en España - Praza Pública
A CEG organiza en Santiago un acto co líder da oposición estatal, presentado polo presidente do Goberno galego, no que os empresarios piden menos impostos e máis "flexibilidade laboral"
🏥 O dereito á morte digna de Laura Fernández, entre a burocracia do Sergas e os procedementos abreviados en situacións extremas. A viguesa Laura Fernández Abalde sofre un cancro con metástase que avanza máis rapido que os trámites legais da eutanasia que solicitou. Ela repite que quere marchar "con dignidade", pero a Consellaría de Sanidade di que os prazos non se poden acelerar. A asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD) responde á Xunta que "por suposto que existe" a posibilidade dun "procedemento abreviado" para acceder á eutanasia en casos coma este https://praza.gal/acontece/o-dereito-a-morte-digna-de-laura-fernandez-entre-a-burocracia-do-sergas-e-os-procedementos-abreviados-en-situacions-extremas
Praza Pública
O dereito á morte digna de Laura Fernández, entre a burocracia do Sergas e os procedementos abreviados en situacións extremas …
A viguesa Laura Fernández Abalde sofre un cancro con metástase que avanza máis rapido que os trámites legais da eutanasia que solicitou. Ela repite que quere marchar "con dignidade", pero a Consellaría de Sanidade di que os prazos non se poden acelerar. A…
↪️Esta fin de semana, no noso suplemento:
📖Lara Dopazo volve da 'América profunda' co libro Contos gringos, que vén de publicar a Editorial Galaxia
https://praza.gal/cultura/gustame-explorar-a-animalidade-que-hai-no-ser-humano-que-e-bastante
📸Unha ducia de imaxes aéreas da Galicia dos anos 60 e 70 do século pasado
https://praza.gal/ducias/imaxes-aereas-da-galicia-dos-anos-60-e-70-do-seculo-pasado
📖Lara Dopazo volve da 'América profunda' co libro Contos gringos, que vén de publicar a Editorial Galaxia
https://praza.gal/cultura/gustame-explorar-a-animalidade-que-hai-no-ser-humano-que-e-bastante
📸Unha ducia de imaxes aéreas da Galicia dos anos 60 e 70 do século pasado
https://praza.gal/ducias/imaxes-aereas-da-galicia-dos-anos-60-e-70-do-seculo-pasado
Castelao, presidente. O Parlamento conmemora o 80º aniversario do Consello de Galiza nun acto solemne que vén recoñecer a Castelao como primeiro presidente da autonomía política do país. "O Consello de Galiza non tiña nin sede, pero si un liderado incuestionable, un faro de galeguismo, democracia, honestidade e coherencia: o seu presidente", resalta o xefe do lexislativo galego, Miguel Santalices https://praza.gal/politica/castelao-presidente
Praza Pública
Castelao, presidente - Praza Pública
O Parlamento conmemora o 80º aniversario do Consello de Galiza nun acto solemne que vén recoñecer a Castelao como primeiro presidente da autonomía política do país. "O Consello de Galiza non tiña nin sede, pero si un liderado incuestionable, un faro de galeguismo…
📖 ENTREVISTA | C. Huete e P. Carbajo: "A estrutura caciquil non vai desaparecer porque o fagan os Baltar, calquera partido tentaría rendibilizala". O libro 'Os Baltar, a senda do caciquismo na democracia plena' (Morgante) aproveita a memoria e experiencia de dous xornalistas, Cristina Huete e Primitivo Carbajo, sen os que non se coñecerían boa parte dos escándalos que rodearon a familia Baltar. https://praza.gal/politica/a-estrutura-caciquil-non-vai-desaparecer-porque-o-fagan-os-baltar-calquera-partido-tentaria-rendibilizala
Praza Pública
"A estrutura caciquil non vai desaparecer porque o fagan os Baltar, calquera partido tentaría rendibilizala" - Praza Pública
O libro 'Os Baltar, a senda do caciquismo na democracia plena' aproveita a memoria e experiencia de dous xornalistas, Cristina Huete e Primitivo Carbajo, sen os que non se coñecerían boa parte dos escándalos que rodearon a familia Baltar
