discurshow
50 subscribers
55 photos
6 videos
46 links
discurshow.com

DISCURSHOW
Un xeito atractivo de divulgar a ciencia

DISCURSHOW
Dramáticas ludiconferencias!!

DISCURSHOW
Comprenderás todo cando o vexas :)
Download Telegram
Cita este venres 02 de outubro ás 18:00 horas na Biblioteca dos Tilos

Dentro do programa Ler Conta Moito de #CulturaTeo e a Rede de Bibliotecas de Galicia o veciño da nosa parroquia e actor Vicente Mohedano presenta Be Water!

Contemplando a Terra desde a Estación Espacial Internacional (EEI) descobres que todo o que coñeces, todo o que viviches, está aí, nessa humilde esfera húmida enfeitada de mares e nubes.
É precisamente esa humidade o que a fai especial: é a auga brincando a ser mar, a ser río, a ser nube, a que consente o desenvolvimento da vida.
Vivindo na Terra acábaste habituando aos ciclos: a primavera segue ao inverno, as criaturas nascen e morren, e a auga, tan versátil ela, pasea pola Terra nun ciclo sen fin desde que chegou.

Be Water!
Hidrólise, vasos comunicantes, osmose inversa, células de combustible... todo combinado con dramatizacións coa participación do público para recrear con humor os conceptos máis arriscados.

Trátase dun obradoiro de divulgación con alta dose de show didáctico para público de 7 a 12 anos. A capacidade está limitada polos protocolos sanitarios e requírese reserva a través do correo electrónico entradascultura@teo.gal

#CulturaTeo #Lercontamoito #mesdoteatro #culturasegura
💦💧💨🌧❄️