Guillermo Carracedo e Blanca Millán premiados como os deportistas máis destacados de Ames na XVII Gala do Deporte 🏆
🔸O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns tivo unha gran afluencia de público na celebración da última edición da Gala do Deporte de Ames, que foi presentada por Lorena Pose e Diego Viaño.
🔸A atleta, Emma Méndez Martínez, subcampioa galega de cross e de España de Trail Running, así como medalla de bronce no Campionato de España de Campo a través, exerceu como madriña do evento.
Crónica e resto de galardóns ℹ️🔗 https://bit.ly/3Z9nwio

Participa no programa para a mellora da calidade do sono, incluído no I Plan de #BenestarEmocional e #SaúdeMental do Concello de Ames 💭
🔹O programa comeza o luns 19 de maio e está composto por un total de sete sesións, que se desenvolverán os luns, de 17.00 a 18.30 horas, no Pazo da Peregrina.
🔹Hai 20 prazas dispoñibles e podes realizar a inscrición aquí 🔗https://bit.ly/3YBIFSm
🔹O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 14 de maio e as prazas adxudicaranse por sorteo no caso de haber un número de inscricións superior ás prazas ofertadas.
ℹ️ Para máis información sobre o curso pódese chamar ao 641 993 858 🔗https://bit.ly/439t6Td

❤1
📋 Listaxes provisionais de admitidos/as nas escolas infantís municipais para o curso 2025-2026
➡️ O Concello de Ames, a través da Concellaría de #Educación, informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidos/as das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2025-2026.
➡️ Deste xeito, abre o prazo de información pública durante 10 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula.
➡️ Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula, que abrangue do 1 a o 16 de xuño, para formalizar a matrícula.
Toda a info 🔗 https://lc.cx/Dk8-Gb

María López Sández, Manuel Núñez Singala e Mariña Pérez Rei forman o xurado do XXII Certame Literario de Ames 📖
🔸O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, publica as cifras de participación e os nomes das persoas que integran o xurado da vixésima segunda edición do Certame Literario Concello de Ames.
🔸Nesta ocasión, presentáronse 158 traballos, un número similar respecto das edicións anteriores.
🔸As persoas encargadas de xulgar os textos desta edición serán María López Sández, Manuel Núñez Singala e Mariña Pérez Rei; as tres pertencentes ao ámbito literario e referentes na creación literaria galega actual.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/451Jl7m

As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro poden solicitar axudas ata o 9 de xuño 📋
🔸Ata o vindeiro 9 de xuño está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social.
🔸Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral.
🔸A tramitación para solicitar estas axudas debe facerse a través da Sede electrónica do Concello de Ames. O prazo de solicitude é un mes a contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña e, como neste caso, remataría nun día inhábil (domingo), o prazo prorrógase finalmente ata o luns 9 de xuño.
ℹ️ Info e bases 🔗 https://bit.ly/3SBoznv

Ames comeza a modernizar o ciclo urbano da auga a través do proxecto “Ames dixital Water” 💦
🔹O Concello de Ames está dando os primeiros pasos no proxecto “Ames Dixital Water”, dotado cunha axuda de 1.131.309,77 euros a través do plan PERTE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, para a dixitalización do ciclo urbano da auga.
🔹A través do uso da tecnoloxía, búscase facer unha xestión máis eficiente e eficaz do ciclo completo da auga, desde a captación ata a reutilización.
🔹O orzamento previsto para a execución do proxecto é de 1.356.375,49 euros. O 83,40% do orzamento total será sufragado con fondos europeos, mentres que o 16,60% restante, 225.065,72 euros, serán sufragados con fondos municipais.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4mhgySG

👍3
A contorna da Travesía do Porto, no Milladoiro, acolleu a IV Carreira de orientación do Concello de Ames 🔎🧭
🔹 A Concellaría de Deportes, en colaboración con Xesta Natureza, organizou este domingo, 11 de maio, a cuarta edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que se desenvolveu na contorna da Travesía do Porto, no Milladoiro, a partir das 11:00 horas.
🔹O evento, no que se inscribiron 240 participantes, contou con tres categorías de menor a maior dificultade (Xestiñas, Xestas e Xesteiras), nas que puideron participar deportistas de todos os niveis e idades.
Consulta aquí a clasificación e toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4kf2jMa

