MMM Galiza
83 subscribers
33 photos
3 files
141 links
Canle de información da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
https://beacons.page/marchagaliza
Download Telegram
[ Feminismo Internacionalista ] Na visita de Necibe Qeredaxi, compañeira curda do comité de Jineolojî de Europa, hoxe tedes a ocasión única de encontrarvos con ela para coñecer maís sobre a loita das mulleres kurdas pola súa emancipación. En Compostela, nun encontro NON MIXTO, Necibe contaranos como se organizan as mulleres kurdas e que é Jineolojî. Non o perdades! #FeminismoParaVivir
[ 8M ] Neste Día Internacional das Mulleres queremos renovar o noso compromiso de loita contra todas as formas de explotación que someten ás mulleres e aos pobos do mundo. A alianza capitalismo patriarcado constitui a maior ameaza para a vida das mulleres mas non só, todas as vidas e o propio planeta estan ameazadas por estes sistemas de opresión onde o capital despraza a vida. Por iso sen feminismo anticapitalista e antirracista non hai revolución! #FeminismoParaTransformarOmundo #FeminismoParaVivir #FeminismoAnticapitalista #FeminismoAntirracista

Este 3M e 8M enchamos as rúas de feminismo anticapitalista con Galegas 8M
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza/photos/a.1641620186084402/2360316920881388
Os últimos días estan sendo de moito contacto coas compañeiras de outras partes do mundo e de solidariedade internacionalista polos conflitos que afrontan. Desculpade as que seguides esta canla o atraso en enviarvos estas publicacións que hoxe excepcionalmente van xuntas #FeminismoParaVivir
Comeza 2021 e seguimos organizándonos!!! Se queres facer parte da Marcha Mundial das Mulleres contacta co nós! E se queres criar un grupo na túa localidade cola este cartaz e procuramos xuntas máis compañeiras para seguir construíndo organización e loita feminista anticapitalista e de base!.
#FeminismoParaTodas #FeminismoAnticapitalista #FeminismoAntirracista #FeminismoDeBase #FeminismoParaVivir #FeminismoParaMudaloTodo
[ Falamos de nós ] Que somos? que facemos? Na previa deste 8M compañeiras de Twich_en_Galego convidáronnos a falar de nós e de feminismos. A nosa compañeira Antía tivo esta deliciosa conversa con varias compas de Twich.
#TecendoRedes #TecendoAlianzas #FalandoDeNós #FeminismoParaVivir

https://youtu.be/gAyfgMyGCPY
[ Feminismo decolonial ] Neste mes de novembro teremos a oportunidade de achegarnos ao feminismo decolonial da man de Karina Ochoa, socióloga e activista feminista mexicana coa que conversaremos en Ourense e A Coruña. "De que falamos cando falamos de feminismo decolonial?" quere ser unha achega a este feminismo que analiza o proceso de colonización e o papel que nel xoga o patriarcado, desmontando a ollada eurocéntrica branca sobre os procesos de opresión e as propostas de emancipación. Non perdades a oportunidade!!

Se queredes coñecer algo máis a Karina Ochoa aquí vos deixamos algún enlace:

https://www.comunalizarelpoder.com.ve/sentidos-comunes/decolonialidad-del-poder/modulo-3-0

https://www.elsaltodiario.com/feminismos/karina-ochoa-feminismos-descoloniales

https://www.youtube.com/watch?v=neRrBoGiuLE

#FeminismoDecolonial #FeminismoEnResistencia #Feminismos #FeminismoParaVivir #FeminismoParaResistir
[ 25N ] Mobilizámonos contra as violencias machistas!!! Convocatorias do feminismo galego

➡️ A Coruña, 20h Manifestación! dende o Obelisco
➡️ A Estrada, 20:30h Diante do Concello
➡️ As Pontes, 20.30h na Praza do Hospital.
➡️ Betanzos, 20:30 h detrás do Palco da Música
➡️ Carballo, 20:00h na Praza do Concello
➡️ Catoira, 20:00 no adro de Catoira
➡️ Chantada, 20h na Praza do Cantón
➡️ Compostela, 20:00h Praza 8 de Marzo
➡️ Fene, 17h na Praza do Concello.
➡️ Lugo, 19.30h diante do Xulgado.
➡️ Melide, 20 horas. Praza do Convento
➡️ Muros, 20h diante do Concello
➡️ O Porriño, 20:00h. na Praza do Concello
➡️ Ourense, 12h diante dos xulgados novos 20h Manifestación dende Subdelegación do Goberno
➡️ Val Miñor, 20h no Cruce da Ramallosa.
➡️ Vilaboa, 19.30h diante do Concello
➡️ Vilalba, 20.30h Praza da Constitución
➡️ Vila de Cruces, 20:30h Praza do Concello
➡️ Vigo, 20h Manifestación! dende Vía Norte

+info na web: http://feminismo.info/feminismo/blog/25n-combater-a-xustriza-patriarcal-para-acabar-coa-violencia-machista/

#ViolenciaMachista #XustizaPatriarcal #SeÉMachistaNonÉxustiza #RespostaFeminista #FeminismoParaVivir #MachismoMata #BastadeMachismo