Asemblea de Investigadoras de Compostela
146 subscribers
37 photos
3 videos
103 links
Canle para estar ao tanto de toda a información compartida pola AIC

#PorUnhaUSCDigna
Download Telegram
💪 O pasado 7 de febreiro as investigadoras demos un exemplo de dignidade saíndo á rúa contra a precariedade Cada vez somos máis as que nos unimos na defensa dos nosos dereitos e para asegurar unha investigación digna e democrática.

🤝Tamén somos cada vez máis as que sabemos que, sen organización, as ideas van perdendo eficacia tras un primeiro impulso. É por iso que desde a AIC convocamos a todo o persoal de investigación de Compostela a celebrar unha Asemblea Aberta o próximo mércores 16 de febreiro ás 19.30h na Aula 5 da Facultade de Historia.

👥 Para discutirmos entre todas cales son as principais problemáticas que aínda nos afectan. Para trazar en común os próximos chanzos que a AIC debe escalar. Para dar continuidade a un movemento capaz de conquistar unha Universidade Digna.

Acude e difunde!
💭 LEMBRA! Hoxe ás 19.30h Asemblea Aberta na Aula 5 da Facultade de Historia.

👉A finalidade desta asemblea é poñer en común as principais problemáticas que nos afectan e debater as posíbeis solucións.

👩‍⚕️Entre outros temas, gustaríanos falar da nova reforma laboral e da modificación do acordo que a USC quere levar a cabo.
🗓 Hoxe a indemnización é un dereito para todas as investigadoras pre e posdoutorais de España. Esta loita pola dignidade do noso sector comezou cunha demanda na nosa pequena cidade de Compostela.

👉 Aquí non é un novo dereito como di a Ministra senón un DEREITO RECUPERADO.

💪 Para que digan que mobilizarse e organizarse non serve para nada.

🎉 PARABÉNS E GRAZAS A TODAS AS COMPAÑEIRAS E ASOCIACIÓNS QUE PELEXAMOS POR ISTO DURANTE ANOS
💭 LEMBRA! Hoxe 23 de febreiro celébranse as eleccións na USC para a renovación de representantes no Claustro.

🗳 Podes votar en https://i.gal/elec22 entre as 9.00h e 19.00h do día de hoxe.

👉 Podes comprobar que o sistema funciona se ves ben as candidatas da Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) 😉
🗳 O traballo e esforzo cotiá das investigadoras organizadas viuse hoxe reflectido nas eleccións ao Claustro da USC.

💪 Acadamos de novo un resultado histórico, 17 claustrais, sendo unha das organizacións con maior influencia dentro do goberno da USC.

📉O equipo reitoral sae claramente debilitado tras un resultado desastroso entre o estudantado, PAS e persoal de proxectos.

👉 Cómpre ter en conta os intereses dos sectores máis precarizados da Universidade á hora de desenvolver o goberno da mesma.

🔴 A representación institucional é apenas a punta dun iceberg do que representa a AIC. Xuntas, na asociación, nos GdTs, debemos seguir traballando #PorUnhaUSCDigna!
📢 Este xoves 24 de febreiro ás 20:45 fomos convidados á Gentalha do Pichel para falar da nova Lei da Ciencia.

Cal é a situación actual das investigadoras galegas?

Vai servir o novo texto para combater a precariedade laboral na investigación?

👉Se queres saber máis, achégate!
O martes 15 ás 20.00 horas organizamos unha charla informativa onde explicaremos que é a “PAGA EQUIPARACIÓN” que algunhas de vós recibistes na vosa nómina de febreiro.

Na charla abordaremos cuestións como:
👉Que é este pago de equiparación?
👉A cantidade que me aboaron é correcta? Xa vos adiantamos que non.

E trataremos de resolver todas as dúbidas que poidades ter.

🔗 A charla será por Teams. Conecta en i.gal/equi
Atendendo ao exposto na plataforma do Banco Santander, os contratos predoutorais propios da USC non se resolverán ata o mes de abril, o que supón un retraso respecto das datas acordadas e anunciadas polo Equipo de Goberno da Universidade. Isto implica que as investigadoras predoutorais admitidas nos programas de doutoramento perderán un mes sen salario e gañarán un mes máis de incertidume.

Desde a AIC rexeitamos os atrasos na resolución desta convocatoria de contratos predoutorais da USC.

Podes ler aquí a entrada da nosa web 👇
https://asembleadeinvestigadoras.gal/2022/03/16/a-aic-rexeita-o-retraso-na-resolucion-dos-contratos-predoutorais-propios-da-usc/
Dende a AIC detectamos hai dúas semanas un erro no cómputo de nóminas do persoal Axudante Doutor: aproximadamente, están a pagarse 750€ anuais de menos. Hoxe cúmprense dúas semanas da petición de reunión á Xerencia, da cal só obtivemos silencio.

