Concello de Ames
721 subscribers
1.12K photos
1 video
394 files
5.43K links
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal


Facebook
facebook.com/concellodeames

Instagram
instagram.com/concellodeames

Twitter
twitter.com/concellodeames
Download Telegram
Preséntase a III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames 👶🏻🩺
O evento este ano terá lugar o vindeiro 📆 27 de xuño, ás ⏱️ 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en #Bertamiráns.
🍽️ A finalidade desta cea é recadar fondos para contribuír, por unha parte, á investigación sanitaria e ao incremento e mellora da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS.
🔹O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos.
🔗 Merca aquí as entradas e consulta a información da Fila Cero por se queres realizar un donativo: https://bit.ly/3GOJtgx
📞 Para obter máis información tamén se pode chamar ao 641 11 60 05.
🎟️ As entradas poderán recollerse a partir da semana que vén nos puntos de venta autorizados.
Nova completa na seguinte ligazón: https://lc.cx/ne6fni
Sementando Cantares pola lingua 👅🎼
🔸O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de infantil e primaria, pon en marcha a actividade “Sementando Cantares” para celebrar as #LetrasGalegas2025 🎼
🔸Este ano homenaxeamos a poesía popular oral, e en especial ás pandereiteiras e cantareiras que conservaron a nosa tradición musical.
🔸Durante estas semanas o alumnado fixo escolmas de cantares populares, plasmáronos en fichas distribuídas por diferentes puntos do concello.
👀 Podes atopalas, lelas, e mesmo recolocalas noutros espazos para espallar a tradición!
🔸As escolas unitarias engadiron códigos QR con audios dos nenos e nenas cantando!
Se atopas unha ficha… móvea!
E comparte a túa foto coa etiqueta #SementandoCantaresAmes
Nova completa 🔗 https://lc.cx/J8hQuO
1
Este venres péchase o Ames Cultural do primeiro semestre do ano coa representación de “Mulleres que viven soas #MQVS” en Bertamiráns 🎭
🔸O espectáculo terá lugar no auditorio de Bertamiráns, ás 20.30 horas. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes.
🔸Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4dlPLAy
Ames colabora na organización da charla informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría 🗣️
📆 Será na Casa da Cultura do Milladoiro o martes, 20 de maio, de 10:00 a 13:30 horas.
🔹O xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa; ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno.
🔹Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España.
🗓️Para participar nesta actividade ofértanse 50 prazas (25 para persoal técnico e 25 para público en xeral). Hai que enviar un correo electrónico a servizos_sociaismilla@concellodeames.gal.
Data límite para inscribirse: venres 16 de maio.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Swvb6K
O Concello pon en marcha unha campaña de identificación das terrazas de Ames 🍻
🔹Trátase da implantación dun cartel obrigatorio para as terrazas dos bares e restaurantes 🍽️ Este cartel, que deberá estar visible ao público, contén información clara e concisa sobre a capacidade, os metros cadrados ocupados, e o número da licenza municipal correspondente.
🔹Con esta iniciativa búscanse tres obxectivos fundamentais: facilitar as tarefas de inspección, garantir a igualdade de condicións entre todos os hostaleiros, e fomentar o civismo e a responsabilidade compartida.
ℹ️ Dende o luns 19 de maio vanse a repartir os carteis entre os establecementos hostaleiros con licencia de terraza. Posteriormente, dende o 26 de maio farase unha inspección para revisar que as terrazas estean dentro da normativa municipal e dispoñan de autorización.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3YL2SFb
Bugallido, en festas! Esta fin de festexan a II Carballeira das Letras e o San Isidro 🎼
🔸A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza esta fin de semana a segunda edición da Carballeira das Letras, unha iniciativa motivada polo Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ás cantareiras e a recollida popular.
🔸Os días 16 e 17 haberá diversas actividades relacionadas con esta conmemoración, coma faladoiros, obradoiros e concertos.
🔸E o domingo, a parroquia amesá celebrará a súa tradicional romaría de San Isidro, unha xornada para gozar de música e boa gastronomía!
Non perdas detalle, toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/43qQT2h
Enreguéifate celebrará este luns a entrega dos galardóns deste ano, no que o IES do Milladoiro levou o premio á regueifa máis inclusiva 🏆
🏅O auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá este luns, 19 de maio, ás 11.30 horas, a entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, unha cita na que o IES do Milladoiro, xunto co CEE Manuel Navalón, recibirá o seu galardón á regueifa máis inclusiva.