🇪🇺 A presión de Feijóo leva o PP europeo a poñer en xaque o funcionamento das institucións da UE. O líder do PP europeo pon en perigo a estabilidade da Comisión Europea, rompendo a maioría proeuropea ao aliñarse coa extrema dereita. Por Idafe Martín, de infoLibre. https://praza.gal/politica/a-presion-de-feijoo-leva-o-pp-europeo-a-poner-en-xaque-o-funcionamento-das-institucions-da-ue
Praza Pública
A presión de Feijóo leva o PP europeo a poñer en xaque o funcionamento das institucións da UE - Praza Pública
O líder do PP europeo pon en perigo a estabilidade da Comisión Europea, rompendo a maioría proeuropea ao aliñarse coa extrema dereita
🏨 Nace en Vigo unha plataforma contra o impacto do turismo masivo na vivenda, no comercio e no medio ambiente. Formada por 18 entidades de Vigo e O Morrazo, propón "limitar e regular estritamente as vivendas de uso turístico", aplicar unha taxa turística e limitar o fluxo de visitantes en espazos naturais sensibles. Alerta tamén contra a precariedade laboral na hostalaría, a destrución do comercio local ou a sobrecarga dos servizos públicos https://praza.gal/acontece/nace-en-vigo-unha-plataforma-contra-o-impacto-do-turismo-masivo-na-vivenda-no-comercio-e-no-medio-ambiente
Praza Pública
Nace en Vigo unha plataforma contra o impacto do turismo masivo na vivenda, no comercio e no medio ambiente - Praza Pública
Formada por 18 entidades de Vigo e O Morrazo, propón "limitar e regular estritamente as vivendas de uso turístico", aplicar unha taxa turística e limitar o fluxo de visitantes en espazos naturais sensibles. Alerta tamén contra a precariedade laboral na hostalaría…
🛣 A Xunta tarda 10 meses en reabrir a ponte caída entre Ourense e Trives e prevé para 2026 a estrada afundida no Courel en 2022. O Goberno galego vén incumprindo tanto na OU-536 como na LU-651 os sucesivos prazos que el mesmo se fixou para recuperar a normalidade. https://praza.gal/politica/a-xunta-tarda-10-meses-en-reabrir-a-ponte-caida-entre-ourense-e-trives-e-preve-para-2026-a-estrada-afundida-no-courel-en-2022
Praza Pública
A Xunta tarda 10 meses en reabrir a ponte caída entre Ourense e Trives e prevé para 2026 a estrada afundida no Courel en 2022 …
O Goberno galego vén incumprindo tanto na OU-536 como na LU-651 os sucesivos prazos que el mesmo se fixou para recuperar a normalidade
📃 O PP emenda a Xunta e improvisa unha rebaixa de impostos a propietarios de ata 4 vivendas se alugan unha baleira. Os populares engaden no último momento 128 páxinas á lei de acompañamento dos Orzamentos con novas disposicións sobre os sectores eólico, turístico, mineiro, do xogo ou da dependencia, entre outros. https://praza.gal/politica/o-pp-emenda-a-xunta-e-improvisa-unha-rebaixa-de-impostos-a-propietarios-de-ata-4-vivendas-se-alugan-unha-baleira
Praza Pública
O PP emenda a Xunta e improvisa unha rebaixa de impostos a propietarios de ata 4 vivendas se alugan unha baleira - Praza Pública
Os populares engaden no último momento 128 páxinas á lei de acompañamento dos Orzamentos con novas disposicións sobre os sectores eólico, turístico, mineiro, do xogo ou da dependencia, entre outros
🎥 Cruz Risco, a pioneira do cine galego da que non sabiamos nada. Xaime Varela rescata nunha investigación a figura desta ourensá (a filla máis nova de Vicente Risco) que participou como directora, guionista ou técnica de son nunha quincena de producións audiovisuais dende os anos setenta, entre elas o documental sobre a emigración galega 'Por que marchamos' (1978), codirixido con outras catro estudantes de cine en París. É, probablemente, a primeira directora galega de cine, pero ata agora a súa traxectoria fora completamente invisibilizada. https://praza.gal/cultura/cruz-risco-a-pioneira-do-cine-galego-da-que-non-sabiamos-nada
