CCOO ENSINO
2.65K subscribers
1.64K photos
77 videos
9 files
1.94K links
📲🏫 Toda a información do ensino galego
Download Telegram
🟥 Publicada a resolución definitiva do FAS

🗓 Prazo de reclamacións: desde mañá, martes, 22 de outubro, ata o 21 de novembro (ambos incluídos)

👇 Consulta as axudas publicadas
🔗 http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_fas/fas_principal.jsp

👇 Na web de Función Pública
🔗 https://www.xunta.gal/funcion-publica/fondo-de-accion-social

👇 Resolución (DOG)
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241021/AnuncioG0597-141024-0002_gl.html
🟥 Curso presencial. A acción educativa de España no exterior

18 horas

✍️ Recoñecidas polo INTEF do Ministerio de Educación

📍 Presencial. Lugar: Escola Sindical "Juan Muñoz Zapico". Rúa de Longares, 6. Madrid.

💶 Importe: 90€ con afiliación / 130€ sen afiliación

👇 Toda a información, na web

🔗 https://ccooensino.gal/curso-presencial-a-aeee-oportunidades-para-docentes-no-exterior/
🟥 Non aceptamos modificacións do Acordo

Ao igual que na mañá do pasado venres, 18 de outubro, faciamos referencia ás 19 interinidades que afloraron como froito das nosas demandas na comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora, non nos queda máis remedio que saír a desmentir á Consellería de Educación na súa publicación un venres á tarde.

Na reunión mantida o venres por CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP co Conselleiro, Román Rodríguez, e o seu equipo, trasladóusenos a inclusión do “Acordo de medidas de mellora” na Lei de medidas fiscais e administrativas da Xunta de Galicia para 2025 co fin de amosar o “compromiso absoluto” da aplicación das accións en marcha “conferíndolle o maior respaldo xurídico posible”.

Isto, que en principio debería ser unha boa nova, non supón ningunha aceptación nin renuncia por parte das organizacións sindicais asinantes do Acordo. Como se soe dicir, “non tragamos con rodas de muíño”.

👉 Le o comunicado na web:
https://ccooensino.gal/non-aceptamos-modificacions-do-acordo
📢📄🟥 Denuncia ante a Valedora do Pobo pola inadecuada aplicación do “Acordo de medidas de mellora”

Hoxe, as tres organizacións asinantes do “Acordo de medidas de mellora” (CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP) presentamos unha denuncia ante a Valedora do Pobo pola inadecuada aplicación que a Xunta de Galicia está facendo deste acordo malia o contido do texto publicado no DOG e asinado polo Presidente Rueda.

A Valedora do Pobo representa un mecanismo de control do cumprimento dos dereitos da cidadanía galega e de supervisión dos defectos máis comúns da administración autonómica. Por este motivo, presentamos a documentación que acredita, unha por unha, as incidencias que recollimos no mes de setembro poñéndonos en contacto con todos os centros educativos de Galicia que contan coas etapas de Educación Infantil e/ou Primaria.

👉 Coñece todos os detalles na web:
https://ccooensino.gal/denuncia-ante-a-valedora-do-pobo-pola-inadecuada-aplicacion-do-acordo-de-medidas-de-mellora/
🟥 Resolución definitiva do Programa PROA+

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos.

👇 Na web da Consellería:
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44803
🟥ℹ️ Oposicións no ano 2025

O Presidente Rueda anunciou hoxe que a Xunta lanzará unha nova oferta de emprego público en 2025 co fin de consolidar o cadro de persoal docente ata chegar ao máximo da taxa de reposición (120 %).

Desta maneira, aínda que non se coñecen as especialidades que se convocarán nin o reparto de prazas por especialidade, si que se pode contar cunha convocatoria de entre 1 000 e 1 500 prazas, na liña das ofertas correspondentes aos últimos exercicios.

👉 Na web da Consellería:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44825
🟥 Publicado o procedemento para cubrir provisionalmente postos de inspección

🗓 Prazo de inscrición: do venres, 25 de outubro ata o venres, 8 de novembro (ambos incluídos)

👇 Na web da Consellería

🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44831
🟥 Continúa a campaña polo grupo A1 e suba de nivel 24 a 26
✍️ https://salariodecente.ccoo.es/gal/

🟥 Cursos en liña CCOO
🔗 https://ccooensino.gal/oferta-de-cursos-en-lina-2024-da-federacion-de-ensenanza-de-ccoo-setembro/

🟥 Fondo de acción social (FAS)
🗓 Reclamacións á resolución definitiva: ata o 21 de novembro
🔗 https://t.me/ccooensino/2066

🟥 Curso presencial. A acción educativa de España no exterior. Madrid
🗓 22-24 novembro
🔗 https://ccooensino.gal/curso-presencial-a-aeee-oportunidades-para-docentes-no-exterior/

🟥 Postos provisionais de inspección
🗓 Inscrición ata o 8 de novembro
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44831
🟥 Resolución provisional das especialidades de Informática, Instalacións electrotécnicas e Sistemas e aplicacións informáticas de PES
🗓 Prazo de alegacións: do mércores, 30 de outubro, ao luns, 4 de novembro (ambos incluídos)
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44882

🟥 Resolución provisional de varias especialidades dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas
🗓 Prazo de alegacións: do mércores, 30 de outubro, ao luns, 4 de novembro (ambos incluídos)
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44886

🟥 Resolución definitiva de Orientación do corpo de Mestres/as
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44884
🟥 CCOO maniféstase en contra de prorrogar o VII Convenio Colectivo

