Cultura Galega
130 subscribers
9 photos
5.11K links
Todos os contidos de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega
Download Telegram
https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36731
A illa de San Simón acolle unha nova edición do obradoiro de tradución "Con barqueira e remador". A iniciativa comeza o 30 de setembro
A actriz fíxose popular para os espectadores galegos polo seu icónico papel de matriarca de impoñente presenza escénica, dona María de Lantaño, na serie Rías Baixas https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36736
A temática editorial que atravesa este ano o festival será o mar e as profundidades oceánicas. Unha viaxe inmersiva que irá desde o cine, a arte sonora ou as artes visuais ata a ciencia e o pensamento https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36737
Como complemento á exposición, o auditorio do CGAC acollerá esta tarde unha charla na que participará a propia artista xunto coa comisaria, Natàlia Chocarro, e o director do centro, Santiago Olmo https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36739
O ciclo pretende abordar a través dos diferentes formatos audiovisuais como as mulleres non son recoñecidas ou mesmo foron invisibilizadas nos procesos de creación e de recreación do patrimonio cultural; ao tempo que valorizar ben o papel que xogaron nestes procesos https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36740
A relixiosidade popular protagoniza un seminario no Museo de Pontevedra O Edificio Castelao desta institución acolle o encontro este 25 de setembro
https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36741
A 29 edición do OUFF continúa a súa aposta polo cinema galego . Un total de 60 filmes integran a programación que se desenvolve entre o 27 de setembro e o 6 de outubro
https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36743
Abre a mostra 'Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe'. O Museo do Pobo acolle desde este 25 de setembro o proxecto de Vía Galega e Galiza Cultura
https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36746
Un encontro internacional abordará na Estrada a situación dos hórreos na actualidade
A Rede Hórrea organiza esta iniciativa entre o 27 e o 29 de setembro
https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36747
Constará de cinco xornadas a facer nos vindeiros meses no Consello Da Cultura Galega , comezando este mércores 25 de setembro ás 17:00 horas cunha revisión á situación dos artistas. Suso Fandiño, Tono Carbajo, Mónica Alonso e Diego Santomé participan nesta cita. https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36748
A montaxe inclúe dúas pequenas pezas escénicas nas que ambas compañías cruzan o seus equipos para a xestación dun experimento escénico transnacional https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36749
Máis alá das partituras o fondo tamén inclúe correspondencia, fotografías ou obxectos persoais, e mostra o traballo de Fernández Vide como compositor de música para orquestra, para banda ou para grupos de música de cámara https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36753
Nesta nova edición dos Premios Youtubeiras que xa ten o prazo aberto os galardóns amplían o seu alcance ao Tiktok, modifican as súas bases e mudan as categorías nas que se dividen. https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36754