CCOO ENSINO
2.86K subscribers
2.59K photos
176 videos
9 files
2.67K links
📲🏫 Toda a información do ensino galego
Download Telegram
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🟥 Volven as 18 sesións lectivas ao ensino secundario

A partir do 1 de setembro o máximo serán 18 sesións lectivas no ensino secundario.

O teu horario fixo no centro será de 23 sesións: 18 de clase + 5 complementarias (catro gardas e unha de atención ás familias).

E no caso excepcional de superar as 18 clases:
👉 Se sobes a 19 sesións, o teu horario fixo baixa a 21: tres gardas menos.
👉 Se chegas a 20, quedas sen sesións de gardas e sen atención ás familias.
👉 Todo iso require o visto e prace da inspección educativa.
👉 E se das afíns, non poderás superar as 18 sen o teu consentimento.

▶️ Mira o vídeo, garda este contido e compárteo co teu claustro.


#CCOOEnsino #Secundaria #HorarioLectivo #18Sesións
2👏1
🟥 Novos avances nas instrucións de FP para o curso 2026/27

As instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 2026/27 recollen novos avances derivados do Acordo sobre Medidas de Mellora, froito do diálogo sindical e das demandas trasladadas polo profesorado.

Agora que toca repartir materias e módulos convén que coñezas estas novidades:

Recoñecemento horario para funcións propias dos CIFP, como o sistema de calidade, o proxecto funcional ou a coordinación das áreas funcionais.

Maior dotación horaria para a xestión da Formación en Centros de Traballo nos centros con elevada oferta de FP, reforzando dentro de cada familia profesional o labor tanto da Coordinación de FCT do centro como das persoas titoras.

Reforzo educativo para o alumnado de ciclos de grao básico, con apoio, recuperación e acompañamento ao longo do curso e durante a formación na empresa. Extensible a graos medio e superior.

⚠️ Lembra, na resolución conxunta sobre a xornada semanal do persoal docente especifícase todo o relacionado cos IES que teñen FP (incluído o apartado Terceiro.6).

ℹ️ Os CIFP seguen rexíndose pola súa normativa propia e só se lle aplica ao profesorado destes centros o apartado segundo desa resolución.

🔗 Consulta todo o necesario na nosa web:
https://ccooensino.gal/acordo-sobre-medidas-de-mellora-do-bulo-ao-dato/
2
🎓 Oferta de formación da Federación de Ensino Estatal para o segundo semestre

Xa podes inscribirte nos cursos en liña homologados polo Ministerio para este segundo semestre de 2026.

📚 Unha ampla oferta organizada en tres áreas:

🧠 Competencias profesionais docentes
Arte, lectura e escritura, neurociencia, avaliación, prevención de riscos psicosociais, terapia vocal...
🔗 https://fe.ccoo.es/noticia:763953--Cursos_online_aprobados_por_el_Ministerio_de_Educacion_Formacion_Profesional_y_Deportes_MEFPD_

🤝 Convivencia, inclusión, pensamento crítico e coeducación
Educación inclusiva, uso saudable da contorna dixital, igualdade, prevención da violencia de xénero, memoria democrática, ODS...
🔗 https://fe.ccoo.es/noticia:763937--Cursos_online_aprobados_por_el_Ministerio_de_Educacion_Formacion_Profesional_y_Deportes_MEFPD_

💻 Ferramentas dixitais para a educación
Intelixencia artificial, Canva, Genially, creación audiovisual, robótica, comunicación dixital...
🔗 https://fe.ccoo.es/noticia:763934--Cursos_online_aprobados_por_el_Ministerio_de_Educacion_Formacion_Profesional_y_Deportes_MEFPD_

🔴 Prezos reducidos para persoas afiliadas a CCOO.

⚠️ Algúns dos prazos de inscrición pechan xa durante o mes de setembro.

Consulta cada curso para coñecer as datas, a duración e o prazo de inscrición.

#CCOOEnsino #Formación
2
🟥 COMUNICADO: Servizos mínimos para a folga do 9 de setembro

As organizacións sindicais FSIE, UGT, CCOO Ensino, USO, SNEP e CIG participamos hoxe na reunión para abordar os servizos mínimos da folga parcial convocada para o vindeiro 9 de setembro no ensino concertado de Galicia.