Preséntase a III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames 👶🏻🩺
O evento este ano terá lugar o vindeiro 📆 27 de xuño, ás ⏱️ 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en #Bertamiráns.
🍽️ A finalidade desta cea é recadar fondos para contribuír, por unha parte, á investigación sanitaria e ao incremento e mellora da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS.
🔹O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos.
🔗 Merca aquí as entradas e consulta a información da Fila Cero por se queres realizar un donativo: https://bit.ly/3GOJtgx
📞 Para obter máis información tamén se pode chamar ao 641 11 60 05.
🎟️ As entradas poderán recollerse a partir da semana que vén nos puntos de venta autorizados.
Nova completa na seguinte ligazón: https://lc.cx/ne6fni

Sementando Cantares pola lingua 👅🎼
🔸O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de infantil e primaria, pon en marcha a actividade “Sementando Cantares” para celebrar as #LetrasGalegas2025 🎼
🔸Este ano homenaxeamos a poesía popular oral, e en especial ás pandereiteiras e cantareiras que conservaron a nosa tradición musical.
🔸Durante estas semanas o alumnado fixo escolmas de cantares populares, plasmáronos en fichas distribuídas por diferentes puntos do concello.
👀 Podes atopalas, lelas, e mesmo recolocalas noutros espazos para espallar a tradición!
🔸As escolas unitarias engadiron códigos QR con audios dos nenos e nenas cantando!
Se atopas unha ficha… móvea!
E comparte a túa foto coa etiqueta #SementandoCantaresAmes
Nova completa 🔗 https://lc.cx/J8hQuO

Este venres péchase o Ames Cultural do primeiro semestre do ano coa representación de “Mulleres que viven soas #MQVS” en Bertamiráns 🎭
🔸O espectáculo terá lugar no auditorio de Bertamiráns, ás 20.30 horas. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes.
🔸Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4dlPLAy

Ames colabora na organización da charla informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría 🗣️
📆 Será na Casa da Cultura do Milladoiro o martes, 20 de maio, de 10:00 a 13:30 horas.
🔹O xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa; ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno.
🔹Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España.
🗓️Para participar nesta actividade ofértanse 50 prazas (25 para persoal técnico e 25 para público en xeral). Hai que enviar un correo electrónico a servizos_sociaismilla@concellodeames.gal.
Data límite para inscribirse: venres 16 de maio.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Swvb6K

O Concello pon en marcha unha campaña de identificación das terrazas de Ames 🍻
🔹Trátase da implantación dun cartel obrigatorio para as terrazas dos bares e restaurantes 🍽️ Este cartel, que deberá estar visible ao público, contén información clara e concisa sobre a capacidade, os metros cadrados ocupados, e o número da licenza municipal correspondente.
🔹Con esta iniciativa búscanse tres obxectivos fundamentais: facilitar as tarefas de inspección, garantir a igualdade de condicións entre todos os hostaleiros, e fomentar o civismo e a responsabilidade compartida.
ℹ️ Dende o luns 19 de maio vanse a repartir os carteis entre os establecementos hostaleiros con licencia de terraza. Posteriormente, dende o 26 de maio farase unha inspección para revisar que as terrazas estean dentro da normativa municipal e dispoñan de autorización.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3YL2SFb

Bugallido, en festas! Esta fin de festexan a II Carballeira das Letras e o San Isidro 🎼
🔸A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza esta fin de semana a segunda edición da Carballeira das Letras, unha iniciativa motivada polo Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ás cantareiras e a recollida popular.
🔸Os días 16 e 17 haberá diversas actividades relacionadas con esta conmemoración, coma faladoiros, obradoiros e concertos.
🔸E o domingo, a parroquia amesá celebrará a súa tradicional romaría de San Isidro, unha xornada para gozar de música e boa gastronomía!
Non perdas detalle, toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/43qQT2h

Enreguéifate celebrará este luns a entrega dos galardóns deste ano, no que o IES do Milladoiro levou o premio á regueifa máis inclusiva 🏆
🏅O auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá este luns, 19 de maio, ás 11.30 horas, a entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, unha cita na que o IES do Milladoiro, xunto co CEE Manuel Navalón, recibirá o seu galardón á regueifa máis inclusiva.
📹O vídeo premiado denomínase Radio Regueifa Inclusiva “Somos diferentes, somos referentes” e nel o alumnado de ambos os dous centros regueifa conxuntamente e a través das ondas para demandar inclusión, diversidade, #respecto e non discriminación.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4keynj7

