Asemblea de Investigadoras de Compostela
197 subscribers
86 photos
4 videos
170 links
Canle para estar ao tanto de toda a información compartida pola AIC

#PorUnhaUSCDigna
Download Telegram
👥 Recordarvos que hoxe ás 20:00 celebraremos a primeira asemblea ordinaria do ano na aula 7 da Facultade de Historia.

🍻Fóra da orde do día, que podedes ver nos vosos e-mails, están as cañas pos-asemblea ☺️

Non faltedes por favor!
💪 Nas últimas semanas, as investigadoras conseguimos dúas importantes vitorias: a mellora nas axudas predoutorais e posdoutorais da Xunta de Galicia e a primeira convocatoria propia de contratos predoutorais da USC.

Tedes unha análise na nosa web 👇
📍 O luns ás 12h esperámosvos a todas diante da Conchi para defender a indemnización por fin de contrato para todas as contratadas predoutorais e posdoutorais e mostrar o noso rexeitamento á actual reforma da Lei da Ciencia.

Tedes máis información na nosa páxina web.

💪 Difundide e asistide. Xuntas somos máis fortes!
#IndemnizaciónParaTodas #SenDereitosTampoucoHaiCiencia
📢 O vindeiro luns 7 de febreiro ás 19:30 horas, na aula 5 da Facultade de Matemáticas, celebraremos unha xuntanza informativa sobre as novas Axudas Predoutorais da Xunta!

Destriparemos convosco a convocatoria deste ano e trataremos de dar resposta ás cuestións que nos formuledes:

❗️ Cales son as novidades desta convocatoria?
📄 Como funcionan os procedementos de solicitude?
✍️ Como son os procesos de avaliación?
Canta e como é a duración do contrato?
✈️ Como e cando podo irme de estadía?
E outras dúbidas que teñades!

Se estades pensando en pedilas, non vola perdades!

🔗 Máis info na nosa web: i.gal/xunta2022
Actualización das concentracións do 7 de febreiro!

💪 Despois das mobilizacións anunciadas para o día 7 de febreiro e das presións exercidas polos sindicatos nas mesas de negociación, o Ministerio de Ciencia anuncia que a nova lei incluirá a indemnización para os contratos vixentes.

🎉De cumprir este compromiso, estariamos de celebración. Demostra que xuntas podemos conseguir cambios e melloras na investigación.

🛑 Pero non podemos cantar aínda vitoria ata velo escrito, non sería a primeira vez que o texto definitivo publicado no BOE aparece con “sorpresas”.

Quedan outras cousas por mellorar na nova lei: calendario de convocatorias estable, carreira investigadora digna, retribucións mínimas do EPIPF vergoñentas (a base de cotización é superior ao salario!), un Estatuto do Persoal da Investigación...

💪 Por todo isto, vémonos o 7 DE FEBREIRO ás 12h na Conchi. Queremos SAÍR A DEFENDER A INVESTIGACIÓN QUE NOS MERECEMOS.
👋 Bo día!

👉 Lembra que nos vemos hoxe ás 12h diante da Biblioteca Concepción Arenal!!

#SenDereitosTampoucoHaiCiencia
👋 Boa tarde!

📢 Lembrade que hoxe ás 19:30 horas, na aula 5 da Facultade de Matemáticas, comeza a xuntanza informativa sobre as novas Axudas Predoutorais da Xunta!
📣Onte as investigadoras de Compostela saímos á rúa xuntas para lograr mellorar as nosas condicións de traballo. Por unha mellor Lei da Ciencia!

🎉Desde a AIC, celebramos o éxito das mobilizacións, non só en Compostela senón en todo o Estado, e convidámosvos a seguir pelexando xuntas porque #SenDereitosTampoucoHaiCiencia.
💪 O pasado 7 de febreiro as investigadoras demos un exemplo de dignidade saíndo á rúa contra a precariedade Cada vez somos máis as que nos unimos na defensa dos nosos dereitos e para asegurar unha investigación digna e democrática.

