🟣 Concello de Santa Comba
2.82K subscribers
5.39K photos
112 videos
16 files
689 links
Canal Oficial do Concello de Santa Comba.
Download Telegram
😂 O sábado 30 de agosto a risa está garantida en Santa Comba coa actuación de Antuán de la Cream, cun espectáculo humorístico ao máis puro estilo clown para público infantil e familiar.

🎭 A naturalidade e o salero desta personaxe lograrán conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada. Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.

🗓 A cita será na Praza diante da Casa da Cultura, ás 17:00 horas. Actuación programada a través de Cultura no Camiño 2025. AGADIC.

👉🏼 Agardámoste!!
👍4
👉🏼 LEMBRA!

🌠 Este 22 de agosto de 2025, celébrase en San Bartolomeu a esperada Ruta das Perseidas, unha noite máxica para gozar das estrelas fugaces nun entorno natural privilexiado.

🥾 A actividade comezará ás 19:45 h coa saída dende a Escola do Busto, nunha camiñata de aproximadamente 2 km que nos levará ata o lugar da observación. Podes anotarte en Andainas Explora Santa Comba 2025 www.santacomba.es/reservas.

🎶 Ás 20:45 h, a música encherá o ceo coa actuación en directo do grupo The Lákazans, que poñerán banda sonora a esta noite especial.

🔭 E ás 22:15 h, terá lugar a observación guiada das Perseidas, a cargo do equipo do Observatorio Astronómico da USC Ramón María Aller, para aprender e desfrutar das marabillas do ceo nocturno.

🌌 Un evento organizado polo Concello de Santa Comba, con apoio da USC, AGADIC, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña. Recoméndase traer roupa de abrigo. Non perdas esta oportunidade!
👍3
👉🏼 LEMBRA!

🏓 Se che gusta o ping pong, queres probalo para pasar un bo rato ou simplemente desexas gozar dunha tarde divertida competindo e xogando, non podes faltar ao III Torneo de Tenis de Mesa do Concello de Santa Comba.

🗓 Toma nota: o xoves 21 de agosto, pola tarde, na piscina ao aire libre. Agárdate diversión e a competición máis refrescante do verán.

📝 A inscrición é de balde e podes facela a través da ligazón que deixamos máis abaixo ou na Oficina de Deportes. Non o penses máis e apúntate!

INSCRICIÓN: https://www.santacomba.es/reservas
👍3
👉🏼 LEMBRA!

📣 V Torneo de Pádel Nocturno

📅 A nosa xa tradicional cita do Pádel volve o 23 de agosto no Complexo Deportivo de Fontenla.

🌟🎾 Estades todos invitados a participar na quinta edición do Torneo de Pádel Nocturno. Coma sempre, vai ser unha noite chea de deporte, diversión e boa compaña.

📝 As inscricións están abertas ata o 20 de agosto ás 12:00h. no apartado de reservas da web municipal.
www.santacomba.es/reservas
👍4
🚧 LICITACIÓN DE OBRAS

📝 O Concello de Santa Comba ven de sacar a licitación a Fase I da mellora do núcleo de Montouto.

👷🏽‍♂️ As obras consisten na instalación de pluviais e posterior aglomerado desta parte do núcleo. Tamén se ampliará a estrada preto da igrexa por medio dun desmonte e posterior formigonado dun tramo de cuneta. Previsiblemente se proxectará a fase II por medio do POS 2026.

✍🏼 As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 15 de Setembro e o prazo de execución das mesmas é de seis mes dende a acta de replanteo.

💲 O prezo máximo de licitación é de 86.715,78 euros + ive. Estas obras encádranse no POS 2025 da Deputación da Coruña.

👏🏼 O noso Alcalde, Alberto Romar, quere agradece estas achegas para continuar mellorando as vías de comunicación e núcleos no noso Municipio.
👍81
⚽️ II edición da Supercopa Concello de Santa Comba
👍4
🚌 VAMOS DE EXCURSIÓN AO PARQUE AVENTURA DAKART!

🗓 Aínda quedan prazas para completar a excursión de "Fin de Campamento Educativo-Tecnolóxico" que terá lugar o vindeiro xoves, 29 de agosto. Por iso ampliamos rango de idade: dende os 11 aos 15 anos.

