Galiza Pospetróleo
67 subscribers
22 photos
61 links
Novo canal de información para Galiza sobre Peak Oil, Decrecemento, Colapso, Resiliencia e temas relacionados.
Download Telegram
Forwarded from Begoña de Bernardo
Forwarded from Lucía Musu
Forwarded from Lucía Musu
📣Preocúpanche as cuestións socio-ambientais e queres vivir unha viaxe transformadora en grupo este verán?

🚲 Desde o colectivo Investigación e Decrecemento estamos a organizar este ano un roteiro ciclista dunha semana para coñecer de primeira man algúns dos conflitos socioambientales e alternativas transformadoras presentes en Galiza. Serán 7 días de pedalear en grupo aprendendo das loitas presentes no territorio, a través de metodoloxías colaborativas como o teatro etnográfico e o mapeo crítico. O grupo estará composto tamén por participantes da Escola de Verán de Decrecemento de Barcelona, provenientes de once nacionalidades diferentes, así como o equipo organizador.

👣 Roteiro: Ourense – Allariz – Lentille – Monte de Ridimoas – Beariz – A Lama – Monte Buchabade - Pontevedra. É necesario estar en relativa boa forma física, pero non fai falta ser un gran ciclista (o día que máis km. fagamos serán 45 e en xeral, faremos moitos menos).
🧑‍🎓Chegaremos o día anterior a que comece o Congreso Internacional de Decrecemento en Pontevedra, onde se ofrece aloxamento gratuíto para xs que queiran asistir.

📆 Datas: 10-17 de xuño de 2024

💶Prezo: 100 euros. Inclúe comida, aloxamento de campamento, talleres e contribucións a loitas locais. Non inclúe: transporte ao momento de inicio (Ourense) e a bicicleta (podes traerche a túa se tes ou, se non, axudarémosche a alugala en Ourense). O prezo é o máis axustado posible, pero se sentes que podes contribuír con algo máis, axudaríanos moito.

1️⃣5️⃣Prazas: Hai 15 prazas abertas a españolxs ou residentes en España, con especial prioridade a gallegxs ou residentes en Galicia.

🗣 Requisito: Ser galegofalante e/o castelánfalante

⚠️ Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril

📋 Formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdI5JT-kHBEbUzTX0dpMaE4MnCSavPV0rxuvo7dh6sqGE82Lg/viewform

Queres saber máis? Podes escribirnos a: summerschool@degrowth.org
Forwarded from Praza.gal
🏭 Entrevista | "Altri non é só problema da Ulloa, é de toda Galicia: se deixamos que pase aquí, mañá pode pasar en calquera outro sitio". Falamos con Marta Gontá, unha das voceiras da Plataforma Ulloa Viva, sobre a manifestación convocada o vindeiro 26 de maio en Palas de Rei, na que esperan que participen milleiros de persoas da comarca e do resto do país.
https://praza.gal/acontece/altri-non-e-so-problema-da-ulloa-e-de-toda-galicia-se-deixamos-que-pase-aqui-mana-pode-pasar-en-calquera-outro-sitio
https://esee-degrowth2024.uvigo.gal/gl/beyond-the-conference/beyond-the-conference-1/revista-151515/
La semana que viene nos podremos encontrar en una de las actividades paralelas al Congreso Internacional de Decrecimiento 2024.
Participaremos:
🎤 Manuel Casal Lodeiro, fundador y coordinador de la revista.
🎤 Marga Mediavilla, miembro del Consejo Editorial.
🎤 Laura de la Fuente, actriz, cantante y poeta.
🎤 Rodrigo Osorio, adjunto al Consejo y poeta.
Hablaremos de la revista, escucharemos buena poesía y buena música decrecentistas y al final charlaremos con la gente que podáis asistir.
¿Nos vemos en Pontevedra?
Forwarded from Charo Varela