A Mesa pola Normalización Lingüística
1.41K subscribers
200 photos
42 videos
1 file
261 links
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Download Telegram
Presentación e actuación musical de Tres nun zoco
A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos e medidas urxentes:
Puntos mínimos:
1 Vixencia dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua aprobado por unanimidade
2 Elaboración dun calendario de acción 2024-2027 para a aplicación e actualización de todas as medidas deste Plan, cos recursos necesarios para levalo a cabo
3 O calendario contemplará a avaliación dos resultados das medidas unha vez aplicadas e as correccións precisas
Medidas urxentes:
1 Ensino: Derrogación do decreto 79/2010 e aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego
2 Actividades comerciais e económicas: Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos
3 Cultura e lecer: Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil
4 Administración e servizos públicos: oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública
ASINA!
https://www.queremosgalego.gal/mudemos-de-rumbo-o-galego-ten-futuro/
Asistiton á xuntanza cos responsábeis políticos o presidente da Mesa, Marcos Maceira, a vicepresidenta, Elsa Quintas, e a secretaria xeral da entidade de defensa da lingua, Celia Armas. Todos os tres reiteráronlle ao conselleiro a vontade da Mesa pola Normalización Lingüística por “contribuír en todo canto for preciso para reactivar os acordos e facer efectivos os obxectivos e medidas do Plan xeral de normalización da lingua galega”. “Farémolo con toda disposición e seriedade”, e reclamamos a mesma actitude por parte da Xunta”. “Non imos lexitimar ningún proceso que non teña como obxectivo reverter a emerxencia lingüística”, recalcou.