E dicímolo claramente: isto non foi unha negociación. Foi unha imposición da Consellería.

A proposta de servizos mínimos presentada pola Consellería establece:

A dirección ou un membro do equipo directivo e unha persoa subalterna en cada centro, garantindo en todo caso a apertura e peche de todos os centros, así como a custodia, seguridade e protección das persoas menores.

O 20 % do persoal docente e o 20 % do persoal complementario.

Consideramos estes servizos mínimos abusivos, desproporcionados e inxustificados.

Resulta especialmente grave se os comparamos cos servizos mínimos establecidos pola propia Consellería nas seis xornadas de folga convocadas no ensino público durante o curso 2025/26, onde, con carácter xeral, se estableceu a presenza dunha persoa da dirección ou do equipo directivo para garantir a apertura e o peche dos centros.

Non entendemos por que para o ensino concertado se aplican agora criterios moito máis restritivos, engadindo porcentaxes do 20 % tanto para o persoal docente como para o persoal complementario.

O dereito de folga é un dereito fundamental e os servizos mínimos deben limitarse estritamente ao necesario para garantir os servizos esenciais. Non poden converterse nun mecanismo para reducir ou dificultar de maneira desproporcionada o seguimento dunha folga.

Desde FSIE, UGT, CCOO Ensino, USO, SNEP e CIG manifestamos o noso rexeitamento frontal a estes servizos mínimos e denunciamos a falta dunha verdadeira vontade negociadora por parte da Consellería.

Non aceptamos esta imposición nin o trato que se está a dar ás traballadoras e traballadores do ensino concertado. Unha vez máis, a Consellería demostra unha escasa consideración polas súas reivindicacións e pola súa capacidade de negociación colectiva.

Esiximos uns servizos mínimos proporcionados, razoables e coherentes cos establecidos para o ensino público.

O 9 de setembro, as traballadoras e traballadores do ensino concertado exercemos o noso dereito fundamental de folga para defender unhas condicións laborais dignas e reclamar o respecto que merecemos.

O 9 DE SETEMBRO, PARAMOS!
🔥1
🟥 Habilitacións para docencia no ensino privado
🗓 Ata o 15 de setembro
🔗 https://www.edu.xunta.gal/habilitacions/

🟥 Recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as
🗓 Ata o 30 de setembro
🔗 https://ccooensino.gal/reconecemento-de-novas-especialidades-do-corpo-de-mestres-as/

🟥 Permutas
🔗 https://ccooensino.gal/informacion-sobre-permutas-para-o-curso-26-27/

🟥 Curso «Presente e futuro: claves para a túa carreira docente»
🔗 https://ccooensino.gal/presente-e-futuro-claves-carreira-docente-2026-27/

🟥 Curso «Comezar con bo pé: xestión do departamento de orientación»
🔗 https://ccooensino.gal/comezar-con-bo-pe-xestion-departamento-orientacion-2026-27/

#EstaSemanaEn #CCOOEnsino #Resumo #DocentesPúblicaNonUniversitaria
🟥 «Non falamos de modelos educativos, falamos de dereitos laborais»

Na rolda de prensa celebrada hoxe deixámolo claro: a folga deste mércores 9 de setembro do persoal do ensino concertado vai de dereitos laborais, igualdade salarial e cumprimento dos acordos asinados.

📢 A igual traballo, igual salario.

Denunciamos o bloqueo da negociación, o incumprimento reiterado dos acordos e uns servizos mínimos abusivos impostos pola Xunta.

Este mércores 9, as traballadoras e traballadores do ensino concertado saen á rúa para defender os seus dereitos. CCOO estaremos con elas e eles.

Toda a información sobre a rolda de prensa:
🌐 https://ccooensino.gal/non-falamos-de-modelos-educativos-falamos-de-dereitos-laborais/

#EnsinoConcertado #FolgaConcertada #DereitosLaborais #IgualdadeSalarial #CCOOEnsino
1
🟥 9 de setembro: concentracións e folga na concertada

Mañá, 9 de setembro, convocamos unha folga parcial de 9 a 12 no ensino concertado.