🏖 Se queres pasar un día divertido, cheo de aventuras e emocións tes unha grande oportunidade. Iremos ao parque multiaventura Dakart de Sanxenxo. Despois iremos xantar a praia e disfrutaremos dunha tarde de auga, diversión e risas.

🛑 As prazas serán cubertas por estricta orde de entrada.

🎟 O prezo será de 15€.

🧢🧴☀️Hai que levar: almorzo, bañador, toalla e protector solar.

🚌 O regreso será o redor das 20:30, no Edificio Multiusos.

✍️ Se queres tes ata o venres, 22 de agosto para reservar a túa praza. Podedes anotarvos no apartado de formularios da web municipal: www.santacomba.es/reservas
👍3
😢11👍1
Reloj atopado en Santa Cataliña. O dono pode recollelo na Oficina da Policía Local de Santa Comba
👍3
🎾 Compartimos o cadro para o torneo de pádel deste sábado, 23 de agosto.

🎖 8 parellas conpetirán ao longo do día para alcanzar os tres primeiros postos que serán premiados con vales en productos deportivos.

👟 Sorte a todos os participantes e convidámoste a que veñas ver os partidos e desfrutar.
👍3
🚗 Axudas para obter o carné de conducir A2 e B! 🛵

👉🏼 Se tes entre 18 e 30 anos, resides en Galicia e estás en situación de desemprego, esta información interésache!

📣 A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de convocar as axudas para a obtención dos permisos de conducir clases A2 e B.

💰 Importes:
150 € para o carné A2
400 € para o carné B
👉 Podes solicitar ambos!

📅 Prazo de solicitude: do 25 de agosto ao 25 de setembro de 2025, ou ata esgotar o orzamento dispoñible.

🖥 As solicitudes deben facerse de xeito electrónico a través da sede da Xunta: https://sede.xunta.gal

🔍 Máis info en: xuventude.xunta.gal

Non perdas esta oportunidade de mellorar a túa empregabilidade e autonomía!

#CarnéXove #XuventudeGalicia #AxudasXuventude #EmpregoMozo #MobilidadeXuvenil
👍4
📆🌈 Pasando o ecuador do mes de agosto, rematamos o Campamento Rural de San Cristovo e dou comezo a primeira semana de actividades en Vilar!

🥏🧩 Case dous meses de talleres que combinaron aprendizaxes e esparcemento e que atraen movemento e vida ás nosas casas da escola!

📸 Aquí vos deixamos unha escolma de fotografías das actividades de conciliación do Concello de Santa Comba destas semanas:

Traba: https://drive.google.com/drive/folders/1fEZwQY2Vu8PgRQuSxxh7EmQTz8i9I8w3?usp=sharing

Santa Comba: https://drive.google.com/drive/folders/1yBsOC4z60c3S7BxuyylK5gPHhmyWkZ7R?usp=sharing

San Cristovo: https://drive.google.com/drive/folders/1NLyzgbGLIUEs3jnIYKgB93S71a4KzkTp?usp=sharing
👍5
Móbil atopado no Levels. O dono pode recollelo na Oficina da Policía Local de Santa Comba
👍3👎1
😢7👍2
🚧 Licitacións de obras

O Concello de Santa Comba ven de sacar a licitación un novo proxecto de mellora de estradas e accesos a núcleos.

🛣 As obras inclúen tres actuacións:

•Melloras no núcleo de San Cristovo.

•Estrada que une a ponte de Tapia e os Catro ventos

•Reposición de firme nun tramo da estrada que une Bazar co lugar de Sabaceda.

🗓 As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 15 de Setembro e o prazo de execución das mesmas é de seis mes dende a acta de replanteo.

💲 O precio máximo de licitación é de 232.973,11 euros + ive.

📄 Estas obras encádranse no POS 2025 da Deputación da Coruña, aprobadas no pleno municipal de xaneiro do 2025.

🤝 O noso Alcalde, Alberto Romar, quere agradece estas achegas para continuar mellorando as vías de comunicación e núcleos no noso Municipio.
👍7