Concello de Ames
709 subscribers
1.14K photos
1 video
396 files
5.43K links
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal


Facebook
facebook.com/concellodeames

Instagram
instagram.com/concellodeames

Twitter
twitter.com/concellodeames
Download Telegram
O Milladoiro acolleu unha xornada de debate arredor do presente e futuro das comunidades enerxéticas ☀️
🔹 Participaron a subdelegada do Goberno, María Rivas; o alcalde de Ames, Blas García; e o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo.
Todos destacaron o papel clave das administracións públicas na creación destas comunidades e os beneficios que poden traer para a veciñanza.
🔹Ao longo da mañá de onte houbo diferentes mesas de debate nas que se afondou sobre a afectación xurídica das comunidades enerxéticas; a transición enerxética e o funcionamento da OTC de Ames; e os distintos programas de actuacións, financiamentos, achegas e demais axudas para a creación de comunidades enerxéticas.
Se queres saber máis sobre esta xornada, clica aquí 🔗https://bit.ly/4mL239R
Éxito de participación e resultados do MillaRaio nos campionatos galegos sub10 e sub12 🏃🏻‍♀️
🎽O club de atletismo Milla Raio participou o pasado 24 de maio nos campionatos galegos sub10 e sub12, que se celebraron na pista de Elviña na Coruña.
🎽Na categoría sub10 o club amesán estivo representado por 5 atletas, mentres que na categoría sub12 participaron 7 deportistas. Estes/as 12 atletas conseguiron uns excelentes resultados, obtendo 7 medallas.
📅 A vindeira cita na que participarán é o campionato galego de equipos.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3T7ZLUt
🗳️ O alumnado da Rede municipal de comedores escolares vota polo menú de fin de curso 😋
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Planificación e Xestión Educativa, volve a darlle a oportunidade aos nenos e nenas, que son usuarios/as da Rede municipal de comedores escolares, de votar polo menú de fin de curso que se servirá o vindeiro xoves 19 de xuño.
🍽️ O primeiro prato elíxeo a técnica municipal en nutrición, mentres que o alumnado ten que votar para elixir o segundo prato e maila sobremesa.
🏫As eleccións desenvolvéronse durante o horario no que se emprega o servizo de comedores no CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEP de Ventín, CEIP de Barouta, EEI do Milladoiro e nas escolas unitarias de Covas e Ortoño.
O servizo de comedores escolares conta con 1.469 usuarios/as.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3FzG4C3
O Pazo da Peregrina acolle este sábado a VI Festa do Apego cunha chea de actividades para as familias 🧑‍🧑‍🧒‍🧒
ℹ️ Será este sábado, 7 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, desde as 11.00h da mañá ata as 21.00h da noite.
💬🎴🎭Ao longo da xornada poderase gozar de contos con música, xogos, concertos, teatro, obradoiros, espazos de xogo, espazos de creatividade e espazos de recursos.
👅Todo isto e moito máis para achegarlles ás familias recursos lúdicos e educativos que favorezan a transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego.
Todas as actividades da festa son de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de inscrición previa.
Aquí tes máis ℹ️ e o cartel do evento 🔗https://bit.ly/3HGvaLb
Volve o festival Ames Jazz! 🎺
🎼 Os vindeiros días 4 e 5 de xullo, o Pazo da Peregrina acollerá a VIII edición do festival Ames Jazz.
🎼 O programa inclúe os concertos dos recoñecidos músicos galegos de Jazz a nivel internacional, Álvaro Vieito, en trío, e Yago Vázquez, tamén en trío.
🎼Ademais, haberá unha sesión vermú a cargo de Gloria Pavía e Rafa Morales e o faladoiro “A situación do jazz e da música galega”.
Toda a programación aquí 🔗 https://bit.ly/4dPvcfL
👍1
Xa están abertas as inscricións para participar no III Aberto de San Xoán 🔥 🎾
🔸As pistas de tenis de Aldea Nova acollerán, a partir do vindeiro 21 de xuño, a terceira edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames.
🔸As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 14 de xuño ás 22.00 horas para as categorías de menores (alevín, infantil, cadete e junior), mentres que a data límite para as categorías de adultos (absoluto, veteranas+35 e veteranos+45) é ata o 21 de xuño, tamén ás 22.00 horas.
🔸A cota de inscrición é de 15 euros para as categorías de menores. No caso do resto de categorías, a contía de inscrición é de 18 euros.
