Concello de Ames
709 subscribers
1.14K photos
1 video
396 files
5.43K links
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal


Facebook
facebook.com/concellodeames

Instagram
instagram.com/concellodeames

Twitter
twitter.com/concellodeames
Download Telegram
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá este sábado 21 de xuño o festival solidario Fest for Dent 2025 🎼
🔸Trátase dun festival solidario cuxa recadación se destina ao estudio da enfermidade de Dent, unha doenza rara que afecta a nenos e que non ten cura a día de hoxe.
🔸A investigación desta enfermidade realízase no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, a través do Nefrochus (Laboratorio de Xenética de Enfermidades Renais).
🔸Este ano cóntase coa actuación de Paco Nogueiras, o Mago Iván, Tambukada, Son Elas, Retranqueiriños, Mary Iglesias, As Maianas, e Dos Hombres y Tercio.
🔸A entrada para este festival é de balde e estará presentado por Leti da Taberna.
Máis ℹ️🔗 https://bit.ly/43Fq6zw
🎒 Participa no campamento dixital que se desenvolverá na Aula AMTIC do Milladoiro durante o mes de agosto 🖥️
🔸A Aula AMTIC do Milladoiro acollerá ao longo de todo o mes de agosto un campamento dixital dirixido para a mocidade de entre 9 e 17 anos, unha proposta na que poderán aprender e adquirir diferentes competencias dixitais dun xeito divertido.
🔸A actividade desenvolverase de luns a venres, en horario de mañá, ao longo do mes de agosto, en catro quendas diferentes (unha por cada semana). Ao finalizar o campamento, os participantes recibirán un certificado que avala as competencias adquiridas.
ℹ️ As prazas para participar son limitadas. Podes inscribirte e obter toda a información aquí 🔗 https://bit.ly/3HYmMa0
Dende hoxe, 16 de xuño, ao día 26, está aberto o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Teatro 🎭
🔸Este prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior.
🔸O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 26 de xuño. Posteriormente, do 1 ao 11 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
🔸Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/404EDlX
2
Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas no Xuño Lúdico 2025 ☀️
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2025, que se vai desenvolver no CEP Ventín, na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4jUa9dx
1
🎶 A Escola Municipal de Música de Ames celebra hoxe, mércores 18 de xuño, o seu concerto de fin de curso, unha cita na que o alumnado interpretará diferentes pezas musicais para poñer así peche final a este ano escolar.
🎤🎵O recital terá lugar a partir das 19.30 horas na pista de fútbol sala do Milladoiro.
🔴 Deste xeito, con motivo desta celebración, a pista de fútbol está pechada dende ás 8.00 horas deste martes, 17 de xuño, ata as 14.00 horas do vindeiro venres, día 20.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3SXxyzM
Preséntase a programación “Verán en Ames 2025” que recolle tres meses de festexos e actividades ☀️🎉
🔸Entre as 48 propostas programadas destacan as festas da Madalena do Milladoiro, do 1 ao 5 de agosto, e as da Peregrina de Bertamiráns, do 6 ao 10.
🔸Ademais inclúense actividades para todos os públicos: os Seráns de Ames, as Noites en Vela, o festival Ames Jazz, o Millarock, o acto do Día de Galicia, o concurso Baila con Ames, o festival ABANEA, o concerto de Mondra no parque do Ameneiral, a programación da semana da mobilidade, etc.
Toda a programación ao detalle aquí 🔗ℹ️https://bit.ly/3HJqxAe
3
O Espazo de Coworking A Proa acolle o vindeiro 27 de xuño un obradoiro sobre redes sociais aberto á veciñanza 🖥️📲
💬 Será impartido por Carolina Buján e poderá participar calquera veciña e veciño de Ames que estea interesado en asistir.
🔸O obradoiro impartirase en horario de mañá, de 12.00 a 14.00 horas.
Se queres máis ℹ️🔗https://bit.ly/44o444o
A Praza da Maía acolle hoxe, xoves 19, o evento benéfico ‘Piccolo Pizzaiolo’ 🍕
🔸Hoxe, a partir das 17.00 horas, a Praza da Maía, en Bertamiráns, acollerá o evento benéfico ‘Piccolo Pizzaiolo’, organizado polo restaurante Sicilia in Bocca e no que colabora o Concello de Ames a través da Concellaría de Benestar Social.