📹O vídeo premiado denomínase Radio Regueifa Inclusiva “Somos diferentes, somos referentes” e nel o alumnado de ambos os dous centros regueifa conxuntamente e a través das ondas para demandar inclusión, diversidade, #respecto e non discriminación.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4keynj7
Centos de nenos e nenas participan na exhibición solidaria de medios da Garda Civil 🙌🏻
A área deportiva de Bertamiráns acolleu unha impresionante exhibición de medios da Garda Civil 🚓🚁 Pola mañá, o alumnado dos centros educativos de Ames e da contorna puido coñecer de preto os servizos deste corpo 🚨, e pola tarde, de 16:00 a 18:00, a veciñanza tamén tivo a oportunidade de gozar da actividade.
Ademais, levouse a cabo unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros 🥫, que serán doados a Cáritas Milladoiro e Cáritas San Xoán de Ortoño.
❤️ Grazas a todas as persoas que colaborastes nesta iniciativa!
Toda a ℹ️ e 📷 aquí: https://bit.ly/3YMDLlv
Inscríbete e participa no torneo benéfico Raquetas en Acción 🏸🏓
🔸O Squash Santiago, Golán Squash Academy e 2Más Academia de Tenis e Pádel organizan o venres, 23 de maio –a partir das 17.00h.–, o torneo benéfico Raquetas en Acción, que se realiza en favor da investigación da heteroplastia ósea progresiva.
🔸As inscrición pódense realizar nas instalacións do Squash Santiago.
🔸Os participantes poderán elixir entre as modalidade de pádel, squash e tenis.
🔸A partir das 21.00h haberá unha charla sobre dita enfermidade e un cóctel solidario.
🧑‍🧑‍🧒‍🧒 Tamén haberá animación infantil: inchables, bocadillos, música e máis sorpresas.
Todo o diñeiro que se recade irá para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3FbkGCQ
O IES do Milladoiro celebrará a súa primeira “Semana Intercultural”, que traerá unha ampla programación cultural e educativa ao centro 📖🏫
🔸Unha iniciativa que, baixo o lema “Somos Diferentes, Somos Referentes”, pretende crear no centro educativo nun espazo de encontro e celebración arredor da diversidade cultural e convivencia.
🔸Deste xeito, ao longo da vindeira semana, do 19 ao 23 de maio, o IES do Milladoiro ofrecerá unha ampla e intensa programación cultural e educativa, que contará coa participación de artistas, profesionais, asociacións e outros centros educativos.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4djl3HW
Este luns 19 de maio abre o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas do Milladoiro e Bertamiráns 🏊‍♂️
💦 Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude —aquí 🔗 https://bit.ly/43q78vj — e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal.
🔹O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a.
🔹As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas.
🔹O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto.
Toda a ℹ️🔗https://lc.cx/tslBGL
1
A amesá Olivia Parga acadou a medalla de ouro na 2º Xornada da Liga Galega de Karate 🥇
Esta pasada fin de semana, a vila de Cedeira acolleu a II Xornada da Liga Galega de Karate, unha cita na que a karateka amesá Olivia Parga volveu a acadar a medalla de ouro, como xa fixera na I Xornada da Liga Galega celebrada en Ferrol o pasado 28 de decembro.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/43C9XL2
1
Xa está aberto o prazo para participar na excursión a Carballolandia do programa Apego 🌳
📍 O sábado 24 de maio imos de excursión a Carballolandia (Chantada) e ao Ecomuseo do Pazo de Arxeriz (O Saviñao), na marabillosa Ribeira Sacra.
🕘 Saída: 09:30 h | 🕘 Regreso: 21:00 h
📍 Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns)
💸 Actividade de balde! Só as persoas adultas deberán pagar a entrada do museo (3 €) directamente alí.
Inscricións abertas, do 16 ao 23 de maio ✉️ enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal co nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3ZbBDEb
👍1
A Escola de Kárate Dokkodo acadou oito medallas na 2º Xornada da Liga Galega de Karate 🥋🎖️
A vila de Cedeira acolleu o pasado 10 de maio a II Xornada da Liga Galega de Karate, unha cita na que o club amesán Escola de Karate Dokkodo conseguiu un total de oito metais (dous ouros, dúas prazas e catro bronces), situándose así entre os 11 primeiros do medalleiro💪🏻
Unha vez máis, o club amesán tivo unha participación moi destacada nunha cita que contou con karatekas do máis alto nivel e que demostra o gran momento polo que está a pasar o karate galego.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4jYFDQD
O Concello pon en marcha unha nova campaña para minimizar a expansión da avespa velutina 🐝
🔸Comezarase co reparto do material para o trampeo da avespa velutina no municipio.
