A Unión de Consumidores de Galicia organiza a charla informativa "A problemática dos defectos de fábrica nos automóbiles " 🚘
🗓️A charla informativa será este mércores, 2 de xullo, ás 20.30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello.
Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
Se queres saber máis ℹ️🔗https://bit.ly/44rlHiE

🎶 As “Noites en Vela” de A Ponte Maceira acollerán este ano as actuacións de As Maianas e Caamaño & Ameixeiras 🕯️🌔
🪄O vindeiro sábado 19 de xullo, a partir das 21:00 horas, celebrarase unha nova edición das “Noites en Vela”, un evento que xa é toda unha tradición e que vincula anualmente aos concellos de Ames e Negreira dende o 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021.
🎆 Ao remate das actuacións musicais haberá un espectáculo pirotécnico que poñerá o punto final á velada.
ℹ️ O acceso ao evento é de balde.
Aquí tes, nun clic, toda a info desta cita 🔗https://bit.ly/4etbXZN

A Aula AMTIC organiza catro cursos de formacións para a rapazada durante este mes de xullo 🖥️
💻🎒 Son catro formacións dirixidas para menores, cunha ampla variedade de contidos (debuxo, xogos, programación, etc.) para que os máis pequenos da casa non deixen de aprender durante o período estival pero dun xeito divertido e entretido para eles a través da tecnoloxía.
Inscricións chamando número de 📞 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a ✉️informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AmTIC do Milladoiro.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4l8fZcF

❤1
Comezan os Seráns de Ames co pregón de Inés Suárez, do grupo As Maianas, e cun espectáculo de circo 🎶
🔸Nesta edición incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Trasmonte.
🔸A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración das áreas de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello, que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas.
🔸Os seráns comezan este xoves, 3 de xullo, cun pregón a cargo de Inés Suárez, do grupo As Maianas, e co espectáculo de circo dirixido ao público infantil e familia, Ghop!, Teatro ao cubo.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/46lCkyL

Aberto ata o 11 de xullo o prazo de inscricións nas prazas libres e no novo grupo inclusivo da Escola Municipal de Teatro de Ames 🎭
🔸Como novidade para o vindeiro curso, estrearase un novo grupo inclusivo, “Teatro formativo e lúdico”, no que o 50% das prazas están reservadas para persoas con discapacidade.
🔸As persoas interesadas en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello.
🔸Tamén se pode presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
ℹ️ Máis info nos números de teléfono 981 535 940 // 662 377 444 ou no enderezo cultura@concellodeames.gal.
Se queres saber máis detalles sigue a ligazón 🔗 https://bit.ly/4linii3

Arrinca a IV edición do circuíto Xacobeo Pádel Tour nas instalacións do Squash Club Santiago no Milladoiro 👟
🔸A primeira proba deste emocionante circuíto terá lugar nas instalacións de 2máis Squash Santiago, no Milladoiro, do 3 ao 13 de xullo.
🔸O circuíto está composto de cinco probas, das cales tres se disputan en Ames. A primeira no Squash Club Santiago no Milladoiro; a segunda nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago, en Piñeiro; e a quinta nas instalacións de Ames Pádel Center, en Firmistáns.
Se queres saber máis 🔗 https://bit.ly/4ltlNOl

Aberto o prazo de inscrición para inscribirse no programa de conciliación Setembro Lúdico 2025 🎲🧩
🔸Ata o 15 de xullo, aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación que este ano se desenvolverá do 1 ao 5 de setembro.
🔸Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar.
🔸Non poderán participar os menores que vaian cursar 4º de Educación Infantil ou a ESO no vindeiro curso 2025-2026.
🔸O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días.
📋 As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3Go6Nlp

O jazz volverá a soar en Ames os días 4 e 5 de xullo con Álvaro Vieito Trío, Gloria Pavía e Rafa Morales e Yago Vázquez Trío 🎶
🎼 O programa inclúe os concertos dos recoñecidos músicos galegos de jazz a nivel internacional, Álvaro Vieito, en trío, e Yago Vázquez, tamén en trío.
🍹Ademais, o sábado haberá unha sesión vermú a cargo de Gloria Pavía e Rafa Morales e o faladoiro “A situación do jazz e da música galega” 🗣️
🎟️ A entrada é libre e gratuíta.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/44pAFpl

O programa “Música nas parroquias” dedica 63.000 euros a máis de 40 actuacións nas festas locais de Ames 🎼
🔸As inmediacións da igrexa parroquial de Biduído acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do programa municipal de “Música nas parroquias”, que desenvolve o departamento de Cultura ao longo de todo o exercicio 2025.
🔸Dende xaneiro ata outubro o Concello sufraga máis de 40 actuacións solicitadas por asociacións e comisións de festas de Ames.
🔸En total invístense 63.289,05 euros, dos cales 2.876 euros proceden dunha subvención do programa Cultura no Camiño e 11.412,40 euros achégaos a Rede Cultural da Deputación da Coruña.
🔸Trátase dunha iniciativa para fomentar a celebración das festas e colaborar na súa organización, facendo mais doada o labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3TSoGf4

