Concello de Ames
709 subscribers
1.14K photos
1 video
396 files
5.43K links
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal


Facebook
facebook.com/concellodeames

Instagram
instagram.com/concellodeames

Twitter
twitter.com/concellodeames
Download Telegram
Volve o concurso “BAILA CON AMES”! 💃🕺
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, presenta a 2ª edición do certame #BailaConAmes!
🎶 Mostra o teu talento e opta a 3.900€ en premios!
Categorías de participación:
🔹 Individual
🔹 Parellas ou tríos
🔹 Grupos (de 4 a 12 persoas)
👉 Sen límite de idade.
📥 Como participar? Cubre a ficha de participación e os anexos e envía todo a través da Sede Electrónica.
Remite o vídeo casting + xustificante de rexistro a amesnarua@gmail.com
🗓️ Inscricións abertas ata o 15 de xuño. Descarga as bases aquí e toda a ℹ️ ao detalle 🔗https://bit.ly/4jcCwDe
Ames dará comezo este xoves á segunda edición do seu ciclo de monólogos 🎙️
Desde este xoves, día 22, ata o domingo, día 25, as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a segunda edición do Ciclo de monólogos do Concello de Ames
Esta edición mestura figuras consolidadas do panorama humorístico galego xunto con artistas emerxentes e, ademais, conseguiuse un cartel paritario, no que actuarán o mesmo número de mulleres que de homes, poñendo así en valor á presenza feminina dentro do sector da comedia 🗣️💬
Na xornada do domingo contarase coa intérprete de lingua de signos Chusa Pérez de Vallejo.
Toda a ℹ️ e entradas aquí 🎟️🎟️
https://bit.ly/3YTCWau
👍1
🎶 Resoando no pasado con Abraham Cupeiro!
💛 Volve o Fest For Dent 2025, o festival solidario que une música e esperanza na loita contra a enfermidade de Dent, unha doenza rara que afecta a nenos e que non ten cura a día de hoxe.
🗓 Venres, 30 de maio
📍 Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns
🎺 Concerto de Abraham Cupeiro, artista que nos leva a viaxar co son de instrumentos ancestrais de todo o mundo.
🗓 Sábado, 21 de xuño
📍 Parque do Ameneiral, Bertamiráns
🕔 Dende as 17:00 h
Celebramos a cuarta edición do festival con música, cultura e solidariedade! A programación anunciarase en breve.
💛 Todo o recadado irá destinado á investigación da enfermidade de Dent no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (Nefrochus).
Toda a ℹ️ https://bit.ly/3YWbNDQ
O CEIP de Barouta organiza para o sábado 24 de maio a Festa da Primavera 2025 🌸
🏫 O CEIP de Barouta, a Comisión de Familias de 6º de Educación Primaria e a AFA Barouta, organizan para o sábado, 24 de maio, a celebración da súa Festa da Primavera, unha xornada na que o alumnado poderá gozar de xogos, obradoiros, un concerto, entre máis actividades
✈️ Todo o recadado neste evento irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de Primaria do centro amesán.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3SLQKQK
🙌🏻 A EMMA celebra o 20 aniversario cunha gala na que se abordará o seu pasado, presente e futuro 🎶
🎼Como acto de peche vai a celebrar hoxe venres, 23 de maio, ás 19.30 horas, unha gala musical no pavillón municipal do Milladoiro.
🎼 O evento estará dividido en tres bloques: pasado e recordos; presente e continuidade; e futuro e clausura. Haberá música a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA como María Iglesias, Manuel Rodríguez (MRT) e Xián Ardións. Proxectarase un vídeo conmemorativo e fotos antigas e actuais. Falarase con antigos profesores/as e directores/as, antigo alumnado e familias, alumnado actual, profesorado actual ex-alcaldes e ex-concelleiros que estiveron no goberno municipal durante estes vinte anos.