🗣 Non falamos de modelos educativos, falamos de dereitos laborais

Defende os teus dereitos, únete ás mobilizacións!

Máis información:

🔗 https://ccooensino.gal/carta-aberta-a-toda-a-comunidade-educativa-da-ensinanza-concertada-de-galicia/
🔗 https://ccooensino.gal/non-falamos-de-modelos-educativos-falamos-de-dereitos-laborais/

#CCOOEnsino #Concertada #Folga
2
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🟥 Mañá, folga no ensino concertado

Este mércores 9 de setembro, o persoal do ensino concertado vai á folga. Levamos máis de 15 anos reclamando o que se nos debe. Non pedimos favores, reclamamos o que nos corresponde, porque está pactado.

📢 Secunda a folga e participa nas concentracións diante das delegacións da Consellería de Educación en:
📍 Vigo
📍 Santiago
📍 Ourense
📍 Lugo
📍 A Coruña

Porque unidas temos máis forza. Este 9 de setembro saímos á rúa polos nosos dereitos

#CCOOEnsino #EnsinoConcertado #Folga9S #Unidas #Forza #Dereitos
4🤔1
🟥 Valoración do inicio de curso 2026-2027

🗞🎥🎙 Na conferencia de prensa celebrada hoxe na sede de CCOO en Santiago de Compostela, desde CCOO Ensino valoramos o inicio de curso 2026-2027.

Participaron:
- Noelia Sánchez, secretaria xeral de CCOO Ensino
- Borja Campos, secretario de Ensino Público Non Universitario
- María Burke, secretaria de Persoal de Apoio Educativo
- Tania Alonso, secretaria de Ensino Privado e Servizos Socioeducativos

Desde CCOO Ensino afrontamos este inicio de curso cun obxectivo claro: consolidar os avances conseguidos, garantir que se apliquen realmente e continuar negociando as melloras pendentes.

A prioridade segue sendo reforzar o ensino público, mellorar a atención á diversidade, dignificar o Persoal de Apoio Educativo e conseguir avances no ensino concertado e nos sectores socioeducativos.

A baixada do alumnado non pode ser unha escusa para reducir recursos, senón unha oportunidade para mellorar a calidade e a atención educativa.

👇Podes consultar a información completa de cada sector na nosa web:
🔗 https://ccooensino.gal/valoracion-de-inicio-de-curso-26-27/
2
🟥 As traballadoras e traballadores do ensino concertado galego dicimos basta

A folga de hoxe deixou unha mensaxe clara: as traballadoras e traballadores do ensino concertado estamos unidas, mobilizadas e decididas a defender os nosos dereitos.

📢 Máis dun 60 % de seguimento da folga.

Milleiros de persoas nas concentracións das principais cidades galegas.

🔥 Unha participación masiva malia os servizos mínimos abusivos impostos pola Consellería.

Desde as seis organizacións sindicais advertimos á Xunta e á Consellería de Educación: non imos aceptar máis bloqueos, silencios nin desprezos.

Esiximos respecto, diálogo, negociación e unhas condicións salariais e laborais dignas.

E témolo claro: esta mobilización non remata hoxe. Mañá mesmo comeza unha nova etapa de loita.

FSIE, UGT, CCOO Ensino, FeUSO, SNEP e CIG continuaremos loitando xuntas pola dignificación do persoal do ensino galego.

🌐 https://ccooensino.gal/as-traballadoras-e-traballadores-do-ensino-concertado-dicimos-basta-a-mobilizacion-non-fixo-mais-que-comezar/

#EnsinoConcertado #Folga #DereitosLaborais #NegociaciónColectiva #CCOOEnsino
1👏1
🟥 Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do máster en profesorado de ensino secundario e o curso de formación pedagóxica do PTFP

🗓 Prazo de solicitudes: do 10 ata o 23 de setembro

🧭 Como se solicita? A dirección do centro debe rexistrar as persoas interesadas en Xade

👇 Na web da Consellería

🔗 Máster en profesorado do ensino secundario
🔗 Curso de formación pedagóxica do PTFP

#CCOOEnsino #Profesorado #Prácticum #Mestrado #CursoEspecialización #EnsinoSecundario #PTFP
‼️🚨 A educación non é un mercado, é un dereito

Onte presentamos o estudo realizado pola Fundación 1º de Maio e o Instituto de Estudos Educativos e Sindicais: A mercantilización da educación.