Praza Pública
Cruz Risco, a pioneira do cine galego da que non sabiamos nada - Praza Pública
Xaime Varela rescata nunha investigación a figura desta ourensá (a filla máis nova de Vicente Risco) que participou como directora, guionista ou técnica de son nunha quincena de producións audiovisuais dende os anos setenta, entre elas o documental sobre…
📷👅 Varios milleiros de persoas reclaman un cambio de rumbo para o galego. A convocatoria unitaria de Queremos Galego! pide á Xunta volver ao consenso arredor da lingua de hai dúas décadas roto por intereses electorais do PP. https://praza.gal/politica/varios-milleiros-de-persoas-reclaman-un-cambio-de-rumbo-para-o-galego
Praza Pública
Varios milleiros de persoas reclaman un cambio de rumbo para o galego - Praza Pública
A convocatoria unitaria de Queremos Galego! pide á Xunta volver ao consenso arredor da lingua de hai dúas décadas roto por intereses electorais do PP
⚖️🛒Mercadona é condenada por vulnerar a liberdade sindical dun traballador ao que despediu sen xustificación. O home recibira varias valoracións eloxiosas dos seus superiores no supermercado da Valenzá pero tras involucrarse nunhas eleccións sindicais foi despedido sen que a empresa puidese dar á Xustiza "unha xustificación razoable" https://praza.gal/economia/mercadona-e-condenada-por-vulnerar-a-liberdade-sindical-dun-traballador-ao-que-despediu-sen-xustificacion
Praza Pública
Mercadona é condenada por vulnerar a liberdade sindical dun traballador ao que despediu sen xustificación - Praza Pública
O home recibira varias valoracións eloxiosas dos seus superiores no supermercado da Valenzá pero tras involucrarse nunhas eleccións sindicais foi despedido sen que a empresa puidese dar á Xustiza "unha xustificación razoable"
🛤⚖️A Fiscalía ratifica a viraxe e pide retirar a condena por Angrois ao cargo de Adif pero mantela ao maquinista. Ao remate do xuízo a Fiscalía virou sorpresivamente a súa postura e retirou a acusación ao cargo de Adif, pero agora, con este xa condenado pola xuíza, vai un paso máis alá e pide que se revogue a súa condena
https://praza.gal/politica/a-fiscalia-ratifica-a-viraxe-e-pide-retirar-a-condena-por-angrois-ao-cargo-de-adif-pero-mantela-ao-maquinista
https://praza.gal/politica/a-fiscalia-ratifica-a-viraxe-e-pide-retirar-a-condena-por-angrois-ao-cargo-de-adif-pero-mantela-ao-maquinista
Praza Pública
A Fiscalía ratifica a viraxe e pide retirar a condena por Angrois ao cargo de Adif pero mantela ao maquinista - Praza Pública
Ao remate do xuízo a Fiscalía virou sorpresivamente a súa postura e retirou a acusación ao cargo de Adif, pero agora, con este xa condenado pola xuíza, vai un paso máis alá e pide que se revogue a súa condena
🌈⚖️👥O clamor de xustiza para Samuel, nas mans dun xurado popular tres anos despois. Os membros do xurado teñen ata 72 horas para deliberar sobre o papel dos acusados que propinaron a malleira mortal ao mozo coruñés ao berro de "maricón". A acusación sinala os cinco por asasinato, aínda que se abre a unha cualificación alternativa para dous deles en calidade de cómplices
✍️Sabela Rodríguez Álvarez, de infoLibre
https://praza.gal/acontece/o-clamor-de-xustiza-para-samuel-nas-mans-dun-xurado-popular-tres-anos-despois
✍️Sabela Rodríguez Álvarez, de infoLibre
https://praza.gal/acontece/o-clamor-de-xustiza-para-samuel-nas-mans-dun-xurado-popular-tres-anos-despois
Praza Pública
O clamor de xustiza para Samuel, nas mans dun xurado popular tres anos despois - Praza Pública
