CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Asemblea Santiago: esta loita tamén é polo dereito á nosa saúde mental

Na asemblea aberta de Santiago, púxose sobre a mesa o noso dereito a traballar sen ter que medicarnos. As políticas comerciais e laborais dos bancos afectan a nosa saúde mental.

www.cigbbva.gal/2023/04/asemblea-santiago-esta-loita-tamen-e-polo-dereito-a-nosa-saude-mental.html
Asemblea aberta de traballadoras/es de banca na Coruña

Participa!

www.cigbbva.gal/2023/04/asemblea-aberta-traballadoras-es--de-Banca.html
Mobilizacións do
1º de Maio da CIG

- Vigo: A Dobrada, ás 12h.
- Cangas: Concello, ás 18h.
- A Coruña: Praza de Vigo, ás 12h.
- Cee: Praza Otero Lastres, ás 12h.
- Pontevedra: Praza da Ferrería, ás 12h
- Vilagarcía: Casa do Mar, ás 11:30h.
- A Estrada: Praza do Mercado, ás 12h.
- Ferrol: Local da CIG (avda. Esteiro), ás 12h.
- As Pontes: Praza do Hospital, ás 12h.
- Santiago: Praza Roxa, ás 12h.
- Ribeira: Praza do Mercado, ás 12h.
- Lugo: Edificio Sindical, ás 12h.
- Burela: Local da CIG, ás 12h.
- Ourense: Praza Maior, ás 11:30h.
- Verín: Concello, ás 12h.

#1maio #CIG
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
29 abril: Mártires de Carral
(Vía Galega)
Non ao Plan de «IGUAL-DÁ»
no BBVA


Hoxe estamos na rúa reclamando avances reais na negociación do Plan de Igualdade no BBVA.
O vixente Plan data do ano 2010 e quedou varrido polo avance dos tempos, da lexislación e dos cambios normativos. As mentes e as persoas somos diferentes e queremos un Plan de Igualdade reflexo dese cambio. Que sente as bases da igualdade, a conciliación e a diversidade.

A realidade é ben diferente porque o BBVA, despois de máis de dous anos de «negociación», négase a aportar a información chave para determinar o alcance da fenda salarial no banco. A empresa coñece esa fenda pero, debe ser tan vergoñenta, que non aporta a información.

As mulleres do BBVA, queremos traballar nunha empresa na que a IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO, pero tanta negativa nos leva a pensar o peor.

Tampouco sabemos recoñecer no Directorio do banco os Postos de Igual Valor. A empresa nega a información e, a maiores, mudou o Organigrama, polo que fai imposíbel recoñecer en que nivel nos atopamos como traballadoras. Poñendo trabas a poder comparar salarios e saber se a nosa retribución é correcta segundo a nosa contribución á empresa.

As mulleres no BBVA queremos chegar ata o máximo das nosas
posibilidades e estamos fartas da trampa da mobilidade como traba para as promocións.

Sen melloras de calado e despois de máis de dous anos de negociación, atopámonos con que o que se asine será papel mollado porque o Banco abusa das cláusulas de compensación e absorción, que fan que a pesar do avance normativo, este Plan quede en nada se a Lei garante melloras por riba do asinado.

As mulleres do BBVA estamos fartas de que a conciliación se conxugue en base a renuncias persoais e profesionais e non a medidas acorde as necesidades do cadro de persoal.
BBVA e o Plan de IGUAL-DÁ

Hoxe, 9 de maio, reclamamos na rúa o que vós demandades: que o Plan de Igualdade do BBVA non quede nun Plan de Igual-Dá. Que a empresa mova ficha e asine o seu compromiso con avances reais e reflexo do que xa é a realidade do cadro de persoal.


www.cigbbva.gal/2023/05/BBVA-e-o-plan-de-igual-DA.html
Campaña Renda 2022

Se es afiliado ou afiliada da CIG, podes utilizar a Oficina Virtual para recibir o asesoramento que a central sindical pon a túa disposición

#Renda #CIG
A plataforma cidadá Queremos Galego sairá ás rúas o 17 de maio ás 12 h. para reivindicar a vida en galego.


MOBILIZACIÓNS:

• Santiago de Compostela (Alameda)
• A Coruña (Obelísco)
• Lugo (Praza Maior)
• Ourense (Praza do Correxidor)
• Pontevedra (Praza Curros Enríquez)
• Vigo (Cruce Vía Norte)
• Ferrol (Praza do Inferniño)
• Monforte (Praza de España)
• Foz (Casa do Concello)

40 anos de lei de normalización lingüística non serviron para garantir a presenza e dispoñibilidade do galego en todos os espazos da vida pública.

A actual situación é emerxencia lingüística.

