CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
🫵🏼 A CIG, ante a celebración do Día da Patria Galega e das eleccións xerais

📩 Chama a clase traballadora a votar o 23-X por forzas políticas propias, realmente galegas, nacionalistas e de esquerdas

📢 O 25 de xullo,  anima a participar nos actos que o nacionalismo convoca en Santiago

🎞️ youtu.be/AeQWXbPj0m4

ℹ️ https://i.gal/23xcig

Difunde!

📘  https://i.gal/23xfb
🐦  https://i.gal/23xtw
🖼️  https://i.gal/23xit
Compañeira/o,

Onte, despois de máis de 3 anos desde o inicio das negociacións (pandemia e ERE polo medio) veu de asinarse por toda a RLPT un novo Plan de Igualdade no BBVA e, non menos importante, un Acordo de Protocolo de Acoso Laboral e Acordo de Medidas para a Igualdade de Persoas LGTBI e Protocolo de Acoso por Orientación Sexual, Identidade e Expresión de Xénero.

Debido ao bon número de medidas que contén o Plan de Igualdade (92 medidas distribuídas en 14 bloques) recomendámosvos cando menos a lectura do apartado 7 do Plan correspondente ás mesmas. Incorpóranse as recentemente aprobadas o pasado mes de xuño ("Lei de Familias"). E todas estas medidas do Plan xa están en vigor.
Algunhas delas son as seguintes:

- Permiso retribuído de 10 horas anuais para consultas médicas (persoa traballadora e parentes 1º grao)

- 6 días laborábeis por accidente ou enfermidade grave ou hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario até 2º grao e conviventes. Poderase desfrutar durante os 30 días posteriores ao feito cusante. 2 días máis se fose necesario pernocta por desprazamento.

- Permiso retribuído de 4 días ao ano por causa de "forza maior", por motivos familiares urxentes e imprevisíbeis, que poden ser desfrutados por horas.

- Permiso non retribuído de 8 semanas para coidado de crianzas menores de 8 anos.

- Permiso retribuído de 1 hora na entrada ou a saída a partir da semana 30 de embarazo, con posibilidade de realizar xornada continuada nos casos de partida.

- Durante o embarazo e até que a crianza cumpra 12 meses, a traballadora non poderá ser cambiada a outro municipio, salvo petición da interesada.

- Reducir na xornada continuada de Rede, de 45 a 30 minutos o descanso mínimo obrigatorio da comida da tarde dos xoves do período de inverno, podendo adiantar a saída en 15 minutos.

- Reducir nas xornadas partida flexíbel, partida convenio e servizos financeiros personais (SFP) o tempo mínimo obrigatorio da comida a 30 minutos, eliminando a hora de entrada obrigatoria pola tarde.
(a empresa non accedeu a aplicar esta medida a todas as xornada partidas)

- As persoas con xornada partida flexíbel e partida flexíbel singular terán a posibilidade de facer xornada partida ou continuada, á súa elección, do 15 de xuño ao 15 de setembro.

- Xornada reducida a 5 horas os días 24 e 31 de decembro, e 5 de xaneiro
(dereito conseguido pola CIG por sentenza do TSXG)

- Ampliar o dereito a ter redución de xornada por coidado de menor até a finalización do curso escolar no que o/a menor cumpra 12 anos de idade.

- Cando menos 450 mulleres con niveles de convenio 6 ou inferior, serán promocionadas a niveles 4 e 5.

- Equiparar as parellas de feito no tratamento que ten o matrimonio a todos os efectos das medidas contempladas no Convenio Colectivo e no Plan de Igualdade.

- Establécese un protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, con definición clara da conducta de acoso e a inclusión de política de boas prácticas.


En canto ao Protocolo de Acoso Laboral, é moi recomendábel ler o texto completo. Nel hai unha definición clara do acoso laboral, citando conductas que poden ser constitutivas de acoso e establecendo un procedemento de actuación para quen se considere víctima de acoso laboral.
Se consideras que es víctima de acoso laboral ou es consciente deste tipo de actuacións, non dubides en poñerte en contacto con calquera delegada/o da CIG.