Os membros do xurado teñen ata 72 horas para deliberar sobre o papel dos acusados que propinaron a malleira mortal ao mozo coruñés ao berro de "maricón". A acusación sinala os cinco por asasinato, aínda que se abre a unha cualificación alternativa para dous…
🚨🚌🎒Tráfico inicia unha semana de controis de buses escolares tras denunciar 139 dos 297 inspeccionados en xaneiro. "O 90% dos accidentes que se producen son no momento de subir ou baixar do vehículo", salienta
https://praza.gal/acontece/trafico-inicia-unha-semana-de-controis-de-buses-escolares-tras-denunciar-139-dos-297-inspeccionados-en-xaneiro
https://praza.gal/acontece/trafico-inicia-unha-semana-de-controis-de-buses-escolares-tras-denunciar-139-dos-297-inspeccionados-en-xaneiro
Praza Pública
Tráfico inicia unha semana de controis de buses escolares tras denunciar 139 dos 297 inspeccionados en xaneiro - Praza Pública
"O 90% dos accidentes que se producen son no momento de subir ou baixar do vehículo", salienta
Rueda critica "a politización" dos actos para mudar a política lingüística do PP. O presidente da Xunta salienta que houbo "moitas bandeiras independentistas" no acto deste domingo apoiado por ducias de entidades, incluídos BNG e PSdeG https://praza.gal/politica/rueda-critica-a-politizacion-dos-actos-para-mudar-a-politica-linguistica-do-pp
Praza Pública
Rueda critica "a politización" dos actos para mudar a política lingüística do PP - Praza Pública
O presidente da Xunta salienta que houbo "moitas bandeiras independentistas" no acto deste domingo apoiado por ducias de entidades, incluídos BNG e PSdeG
📢📺"Novo chanzo represivo" nos medios públicos: o comité de folga denuncia que a CRTVG abre expedientes disciplinarios "por falta moi grave". Dúas traballadoras da CRTVG en folga recibiron este luns a notificación da apertura dun expediente disciplinario “por falta moi grave” a causa dun presunto “incidente” que tivo lugar o pasado venres coincidindo co comezo dos paros que veñen impedindo a emisión do programa O Termómetro na TVG
https://praza.gal/acontece/novo-chanzo-represivo-nos-medios-publicos-o-comite-de-folga-denuncia-que-a-crtvg-abre-expedientes-disciplinarios-por-falta-moi-grave
https://praza.gal/acontece/novo-chanzo-represivo-nos-medios-publicos-o-comite-de-folga-denuncia-que-a-crtvg-abre-expedientes-disciplinarios-por-falta-moi-grave
Praza Pública
"Novo chanzo represivo" nos medios públicos: o comité de folga denuncia que a CRTVG abre expedientes disciplinarios "por falta…
Dúas traballadoras da CRTVG en folga recibiron este luns a notificación da apertura dun expediente disciplinario “por falta moi grave” a causa dun presunto “incidente” que tivo lugar o pasado venres coincidindo co comezo dos paros que veñen impedindo a emisión…
💶👥Bosquexo da taxa turística na autoemenda do PP á Xunta: ata 2,5 euros e un máximo de cinco días. Os populares dan en concretar pola vía das emendas á lei de acompañamento algunhas das características da futura taxa turística, que nacerá bonificada ao 100% e os concellos interesados poderán cobrar coa forma de "recarga". Ficarán fóra estadías por motivos de saúde ou competicións deportivas, persoas menores de idade ou con discapacidade superior ao 65% ou os albergues do Xacobeo https://praza.gal/politica/bosquexo-da-taxa-turistica-na-autoemenda-do-pp-a-xunta-ata-25-euros-e-un-maximo-de-cinco-dias
Praza Pública
Bosquexo da taxa turística na autoemenda do PP á Xunta: ata 2,5 euros e un máximo de cinco días - Praza Pública
Os populares dan en concretar pola vía das emendas á lei de acompañamento algunhas das características da futura taxa turística, que nacerá bonificada ao 100% e os concellos interesados poderán cobrar coa forma de "recarga". Ficarán fóra estadías por motivos…