Na AIC seguimos abertas a tratar este tema con Xerencia para darlle arranxo o máis axiña posible, mais as circunstancias de urxencia (só é posible reclamar un ano cara atrás) lévanos a poñelo en coñecemento dos sindicatos e do noso censo para buscar unha pronta solución.

Podedes consultar os datos tabulados das nóminas do SUG dos últimos anos aquí.
👉Unha das causas da precariedade na carreira investigadora ten a súa orixe no incumprimento dos prazos na adxudicación de contratos de investigación por parte das institucións.

😡 A USC retrasou en varias ocasións a convocatoria propia de contratos predoutorais e unha vez máis retrasa a súa resolución. As datas de resolución foron cambiando: 1 de marzo, 1 de abril, 21 de abril... e finalmente parece que mañá 29 de abril.

🙅‍♀️ Dende a Asemblea de Investigadoras de Compostela reprobamos o incumprimento reiterado dos prazos de resolución. Deixen de xogar coa vida e saúde mental das máis de 197 persoas que concursan por estes contratos.

Máis info en https://asembleadeinvestigadoras.gal/2022/04/28/a-aic-reproba-o-incumprimento-dos-prazos-na-resolucion-dos-contratos-predoutorais-propios-da-usc/
🔴 A USC comunícanos que volve adiar a resolución da convocatoria propia de contratos predoutorais por erros nos coeficientes das áreas.

🟥 Debido a ese erro vense obrigados a volver abrir un prazo de solicitudes de 5 días.

A xente que xa presentara solicitude non terá que volver facelo❗️❗️

Collede esta información con coidado e estade atentos ás canles oficiais da Universidade.
📢 Hoxe anunciamos unha nova vitoria da AIC!

👉 Ata este curso, as persoas que se matriculaban nun programa de doutoramento no segundo semestre tiñan que pagar o custo completo da matrícula, sen ter en conta que só desfrutaban dos dereitos de calquera doutoranda unha parte do curso.

💪 Para o curso 22/23, as persoas que se matriculen nun programa de doutoramento no segundo semestre xa non terán que pagar o curso completo.

Unha vez máis, a loita conxunta vese traducida nunha vitoria para todas!

Tedes a nova completa na nosa web.
Tras máis de 2 anos reivindicando este dereito por fin o vemos reflectido na nómina 🥳

⚖️ Ante a negativa da USC houbo que xudicializar o caso tanto por vía individual onde unha compañeira da asociación nos abría camiño como a nivel colectivo da man dos sindicatos.

👏 Hoxe podemos parabenizarnos porque non só conseguimos este dereito na nosa universidade senón tamén na UVigo e na UDC.

Unha vez máis, a loita conxunta vese traducida nunha vitoria para todas!
Non foi sen tempo!

👉 Resolución da convocatoria propia de contratos predoutorais da USC

https://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/5537_gl.pdf
👉 Hoxe tivemos a sorte de participar no IX Encontro da Mocidade Investigadora dando unha charla coas compañeiras de FPUinvestiga.

🥳 Nela falamos dos avances nas condicións e dereitos laborais na investigación que se lograron nos últimos anos grazas ao traballo colectivo e o asociacionismo.

💪 Na charla saíron moitas máis reinvindicacións que debemos loitar xuntas!

🤩 Grazas á organización do EMI por contar con nós un ano máis.
ℹ️ O pasado 6 de maio celebrouse o Claustro onde as nosas representantes presentaron diferentes emendas aos orzamentos de 2022 da USC.

👉 Propuxemos unha emenda para recuperar a convocatoria propia de axudas para viaxes de investigación (congresos ou similares) que levaban máis dunha década sen convocarse.

🎉 Comprácenos informarvos que foi aceptada! Esta vitoria no Claustro súmase á conseguida o ano pasado, á da convocatoria propia de contratos predoutorais.

💪 Únete e colabora na AIC. Precisamos de ti para seguir mellorando a investigación na nosa universidade

📧 https://asembleadeinvestigadoras.gal/contacto/
📊 Enquisa anónima sobre a situación das persoas investigadoras predoutorais e posdoutorais

👉 Trátase dunha iniciativa da Federación de Jóvenes Investigadores Precarios (FJI-Precarios) para coñecer en profundidade a realidade das investigadoras de todo España.

🗳 Enquisa predoutoral: https://cuestionarioe.limequery.com/617186
🗳 Enquisa posdoutoral: https://cuestionarioe.limequery.com/849432