Aquí tes toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3FBbNmn
💻 A Aula CeMIT oferta novos cursos de formación este verán dirixidos á rapazada 👩🏻‍💻
Os contidos destas formacións abranguen amplos contidos, dende a edición de imaxes ou vídeo, ata introdución ás dotes básicas de mecanografía 📹📸
📋Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT.
Toda a info ao detalle aquí 🔗https://bit.ly/4dNa7Tk
Bertamiráns acolle o sábado, 14 de xuño, o concerto do grupo A Pedreira 🎶
Será no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns onde o grupo A Pedreira presente “Basal”, unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa.
🎶Este grupo está liderado pola artista galega Ugía Pedreira, unha das grandes voces da música tradicional.
🎶 O seu repertorio abarca folk, rock e jazz, nunha paleta rítmica amplísima tanto de instrumentos orgánicos como electrónicos.
Entradas na billeteira 🔗 https://abilleteira.concellodeames.gal/
Máis ℹ️ https://bit.ly/3FMgZDT
👅 O proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolto colaborativamente entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos Premios Mil Primaveras 🌸 que se entregaron o sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra.
💬👦🏻👧🏽 Os galardóns recoñeceron outros tres programas que inciden na infancia e na mocidade, favorecen a socialización en galego e potencian a reflexión e a posta en marcha de medidas para asociar a lingua con valores positivos: a canle de vídeos animados Galego para peques, a empresa de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego Brazolinda e o programa do CEIP Sagrada Familia da Coruña Vitamina G.
Toda a ℹ️ do evento 🔗https://bit.ly/3SBmIPQ
1
O Pazo da Peregrina acolleu hoxe a VI Festa do Apego de Ames 🧑‍🧑‍🧒‍🧒
🎉 Unha xornada na que as familias e crianzas puideron gozar de diferentes propostas culturais, actividades, xogos e obradoiros para favorecer deste xeito á transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego 👅
Toda a ℹ️ do festexo aquí 🔗 https://bit.ly/3Td3vEd
1
A Escola Municipal de Música de Ames. EMMA celebra as audicións e concerto de fin de curso 🎶
ℹ️ Serán cinco xornadas do 11 ao 19 de xuño, de audicións de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta 🎹🪈🎷
🎼 Ditas audicións celébranse na Aula 10 do Centro multiusos de Aldea Nova.
🎼 Ademais, o mércores 18 de xuño, celebrase o concerto de fin de curso na pista de fútbol sala, que está situada ao carón das piscinas municipais do Milladoiro.
Os estudantes da EMMA mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades.
Toda a 🔗https://bit.ly/4jIQZHz
Aberto do 9 ao 23 de xuño o prazo de inscrición para os cursos de natación de xullo nas piscinas descubertas municipais 💦
🏊🏼‍♀️ En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 14 e o 28 de xullo.
ℹ️ Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro.
📋 As inscricións hai que tramitalas a través da plataforma Cronos desde aquí 🔗 https://bit.ly/4kwxjI1
Se queres saber máis, a info ao detalle aquí 🔗 https://bit.ly/3ZWbVnh
A unidade móbil de doazón de sangue estará hoxe, día 10 de xuño, en Bertamiráns 🩸
📍Estará na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía).
🕤 O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas.
Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes.
ℹ️ Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3SI7yZ3
Éxito de participación no Encontro Intercultural coa degustación de preto de 30 receitas e diversas actuacións musicais 😋🎶🌏
A Praza da Maía acolleu este sábado unha xornada chea de sabor, música e convivencia. Máis de 30 receitas típicas de países como Venezuela, Perú, Colombia, Brasil, Guatemala, Marrocos, Exipto e Siria puideron ser degustadas polos asistentes: pratos tradicionais, sobremesas e bebidas que fixeron as delicias de todos os públicos.
🎶 A música tamén foi protagonista da man do artista Misael Sánchez, unha agrupación de nenos e nenas peruanos/as e o grupo Batuko Tabanka, que puxeron ritmo e alegría á xornada.
Este Encontro Intercultural foi organizado polo Concello de Ames, coa colaboración da Asociación de Peruanos de Santiago e AVESANTI (Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela).
🫱🏻‍🫲🏿Grazas a todas as persoas e entidades que o fixeron posible!
