A Mesa pola Normalización Lingüística
1.66K subscribers
209 photos
45 videos
1 file
288 links
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Download Telegram
Tendo a aprobación do Estraviz, podemos dicir que o pensatermos é un dos mellores xogos para aprender e mellorar o noso galego 👅💙

👉 A ver cantas palabras es capaz de encontrar no pensatermos de hoxe.
14🥰6👏2🤬1
⚽️ Dépor en galego: a nosa (r)evolución [+info]

Son moitas e moitos os deportivistas que desexan que o Deportivo empregue dunha vez por todas a toponimia oficial, que contempla a forma galega como a única válida.

A Mesa únese á petición do deseñador Antón Lezcano para (r)evolucionar o escudo da equipa de fútbol que representa á cidade da Coruña.

Non é a primeira iniciativa neste sentido. Sempre desde a base, desde a afección, foron xurdindo en distintos momentos iniciativas para que o Deportivo corrixa unha anomalía histórica. Foron moitas as veces as que as siareiras do branquiazul demandaron que o nome co que se denomine a equipa sexa Real Club Deportivo da Coruña.

Axúdanos compartindo a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
26👏2😱1
A Mesa denuncia que a Xunta emprega fondos europeos para promover o castelán en detrimento do galego [+info]

«Como mínimo, un 50 % do importe da subvención concedida debe destinarse á adquisición de fondo bibliográfico editado en castelán».

A Xunta de Galicia xustifica este ataque ao galego no feito de que esta axuda conta con fondos NextGeneration 🇪🇺

Ademais de que as porcentaxes mínimas ou máximas que corresponden ás distintas linguas establecéronse nunha Conferencia Sectorial de Cultura.

👉 Isto resulta aínda máis preocupante, xa que a Xunta recoñece ser incapaz de defender os intereses da súa cidadanía dentro e fóra do noso territorio.
🤬19😱51🔥1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🏛️🗣️ A Valedora do Pobo salientou no Parlamento galego o traballo realizado pola Mesa en defensa dos dereitos lingüísticos.

Debullamos os datos:

A área de dereitos lingüísiticos da Valedora, recibiu un total de 261 queixas.

📝 A Mesa presentou 2⃣3⃣4⃣ queixas das 261 totais recibidas.

Case un 40% das queixas foron expedientes concluídos positivamente.

A Mesa ofrece a Liña do Galego, un servizo gratuíto para a tramitación de queixas, que pon a disposición da sociedade para denunciar vulneracións lingüísticas:

☎️ Chama ao 981563885.
📲 Descarga a app.
📧 Envía un correo á linhadogalego@amesa.gal
11👏3😱3🤬2
PROGRAMA | Perante a nova Lei do Audiovisual [+info]

O audiovisual é un sector estratéxico do punto de vista lingüístico, cultural e económico.

📝🔍 Este 15 de setembro analizaremos a nova Lei do Audiovisual nesta xornada, xunto a outras entidades do sector e do resto de linguas do Estado.

A sociedade galega reivindicouno recentemente a través de propostas como a #IniciativaXabarín para garantir presenza de galego na programación infantil ou a Iniciativa polo galego no audiovisual que tentou impulsar importantes modificacións na nova Lei do Audiovisual.

🏛 Esta lei, aprobada recentemente polas Cortes e que finalmente non atendeu ás demandas feitas desde Galiza e outras nacións do Estado, será obxecto de análise nestas xornadas.

Información práctica:
• Data: 15 de setembro
• Hora: 09:30h
• Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
7😱1
Os elfos volverán falar galego grazas ao traballo que leva desenvolvendo A Mesa durante estes dous anos.

📽️ O audiovisual é un piar fundamental para a normalización lingüística, por esta razón dedicamos todos os nosos esforzos para conseguir éxitos como este.

As plataformas de streaming están a dobrar e lexendar os seus contidos ao galego porque a sociedade galega reclamou a través da #IniciativaXabarín termos contidos na nosa lingua. Se asinaches nalgún dos puntos de recollida de sinaturas, este éxito tamén é teu 🥰

Isto non sería posíbel sen os socios e socias da Mesa, que cada ano axudan a esta organización a desenvolver estas campañas. ‼️ Un traballo necesario que fai a sociedade civil ante a falta de iniciativa da Administración.

Fas máis falta que nunca!

ASÓCIATE [+info] ❤️
15👏9🥰1😱1
Xa puideches ver a nova serie de Amazon, «Os Aneis do Poder», dobrada ao galego? Cal foi a túa experiencia?
Anonymous Poll
31%
Encantoume 😍
7%
Moi fan dos Pepeludos!
4%
🙄 Non estivo mal
58%
Téñoa en pendentes 📝
🤬1
O Telegram gústanos moito porque, a diferenza doutras apps de mensaxería, pódese configurar en galego.

Tan só debes premer aquí para configurar a túa conta de Telegram.

Comparte esta mensaxe coas túas amizades e grupos.

- A Mesa -
👏95😱1
Case 20 anos dende que nos deixou Manuel María, poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua, socio e xeneroso colaborador da Mesa.

O seu legado segue máis vivo que nunca en todas as persoas que falamos e defendemos o galego.

Aquí che deixamos algúns dos produtos que temos na súa memoria:

📕 «O idioma é a vida. Escolma de textos sobre lingua galega» é unha escolla dos textos máis representativos que Manuel María dedicou á exaltación e defensa da lingua galega.

💿 «A voz do vento» quere ser unha homenaxe a Manuel María. O libro-CD ilustrado por Jano e musicado por Fran Amil e A Tribu Incomprensible, componse de 11 temas extraídos dos seus libros.