✍️ Asina o manifesto:

queremosgalego.gal/manifesto

Queremos Galego!
00_GuiaConciliacion_2023.pdf
2.2 MB
Lembrámoste que tes a túa disposición, unha Guía de Conciliación elaborada pola Secretaría da Muller da CIG, que trata de responder as túas dúbidas sobre prestacións e dereitos relacionados coa conciliación na vida familiar e laboral, e outras medidas de Igualdade de oportunidades no traballo

i.gal/GuiaConci
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
EN GALEGO, AQUÍ E AGORA

Chegou maio, e chegou o mes da lingua.
O 17 de maio participa nas mobilizacións de «Queremos Galego» previstas na principais cidades e vila do país.

Mobilizacións:
http://ir.gl/concentra

Asina o manifesto:
🖋 http://ir.gl/asinar

#QueremosGalego
Avaliación do acordo Interconfederal de Negociación Colectiva CEOE, CC.OO, UGT
www.cigbbva.gal/2023/05/acordo-interconfederal-de-negociacion-CEOE-CCOO-UGT.html
Todos os sindicatos con representación no BBVA vimos de reclamarlle conxuntamente a convocatoria de xuntanza da Mesa de RRLL (30/05/23) para tratar a revisión dos Beneficios Sociais do persoal, nomeadamente o referente aos Préstamos de Empregados/as.

É indignante o maltrato recibido polo Banco, que tendo inxentes beneficios (producidos por todos e todas nós) para o reparto entre os accionistas, cos directivos que seguen aumentando exponencialmente as súas indecentes retribucións... se nos continúe a negar unha mellora dos xuros dos nosos Préstamos de Empregados/as, en moitos casos con peores condicións que as da clientela (até aí chega a súa avariza, a facer negocio con todos e todas nós).

Solicitámoslle conxuntamente ao Banco que, ao igual que xa fixeron outras entidades, estableza medidas de mellora dos Préstamos de Empregados/as que nos permita aliviar a situación.

Resulta totalmente inxustificado que no actual contexto de brutal carestía da vida e o Banco con descomunais beneficios, teñamos que sufrir unha enorme perda dos nosos ingresos pola non actualización dos nosos salarios (e cotizacións —pensións futuras—) e que por riba pretenda non establecer ningún tipo de medida de contención dos xuros dos nosos préstamos.

E velaquí tedes a súa resposta... Non a todo
👍1
'
Circular conxunta da RLPT no BBVA

Trala xuntanza mantida o pasado 30 de maio co BBVA, en relación ás condicións dos préstamos hipotecarios, e ante a posición de unidade e forza que mantivemos a Representación Legal das Persoas Traballadoras (RLPT), o pasado día 13 de xuño, fomos convocados pola empresa que nos expuxo a seguinte proposta

www.cigbbva.gal/2023/06/circular-conxunta-xuntanza-13-xunho-sobre-os-prestamos.html
Circular conxunta sobre o acordo de préstamos hipotecarios

Tralas distintas reunións mantidas coa empresa, en relación ás condicións dos préstamos hipotecarios, e ante a posición de unidade e forza que mantivemos a Representación Legal das Persoas Traballadoras (RLPT), finalmente chegamos a un acordo que subscribimos por unanimidade

www.cigbbva.gal/2023/07/circular-conxunta-acordo-sobre-prestamos-hipotecarios.html
Unha nova sentenza avanza no dereito á adaptación de xornada na banca

O Xulgado do Social nº 5 de Vigo declarou o dereito dunha traballadora do BBVA a acollerse á adaptación de xornada por coidados. Esta é a segunda sentenza favorable a unha traballadora de banca afiliada á CIG.

www.cigbbva.gal/2023/07/sentenza-Vigo-favorable-a-traballadora-de-banca.html
230628_Novos_permisos_laborais_para_as_familias.pdf
184.3 KB
O Consello de Ministros aprobou o 27 de xuño unha serie de permisos familiares no marco dunha última prórroga do RD Lei de medidas anticrise. Algúns destes permisos estaban recollidos na Lei de familias que estaba en proceso de tramitación mais ficou interrompida por mor do adianto eleitoral ao disolver as Cortes, aproveitando outro marco normativo (medidas de resposta ás consecuencias da guerra de Ucrania) para aprobar medidas que creen que poden ter un efecto positivo nas urnas.

No documento adxunto achégase un resumo coa información dos novos permisos familiares aprobados onte no Consello de Ministras/os. En canto saia publicada a modificación legal, achegaremos valoración e modelos de solicitudes
🫵🏼 A CIG, ante a celebración do Día da Patria Galega e das eleccións xerais

📩 Chama a clase traballadora a votar o 23-X por forzas políticas propias, realmente galegas, nacionalistas e de esquerdas

📢 O 25 de xullo,  anima a participar nos actos que o nacionalismo convoca en Santiago

🎞️ youtu.be/AeQWXbPj0m4

ℹ️ https://i.gal/23xcig

Difunde!

📘  https://i.gal/23xfb
🐦  https://i.gal/23xtw
🖼️  https://i.gal/23xit