🔸Ao longo de toda a tarde, haberá un taller dirixido para a rapazada de entre 5 e 10 anos, no que aprenderán a facer as súas propias pizzas, música en directo e degustacións, entre máis propostas.
🎟️O evento é gratuíto e, quen o desexe, poderá depositar nunha caixa a doazón económica que considere. Todos o recadado neste evento, irá destinado á asociación ASANOG (Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia).
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4kLR5PN
Os “Seráns de Ames” incorporan Ortoño, Covas e Trasmonte á súa programación 🌆☀️
🔸Un programa que recolle diferentes actividades musicais, teatrais e de circo ás parroquias do rural amesán para todos os públicos.
🔸Desta volta, incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Transmonte.
🔸A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración do de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas.
Toda a ℹ️ da programación 🔗https://bit.ly/4ngTvb5
Inscríbete e participa na III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames 👧🏻🧒🏻
🔸 O Concello de Ames colabora por terceiro ano consecutivo na organización da terceira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que este ano terá lugar o vindeiro 27 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
🔸A finalidade desta cea é recadar fondos para contribuír, por unha parte, á investigación sanitaria e ao incremento e mellora da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS.
🔸O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos. Podes acceder nesta ligazón ao formulario para mercar as entradas e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo.
ℹ️Para obter máis información tamén se pode chamar ao 641 11 60 05. As entradas poderán recollerse nos puntos de venta autorizados.
🔗https://bit.ly/4lfGz3b
O Pazo da Peregrina acollerá os días 4 e 5 de xullo as dúas xornadas do Ames Jazz 2025 🎼
O programa inclúe os concertos dos recoñecidos músicos galegos de Jazz a nivel internacional, Álvaro Vieito, en trío, e Yago Vázquez, tamén en trío. Ademais, haberá unha sesión vermú a cargo de Gloria Pavía e Rafa Morales e o faladoiro “A situación do jazz e da música galega”.
🎟️A entrada é libre e gratuíta.
Aquí a programación completa 🔗https://bit.ly/3TGuE2x
Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ con actividades e música no Paseo da Igualdade do Milladoiro 🏳️‍🌈
🔹As actividades comezarán ás 11.00 horas coa lectura do manifesto. A continuación entregarase o premio ao gañador/a do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo” 📸
🔹Haberá actividades para todos os públicos con talleres de pintura de bolsas, obradoiros de pintura de pedras e mural, taller de pulseiras e para elaborar espetadas de lambonadas, música, e para rematar unha Holi Party 🎶
Toda a ℹ️ e programación 🔗https://bit.ly/4jWr0wd
O Motoclub Ameixenda organiza o sábado, 28 de xuño, o Gran premio Concello de Ames de supercross 2025 🏁
🔸Trátase dun evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte.
🔸Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia.
🏍️ Estímase que participen arredor de 50 pilotos entre os que destaca a presenza de Jorge Paradelo García.
📝O prazo de inscrición pecha o xoves 26 de xuño.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/468IiD6
Ponse en marcha a segunda edición do concurso #BailaConAmes con preto de 80 participantes 💃🩰🕺
Chega a 2ª edición do concurso coa fase de preselección este sábado 28 de xuño ás 18:00 h, nas pistas deportivas xunto á Casa da Cultura do Milladoiro.
🎶 Máis de 77 participantes subirán ao escenario repartidos en tres categorías:
🔸Individual
🔸Parellas ou tríos
🔸Grupos (de 4 a 12 persoas)
O xurado seleccionará un máximo de 21 participantes que pasarán á gran final!
🙌🏻Ao remate das actuacións anunciarase a listaxe de clasificados/as 📩 As persoas finalistas terán ata o 14 de xullo para enviar a súa pista musical para a derradeira exhibición.
