Movemento Arredista 🚩
114 subscribers
281 photos
24 videos
1 file
81 links
Chamamos a afortalar un espazo político desacomplexadamente independentista, que aposte nidiamente polo socialismo e que sexa consecuentemente feminista, apostando na suma de forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática.
Download Telegram
to view and join the conversation
Encontro Aberto para presentar o documento “Ideas para afortalar o BNG. Debater, Organizar e mobilizar dende o soberanismo e a esquerda” e contrastar coa base social do BNG as inquedanzas, preocupacións e ideas da militancia de cara aos debates da XVII Asemblea Nacional do BNG.

📍 A Estrada.

🗓 O mércores 6 de outubro.
🕗 A partir das 20h.
🏠 Local do BNG (Rúa Leicures, 14).

Pódese ler o documento na nosa web https://arredista.gal/anbng

Achégate a debater con nós!
✊ Se algunha vez somos dignas de nos chamar revolucionarias, será grazas ao exemplo militante de comunistas como o Che, que era asasinado tal día como hoxe, hai 54 anos.
Seguimos erguendo as súas bandeiras, loitando para transformar radicalmente a sociedade 🚩
A "hispanidade" que hoxe conmemora o Estado Español fundaméntase no xenocidio colonial e na exaltación imperialista dun réxime construído sobre a represión e a violencia, as mesmas ferramentas que hoxe usa para manterse en pé.

Por iso, hoxe non é un día de celebrar, senón de denuncia do colonialismo e de revindicación de 529 anos de resistência indíxena ✊
💬 Esta semana temos tres Encontros Abertos para presentar o documento "Ideas para fortalecer o BNG: debater, organizar e mobilizar dende o soberanismo e a esquerda" coa base social do soberanismo.

📍A Coruña, Compostela e Ourense.

📖 Podes acceder ao documento na nosa páxina web https://arredista.gal/anbng

Achégate a debater con nós!
💬 Máis Encontros Abertos para presentar o documento "Ideas para fortalecer o BNG: debater, organizar e mobilizar dende o soberanismo e a esquerda" coa base social do soberanismo.

📍Cee e Vigo

📖 Podes acceder ao documento na nosa páxina web https://arredista.gal/anbng

Organízate con nós!
📣 Nesta quinta feira as compañeiras de Isca! organizan unha interesantísima palestra acerca do desenvolvimento do capitalismo no noso País coa intervención do noso compañeiro Xosé Emilio Vicente

📆 21 de outubro, 20:00 h

📍Local do Movemento Arredista https://t.co/NvSesXTrA2 https://t.co/358X0DFPgQ
Esta XVII Asemblea Nacional do BNG ten que servir para afondar no debate, o intercambio de ideas e a clarificación ideolóxica para encarar con garantías os retos dos próximos anos. Estas son as liñas de intervención que a nosa militancia defendeu no debate pre-asemblear, onde algunhas das nosas propostas xa foron incorporadas, e que defenderemos o propio 7 de novembro na Coruña.

https://arredista.gal/o-debate-fainos-mais-fortes-as-nosas-linas-de-intervencion-ante-a-xvii-asemblea-nacional-do-bng/
O noso espazo político ten unha traxectoria de máis de 15 anos, nos que, con acertos e erros, nunca renunciamos a defender con firmeza as mesmas propostas: afortalar o BNG desde posicións consecuentemente soberanistas e de esquerda.

Neste documento pódese ler o que defendíamos em 2006 (daquela como MpB) que é esencialmente o que defendemos hoxe e o que defenderemos o domingo na Asemblea Nacional do BNG.

Seguimos a sumar forzas!

https://mpb.arredista.gal/facermos-do-bng-un-instrumento-para-a-autodeterminacion-nacional-e-a-emancipacion-social/
🔴 Centos de persoas e organizacións asinamos o manifesto e chamamos a mobilizarse os días 11 e 20 de decembro pola absolución de Chema.

Paremos os xuízos políticos. Defendamos as liberdades públicas! 👇

https://chemaabsolucion.gal/manifesto/
📣 Este mércores 17 de novembro estaremos coa CIG na convocatoria de Folga Xeral na comarca da Mariña. Para visibilizar a forza e as ganas de pelexar polo dereito a vivir, traballar dignamente e ter un futuro na nosa terra.

📌 A manifestación sairá ás 12h dende o hospital de Burela.

#FuturoParaAMariña. Todas á rúa! ✊
Em Lugo, enchendo a muralha de bandeiras com Estreleira.gal para reivindicar os direitos do nosso povo ✊
🐄 O Sindicato Labrego Galego chama a tecer unha alianza entre consumidoras e produtoras para salvar ao sector leiteiro a través do boicot ás empresas que desprezan o leite galego.

📢 As gandeiras reclaman que en aplicación da Lei da Cadea Alimentaria nos prezos do leite -e tamén da carne-, sexa obrigatoria a inclusión das subas de custos de produción e se prohiban prezos que supoñan para o sector produtor a venda a perdas.

🐂 A loita das nosas gandeiras é a nosa loita e cómpre esixir medidas que permitan a milleiros de gandeiras e gandeiros vivir dignamente do seu traballo, fixando poboación no medio rural, mantendo a biodiversidade e coidando do territorio.

A cesta da compra tamén é un acto político ✊
Confrontemos o patriarcado con organización 🚩🙌💜

Organizarse é máis importante cada día, vainos a vida en procurar formas de facelo nun contexto de máxima explotación no que sabemos que imos ser as mulleres as máis castigadas. Debemos procurar tempos para a reflexión, a formación, o debate e acción política, organizarnos e construír unha resposta que faga fronte ás lóxicas do capitalismo e do patriarcado para construír unha sociedade xusta, que non deite sobre as mulleres o sostén da vida, que nos permita vivir libres de violencias, que nos faga pasar á ofensiva.

Militar nun feminismo socialista é para nós a forma máis eficaz de combater a alianza patriarcado-capitalismo. Só organizadas somos quen de dar a batalla polas nosas vidas.

Organízate con nós!

https://arredista.gal/confrontemos-o-patriarcado-con-organizacion/

FB https://www.facebook.com/arredista/photos/a.117540090110214/399483051915915
TW https://twitter.com/arredista/status/1463810205440000000
IG https://www.instagram.com/p/CWsdrhZAkaP/
Obrigadas ás que visitades a nosa tenda online e apoiades o proxecto tamén adquirindo material, iso permítenos organizarnos mellor e facer máis campañas e traballo político para seguir medrando e organizando un espazo independentista, socialista e consecuentemente feminista. ✊🚩

👉 https://arredista.gal/tenda