🤝Tamén somos cada vez máis as que sabemos que, sen organización, as ideas van perdendo eficacia tras un primeiro impulso. É por iso que desde a AIC convocamos a todo o persoal de investigación de Compostela a celebrar unha Asemblea Aberta o próximo mércores 16 de febreiro ás 19.30h na Aula 5 da Facultade de Historia.

👥 Para discutirmos entre todas cales son as principais problemáticas que aínda nos afectan. Para trazar en común os próximos chanzos que a AIC debe escalar. Para dar continuidade a un movemento capaz de conquistar unha Universidade Digna.

Acude e difunde!
💭 LEMBRA! Hoxe ás 19.30h Asemblea Aberta na Aula 5 da Facultade de Historia.

👉A finalidade desta asemblea é poñer en común as principais problemáticas que nos afectan e debater as posíbeis solucións.

👩‍⚕️Entre outros temas, gustaríanos falar da nova reforma laboral e da modificación do acordo que a USC quere levar a cabo.
🗓 Hoxe a indemnización é un dereito para todas as investigadoras pre e posdoutorais de España. Esta loita pola dignidade do noso sector comezou cunha demanda na nosa pequena cidade de Compostela.

👉 Aquí non é un novo dereito como di a Ministra senón un DEREITO RECUPERADO.

💪 Para que digan que mobilizarse e organizarse non serve para nada.

🎉 PARABÉNS E GRAZAS A TODAS AS COMPAÑEIRAS E ASOCIACIÓNS QUE PELEXAMOS POR ISTO DURANTE ANOS
💭 LEMBRA! Hoxe 23 de febreiro celébranse as eleccións na USC para a renovación de representantes no Claustro.

🗳 Podes votar en https://i.gal/elec22 entre as 9.00h e 19.00h do día de hoxe.

👉 Podes comprobar que o sistema funciona se ves ben as candidatas da Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) 😉
🗳 O traballo e esforzo cotiá das investigadoras organizadas viuse hoxe reflectido nas eleccións ao Claustro da USC.

💪 Acadamos de novo un resultado histórico, 17 claustrais, sendo unha das organizacións con maior influencia dentro do goberno da USC.

📉O equipo reitoral sae claramente debilitado tras un resultado desastroso entre o estudantado, PAS e persoal de proxectos.

👉 Cómpre ter en conta os intereses dos sectores máis precarizados da Universidade á hora de desenvolver o goberno da mesma.

🔴 A representación institucional é apenas a punta dun iceberg do que representa a AIC. Xuntas, na asociación, nos GdTs, debemos seguir traballando #PorUnhaUSCDigna!
📢 Este xoves 24 de febreiro ás 20:45 fomos convidados á Gentalha do Pichel para falar da nova Lei da Ciencia.

Cal é a situación actual das investigadoras galegas?

Vai servir o novo texto para combater a precariedade laboral na investigación?

👉Se queres saber máis, achégate!
O martes 15 ás 20.00 horas organizamos unha charla informativa onde explicaremos que é a “PAGA EQUIPARACIÓN” que algunhas de vós recibistes na vosa nómina de febreiro.

Na charla abordaremos cuestións como:
👉Que é este pago de equiparación?
👉A cantidade que me aboaron é correcta? Xa vos adiantamos que non.

E trataremos de resolver todas as dúbidas que poidades ter.

🔗 A charla será por Teams. Conecta en i.gal/equi
Atendendo ao exposto na plataforma do Banco Santander, os contratos predoutorais propios da USC non se resolverán ata o mes de abril, o que supón un retraso respecto das datas acordadas e anunciadas polo Equipo de Goberno da Universidade. Isto implica que as investigadoras predoutorais admitidas nos programas de doutoramento perderán un mes sen salario e gañarán un mes máis de incertidume.

Desde a AIC rexeitamos os atrasos na resolución desta convocatoria de contratos predoutorais da USC.

Podes ler aquí a entrada da nosa web 👇
https://asembleadeinvestigadoras.gal/2022/03/16/a-aic-rexeita-o-retraso-na-resolucion-dos-contratos-predoutorais-propios-da-usc/