Movemento Arredista 🚩
104 subscribers
561 photos
36 videos
1 file
255 links
Chamamos a afortalar un espazo político desacomplexadamente independentista, que aposte nidiamente polo socialismo e que sexa consecuentemente feminista, apostando na suma de forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática.
Download Telegram
📢 10 de marzo, día da Clase Obreira Galega

Este ano 2023 a CIG chama a facer do 10 de marzo unha xornada de mobilización en todas as comarcas de Galiza ante as amezas que temos por diante e ante a necesidade de continuar na resposta fronte a grave crise actual.

As pensións non se tocan!
Coa CIG na rúa a loita continúa!
📢 Este sábado mobilizámonos na Coruña pola defensa da pesca e dos ecosistemas mariños fronte a eólica mariña.

Contra o espolio enerxético e o modelo depredador do capital que provoca un impacto ambiental e social enormes nos territorios.

Eólica Así Non, nen en terra nen en mar!

#galizalibredeeolicamariña
📢 Continúan as mobilizacións para reclamar uns medios públicos plurais, libres de manipulación e represión.

🚨Ante os ataques ás profesionais e ao servizo público que non cesan na CRTVG convocan a mobilizarse este xoves ás 11:30 h en S. Caetano

#rescataraCRTVG
💢 O goberno PSOE-UP prepara unha reforma das #pensións lesiva para a clase traballadora!

A CIG desmonta a propaganda do goberno "progresista" e chama a mobilizarse nas rúas para frear a reforma.

#aspensionsnonsetocan

Máis información: https://www.cig.gal/nova/a-cig-rexeita-unha-reforma-das-pensions-regresiva-que-afonda-na-privatizacion-do-sistema-publico.html

Valoración da reforma: https://cig.gal/documento/valoracion-reforma-das-pensions-2023.html
📢 Mobilizacións este 29 de marzo contra a reforma das pensións! Sobran motivos para mobilizarse contra unha rreforma regresiva que implica recortes e camiña cara un modelo privatizador e de beneficencia.
A CIG convoca protestas nas sete cidades no día anterior á validación no Congreso español
ℹ️ Máis información: https://i.gal/29mpensions
📝 Resumo explicativo: https://i.gal/inforefpen
📚 Descarga a análise completa: https://i.gal/analiserefpen
MOBILIZACIÓNS
Santiago: 19:30h, Praza de Galiza
Ferrol: 20:00h, diante do INSS
Lugo: 20:00h, Subdelegación do Goberno
Ourense: 20:00h, Subdelegación do Goberno
Vigo: 19:00h, Farol de Urzáiz
Pontevedra: 20:00h, Subdelegación do Goberno
#AsPensionsNonSeTocan
📢 Hoxe mobilizámonos pola Atención Primaria e contra as políticas de desmantelamento da sanidade pública do Partido Popular.

#AtenciónPrimaria #SOSsanidadePública
📢 Mobilización.

A Xunta de Galiza aproba a mina de San Finx, unha catástrofe ambiental para a ría de Muros - Noia, e máis un ataque ao territorio en beneficio do capital, que verterá miles de litros de augas contaminadas, matando a ría e o sector marisqueiro.

#NonáMina #SiáRía
📢 Coa CIG na rúa este #PrimeiroDeMaio baixo o lema “Paremos o saqueo! Emprego, salarios e pensións dignas" con mobilizacións nas 7 cidades, Cangas, Cee, Vilagarcía, A Estrada, As Pontes, Ribeira, Burela e Verín.
Loita obreira contra o capital e os gobernos ao seu servizo! 🚩

Non é momento de conciliar con nengunha das opcións políticas que representan diferentes caras dun mesmo sistema. Como a historia demostra, a ameaza fascista -cada vez máis presente de novo- nútrese do desencanto e a desmobilización que provoca a falsa esquerda cando defrauda as súas promesas.

Cómpre reforzar unha esquerda realmente consecuente e transformadora, que se desmarque abertamente do PSOE e os seus cómplices e cuestione de raiz o modelo vixente.

O camiño que defendemos non é sinxelo máis é a único posíbel: cómpre rachar coa retórica desmobilizadora do “pacto social” e seguir impulsando a loita obreira e popular para recuperar dereitos, organizarnos en todos os ámbitos, tecer redes de contrapoder e erguer espazos de construción dun mundo diferente ao tempo que cuestionamos o vello: español combatemos o réxime español e a UE e situamos o socialismo no horizonte, porque só así poderemos aspirar a unha vida digna.
Loita Obreira! Contra o capital e os gobernos ao seu servizo! 🚩

O camiño que defendemos non é sinxelo máis é a único posíbel: cómpre rachar coa retórica desmobilizadora do “pacto social” e seguir impulsando a loita obreira e popular para recuperar dereitos, organizarnos en todos os ámbitos, tecer redes de contrapoder e erguer espazos de construción dun mundo diferente ao tempo que cuestionamos o vello: combatemos o réxime español e a UE e situamos o socialismo no horizonte , porque só así poderemos aspirar a unha vida digna.

Hoxe todas á rúa coa CIG 📢
Miles de traballadoras galegas enchemos hoxe as rúas da Galiza coa CIG para reclamar e defender os nosos dereitos. 🚩
Xerais 2023

Entrevista á compañeira Noa Presas que encabeza a candidatura do BNG ao Congreso por Ourense.

""O voto ao BNG o 23 de xullo vale dobre, serve para frear a dereita e garantir avances sociais e para defender Galiza. O BNG sempre actuou para desprazar a dereita ou para evitar o seu avance. (...) No conxunto do Estado somos as forzas soberanistas as que estamos facendo de freo á extrema dereita.""

Entrevista completa: https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/voto-ao-bng-23-x-vale-dobre-frear-dereita-defender-galiza/20230710220449172947.html

+ información das propostas do BNG https://xerais2023.bng.gal/
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
Compromiso militante, defensa dos dereitos da traballadoras e aposta firme na independencia e o socialismo, a compañeira Noa Presas pode ser este 23X a voz e a forza do soberanismo no Congreso das Deputadas.

#QueOurenseConte #QueGalizaConte
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
A clase traballadora cada día ten máis dificuldades para afrontar os ataques do capital. Precisamos un soberanismo forte na rúa e nas institucións. Este 23X #VotaBNG para contarmos cunha voz máis forte coa que defender a soberanía nacional e os dereitos das traballadoras.


#ConMáisForza #GalizaConMáisForza #QueGalizaConte #EnGalizaBNG #BNG2x1 #Ourense #VotaBNG
Sexa cal for o resultado electoral, debemos seguir cada día avanzando na organización e na mobilización popular para facer frente ao avance fascista e ao conxunto do réxime que nos nega como pobo.

Non é tempo de dar pasos atrás, senón de erguer con máis forza que nunca as nosas bandeiras, as únicas que poden garantir unha mudanza social digna de tal nome.

Neste 25 de xullo reivindicaremos con forza, frente aos cíclicos cantos de serea de reformas imposíbeis, unha verdadeira RUPTURA DEMOCRÁTICA que supere a herdanza corrupta e oligárquica da monarquía postfranquista.

Seguimos a soster a bandeira da defensa dun PROCESO CONSTITUÍNTE para que o noso pobo poda decidilo todo e mudalo todo, sen máis límite que a súa vontade soberana.

E avanzamos co horizonte da REPÚBLICA GALEGA independente, o único que pode garantir-lle un futuro á nosa nación en pé de igualdade con todos os pobos do mundo, e abrir un camiño de superación dun capitalismo cada vez máis explotador e opresivo.