CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
A CIG chama a mobilizarse contra a regresiva reforma das pensións o 29 de marzo

www.cigbbva.gal/2023/03/reforma-das-pensions.html

#AsPensionsNonSetocan
O Comité Europeo de Dereitos Sociais, dános a razón




A lexislación española permite condicións laborais, habituais no sector de banca, que vulneran a Carta Social Europea

[+Info]

www.cigbbva.gal/2023/04/o-comite-europeo-de-dereitos-sociais.html
Asemblea aberta de traballadoras/es de banca en Compostela e na Coruña

Participa!

www.cigbbva.gal/2023/04/asemblea-aberta-traballadoras-es--de-Banca.html
O Banco preséntanos un Plan Piloto de peches parciais de oficinas
O tempo deunos a razón. Só a CIG se opuxo ao peche de oficinas, sobre todo no rural
www.cigbbva.gal/2023/04/BBVA-presenta-un-plan-de-peches-parciais-de-oficinas.html
Asemblea Santiago: esta loita tamén é polo dereito á nosa saúde mental

Na asemblea aberta de Santiago, púxose sobre a mesa o noso dereito a traballar sen ter que medicarnos. As políticas comerciais e laborais dos bancos afectan a nosa saúde mental.

www.cigbbva.gal/2023/04/asemblea-santiago-esta-loita-tamen-e-polo-dereito-a-nosa-saude-mental.html
Asemblea aberta de traballadoras/es de banca na Coruña

Participa!

www.cigbbva.gal/2023/04/asemblea-aberta-traballadoras-es--de-Banca.html
Mobilizacións do
1º de Maio da CIG

- Vigo: A Dobrada, ás 12h.
- Cangas: Concello, ás 18h.
- A Coruña: Praza de Vigo, ás 12h.
- Cee: Praza Otero Lastres, ás 12h.
- Pontevedra: Praza da Ferrería, ás 12h
- Vilagarcía: Casa do Mar, ás 11:30h.
- A Estrada: Praza do Mercado, ás 12h.
- Ferrol: Local da CIG (avda. Esteiro), ás 12h.
- As Pontes: Praza do Hospital, ás 12h.
- Santiago: Praza Roxa, ás 12h.
- Ribeira: Praza do Mercado, ás 12h.
- Lugo: Edificio Sindical, ás 12h.
- Burela: Local da CIG, ás 12h.
- Ourense: Praza Maior, ás 11:30h.
- Verín: Concello, ás 12h.

#1maio #CIG
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
29 abril: Mártires de Carral
(Vía Galega)
Non ao Plan de «IGUAL-DÁ»
no BBVA


Hoxe estamos na rúa reclamando avances reais na negociación do Plan de Igualdade no BBVA.
O vixente Plan data do ano 2010 e quedou varrido polo avance dos tempos, da lexislación e dos cambios normativos. As mentes e as persoas somos diferentes e queremos un Plan de Igualdade reflexo dese cambio. Que sente as bases da igualdade, a conciliación e a diversidade.

A realidade é ben diferente porque o BBVA, despois de máis de dous anos de «negociación», négase a aportar a información chave para determinar o alcance da fenda salarial no banco. A empresa coñece esa fenda pero, debe ser tan vergoñenta, que non aporta a información.

As mulleres do BBVA, queremos traballar nunha empresa na que a IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO, pero tanta negativa nos leva a pensar o peor.

Tampouco sabemos recoñecer no Directorio do banco os Postos de Igual Valor. A empresa nega a información e, a maiores, mudou o Organigrama, polo que fai imposíbel recoñecer en que nivel nos atopamos como traballadoras. Poñendo trabas a poder comparar salarios e saber se a nosa retribución é correcta segundo a nosa contribución á empresa.

As mulleres no BBVA queremos chegar ata o máximo das nosas
posibilidades e estamos fartas da trampa da mobilidade como traba para as promocións.

Sen melloras de calado e despois de máis de dous anos de negociación, atopámonos con que o que se asine será papel mollado porque o Banco abusa das cláusulas de compensación e absorción, que fan que a pesar do avance normativo, este Plan quede en nada se a Lei garante melloras por riba do asinado.

As mulleres do BBVA estamos fartas de que a conciliación se conxugue en base a renuncias persoais e profesionais e non a medidas acorde as necesidades do cadro de persoal.
BBVA e o Plan de IGUAL-DÁ

Hoxe, 9 de maio, reclamamos na rúa o que vós demandades: que o Plan de Igualdade do BBVA non quede nun Plan de Igual-Dá. Que a empresa mova ficha e asine o seu compromiso con avances reais e reflexo do que xa é a realidade do cadro de persoal.


www.cigbbva.gal/2023/05/BBVA-e-o-plan-de-igual-DA.html
Campaña Renda 2022

Se es afiliado ou afiliada da CIG, podes utilizar a Oficina Virtual para recibir o asesoramento que a central sindical pon a túa disposición

#Renda #CIG
A plataforma cidadá Queremos Galego sairá ás rúas o 17 de maio ás 12 h. para reivindicar a vida en galego.


MOBILIZACIÓNS:

• Santiago de Compostela (Alameda)
• A Coruña (Obelísco)
• Lugo (Praza Maior)
• Ourense (Praza do Correxidor)
• Pontevedra (Praza Curros Enríquez)
• Vigo (Cruce Vía Norte)
• Ferrol (Praza do Inferniño)
• Monforte (Praza de España)
• Foz (Casa do Concello)

40 anos de lei de normalización lingüística non serviron para garantir a presenza e dispoñibilidade do galego en todos os espazos da vida pública.

A actual situación é emerxencia lingüística.

✍️ Asina o manifesto:

queremosgalego.gal/manifesto

Queremos Galego!
00_GuiaConciliacion_2023.pdf
2.2 MB
Lembrámoste que tes a túa disposición, unha Guía de Conciliación elaborada pola Secretaría da Muller da CIG, que trata de responder as túas dúbidas sobre prestacións e dereitos relacionados coa conciliación na vida familiar e laboral, e outras medidas de Igualdade de oportunidades no traballo

i.gal/GuiaConci
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
EN GALEGO, AQUÍ E AGORA

Chegou maio, e chegou o mes da lingua.
O 17 de maio participa nas mobilizacións de «Queremos Galego» previstas na principais cidades e vila do país.

Mobilizacións:
http://ir.gl/concentra

Asina o manifesto:
🖋 http://ir.gl/asinar

#QueremosGalego
Avaliación do acordo Interconfederal de Negociación Colectiva CEOE, CC.OO, UGT
www.cigbbva.gal/2023/05/acordo-interconfederal-de-negociacion-CEOE-CCOO-UGT.html