Habilitarase un servizo de autobús gratuíto para acudir ás “Noites en Vela” deste 2025 🚌✨
🔸As persoas interesadas en empregar este servizo deberán enviar un correo ao enderezo electrónico gabinete@ames.gal indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto, ou chamar ao número 881 074 730.
🔸O servizo de autobús será gratuíto e sairá ás 20.00 horas desde O Milladoiro e realizará parada en Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. A volta será unha vez remate a velada.
🔸Os departamentos de Cultura do Concello de Ames e Negreira organizan unha nova edición deste evento que vincula aos dous concellos anualmente desde 2016 e que ten como punto de encontro a paraxe natural e monumental de A Ponte Maceira.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/44iGtT2

Aberto o prazo para presentar as solicitudes da convocatoria de axudas para familias numerosas de Ames 🧑🧑🧒🧒
🔸A contía total destinada a estas axudas é de 100.000 euros, sendo de 1.200 euros o máximo do importe individual concedido a cada unidade de convivencia.
🔸Con esta iniciativa, o goberno municipal pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades económicas teñan para a crianza das súas fillas e fillos.
🔸Este ano, ao igual que na convocatoria anterior, comprobarase o patrimonio e será preciso presentar a declaración do IRPF do exercicio 2024. As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro situadas na Casa do Concello e na oficina municipal do Milladoiro.
📄 O prazo para presentar as solicitudes vai do 4 de xullo ao 4 de agosto de 2025.
Se queres máis ℹ️🔗https://bit.ly/3Tpzv8w

O domingo 13 de xullo celébrase a XIX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño 🍷
🔸Unha nova edición da Festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, terá lugar o vindeiro domingo 13 de xullo.
🔸Un ano máis realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos. O xantar estará amenizado pola música da banda de gaitas e de baile rexional Os Castros e pola tarde contarase coa actuación de Eva e Camilo e do Dúo Rosán.
🔸Ademais, realizarase o XVIII campionato de chave por parellas e haberá un taller de bordado a cargo de Xenuína. A xornada rematará coa actuación do grupo A Banda da Loba, financiada polo Concello de Ames. Haberá carpa e inchables gratuítos para os nenos e nenas por cortesía de Tikolandia.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/44kqyne

❤5
AVISOS:
-Cortes programados no subministro da rede eléctrica o día 17 de outubro no Milladoiro: https://acortar.link/wRCkYh
-Convocatoria e bases para a selección dun/dunha peón/peoa xardineiro/a como persoal laboral fixo: https://acortar.link/CZRQzV
-Bolsa de prácticas no SNL dirixida a persoas graduadas en Lingua e Literatura Galegas: https://acortar.link/8nHrqK
-Cortes e prohibicións nos arredores da Casa do Concello, en Bertamiráns, pola celebración da XXIV Carreira pedestre popular Concello de Ames: https://acortar.link/gmGuxw
-Novo horario do Espazo colaborativo A Proa: de 9.30 a 14.00 horas: https://acortar.link/uvEmHk

👍4❤1
*O vertido no río Sar non afecta á captación de auga potable para consumo doméstico*
O Concello de Ames informa de que o vertido no río Sar non afecta á auga de consumo doméstico, xa que a captación de auga faise no río Tambre. Agradecemos as chamadas e o interese da cidadanía, e reiteramos que a subministración de auga para consumo continúa a ser completamente segura.
O Concello de Ames denunciou o vertido no río Sar ante o Seprona e a Fiscalía de Medio Ambiente debido á gravidade do dano ambiental e ante a inactividade das administracións competentes. Manterase informada á veciñanza amesá sobre este asunto.

Últimas novas:
-Chega este venres ao Milladoiro o espectáculo de danza de Óscar Cobos “Nove espellos”: https://acortar.link/GnEHFx
-As bibliotecas municipais reciben o outono con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás: https://acortar.link/DWnVBR
-As unidades móbiles de expedición do DNI e pasaporte volven a Ames os días 3, 4 e 5 de novembro: https://acortar.link/uZ9Om1
-Aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación Nadal Lúdico 2025: https://acortar.link/ftmKQY
-A parcela do antigo campo de fútbol de Tapia acondicionarase para acoller actividades de lecer e tempo libre: https://acortar.link/1NgDJB

❤1👍1
Últimas novas:
-O Concello de Ames presenta unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente polo vertido no río Sar: https://acortar.link/oly6WK
-Dende este mércores, 15 de outubro, está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2025-2026: https://acortar.link/5fhxsk
-Volve o concurso de decoración de Samaín para gozar duns escaparates de medo no comercio amesán: https://acortar.link/4LTyPP
-Inscríbete e participa na Escola da maiores de Bertamiráns: https://acortar.link/QsEeD0
-O Concello habilita unha nova área de aparcamento no Milladoiro con 300 prazas de estacionamento: https://acortar.link/UA6T3X

👍1