🎼 O acto estará presentando por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4duL9Im
Os clubs e entidades deportivas de Ames ofertan dez campus e campamentos para este verán ☀️⚽️⛸️
🔸Ames acollerá ao longo deste verán un total de dez campus e campamentos deportivos, organizados por clubs e entidades deportivas locais e que contan coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Ames e da Deputación da Coruña.
🔸Nesta liña, a rapazada amesá poderá escoller entre varias propostas, que van dende fútbol, fútbol sala ou baloncesto, ata atletismo, patinaxe ou volei.
Cartel completo e toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3FnGmf1
👍1
🎶🎉 Ames celebra 20 anos de música e formación!
O pavillón municipal do Milladoiro acolleu na tarde do venres a gala do 20 aniversario da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), nun acto cheo de emoción, talento e recordos.
A celebración estivo dividida en tres bloques:
🔹 Pasado e recordos
🔹 Presente e continuidade
🔹 Futuro e clausura
Actuaron o combo xuvenil e antigos alumnos/as como María Iglesias, Manuel Rodríguez (MRT) e Xián Ardións, demostrando o legado artístico da escola. Proxectouse un vídeo conmemorativo e recuperáronse imaxes antigas e actuais que puxeron en valor estes 20 anos de historia.
🎤 Presentado pola xornalista Belén Martínez (Ames Radio), o acto contou tamén coas voces de antigos e actuais profesores/as, directores/as, alumnado e mesmo ex-concelleiros/as.
Toda a ℹ️ e 📷 https://bit.ly/4duNfIh
1👍1
A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de inscrición para novo alumnado no curso 2025/2026 🎶
🎼Desde este luns, 26 de maio, e ata o venres 6 de xuño, estará aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2025-2026.
🎼A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais ou por calquera dos outros medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
ℹ️ Para entregar a documentación de xeito presencial nos rexistros municipais non é preciso solicitar cita previa.
Descarga o formulario de solicitude de praza e coñece toda a información aquí 🔗 https://bit.ly/3FhnvlZ
1
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, recibirá a medalla do Concello de Ames no acto do Día de Galicia 2025 🏅
🔹O Concello de Ames vai a recoñecer a traxectoria de Antonio López Díaz, catedrático de dereito financeiro e tributario pola Universidade de Santiago de Compostela, así como reitor desa mesma institución dende o 5 de xuño de 2018.
🔹Antonio López é veciño de Ames dende o ano 1991 ata actualidade, residindo no Milladoiro ata o ano 2002 e, dende ese ano, en Bertamiráns.
🔹Entregaráselle a medalla do Concello de Ames no acto do Día de Galicia 2025. Así foi acordado por unanimidade na Xunta de voceiros. Este pasado venres, 23 de maio, abordouse o tema nas comisións informativas previas ao pleno ordinario de maio, que se vai a celebrar o vindeiro mércores 28 de maio.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4mxlGlA
👍1
🎙️🗣️ Rematou con éxito a 2ª edición do ciclo de monólogos de Ames!
Do 22 ao 26 de maio, as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro encheron de risas o público con actuacións de artistas consagrad@s e novas promesas do humor galego 😄
🔸 Un cartel paritario, con igualdade de mulleres e homes no escenario, puxo en valor a diversidade na comedia.
🔸 Máis de 560 persoas gozaron dos espectáculos ao longo das 4 xornadas!
Toda a ℹ️ e 📸 🔗https://bit.ly/4moqFoy
1
ℹ️ O Pleno, que se celebrará este mércores día 28, abordará a aprobación dun suplemento de crédito financiado con remanente de tesouraría para gastos xerais por valor de 1.065.089,51 euros
A debate, temas temas destacados como:
• Aprobación dun suplemento de crédito de máis de 1 millón de euros con cargo ao remanente de tesouraría.
• Modificacións orzamentarias e subvención ao programa Galicia Abriga.