Por último, acordáronse establecer unha serie de medidas para alcanzar a igualdade das persoas LGTBI, así como un Protocolo de Acoso por orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.


As delegadas e delegados da CIG estamos á túa disposición para calquera dúbida ou consulta que teñas ao respecto destes acordos. Se é así, contáctanos.

#PlandeIgualdade #LGTBI #AcosoLaboral #Protocolo #conciliación
Na CIG temos o firme compromiso de seguir loitando até acadar a IGUALDADE REAL entre os homes e as mulleres que formamos o BBVA!
Compañeira/o,


Lembramos algunhas das medidas de flexibilidade nas xornadas de traballo incluídas no recente Plan de Igualdade:


- Redúcese o tempo mínimo obrigatorio de comida a 30 minutos, eliminando a hora de entrada obrigatoria pola tarde, nas seguintes xornadas:
* Xornada Partida e Flexíbel. Posibilidade de saída ás 16:15hs
* Xornada Partida Convenio. Saída ás 16:30hs
* Xornada Servizos Financieiros Personais (SFP). Posibilidade de saída ás 16:00hs

- Na Xornada Partida e Flexíbel pódese facer xornada continuada durante o periodo de verán (15 de xuño a 15 de setembro).


- Na Xornada Contínua de Rede redúcese o descanso mínimo obrigatorio de comida da tarde dos xoves de 45 a 30 minutos, adiantándose a saída en 15 minutos. Posibilidade de saída ás 18:15hs
Satisfacción e Compromiso do persoal na era da postverdade
(Enquisa Gallup)

www.cigbbva.gal/2023/09/satisfaccion-e-compromiso-do-persoal-na.html
Salarios en Banca:
Un problema sen resolver

www.cigbbva.gal/2023/09/Salarios-en-Bancaun-problema-sen-resolver.html
Delegadas e delegados da CIG concentráronse o pasado martes 26/09 diante das catro delegacións provinciais da Inspección de Traballo para denunciar ás empresas, como o BBVA, que non entregaron o rexistro retributivo de 2022 e exixir do Organismo que as obrigue a cumprir coa lexislación en materia de igualdade.
As mobilizacións
realizáronse coincidindo coa presentación de máis de 90 denuncias referidas a outras tantas empresas e administracións públicas que non entregaron o rexistro salarial, evidenciando a súa falta de compromiso coa igualdade retributiva entre mulleres e homes.

#ImosRematarCoaFendaSalarial
Constituída a mesa de negociación do convenio colectivo de banca

www.cigbbva.gal/2023/10/constitucion-da-mesa-negociadora-do-convenio-colectivo.html
Compañeira/o:

Ante as informacións recibidas de persoas afectadas por este novo Plan do Banco referentes a ampliacións da súa xornada de traballo, nomeadamente Xestoras/es de Banca Persoal que pasarían de Xornada SFP a Xornada Partida e Flexíbel (aumento da xornada en 15 minutos diarios de luns a xoves durante o período de inverno), sinalamos:

- Temos solicitado información a T&C ao respecto deste e outros aspectos de importancia sen recibir ningún tipo de contestación. Cónstanos que outros sindicatos están na mesma situación. Nova mostra da falta de respeto de BBVA co seu persoal, cando omite información relevante á súa representación legal.

- Calquera tipo de horario distinto ao continuado establecido no convenio colectivo (art. 26.2) require voluntariedade por parte da persoa traballadora, xa sexa por acordo colectivo (SFP...) ou individual (xornada partida e flexíbel...). Coa posibilidade de renuncia ao mesmo en calquera momento e, por tanto, paso á xornada continuada de convenio, de estares adscrita/o.

- Ante calquera dúbida por un cambio nas túas condicións laborais, non asines o documento de adhesión que o banco che envíe. No caso actual, de serche enviado documento de adhesión á xornada partida e flexíbel tendo xornada SFP, recomendamos a non sinatura do mesmo, o que imposibilitaría calquera tio de reclamación posterior.



Amais lembra que...

O banco ten establecido as tardes dos xoves para a realización dos cursos de formación (certificacións, recertificacións...). O que nos ten comunicado formalmente á RLPT en diversas ocasións.
Como ben sabedes, é unha obriga legal a realización da formación dentro da xornada laboral.