🔸O persoal do departamento de Medio Ambiente será o encargado de ceder 200 unidades de líquido atrainte de raíñas. Ao mesmo tempo, achéganse unhas instrucións básicas sobre a colocación das trampas e a utilización do líquido atrainte.
🔸Dende o Concello farase un seguimento e avisarase, unha vez finalizado o período de trampeo, sobre a conveniencia de retirar as trampas para non danar outras especies.
🔸Cómpre lembrar que cando se atopa un niño de avespa velutina hai que chamar ao 012.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/43k9tI1
👍1
Resultado do sorteo de prazas para participar no programa municipal de Campamentos de verán 2025 ☀️
Unha vez publicadas as listas definitivas e mailas listas co resultado do sorteo, a partir do 22 de maio poderase facer a matrícula nos campamentos de verán.
Toda a ℹ️ e impresos de matrícula 🔗https://bit.ly/44MoULK
A improvisación oral en verso encheu o Auditorio de Galicia nunha gala na que se entregaron os premios do Enreguéifate 2025 🙌🏻🙌🏻
💬O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu na mañá de onte a gala de entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para fomentar a improvisación oral en verso en lingua galega.
🏆O alumnado do IES do Milladoiro recibiu o premio á regueifa máis inclusiva, polo traballo realizado en colaboración co CEE Manuel Navalón. O vídeo premiado denomínase Radio Regueifa Inclusiva “Somos diferentes, somos referentes” e nel o alumnado de ambos os dous centros regueifa conxuntamente e a través das ondas para demandar inclusión, diversidade, respecto e non discriminación.
Toda a ℹ️ e 📸🔗 https://bit.ly/3ZrImJY
A asociación “CE Ames Solar” celebrará a súa Asamblea Constituínte o próximo martes 27 de maio 🔌☀️
🔸Ames continúa o proceso de transformación enerxética coa celebración da Asamblea Constituínte da asociación “CE Ames”.
🔸Tras meses de traballo colaborativo entre a Oficina de Transformación Comunitaria e o Concello de Ames, o municipio celebrará un fito clave coa creación oficial de "CE Ames Solar", unha ferramenta xurídica sin ánimo de lucro que regulará as comunidades enerxéticas de Ames.
🔸”CE Ames Solar” é un proxecto aberto, participativo e sostible que contribuirá a mellorar a calidade de vida no concello e á loita contra o cambio climático desde unha perspectiva local.
Coñece os proxectos da Comunidade Enerxética “CE Ames Solar” aquí e amplia a ℹ️🔗https://bit.ly/4kqInGg
👍1
ℹ️ Aberto o prazo extraordinario de solicitude de praza para os campamentos de verán con prazas libres ☀️
🔸O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre do 20 ao 31 de maio un prazo extraordinario de solicitude de praza para ocupar aquelas prazas que quedaron vacantes no programa de campamentos municipais de verán 2025.
🔸A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
🔸As prazas serán outorgadas por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Ames.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3S8vqF0
Toño Núñez presenta o seu libro “Mea Culpa” nunha nova sesión dos Encontros Literarios 📚
Este mércores, día 21, chega unha nova sesión dos Encontros Literarios na que o autor estará acompañado do investigador, profesor e crítico literario galego, Armando Requeixo.
📍A sesión terá terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
🎟️🎟️Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4dAb69l
Bertamiráns acolleu este martes a charla informativa sobre o novo Regulamento de Estranxeiría na que participaron preto de 60 persoas ℹ️🌏
🔹 A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu na mañá deste martes unha charla informativa para persoas migrantes sobre o novo Regulamento de Estranxeiría (Reloex), que entrou en vigor no día de onte.
🔹Ao longo de toda a mañá, un equipo de profesionais da Oficina de Estranxeiría da Coruña encargouse de informar sobre os cambios na nova normativa, xunto coas tramitacións asociadas á mesma.
🔹Desde xeito, búscase achegar e axudar ás persoas migrantes do Concello na xestión de trámites coma permisos de traballo ou de residencia.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4kpXwYj
1