Anticapitalistas Galiza
113 subscribers
753 photos
17 videos
288 links
Canle de difusión de Anticapi Galiza. Construíndo poder popular
Download Telegram
O movemento feminista tomou este #8M unhas rúas galegas asolagadas de dignidade 💜

Se sobe o pan haberá revolta #8MHabraRevuelta
🔵🔴 Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega. Diversas mobilizacións en Ferrol, Vigo e todo o País lembran o asasinato de Amador e Daniel e a loita da nosa clase.

A mellor homenaxe, recoller o seu testigo e o das folguistas do 72. Sempre na memoria #DiaClaseObreiraGalega
🟣 Este domingo 1️⃣2️⃣ temos o III Café Disidente no Café Uf de Vigo

💜 Vinde charlar sobre "Mitos da monogamia e do amor romántico" e a situación actual das relacións afectivas no marco patriarcal e capitalista.

📍Café Uf Negra Sombra (r/Pracer, 19)
19.30
Hoxe cúmprense 140 anos da morte de Karl Marx, o pensador da emancipación.

Deixámovos este artigo de Jesús Jaén en Viento Sur sobre a súa obra e o seu legado

https://vientosur.info/140-aniversario-de-la-muerte-de-karl-marx-un-debate-necesario-sobre-su-obra/
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🟣 O 8M o movemento feminista volveu tomar as rúas mobilizando milleiros de personas.

📣 Fronte á crise, fronte á dereita, autoorganización feminista.

#8MHabraRevuelta #revueltafeminista
🎥 A Asociación Viguesa Pola Memoria do 36 e a Asemblea Republicana de Vigo presentan este martes 21 ás 19.30h no MARCO o documental "Falando de memoria, Vigo".

Un imprescindible exercicio de memoria histórica para denunciar a barbarie franquista e esixir xustiza, verdade e reparación.
📣 Este sábado ás 2️⃣0️⃣h no Bar Bizarre de Vigo teremos unha charla sobre "Marxismo Queer" con Joana Bregolat de Anticapitalistes.

Unha analise marxista sobre a sexualidade e como operan sobre os nosos corpos as opresións e apropiacións do capital.

Estades convidades! 🔴🟠🟡🟢🔵🟣 #LGBTIQ 🏳️‍🌈
🎥 Aquí podedes ver íntegra a charla "Marxismo Queer" celebrada este sábado en Vigo con Joana Bregolat.

Analizando as múltiples opresións do heteropatriarcado e o capital sobre os nosos corpos. 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

youtu.be/aXpBfWVJ-So
Manifestacións en Compostela e Vigo co gallo do #14deAbril.

Aniversario do inicio dun histórico proceso de mobilización popular esmagado polo fascismo.

Fronte ao Réxime podre do 78, herdeiro do franquismo, democracia para decidilo todo.

Basta de candeados. Por unha república galega das clases populares. 🚫👑#Republicas #AbaixoORei
Este domingo 23 de abril nova mobilización de #EolicaAsiNon en Compostela rodeando a Xunta.

🟢 Frente o modelo especulativo do capital, autoorganización e propiedade comunitaria da enerxía.

#EcosocialismoOuBarbarie
🌸 Participaremos na Escola de Primavera de Anticapitalistas Castilla y León en Salamanca, falando das resistencias ante os macroproxectos depredadores do territorio.

🟢 Unha fin de semana de formación e debates para construír ecosocialismo e feminismo.

Inscricións 👉🏿 cyl.anticapitalistas.org/escuela-de-pri
O #25deAbril de 1974 o pobo portugués liberábase do fascismo e iniciaba a última revolución de Europa.

O pobo esixía nacionalizacións baixo control popular e democracia a todos os niveis ocupando fincas e fábricas.

Grandola segue viva🌹. #25deAbrilSempre!

📗Podedes achegarvos ás experiencias deste proceso revolucionario neste libro de editorial Sylone https://www.sylone.org/la-penultima-revolucion-de-europa-c2x19845027
📣 Neste #1deMaio saimos ás rúas co sindicalismo combativo e as compañeiras do Sindicato de Traballadoras do Fogar e os Coidados.

Por un sindicalismo de clase e combativo. Organicemos o conflito, rachemos coa paz social.

Os dereitos conquístanse loitando!