Anpa Anexa
291 subscribers
664 photos
9 videos
137 files
345 links
Información ANPA Anexa de Lugo
Download Telegram
Boas, familias,

O Concello de Lugo cede aos participantes no desfile de colexios do Arde Lucus, que se celebrará o domingo 16 de xuño, as teas para confeccionar os traxes. 

As cores do noso colexio son:
- capa granate e túnica/vestido dourado para homes e nenos
- capa dourada e túnica/vestido granate para mulleres e nenas. 

A entrega de teas por parte do Concello farase a partir do 22 de abril.

Ese mesmo domingo pola tarde celébrase unha sesión de circo romano para escolares, e se nos entrega un número limitado de invitacións. 

Podes indicar no seguinte formulario, o número de persoas que precisan traxe e o número de entradas para o circo que necesitedes para que poidamos facer a solicitude. 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScMSV91HV9xHMU9AGM3sJUfCvbHggVc-v293cnliiw2Ime5Mg/viewform
Bo dia,
Unha familia do cole pidenos axuda.
O martes un autobús deulle un golpe no coche mentres recollían aos pequenos no cole. A persoa deuse á fuga e non se quere facer responsable dos danos. Alguén o viu? Precisan testigos para a aseguradora.
En caso de saber algo contactade no 686136014.
Moitas grazas, entre tod@s podémonos axudar!
Ola, familias, dende a Anpa estamos en proceso de organizar unha ou varias charlas con Supercamuchita. Ofrécenos unha serie de temáticas e quereriamos saber cales vos interesarían máis. Marcade na seguinte enquisa as que prefirades
Segunda cuestión que vos facemos. Que horario vos vai mellor para a realización de charlas?
Que horario te vai mellor para a realización de charlas?
Anonymous Poll
49%
Venres 16-18 h
22%
Luns a xoves de 16-18h
29%
Luns a xoves de 17-19 h
Esta fin de semana, o domingo día 21 de abril, temos a seguinte andaina
Estimadas anpas:



ANPAS GALEGAS pon en marcha un estudio de enquisa para coñecer o punto de vista das familias do ensino público sobre DIXITALIZACIÓN DA ESCOLA E EDIXGAL, que permita ter unha forografia ampla do modelo de dixitalizacón que queren e a súa valoración de Edixgal.

Para levalo a cabo precisa que cada unha de vós faga chegar ás familias da vosa ANPA e do voso centro o enlace ao cuestionario animando a a todas elas a participar.

Este cuestionario poden cubrilo tanto as familias con fillos e fillas que usan Edxigal como as que non, xa que hai unha parte para todas.

Só lles levará uns minutos. O prazo para participar é ata o 16 de maio.



ESte éo enlace

https://forms.gle/q1c6CVMmq4fvLJra6



Esperamos a vósa participación.

Un saúdo.
Talleres de Supercamuchita no cole! Apunta as datas:

23 mayo de 5 a 7h : Taller de comunicación e autoestima.

6 junio de 5 a 7h: Taller de límites e normas.

No salon de usos múltiples do cole. Ambos totalmente gratuitos.
Obradoiro de costura e complementos no cole para prepararse para Arde Lucus.
O día 24 de maio, de 5 a 8.
Os xoves, a partir do próximo día 9, de 17.30 a 18.30, aprendemos a tocar o tambor, coa vista posta no Arde Lucus.
Prazas limitadas.
Apúntate en asociacionanpaanexa@gmail.com