• Acordo sobre o proxecto da rúa Agro da Vella (POS+2025).
• Nomeamento do/da xuíz/a de paz substituto/a 2025.
• Revisión de tarifas da ordenanza do servizo de taxis.
• Concesión da medalla do Concello 2025 ao reitor da USC, Antonio López Díaz 🎖️
• Debate de catro mocións dos grupos BNG, Espazo Común e PSdeG-PSOE.
📺 O pleno poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.
Máis ℹ️🔗https://bit.ly/4kwnucB
Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025 🛍️
Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración do Concello de Ames e a Xunta de Galicia, organizan a Festa do Comercio 2025 que se vai a realizar o 6 de xuño en Bertamiráns e o 20 de xuño no Milladoiro 🎉
🙌🏻 Haberá pasarrúas, talleres, concursos e concertos 🎶 co obxectivo de dinamizar as rúas e animar a veciñanza a mercar no comercio local de Ames.
🔹As persoas que realicen compras superiores a 10 euros terán un premio seguro.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3SSKtTr
👍1
Ames abre o mes de xuño coa VI Festa do Apego, unha xornada chea de actividades e recursos para favorecer unha crianza positiva e creativa 👶🏻🍼
Un día cheo de música, teatro, contos, xogos, obradoiros e moito máis para gozar en familia e en galego! 👨‍👩‍👧‍👦💬
🗓 Sábado, 7 de xuño
📍 Pazo da Peregrina, Bertamiráns
🕚 De 11.00h a 21.00h
🔸Espazos de xogo, creatividade, recursos, contos con música, concertos…
🔸Todo isto e moito máis para achegarlles ás familias recursos lúdicos e educativos que favorezan a transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego.
🎟️Entrada de balde! Agardámoste!
Toda a programación e ℹ️🔗https://bit.ly/4dz3tjD
🙌🏻 O Milladoiro SD proclámase campión de Liga tras empatar contra a SD Araño ⚽️
🔸O equipo sénior masculino do Milladoiro Sociedade Deportiva logrou o título de Liga esta pasada fin de semana, tras un vibrante empate 2-2 a domicilio contra a SD Araño, na Lomba de Taragoña.
🔸Remata así a tempada do mellor xeito posible co ascenso á segunda Futgal e co título de Liga do primeiro grupo de fase de ascenso da terceira Futgal!
📸 Aarón Silva @myr.prods
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/43yMxou
🩸 Doa sangue, salva vidas!
A unidade móbil de doazón estará en Bertamiráns hoxe, mércores 28 de maio, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía).
🕘 Horario:
🕤 9:30 – 14:30 h.
🕞 15:30 – 21:00 h.
Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes.
📞 Tes dúbidas? Chama ao 900 100 828 (teléfono gratuíto).
💦 Xornada no Aquapark de Cerceda!
A Concellaría de Mocidade de Ames organiza unha saída ao Aquapark de Cerceda dentro do programa Trouleando!
Prepárate para un día cheo de diversión con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, kamikaze, tobogáns de donuts… e moito máis!🎢
📅 Sábado 14 de xuño
🚌 Autobuses dende: Bertamiráns e O Milladoiro
📩 Inscricións: Do 30 de maio ao 4 de xuño
🔗 Envía a ficha cuberta a: xuventude@concellodeames.gal. Descárgaa aquí: https://bit.ly/3FlBHKJ
Hai 95 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/44StlVh
2
Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas
🔸O Pazo da Peregrina acolleu este pasado martes, 27 de maio, a asemblea de constitución da asociación CE Ames Solar, unha ferramenta xurídica sin ánimo de lucro que regulará as comunidades enerxéticas de Ames.
🔸Dita asociación queda constituída por 18 socios/as e unha xunta directiva moi diversa con membros de Trasmonte, Ames, Biduído e Tapia, entre outras parroquias. Ademais, dentro da asociación hai membros de practicamente todas as parroquias de Ames.