Igualmente, lembramos non esquecer grabar as Horas de Formación en Vacacións e Ausencias, por mor da non penalización no cómputo de produtividade do tempo empregado en realizar esa formación.


Non dubides en poñerte en contacto cun delegado/a da CIG ante calquera dúbida ou cuestión referente ás túas condicións laborais.
Non asines ningún tipo de documento se non estás plenamente convencida/o.
Elabora as propostas sindicais cara a negociación do Convenio
Proceso participativo: ti traballas, ti decides!

www.cigbbva.gal/2023/10/proceso-participativo-Ti-traballas-Ti-decides.html

i.gal/EnquisaCIG

#enquisa #convenio
Proxectos Converxencia, Pemes e Banca Persoal:
MOITO OLLO, NON A XOGUES!

ᴄᴏᴍᴘᴀñᴇɪʀᴏ/ᴀ

Levamos días asistindo a un conxunto de despropósitos absolutamente inxustificables nesta empresa (que din «Great Place to Work») que é BBVA.

Se ben xa houbo importantes erros no proceso de comunicación inicial, a iso hai que engadir nalgúns casos ocultacións de informacións, presións... e incluso ameazas, con tal de conseguir as aceptacións do proposto.
Tomamos boa nota deses casos que estudaremos o seu encaixe no recentemente asinado Protocolo de Acoso Laboral.

Despois de pasados varios días, a situación non é para nada mellor. Chégannos informacións e versións de todo tipo: que se che din que non vas ter perda económica pero non che din como se vai articular (iso de que che "pasan complementos a fixo" pero sen indicar como é non dicir nada), que "terás un cambio de horario e traballarás 15 minutos máis diario" pero sen indicarche outras condicións (posibilidade futura de desestimento...) é dicir moi pouco e nada bon. E todo de palabra, por escrito nada.

Por outro lado, o Banco ante a reiterada solicitude de información que temos feita a RLPT (Sindicatos) continúa a facer caso omiso, a calada por resposta. E cando non contestan...

O obxectivo do Banco é seguir individualizando as condicións laborais de cada vez máis persoal. Horarios e salarios á súa medida, obviando o convenio colectivo e outros acordos asinados. Traballar máis tempo a xornada partida por menos salario.
Non nos enganemos, esta individualización das relacións laborais unicamente beneficia ao banco, prexudícanos a todo o persoal no conxunto, máis tamén a quen chega a acordos individuais co banco. A nosa forza como clase traballadora é colectiva, nunca individual.

Diante desta situación de grande oscurantismo, con versións moi diferentes transmitidas ao persoal, ausencia de envío da información solicitada por parte da RLT ao Banco... se vos envían algún documento para que asinedes para modificar as vosas condicións laborais (xornada, salario...) NON O ASINEDES. Poñédevos en contacto cunha delegada/o da CIG ou a través deste correo e facédenolo saber antes de asinar.

Que repercusión che tería asinar voluntariamente a adhesión a unha xornada partida que amplía a túa actual e pode que sen posibilidade de desestimento no futuro?
Que repercusión che tería asinar voluntariamente que parte do teu salario fixo pase a un complemento compensable e absorvible coas futuras subas de convenio? A conxelación salarial durante anos.

No caso de que che envíen calquera escrito para que asines cunha modificación voluntaria das túas condicións de traballo actuais, fainolo saber canto antes e non o asines.
De ser asinada a modificación proposta, iso eliminaría ou limitaría moitísimo calquera posíbel reclamación individual ou colectiva futura.


Cos teus dereitos, non a xogues. Contáctanos!
AEB: Suprimir/conxelar a antigüidade e ampliar a mobilidade xeográfica
2º xuntanza da mesa negociadora do convenio colectivo

www.cigbbva.gal/2023/11/xuntanza-02-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
👏1
25N: Non hai violencia que nos pare na conquista da igualdade!

www.cigbbva.gal/2023/11/non-hai-violencia-que-nos-pare-na-conquista-da-igualdade.html

Info sobre mobilizacións: feminismo.info