Lugo por Palestina (Canle difusión)
59 subscribers
134 photos
11 videos
38 links
Canle de difusión das accións da plataforma.
Download Telegram
🇵🇸🇵🇸 Convocatoria urxente. Hoxe en Lugo hai un acto polo Día de Europa con izado de bandeira inclusive. Varias persoas ás 17:45 quedaron na Praza Maior con bandeiras palestinas para denunciar a complicidade de Europa no xenocidio.
Este domingo concentración urxente domingo na praza do concello as 12.30
O sábado 25 de maio na Coruña terá lugar a Segunda Xuntanza Galega pola Palestina, onde individualidades e colectivas de toda a Galiza estades convidadas a participar.

Acode! É hora de expandir a rede de solidariedade coa causa palestina!

#Asemblea #AcciónDeRúa #25Maio2024 #ACoruña #Xuntanza
#XuntanzaGalegaPolaPalestina
Hoxe presentouse a Rede Galega pola Palestina, da que formamos parte xubto con moitas outras persoas e colectivos ☺️. Estamos a artellar diversas iniciativas, a folga do 27 e outras iniciativas. Este sábado, día 21, as compañeiras de Ourense acollen a que é a terceira xuntanza da Rede. Animádevos a participar!!
E para que saibades máis desta rede, compartímosvos o texto-presentación que hoxe se compartiu na rolda de prensa
Bo día:

Somos a Rede Galega pola Palestina: un movemento asembleario e horizontal, aberto a todas as individualidades e colectivas galegas solidarias coa loita palestina. Fundada co propósito de unir forzas no apoio ao pobo palestino, a nosa primeira xuntanza presencial realizouse en Compostela o 27 de abril, seguida dunha segunda reunión o 25 de maio na Coruña e dunha terceira que terá lugar en Ourense o 21 de setembro.

Non somos unha plataforma de partidos ou organizacións, senón un espazo onde a participación é libre e inclusiva. Defendemos a fin do bloqueo, o apartheid, a ocupación, o colonialismo e o xenocidio sionistas e os dereitos de retorno das persoas palestinas refuxiadas, así como o de autodeterminación e de resistencia do pobo palestino en todas as súas formas. Promovemos a campaña BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións) e exiximos a ruptura das relacións diplomáticas con Israel, así como a suspensión dos acordos comerciais e académicos que o benefician.

Organizamos asembleas rotativas por todo o territorio galego, buscando manter unha estrutura flexíbel e inclusiva. As decisións importantes son tomadas colectivamente en asembleas, con especial énfase na presencialidade, aínda que tamén empregamos medios dixitais para facilitar a participación.

O noso obxectivo é intensificar a resposta social na Galiza, coordinando accións de apoio á causa palestina.

Desde a Rede queremos anunciar que apoiaremos a folga do 27 de setembro e chamamos a que sexa secundada. Animamos ao proletariado e aos sindicatos galegos a que respalden esta xornada de loita en solidariedade coa resistencia palestina.

Do río ao mar, Palestina vencerá!
Moitas grazas!