🔸Ames únese así á crecente rede de concellos galegos que apostan por este modelo enerxético participativo, tras experiencias exitosas como as de Xermade, Ponte Caldelas ou a Illa de Arousa, onde as comunidades enerxéticas xa están a xerar importantes beneficios económicos e ambientais para os seus participantes.
Se queres saber máis, toda a 🔗 https://bit.ly/4kDhu1M
🗣️ O Pleno aproba por unanimidade un suplemento de crédito para gastos xerais e amortización de débeda por valor de 1.065.089 euros
A Corporación municipal de Ames aprobou por unanimidade, ademais deste, varios acordos entre os que destacan:
• A fiscalización previa limitada.
• A ratificación do decreto para correxir o proxecto das obras da rúa Agro da Vella (POS+2025).
• A modificación das bases do orzamento para incluír unha subvención ao programa Galicia Abriga.
• A elección do xuíz/a de paz substituto para 2025.
• A aprobación inicial da revisión de tarifas da ordenanza do servizo de taxis.
• A concesión da medalla do Concello 2025 ao reitor da USC, Antonio López Díaz.
Tamén se aprobou por maioría absoluta a personación do Concello nun recurso contencioso sobre a modificación da RPT.
A gravación do pleno está dispoñible na canle de YouTube do Concello de Ames 📹 https://bit.ly/44ZBebA
Resumo da sesión plenaria aquí 🔗https://bit.ly/4dCYuy4
A Otc Ames organiza unha xornada aberta sobre o presente e futuro das comunidades enerxéticas ⚡️
O vindeiro mércores, 4 de xuño, o Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá unha xornada aberta sobre o presente e futuro das comunidades enerxéticas. Comezará ás 9:30 h coa recepción e apertura institucional a cargo do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e do alcalde de Ames, Blas García.
A xornada estrutúrase en tres bloques: o primeiro centrado na afectación xurídica das comunidades enerxéticas, o segundo sobre a transición enerxética e o funcionamento da OTC-Ames, e o terceiro dedicado aos programas de axuda, financiamento e apoio da administración pública para a creación destas comunidades.
A entrada é libre ata completar aforo.
Inscricións 🔗https://bit.ly/4dYM9ot
Toda a ℹ️ aquí 🔗https://bit.ly/3So8f9Q
A foliada das Letras do CEIP A Maía pecha as actuacións celebradas no marco do Modo Galego Actívao! 👅🎶
O pasado venres 23 de maio, o CEIP A Maía encheuse de música, baile e tradición para celebrar o Día das Letras Galegas 2025 cunha foliada participativa que fixo vibrar a toda a comunidade educativa.
🔸Contamos coa animación dos grupos das escolas tradicionais de Bugallido, formados por nenos, nenas e persoas adultas que nos agasallaron co seu saber facer.
🔸Ademais destes grupos convidados, as mestras cantareiras do CEIP A Maía tocaron e cantaron varias pezas e o alumnado do centro acompañounas cantando e bailando.
🔸Esta actividade contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística municipal, dentro do programa Modo Galego, Actívao!, unha iniciativa que achega a lingua galega ao día a día dos centros de ensino.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4jsSw4a
1
O grupo municipal de teatro de Ames estrea “Soño dunha noite de San Xoán” o vindeiro 6 de xuño no Milladoiro 🎭
🔸Será no auditorio do Milladoiro, ás 20.30 horas e péchase así a actividade do grupo neste curso.
🔸Ademais da estrea, realizarán un pase da peza en Bertamiráns o vindeiro venres 13 de xuño, tamén ás 20.30 horas.
🎟️🎟️Os convites xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
🔗 https://abilleteira.concellodeames.gal/
No caso de que queden convites dispoñibles, poderán adquirirse o día da función correspondente nas Casas da Cultura de Bertamiráns ou Milladoiro.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4jwxDoZ