O Salto Galiza
524 subscribers
165 photos
11 videos
1 file
1.37K links
Canle de información
Download Telegram
As vivendas turísticas dispáranse en Galiza: multiplican por 20 a súa presencia nas cidades só dende 2017

A Coruña e Vigo, ambas gobernadas polo PSOE, son as cidades con maior incremento neste tipo de negocios turísticos na última década. A normativa máis restritiva, a de Santiago de Compostela, logrou manter controlada a súa presenza.

✍️Javier H. Rodríguez


https://osalto.gal/turismo/vivendas-galiza-disparan-cidades
💬Pedro Feijoo: “A crispación é a emoción na que máis se inviste. Aos medios interésalles que teñamos un inimigo"

O escritor gañou hai uns meses o Premio Xerais con 'Ninguén contará a verdade', unha ficción ancorada na historia recente do poder político e a corrupción na que calquera pode atopar referentes reais: de Feijóo a Rueda pasando polos seus fontaneiros.

🖋️Nicolás Filgueiras
📸Xurxo Lobato
https://osalto.gal/literatura/pedro-feijoo-entrevista-ninguen-contara-verdade
🔴O PSOE tomba a ordenanza de Santiago de Compostela para ilegalizar 600 pisos turísticos

A agrupación municipal do PSdeG decidiu absterse e polo tanto botar abaixo a normativa que pretendía acabar coas VUT que non teñen habilitación municipal e que se vota o vindeiro luns.

Por Javier H. Rodríguez
Foto de Bea Saiáns
https://osalto.gal/politica/psoe-tomba-ordenanza-santiago-compostela-ilegalizar-600-pisos-turisticos
✍️O PSdeG sancionará os seus concelleiros en Santiago por desobedecer e votar si a limitar pisos turísticos.

Os socialistas defenden o apoio que permitiu que a ordenanza das VUT en Compostela vaia adiante por “lealdade” coa cidade. Explican que seguir o mandato do partido sería “tacticismo”.

Por Javier H. Rodríguez
https://osalto.gal/politica/psdeg-sancionara-concelleiros-santiago-desobedecer-votar-limitar-pisos-turisticos
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🔴O ecoloxismo invade O Obradoiro para loitar contra a celulosa de Altri.

A mensaxe de “Altri non” despregouse fronte ao Pazo de Raxoi, sede da Presidencia da Xunta, para seguir loitando para que o Goberno de Rueda non siga adiante co proxecto.

https://osalto.gal/activismo/ecoloxismo-invade-obradoiro-loitar-celulosa-altri
Channel photo updated
😷A Xunta asfixia a sanidade galega no comezo do verán: 243 médicos menos e 810 camas eliminadas.

A plataforma SOS Sanidade Pública denuncia cunha investigación que non haberá cobertura vacacional no próximos tres meses, que o 9,3% das prazas de médicos de Atención Primaria estarán baleiras e que o 11,4% das camas están pechadas.

Por Javier H. Rodríguez.
https://osalto.gal/sanidad-publica/xunta-asfixia-galicia-vera-medicos-menos-camas-eliminadas
⛏️A Xunta incumpriu o procedemento de declaración como proxecto industrial estratéxico da mina de Touro.

Os Concellos de Touro e O Pino aseguran non ter recibido toda a documentación e a solicitude do novo proxecto antes de ser declarado como PIE, como marca a Lei 1/2015 que regula o trámite.

Por Pablo Santiago
https://osalto.gal/mineria/xunta-incumpriu-procedemento-declaracion-proxecto-interese-estratexico-mina-touro
🤜Catro concellos galegos esixen certificados de non embarazo ás mulleres que aspiran a brigadistas.

O sindicato CIG recorre as bases de varios concursos públicos dos municipios do Irixo, Val do Dubra, Carballo e Santa Comba por discriminar ás mulleres que queren examinarse nas probas físicas das traballadoras contra incendios.

https://osalto.gal/machismo/concellos-galegos-esixen-certificados-embarazo-mulleres-aspiran-brigadistas
💌O número 75 da revista vai camiño do buzón das socias!