Agardámosvos a tod@s! Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3Gj0eAn
1
A XIV edición do Millarock máis inclusivo contará con grupos consolidados e emerxentes do panorama musical galego 🎸🤘🏼
O vindeiro 1 de agosto estamos de festival na Travesía do Porto (O Milladoiro), unha cita imprescindible xa no calendario do municipio! 🔥
Este ano subirán ao escenario:
🎤 Ruxe Ruxe
🎸 Battosai
🥁 Ulex
🎶 E para os máis pequenos/as (e non tanto!) volve a proposta “Merenda Rock”, con concertos didácticos e obradoiros musicais da man do equipo de A Casa do Rock.
Como novidade, nesta edición búscase achegar o rock a todos os públicos e ofreceranse servizos para que as persoas con discapacidade tamén poidan gozar do festival.
Se queres saber máis ℹ️🔗https://bit.ly/3TcYZ8T
O 1 de xullo abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría 🎶
O Concello de Ames informa que do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo para que os grupos musicais do concello, que xa empregan o local municipal A Factoría (situada en Biduído), poidan renovar a súa solicitude de uso.
📅 Prazo de renovación: 1 – 15 de xullo
🕒 Horario de ensaio: todos os días da semana, de 10:00 a 22:00 h*
⏱️ Tempo máximo por grupo: ata 3 horas consecutivas semanais (Sempre que non interfira con actividades organizadas polo Concello)
Actualmente, 14 agrupacións musicais fan uso deste espazo.
Durante os últimos meses realizáronse melloras na cuberta do edificio e para resolver problemas de humidade, illamento e acondicionamento das salas.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4ewsNqS
🚶‍♀️ Aberto o prazo de inscrición para a última andaina saudable! 🌿
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde convida a toda a veciñanza a participar na sétima e última etapa da andaina saudable polo Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía 🥾
📍 Percorrido: De Guisamonde a Fisterra (21 km)
📅 Data: Sábado, 5 de xullo
🕒 Saídas en bus:
🔸 08:00 h – Casa da Cultura do Milladoiro
🔸 08:15 h – Praza do Concello de Bertamiráns
📝 Inscricións abertas ata o xoves, 3 de xullo, ás 14:00 h cubrindo o seguinte formulario 🔗
https://bit.ly/3G1FKwc
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3ZSJuXt
👍1
A Unión de Consumidores de Galicia organiza a charla informativa "A problemática dos defectos de fábrica nos automóbiles " 🚘
🗓️A charla informativa será este mércores, 2 de xullo, ás 20.30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello.
Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
Se queres saber máis ℹ️🔗https://bit.ly/44rlHiE
🎶 As “Noites en Vela” de A Ponte Maceira acollerán este ano as actuacións de As Maianas e Caamaño & Ameixeiras 🕯️🌔
🪄O vindeiro sábado 19 de xullo, a partir das 21:00 horas, celebrarase unha nova edición das “Noites en Vela”, un evento que xa é toda unha tradición e que vincula anualmente aos concellos de Ames e Negreira dende o 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021.
🎆 Ao remate das actuacións musicais haberá un espectáculo pirotécnico que poñerá o punto final á velada.
ℹ️ O acceso ao evento é de balde.
Aquí tes, nun clic, toda a info desta cita 🔗https://bit.ly/4etbXZN
A Aula AMTIC organiza catro cursos de formacións para a rapazada durante este mes de xullo 🖥️
💻🎒 Son catro formacións dirixidas para menores, cunha ampla variedade de contidos (debuxo, xogos, programación, etc.) para que os máis pequenos da casa non deixen de aprender durante o período estival pero dun xeito divertido e entretido para eles a través da tecnoloxía.
Inscricións chamando número de 📞 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a ✉️informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AmTIC do Milladoiro.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4l8fZcF
1
Comezan os Seráns de Ames co pregón de Inés Suárez, do grupo As Maianas, e cun espectáculo de circo 🎶
🔸Nesta edición incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Trasmonte.
🔸A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración das áreas de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello, que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas.
🔸Os seráns comezan este xoves, 3 de xullo, cun pregón a cargo de Inés Suárez, do grupo As Maianas, e co espectáculo de circo dirixido ao público infantil e familia, Ghop!, Teatro ao cubo.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/46lCkyL