CineclubePF
46 subscribers
517 photos
19 videos
3 files
299 links
Canle de difusión das actividades do cineclube Pai Feijoo de Ourense
www.cineclubepf.eu
Download Telegram
C I N E M A
A O A R L I B R E

Título: «Cuñados»
España - 2021 | 90’ | VO
Director: Toño López
Guion: Araceli Gonda, Pepe Coira, Jorge Coira & Alfonso Blanco
Música: Santi Jul & Iván Laxe
Fotografía: Jaime Pérez Fernández
Reparto: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez, Mela Casal & Brais Yanek..

Sinopse: Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan cartos, moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro por o seu cuñado. Porén é o propio Modesto quen idea un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.
Xénero: Comedia, Familia

🗓 Data: Xoves 29/08/2024
⏰️ Sesión: 22 h.
📍 Lugar: Auditorio de Penouzos
Rúa de Penouzos 19, 32970 Xeixalvo (Ourense)

Cota de acceso:
De balde até completar a capacidade do lugar.
Capacidade: ±70 asentos

Apta para tódolos públicos


E o 5/09/2024 ás 22 h «+Cuñados»



📽️ Avance (YouTube)

🗓️ Facebook ℹ️ Filmaffinity
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
P R E E S T R E A

Título
«Vidas Irrenovables» (Vidas Irrenovábeis)
España - 2024 | 90’ | VO
Director: Francisco J. Vaquero Robustillo
Xénero:  Documental
Produción: Metáfora Audiovisual

Sinopse: Traballo audiovisual que trata de ofrecer unha profunda reflexión sobre as consecuencias das nosas accións no medio ambiente. O título en si é unha chiscadela ás «vidas» dos ecosistemas e como as decisións humanas, moitas veces irreversíbeis, ponos en perigo. Esta obra forma parte dunha corrente máis ampla de cinema comprometido coa sustentabilidade e os problemas ecolóxicos. En tempos onde os termos «crise climática» e «emerxencia ambiental» están na fala da xente, «Vidas Irrenovábeis» sitúase como un espello que nos devolve unha imaxe incómoda de nosa propia realidade.

ᴄᴏɴᴛᴀʀᴇᴍᴏs ᴄᴏᴀ ᴘʀᴇsᴇɴᴢᴀ ᴅᴏ ᴅɪʀᴇᴄᴛᴏʀ

🗓 Data: Mércores 11/09/2024
🕗 Sesión: 20 h.
🧭 LugarCasa da Cultura
Rúa Concello 11, 32003 Ourense

💰 Cota de acceso:
De balde até completar a capacidade da sala.
Capacidade: 110 butacas


Apta para tódolos públicos


📽️ Avance: YouTube

🗓️ Instagram
ℹ️ Extra CCPF
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Boa tarde, esta comunicación con moito atraso pero puntual como sempre a info cinéfila e cineclubista de Manuel P. Barbeito no informativo local de RNE, no que reseña todo o que segue

1. Estreas. Fin de semana no cine comercial

Justicia artificial
Simón Casal (España, 2024)

O goberno anuncia un referéndum para adoptar a intelixencia artificial na Administración de xustiza

Filme que fala sobre o control e do que escapa do control. Un exercizo de investigación


>> Dous filmes de animación, un francés; “Zak e wowo: a lenda” e a dominicana “Capitán avespa”
e unha comedia xuvenil tontorrona Un desastre é para sempre (Beautiful wedding) de Roger Kumble (EUA, 2024) 100 min.

Unha parella cunha noite tola nas Vegas onde amanecen casados, secuela de “Marabilloso desastre” (Beautiful disaster)


Non fales con estranos
Speak no evil
James Watkins (EUA, 2024) 109 min.

Cando dúas familias se coñecen durante as vacacións...

Previsible historia de terror, remake dun filme danés de 2022


_No Cineclube Carballiño

No auditorio Manuel María do Carballiño, intensa fin de semana con programas dobles, o venres, sábado e domingo, cun ciclo adicado ao cine español máis recente e ás sesión de filmoteca (especialmente adicadas á infancia).

_O venres 13 de setembro, na sesión de filmoteca (18 h.):

Bon día Mon!
Anne-Lise Koehler i Éric Serre (Francia, 2019) 61 min.

Un paseo animado pola natureza e a aventura de medrar

Trailer LA CASA (Fondo)
> Cine español (20 e 22:30 h.);

La casa
Alex Montoya (España, 2024) 83 min.

Gañadora de 6 premios no Festival de Málaga, incluíndo o Premio do Público, Mellor Guion e Mellor Música. Unha película de Álex Montoya (“Lucas”), baseada na novela gráfica homónima de Paco Roca gañadora dun Premio Eisner. Unha película sobre a familia, a herdanza e sobre o inexorable paso do tempo.


_O sábado 14 de setembro:
>Sesión de filmoteca (18 h.):

Ponyo no acantilado
Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 100 min.

Libre adaptación da Sirenita

>Cine español (20 e 22:30 h.);

Segundo premio
Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez (España, 2024) 109 min.

O filme sobre os Planetas

Trailer SEGUNDO PREMIO (Fondo)


_O domingo 15 de setembro
>Sesión de filmoteca (18 h.):

Where Is Anne Frank
Onde está Anne Frank
Ari Folman · (Bélxica, 2021) 99 min. Cor. RA 1.85:1 [A] VOSE

Segue as pisadas de Kitty, a amiga imaxinaria de Anne Frank á que adicou o seu diario.

"Folman creou un relato moi imaxinativo que de maneira desenfadada mestura o histórico, o contemporáneo e o sobrenatural"
(Peter Bradshaw, The Guardian)

> Cine español (20 e 22:30 h.);

Mamifera
Liliana Torres (España, 2024) 93 min.

Un embarazo sorpresa desata a conta atrás a todos os niveis

https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-ourense-845-13-09-24/16247120/
Boa tarde os encontros literarios de cine deste vindeiro Festival, empezan xa este venres, estade atent@s!!!
Chegou outro venres puntual coma sempre a información cinéfila e cineclubista de Manuel P. Barbeito no informativo matutino da estación local en Ourense de RNE, na que encomenda entro outras:

No cine comercial: Puntos suspensivos de David Marqués (España, 2024) 89 min e Transformers One de Josh Cooley (EUA, 2024) 103 min.
Este venres, no Cineclube Carballiño, ás 20 e 22:30 h, no Auditorio Manuel María do Carballiño Cristina García Rodero: La mirada oculta de Carlota Nelson (España, 2023) 70 min.

No cineclube Groucho Marx do Barco de Valdeorras, o próximo xoves 26 de setembro ás 17 e 20 h, e o domingo 29 ás 19:30 h, no Teatro Lauro Olmo O monxe e o rifle de Pawo Choyning Dorji (Bután, 2023) 107 min.

A poesía de Vicente Risco, Radio Océano que soan de fondo, (do que forman parte Xose Manuel Pereiro e coa colaboración de Antón Losada) xunto con Xurxo Souto, este sábado no Roi Xordo de Allariz, a partir das 23 horas, dentro das actividades da Fundación Vicente Risco no 140 aniversario do nacemento de Vicente Risco.
https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-ourense-845-20-09-24/16255851/
🇴 🇺 🇫 🇫

Xa se poden mercar algunhas das sesións en ATaquilla

#OUFF