🪑 Reunión da Mesa Negociadora do 29 de outubro

👇 Na web

🔗 https://ccooensino.gal/ccoo-manifestase-en-contra-de-prorrogar-o-vii-convenio-colectivo/
🟥 ASEMBLEA INFORMATIVA SOBRE A PARTICIPACIÓN NO CXT 24-25

🗓 Mércores 6 de novembro de 2024

18:00 a 19:30 horas

👥 Preferencia para persoas afiliadas

👨‍🏫 Relator: Borja Campos

👇 Inscríbete xa!
🔗 https://forms.gle/hfQ3y9a5FhB6Jxwz6

ℹ️ Podes consultar na nosa web os cambios no baremo e as aclaracións e modificacións remitidas pola Consellería:
🔗 https://ccooensino.gal/cxt-concurso-xeral-de-traslados
🟥 PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DO CXT NO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241104/AnuncioG0761-221024-0001_gl.html

📅 Prazo de participación: do 5 ao 26 de novembro

⚠️ Asemblea informativa o mércores 6 ás 18 horas con Borja Campos. Inscríbete:
https://ccooensino.gal/asemblea-informativa-sobre-a-participacion-no-cxt-24-25/
🟥 Revista TE de permisos e licenzas para o PSEC

💁 Toda a información para o persoal de servizos educativos complementarios (PSEC) sobre:

🍒 Permisos
🍒 Licenzas
🍒 Reducións de xornada
🍒 Días de asuntos particulares
🍒 Vacacións

👀 Cunha apariencia renovada!

🏖 Tes tamén dispoñible o cadro resumo de asuntos particulares e vacacións

👇 Na web
🔗 https://ccooensino.gal/permisos-psec/
🟥 CCOO esixe que as persoas mutualistas continúen recibindo atención médica e asistencial nas actuais condicións

Logo de se declarar deserta a nova licitación de MUFACE.

Puidemos confirmar coa Dirección Xeral de MUFACE a garantía do servizo prestado e volvemos insistir na necesidade de revisar tanto as prestacións ofertadas como a calidade do servizo.

👇 Na web

🔗 https://ccooensino.gal/ccoo-esixe-que-as-persoas-mutualistas-continuen-recibindo-atencion-medica-e-asistencial-nas-actuais-condicions/
🟥 Concentracións o 8 de novembro, ás 12 h, en solidariedade coas vítimas de Valencia

CCOO, UGT e USO, ante a catástrofe provocada pola DINA na provincia de Valencia o pasado 29 de outubro, acordamos convocar un paro de 10 minutos ás 12 horas para o vindeiro venres, 8 de novembro, en todos os centros de traballo do Estado.

👇 Na web

https://www.ccoo.gal/noticia:709328--Concentracions_o_8_de_novembro_as_12_h_en_solidariedade_coas_vitimas_de_Valencia&opc_id=5417ea7953f47225d9da408425aae2cc
🟥 Convocada Mesa Sectorial para o Concurso de Orientación de Primaria

🗓 Terá lugar o vindeiro martes, 12 de novembro

📨 Envía as túas achegas a ensino@galicia.ccoo.es!

👇 Consulta o proxecto de orde do concurso na web

🔗 https://ccooensino.gal/convocada-mesa-sectorial-para-o-concurso-de-orientacion-de-primaria/
ℹ️ Celebración das asembleas congresuais de nivel 1

Ao longo desta semana, tal e como se informou previamente a toda a afiliación, en CCOO estamos celebrando as asembleas congresuais de nivel 1 en distintas localidades de Galicia.

🗓 Calendario das asembleas de nivel 1:
https://ccooensino.gal/wp-content/uploads/2024/10/CONVOCATORIA-ASEMBLEA-NIVEL-I-General.pdf

👇 Toda a información na web:

🔗 https://ccooensino.gal/celebracion-das-asembleas-congresuais-de-nivel-1/
🟥 Publicada a resolución provisional para varias especialidades de "Catedráticos/as de música e artes escénicas" e de "Profesores/as de artes plásticas e deseño"

🗓 Prazo de reclamacións: do xoves, 7, ata o luns, 11 de novembro, ambos incluídos

👇 Na web da Consellería

🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44955
🟥 💪 CCOO anuncia mobilizacións a nivel estatal se MUFACE non ofrece garantías nin unha resposta clara

O sindicato amosou o seu malestar pola posición da entidade de manter á marxe ás organizacións sindicais e por non ofrecer un plan claro de acción.

Despois da reunión mantida esta mañá co Consello Xeral de MUFACE, na que a entidade quixo transmitir unha mensaxe de tranquilidade respecto aos servizos prestados, CCOO critica que se convocou ás organizacións sindicais a unha reunión ordinaria, case como meras espectadoras, no canto de abordar de maneira exclusiva o futuro da entidade e a garantía de servizo para todas as persoas mutualistas.

👉 Na web:
https://ccooensino.gal/ccoo-anuncia-mobilizacions-a-nivel-estatal-se-muface-non-ofrece-garantias-nin-unha-resposta-clara/
🟥 FSIE: o monicreque da patronal

FSIE intenta desviar a atención da súa incompetencia atacando a CCOO, ao tempo que pretende erixirse como gran defensor de quen traballa na escola concertada.

Nada máis lonxe da realidade. Remitímonos aos feitos cunha comparativa, na que se aprecia que as únicas melloras laborais no sector nas últimas décadas se producen pola influencia de CCOO nos ámbitos de negociación nos que non está presente FSIE.

👇 Na web

🔗 https://ccooensino.gal/fsie-o-monicreque-da-patronal/