A mercantilización e a falta de prazas públicas están a segregar o sistema educativo en España.

👇 Le a análise de Unai Sordo e Teresa Esperabé aquí

🌐 https://www.publico.es/opinion/columnas/educacion-mercado.html

#CCOOEnsino #EducaciónNonÉUnMercado #EducaciónÉUnDereito #Fundación1M #IEES
🟥 Rueda fala de «ensino de calidade» mentres ignora as condicións laborais do persoal da concertada

Desde CCOO Ensino consideramos unha auténtica provocación que o presidente da Xunta escollera un centro concertado para inaugurar o curso escolar e presumira de «ensino de calidade» mentres segue sen dar resposta ás reivindicacións das traballadoras e traballadores destes centros.

Falamos dun persoal que atende arredor do 30 % do alumnado galego das etapas non universitarias en centros financiados con fondos públicos.

As súas condicións laborais repercuten directamente na educación dese alumnado: na atención que recibe, no tempo para preparar as clases, na coordinación docente e, en definitiva, na calidade educativa.

E ese alumnado ten exactamente o mesmo dereito ca o da pública a recibir unha educación de calidade.

A folga do 9 de setembro deixou claro que existe un profundo malestar e vontade de mobilización.

Se a Xunta segue sen dar respostas e adiando unha negociación que leva anos pendente, seguiremos mobilizándonos.

Le a noticia completa na nosa web:
🌐 https://ccooensino.gal/rueda-presume-de-ensino-de-calidade-mentres-ignora-as-condicions-laborais-do-persoal-da-concertada/

📷 instagram
✖️ x

#EnsinoConcertado #DereitosLaborais #CalidadeEducativa #CCOOEnsino
🟥 Habilitacións para docencia no ensino privado
🗓 Ata o 15 de setembro
🔗 https://www.edu.xunta.gal/habilitacions/

🟥 Acreditación de centros e titores/as do prácticum (máster de secundaria e curso de especialización PTFP)
🗓 Do 10 ao 23 de setembro
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50709
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50688

🟥 Recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as
🗓 Ata o 30 de setembro
🔗 https://ccooensino.gal/reconecemento-de-novas-especialidades-do-corpo-de-mestres-as/

#EstaSemanaEn #CCOOEnsino #Resumo #DocentesPúblicaNonUniversitaria
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🟥 18 sesións no ensino secundario: as coordinacións

A partir do 1 de setembro o máximo serán 18 sesións lectivas no ensino secundario. E tamén cambian as condicións das coordinacións:

➡️ Os EDLG pasarán de ter un máximo de tres sesións lectivas de redución a ter un mínimo de tres, unha lectiva e ata catro gardas.
➡️ Noutras, como a FCT, establécese un teito de sesións lectivas: darán como máximo 17 sesións cando antes podían dar ata 20.
➡️ E algunhas coordinacións terán recoñecemento normativo por primeira vez.

📹 Neste vídeo explicámoscho en menos dun minuto. Garda este contido e compárteo co teu claustro.

🌐 Toda a información na nosa web.

Grazas ao acordo de CCOO Ensino. Se tes algunha dúbida co teu horario, contáctanos.

#CCOOEnsino #Secundaria #HorarioLectivo #18Sesións #Coordinacións
2
🟥 Unha sentenza dá a razón a CCOO: anulada a normativa de quinquenios da UDC

Unha sentenza xudicial declara a nulidade da normativa de méritos docentes de 2024 da UDC e as convocatorias posteriores, tras o recurso presentado por CCOO por excluír ao persoal investigador e ao profesorado a tempo parcial.

👉 A sentenza obriga a elaborar unha nova normativa que permita avaliar e percibir o complemento a este persoal
👉 A UDC recorreu a sentenza ante o TSXG, que xa fallara a favor de CCOO nun caso similar da USC en 2022
👉 CCOO tamén recorreu as convocatorias de sexenios de 2025 e 2026 da UDC, á espera de sentenza

🌐 web

#CCOOEnsino #UDC #Quinquenios #TeusDereitos