👕 Camisola «A fala é a voz da terra e máis do mar» tanto para adultos como para cativos.
8🥰2🤬1
🔴 DIRECTO | Perante a nova Lei do Audiovisual

O audiovisual é un sector estratéxico do punto de vista lingüístico, cultural e económico. A sociedade galega reivindicouno recentemente a través de propostas como a Iniciativa Xabarín para garantir presenza de galego na programación infantil ou a Iniciativa polo galego no audiovisual que tentou impulsar importantes modificacións na Lei xeral de comunicación audiovisual.

Esta lei, aprobada recentemente polas Cortes e que finalmente non atendeu ás demandas feitas desde Galiza e outras nacións do Estado, será obxecto de análise nestas xornadas.
11😱1
A TOXA POLO SEU NOME

A Mesa denuncia un ano máis o “Foro La Toja” por non respectar a toponimia galega, a única oficial.

‼️ Precisamos da túa sinatura para manifestar o rexeitamento por parte da sociedade galega.

Asina o manifesto en 👉 amesa.gal
👏1510🔥1🤬1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
A TOXA POLO SEU NOME

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver a favor da Mesa o recurso interposto contra a decisión da subdelegación do goberno de prohibir a denuncia pública da deturpación do nome lexítimo da Toxa. [+info]

A Mesa chama a mobilizarse o vindeiro 29 de setembro ás 19:00h no paseo do Mar (dentro da illa) contra a deturpación do nome da Toxa.

📌 Ver punto de encontro aquí.

Axúdanos a compartir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.
10👏6🔥2😱1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
[VÍDEO] A Mesa mobilizouse na Illa da Toxa contra a deturpación do topónimo do lugar despois de que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza autorizara a concentración.

🗣️ «A toponimia é unha evidencia de que existimos, por iso hai tanto interese en eliminala».

Se non puideches acudir, deixa a túa sinatura no manifesto 👉 Asinar manifesto
15👏2😱1
A Mesa recorda en Frankfurt a realidade plurilingüe do Estado español [+info]

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participou este venres no evento cultural Beyond Spain, que se celebrou en Frankfurt como resposta ao feito de que España sexa a convidada de honra na Feira do libro da cidade alemá, un dos maiores eventos do mercado cultural internacional.

Trátase dunha iniciativa internacional que ten como obxecto ofrecer un espazo para a creación cultural e literaria, para as linguas e os dereitos lingüísticos e para as ideas democráticas.
👏106😱1
📢 Manifestación pola defensa da CRTVG [+info]

Dende A Mesa animámosvos a participar do na manifestación deste domingo, 6 de novembro, ás 12:00h que terá lugar na Praza Roxa de Compostela para apoiar ás compañeiras e compañeiros da CRTVG.

Só dando unha resposta contundente poderemos mudar as cousas e recuperar o sentido duns medios de comunicación públicos ó servizo da xente, sobre todo tendo en conta o contexto actual na que a maioria dos medios de comunicación deixaron de facer aquilo para o que foron creados, dar información, para cada vez máis adicarse a crear opinón.
9😱1
ÉXITO PARA O GALEGO

Conseguímolo! A parella de Vigo, á que unha xuíza non lles permitía casar en galego, finalmente casaron na súa lingua grazas á presión realizada pola Mesa.

Se quixeres colaborar nesta e outras iniciativas da Mesa, asóciate! 👉 amesa.gal
17👏12🤬1
A MESA GAÑA O PREMIO XELA ARIAS

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación resolveu por unanimidade outorgarlle o Premio Xela Arias nesta V edición á Mesa pola Normalización Lingüística polo seu labor e dedicación na iniciativa de cambio da nova Lei Xeral do Audiovisual para conseguir que o galego teña financiamento anticipado nas producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.

O xurado considerou que esta iniciativa marca un punto de inflexión na conquista de dereitos do galego e unha nova etapa que estamos a constatar que se está a abrir no ámbito da tradución audiovisual cara ao galego.

Receberémolo o 16 de decembro na Coruña co compromiso de continuar a traballar pola dobraxe e lexendaxe en galego. [+info]
10👏10😱1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
PARABÉNS, A CORUÑA 💙

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza rexeita o recurso de Hablamos Español contra a ordenanza de uso da lingua galega no Concello da Coruña.

✊🏼 A loita social pola aprobación desta ordenanza foi constante dende hai moitos anos.

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.

- A Mesa -
22👏8🤬1
A xustiza obriga a Allianz a garantir as pólizas en galego [+info]

Co apoio da Mesa, un empresario galego consegue que a empresa aseguradora se vexa obrigada a entregar unha póliza de seguro de responsabilidade civil redactada en lingua galega e a pagar as costas do xuízo.

Apelamos á responsabilidade do conxunto das aseguradoras para que este sexa o último caso.

📲 A Mesa dirixirase a todas aseguradoras lembrándolles a súa obriga de cumprir a lei de xeito inmediato.

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.

- A Mesa -
👏206🤬4
📢 CAMPAÑA | Os mapas dixitais polo seu nome [+info]

A Mesa lanza a campaña para a restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas.

‼️ Os casos máis coñecidos son os de Google Maps ou Apple Mapas.

A deturpación dos nomes de lugar reprodúcese a través de outras aplicacións, redes sociais ou páxinas web, introducindo ao tempo novas deturpacións en nomes de lugar que até o de agora non se viran afectadas polas ondas anteriores.

👉ASINAR CAMPAÑA 👈
🔥11👏101🤬1