Adicamos a portada deste número de verán a unha violencia da que pouco se fala: a gordofobia.

🖊️Dende Galiza, achegamos unha entrevista a fondo que cremos vai gustar. Subscríbete e desfrútaa!
https://osalto.gal/suscribirse/formulario
🏝️A Universidade de Vigo construíu sen licenza un centro de investigación na illa de Toralla.

A institución, que gastou medio millón na obra, recoñece que non ten título habilitante, pero argumenta que “non o necesita”. Nin o Concello de Vigo nin Facenda teñen rexistro algún da construción malia tela empezado en 2017.

Por Javier H. Rodríguez
https://osalto.gal/urbanismo/universidade-vigo-construiu-sen-licenza-un-centro-investigacion-na-illa-toralla
🧑‍💻Unha guía para empoderar ás persoas con discapacidade: “Coa nova lei, pasamos de ser persoas mortas a vivas”.

A federación Dano Cerebral Galicia busca axudar ás familias e as persoas con discapacidade a entender os cambios legais que implicou a nova lei 8/2021, publicando a “Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido”.

Por Elena Martín
https://osalto.gal/diversidad-funcional/guia-empoderar-persoas-discapacidade-nova-lei
Channel photo updated
Mentres o número de verán da nosa revista vai camiño da casa das persoas socias, xa está dispoñible online para elas a entrevista en profundidade que lle fixemos ao histórico líder galeguista Xosé Manuel Beiras.

📩Subscríbete e consigue a túa!
https://osalto.gal/suscribirse/formulario
Eles por diñeiro, nós por un futuro mellor.

🌱Sempre que unha multinacional ou un goberno intentaron cometer un atentado medioambiental no noso territorio estivemos alí para contalo. Puidemos facelo porque a nós sostennos a nosa comunidade, pero queremos chegar máis lonxe e por iso precisámoste. Defendamos as nosas raíces.

📰Consigue a túa bolsa protesta coa túa subscrición completa ou incondicional e domiciliada. Ademais, á metade de prezo!
https://osalto.gal/o-salto-medra-contigo/eles-dineiro-nos-un-futuro-mellor
💰O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial.

O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.

Por Fran Pérez
https://osalto.gal/caso-carioca/indemnizacion-minima-complot-policial
👨‍⚖️Burocracia para os 'refuxiados de segunda': sete rapaces malianos ante o bloqueo do Estado ao pedir asilo.

🖋️Presos da guerra, chegan a un novo territorio en procura de mellores oportunidades, pero son presos de temporalidades e trámites administrativos, minguando o seu estado anímico e deixándolles estancados nun limbo temporal que os anula como cidadáns.

Por Alba López Álvarez.
https://osalto.gal/migracion/burocracia-refuxiados-rapaces-malianos-bloqueo-pedir-asilo
Somos o único xornal en Galiza que non recibe nin un só euro de empresas que atentan contra o medio ambiente. Nin petroleiras nin bancos nin por suposto celulosas.

🌱Por iso precisamos que nos apoies!
https://osalto.gal/o-salto-medra-contigo/eles-dineiro-nos-un-futuro-mellor
O PRELO| Superguerreiras, moscas robóticas e 'playlists' máxicas: unha estética do desfase

Alba Rozas amosa en 'Lapislázuli' o seu coñecemento dos xéneros da fantasía e a ciencia ficción, así como a súa formación filolóxica.

✍️ Branca Trigo Cabaleiro

https://osalto.gal/o-prelo/superguerreiras-moscas-roboticas-playlists-maxicas-unha-estetica-do-desfase
💬 Xosé Manuel Beiras: “A esquerda estatal á esquerda do PSOE leva ano e medio dando un recital de apoio ao PP”.

O histórico líder nacionalista analiza devagar os erros das coalicións coa esquerda federal e acredita en que o futuro da transformación social está fóra das institucións.

✒️ Javier H. Rodríguez y Pablo Elorduy

📸 Bea Saiáns

https://osalto.gal/politica/xose-manuel-beiras-esquerda-estatal-psoe-recital-apoio-pp