Toda a ℹ️ do encontro 🔗 https://bit.ly/45fpbqB
Os Concellos de Ames e Brión, coa Deputación da Coruña, organizan os días 13 e 14 de xuño a cuarta edición de “Altamira Brilla”
Unha cita que conmemora a histórica Batalla de Altamira, e que suma a súa cuarta edición.
🎼O programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, unha ruta teatralizada polos escenarios máis significativos da batalla e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns 🎭
Toda a ℹ️ e horarios aquí 🔗 https://bit.ly/3ZQ08qA
O alumnado de 4º da ESO do IES do Milladoiro recibiu a visita de oito coworkers do Espazo A Proa 🏫
🔸Con esta visita descubriron as posibilidades que ofrece o ámbito do emprendemento, xunto con todas as posibles saídas que poden ter no mundo laboral.
🔸Os coworkers que participaron nesta actividade foron: Juan Magariños, de Vivir desde el Ser; Marcos Estévez, de Amonte; Laura Piñeiro, editora; Carla Caamaño, subtituladora; Marisa Dequidt e Paz Gómez, Avelaíñas Coop. Galega; Carlos L. Ríos, Gran Rural; e Laura Iglesias, Livddans.
Toda a ℹ️ aquí 🔗 https://bit.ly/4jFLjxK
Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo! 🏞️🚣‍♀️
Un ano máis, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza cursos para nenos e nenas nados/as do 2011 ao 2017 na fermosa praia fluvial de Tapia.
📅 Cando: Última semana de xuño, xullo e agosto
Horario: Luns, mércores e venres de 10:45 a 12:00
🏊‍♂️ Requisito: Saber nadar
⚠️ Prazas limitadas
Para inscribirse, envía un correo a 👉 deportes@concellodeames.gal
Non perdas esta oportunidade para gozar do deporte ao aire libre e aprender piragüismo este verán!
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Hxlvqk
O Certame Literario de Ames xa ten textos premiados na súa XXII edición 📖
🔹A Concellaría de Normalización Lingüística publicou a lista dos gañadores desta edición, que recibiu 158 traballos en total. A categoría con máis participación foi a de poesía para maiores de 18 anos, con 72 obras.
🔹O xurado estivo composto por María López Sández, Manuel Núñez Singala e Mariña Pérez Rei, tres referentes da creación literaria galega.
📅 Entrega de premios: sábado 14 de xuño, 12:30h
📍 Casa da Cultura do Milladoiro
🎤 Presenta Belén Martínez, xornalista de Ames Radio
Consulta a acta completa do xurado na ligazón e toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4mWMQCE
Volve o concurso fotográfico LGTBIQ+ que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo” 🏳️‍🌈📸
🔸O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, lanza a segunda edición deste certame fotográfico.
🔸O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+.
🗓 Prazo de participación do 10 ao 24 de xuño
👤 Unha foto por persoa
📩 Envía a túa imaxe, datos persoais e teléfono a:
servizos_sociaisberta@concellodeames.org
Descarga as bases completas do certame na ligazón e consulta toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3HQjtSf
1
O presidente de CEGASAL pon a Ames como exemplo de integración laboral de persoas con diversidade funcional 💼
🔹Na mañá de onte, o presidente de CEGASAL, Mino Martínez Lago, visitou á Casa do Concello, en #Bertamiráns, para manter unha xuntanza no salón de Plenos co alcalde e cos concelleiros e concelleiras do Grupo de goberno.
🔹En dita xuntanza explicou que é CEGASAL e o traballo que realiza dita entidade. Mino Martínez puxo a Ames como exemplo a seguir por outras administracións en prol da integración laboral de persoas con diversidade funcional.
🔹A empresa Dixardin, que forma parte de CEGASAL, é a adxudicataria do servizo de mantemento de zonas verdes do concello de Ames.
Toda a ℹ️ da visita 🔗 https://bit.ly/43QHjEU
📖 Hoxe xoves, 12 de xuño, temos unha cita coa literatura no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) ás 20:00 horas cunha nova sesión dos Encontros Literarios 📚
Presentamos o primeiro libro de Nerea Cebreiro, titulado “Cada uno de mis latidos”
Acompañará á autora a profesora de lingua castelá do IES Rosalía de Castro de Santiago, Mónica Frecha, nun encontro especial para mergullarse nas emocións e vivencias que enchen as páxinas desta obra.
📍 Entrada libre ata completar aforo
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/45OTYuy