Centos de nenos e nenas participan na exhibición solidaria de medios da Garda Civil 🙌🏻
A área deportiva de Bertamiráns acolleu unha impresionante exhibición de medios da Garda Civil 🚓🚁 Pola mañá, o alumnado dos centros educativos de Ames e da contorna puido coñecer de preto os servizos deste corpo 🚨, e pola tarde, de 16:00 a 18:00, a veciñanza tamén tivo a oportunidade de gozar da actividade.
Ademais, levouse a cabo unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros 🥫, que serán doados a Cáritas Milladoiro e Cáritas San Xoán de Ortoño.
❤️ Grazas a todas as persoas que colaborastes nesta iniciativa!
Toda a ℹ️ e 📷 aquí: https://bit.ly/3YMDLlv

Inscríbete e participa no torneo benéfico Raquetas en Acción 🏸🏓
🔸O Squash Santiago, Golán Squash Academy e 2Más Academia de Tenis e Pádel organizan o venres, 23 de maio –a partir das 17.00h.–, o torneo benéfico Raquetas en Acción, que se realiza en favor da investigación da heteroplastia ósea progresiva.
🔸As inscrición pódense realizar nas instalacións do Squash Santiago.
🔸Os participantes poderán elixir entre as modalidade de pádel, squash e tenis.
🔸A partir das 21.00h haberá unha charla sobre dita enfermidade e un cóctel solidario.
🧑🧑🧒🧒 Tamén haberá animación infantil: inchables, bocadillos, música e máis sorpresas.
Todo o diñeiro que se recade irá para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3FbkGCQ

O IES do Milladoiro celebrará a súa primeira “Semana Intercultural”, que traerá unha ampla programación cultural e educativa ao centro 📖🏫
🔸Unha iniciativa que, baixo o lema “Somos Diferentes, Somos Referentes”, pretende crear no centro educativo nun espazo de encontro e celebración arredor da diversidade cultural e convivencia.
🔸Deste xeito, ao longo da vindeira semana, do 19 ao 23 de maio, o IES do Milladoiro ofrecerá unha ampla e intensa programación cultural e educativa, que contará coa participación de artistas, profesionais, asociacións e outros centros educativos.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4djl3HW

Este luns 19 de maio abre o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas do Milladoiro e Bertamiráns 🏊♂️
💦 Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude —aquí 🔗 https://bit.ly/43q78vj — e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal.
🔹O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a.
🔹As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas.
🔹O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto.
Toda a ℹ️🔗https://lc.cx/tslBGL

A amesá Olivia Parga acadou a medalla de ouro na 2º Xornada da Liga Galega de Karate 🥇
Esta pasada fin de semana, a vila de Cedeira acolleu a II Xornada da Liga Galega de Karate, unha cita na que a karateka amesá Olivia Parga volveu a acadar a medalla de ouro, como xa fixera na I Xornada da Liga Galega celebrada en Ferrol o pasado 28 de decembro.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/43C9XL2

Xa está aberto o prazo para participar na excursión a Carballolandia do programa Apego 🌳
📍 O sábado 24 de maio imos de excursión a Carballolandia (Chantada) e ao Ecomuseo do Pazo de Arxeriz (O Saviñao), na marabillosa Ribeira Sacra.
🕘 Saída: 09:30 h | 🕘 Regreso: 21:00 h
📍 Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns)
💸 Actividade de balde! Só as persoas adultas deberán pagar a entrada do museo (3 €) directamente alí.
Inscricións abertas, do 16 ao 23 de maio ✉️ enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal co nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3ZbBDEb

👍1
A Escola de Kárate Dokkodo acadou oito medallas na 2º Xornada da Liga Galega de Karate 🥋🎖️
A vila de Cedeira acolleu o pasado 10 de maio a II Xornada da Liga Galega de Karate, unha cita na que o club amesán Escola de Karate Dokkodo conseguiu un total de oito metais (dous ouros, dúas prazas e catro bronces), situándose así entre os 11 primeiros do medalleiro💪🏻
Unha vez máis, o club amesán tivo unha participación moi destacada nunha cita que contou con karatekas do máis alto nivel e que demostra o gran momento polo que está a pasar o karate galego.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4jYFDQD